Bolsas para estudo e axudas para gastos de escola infantil - Boletín Oficial de A Coruña de 27-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Becas
  • Plazo: Ver Detalles , 27/03/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

A N U N C I O

A Alcaldía deste Concello, mediante Resolución n.º 32/2017, do 17/03/17, aprobou as Bases da convocatoria para a concesión de bolsas para gastos derivados do estudo e axudas para sufragar gastos xurdidos dos servizos de conciliación da súa vida laboral e familiar prestados na Escola Infantil Municipal A Rolada 2017 . Mediante o presente expónse ó público o contido desas bases iniciándose ó prazo de presentación de solicitudes.

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS PARA O ESTUDO E AXUDAS PARA SUFRAGAR GASTOS DOS SERVIZOS PRESTADOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL A ROLADA

ANO 2017

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O artigo 80 do capítulo II da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, refírese á compensación das desigualdades na Educación especificando que co fin de facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación, as Administracións públicas desenvolverán accións de carácter compensatorio en relación coas persoas, grupos e ámbitos territoriais que se encontren en situacións desfavorábeis e proverán os recursos económicos e os apoios precisos para iso .

Máis concretamente, o artigo 83 da citada Lei establece taxativamente que para garantir a igualdade a todas as persoas no exercicio do dereito á educación, os estudantes con condicións socioeconómicas desfavorábeis terán dereito a obter becas e axudas ao estudo. Na ensinanza posobrigatoria as becas e axudas ó estudo terán en conta ademais o rendemento escolar do alumnado .

O acceso ó ensino é un dereito de toda a cidadanía, independentemente da súa situación económica e do seu lugar de residencia. Ao grande esforzo que lle supón ás familias a compra do material escolar, roupa, calzado..., para os seus fillos e fillas, hai que engadirlle os gastos de transporte no ensino posobrigatorio, gastos estes últimos, moi superiores pola nosa condición de concello rural.

O Concello, como Administración pública máis próxima á cidadanía, pode e debe poñer todos os recursos económicos dos que poida dispoñer para contribuír, mediante o establecemento de bolsas de estudos, aos gastos que lles supón ás familias o ensino dos seus fillos/as. O investimento na educación é sempre unha garantía de futuro para calquera sociedade.

Xa que logo, desde o Concello de San Sadurniño considérase necesaria a creación dun sistema regrado de bolsas escolares para estudantes do noso Concello, así como axudas ás familias usuarias da Escola Infantil Municipal de San Sadurniño A Rolada para garantir a conciliación da súa vida laboral e familiar.

ARTIGO 1.- OBXECTO.

O obxecto destas bases é o de regular a concesión de bolsas para gastos derivados do estudo e axudas para sufragar gastos xurdidos dos servizos de conciliación da súa vida laboral e familiar prestados na Escola Infantil Municipal A Rolada , por parte do Concello de San Sadurniño, para o ano 2017.

Para o financiamento deste programa de bolsas escolares establécese un crédito de contía máxima de 25.000,00 € , recollidos nos orzamentos municipais para o 2017.

Desta cantidade, 15.000,00 € serán para axudas ó estudo, dos cales 10.000,00 € irán destinados ós estudos posobrigatorios e 5.000,00 € ós estudos obrigatorios e 2.º ciclo de educación infantil, tal e como se describe nas presentes bases. Para o financiamento das axudas para sufragar gastos dos servizos de conciliación da súa vida laboral e familiar prestados na Escola Infantil Municipal A Rolada , establécese un crédito de contía máxima de 8.000,00 € que serán distribuídos segundo o establecido no artigo 4 destas bases. Os 2.000,00 € restantes serán para atender posíbeis casos de situacións socioeconómicas especiais, previo informe social con proposta da cantidade e que serán valorados polos departamentos municipais de benestar social e igualdade.

ARTIGO 2.- BOLSAS PARA ESTUDOS POSOBRIGATORIOS.

2.1.) Persoas beneficiarias.

Alumnado que curse estudos posobrigatorios regrados (bacharelatos, ciclos formativos, estudos universitarios oficiais de grao e de terceiro ciclo) en centros públicos fóra do Concello de San Sadurniño e dentro do territorio de Galiza.

2.2.) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

a) Estar matriculados no curso completo dos estudos que se realizan, agás no caso dos que fagan estudos universitarios que deberán estar matriculados, como mínimo, no 50% dos créditos do curso correspondente.

b) Que segundo o artigo 6 a renda anual da unidade familiar non supere os 18.000,00 € .

c) Estar empadroado/a no Concello de San Sadurniño, con data de alta no padrón municipal anterior á aprobación destas bases polo Pleno do Concello de San Sadurniño.

d) Estar ao corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, extremo que se comprobará de oficio polo propio Concello.

e) Non estar incurso en causa de prohibición para percibir axudas públicas.

2.3.) Nota media do curso anterior.

A efectos de aplicar os criterios de valoración recollidos no artigo 7, a nota media do curso anterior obterase calculando a media aritmética das cualificacións numéricas que consten no expediente. Para o cálculo desta media non se computarán as materias de Atención Educativa e Relixión. Se as notas veñen expresadas como cualificacións literais, considerarase a seguinte táboa de equivalencias para obter a media aritmética:

Cualificación

Equivalencia

Non presentado/renuncia/non matriculado no curso anterior

2

Suspenso/insuficiente

2,5

Aprobado

5

Ben

6

Notable

7,5

Sobresaliente

9

Matrícula de honra

10

2.4.) Contía máxima da bolsa.

A contía máxima da bolsa para os estudos posobrigatorios será de 600,00 € .

2.5.) Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes, asinadas polas propias persoas beneficiarias ou polos seus representantes legais no caso dos menores de idade, deberán formularse no modelo que figura como ANEXO I a estas bases, e presentarase no Rexistro do Concello durante o prazo de 20 días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

2.6.) Documentación requirida.

- Impreso de solicitude, debidamente cumprimentado.

- Fotocopia do libro de familia no que figuren os membros da unidade familiar.

- Certificado de empadroamento e convivencia (Expedirase de oficio por parte do Concello).

- Fotocopia compulsada do resgardo de matrícula escolar da persoa solicitante da bolsa ou no seu defecto certificado do centro escolar no que estea matriculado.

- Plano oficial dos estudos que está cursando.

- Fotocopia da declaración da renda do exercicio 2015 de todos os membros computables da unidade familiar.

- Certificado do expediente académico do curso anterior.

- Certificación da conta bancaria da persoa solicitante da bolsa onde se recibirá a bolsa.

ARTIGO 3.- BOLSAS ESCOLARES PARA ESTUDOS OBRIGATORIOS E 2.º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

3.1.) Persoas beneficiarias.

Alumnado que curse estudos obrigatorios ou 2.º Ciclo de Educación Infantil, en centros públicos do Concello de San Sadurniño ou concellos limítrofes.

3.2.) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

1. Que segundo o artigo 6 a renda anual da unidade familiar non supere os 6.000,00 € .

2. Estar empadroado/a no Concello de San Sadurniño, con data de alta no padrón municipal anterior á aprobación destas bases polo Pleno do Concello de San Sadurniño.

3. Estar ó corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, extremo que se comprobará de oficio polo propio Concello.

4. Non estar incurso/a en causa de prohibición para percibir axudas públicas.

3.3.) Contía máxima da bolsa:

A contía máxima da bolsa para os estudos obrigatorios será de 200,00 € .

3.4.) Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes, asinadas polas persoas representantes legais do/a menor, deberán formularse no modelo que figura como ANEXO I a estas bases, e presentarase no Rexistro deste Concello durante o prazo de 20 días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

3.5.) Documentación requirida.

a) Impreso de solicitude, debidamente cumprimentado.

b) Fotocopia do libro de familia no que figuren os membros da unidade familiar.

c) Certificado de empadroamento e convivencia (Expedirase de oficio por parte do Concello).

d) Fotocopia compulsada do resgardo de matrícula escolar do/a menor ou no seu defecto certificado do centro escolar no que estea matriculado.

e) Fotocopia da declaración da renda do exercicio 2015 de todos os membros computables da unidade familiar.

f) Certificación da conta bancaria da persoa solicitante da bolsa onde se recibirá a bolsa.

ARTIGO 4.- AXUDAS PARA GASTOS DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN PRESTADO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL A ROLADA

4.1.) Persoas beneficiarias.

Pais e nais, titores legais ou familias acolledoras con menores nadas ou nados con posterioridade ó 31 de decembro de 2013 e que requiran dos servizos de conciliación prestados na Escola Infantil Municipal A Rolada .

4.2.) Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

a) Ter o neno ou a nena matriculado na Escola Infantil Municipal de San Sadurniño ou notificada a aceptación da praza por parte de Concello, previo ó peche do prazo de presentación das solicitudes.

b) Que segundo o artigo 6, a renda anual da unidade familiar non supere os 25.000,00 € .

c) Estar empadroado/a no Concello de San Sadurniño, con data de alta no padrón municipal anterior á aprobación destas bases no Pleno do Concello de San Sadurniño.

d) Estar ó corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, extremo que se comprobará de oficio polo propio Concello.

e) Non estar incurso/a en causa de prohibición para percibir axudas públicas.

4.3.) Contía máxima da bolsa:

A contía máxima desta axuda será o 50% dos gastos efectivamente realizados e xustificados, cun importe máximo de 1.500,00 € por menor matriculado na Escola Infantil Municipal A Rolada . Os gastos terán que corresponder ao curso 2016-2017.

4.4.) Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes, asinadas polas persoas representantes legais do/a menor, deberán formularse no modelo que figura como ANEXO I a estas bases, e presentarase no Rexistro deste Concello durante o prazo de 20 días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

4.5.) Documentación requirida.

a) Impreso de solicitude, debidamente cumprimentado.

b) Fotocopia do libro de familia no que figuren os membros da unidade familiar.

c) Certificado de empadroamento e convivencia (Expedirase de oficio por parte do Concello).

d) Resgardo de matrícula do/a menor (Expedirase de oficio por parte do Concello).

e) Fotocopia da declaración da renda do exercicio 2015 de todos os membros computables da unidade familiar.

f) Certificación da conta bancaria da persoa solicitante onde se recibirá a bolsa.

ARTIGO 5.- UNIDADE FAMILIAR.

A efectos destas bases reguladoras, considerarase que compoñen a unidade familiar:

- Pais e nais, non separados legalmente e, no seu caso, os titores/as ou persoas encargadas da garda e protección do/a menor.

- Os fillos e fillas menores de 26 anos que figuren no certificado de empadroamento e convivencia.

- Os fillos e fillas maiores de 25 anos con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33% ou incapacitados xudicialmente.

- Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes de cada un deles que convivan con eles e que reúnan as características anteriormente citadas.

- No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva coa persoa solicitante da bolsa. En cambio, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida ao pai/nai e que si conviva coa persoa solicitante da bolsa. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

- No caso de falecemento dalgún dos proxenitores do alumno/a que convivisen con el, a dita circunstancia acreditarase mediante achega do certificado de defunción.

ARTIGO 6.- RENDA ANUAL DA UNIDADE FAMILIAR.

A renda anual da unidade familiar será a suma do establecido na base liquidable xeral e na base liquidable do aforro que consten na/s correspondente/s declaración/s do IRPF do último exercicio presentado.

Nos casos en que non exista obriga de presentar declaración do IRPF, tomaranse os datos reflectidos no certificado de renda emitido pola AEAT. En base ós datos proporcionados neste certificado, deducirase a cantidade correspondente por cónxuxe e/ou por fillos/as sobre os rendementos brutos especificados.

Para ambos os dous casos, o Concello requirirá a dita documentación ás persoas solicitantes e poderá comprobar a citada información coa AEAT. Por este motivo, procederase á autorización ao Concello para obter da AEAT estes datos mediante a sinatura do modelo de solicitude por parte de todas as persoas membros da unidade familiar (cónxuxes, descendentes maiores de 18 anos e menores de 26, e descendentes maiores de 25 anos con minusvalía).

ARTIGO 7.- CRITERIOS DE VALORACIÓN.

Co fin de proceder á distribución do orzamento entre as solicitudes presentadas, os servizos técnicos do Concello valorarannas tendo en conta os seguintes criterios:

7.1.) Para os estudos posobrigatorios, por expediente académico, segundo o apartado 3 do artigo 2:

Media da nota académica

Puntos

De 0 a 4,99

De 5 a 5,99

De 6 a 6,99

De 7 a 7,99

De 8 a 8,99

De 9 a 10

0

1

2

3

4

5

7.2.) Para os estudos obrigatorios, por número de membros da unidade familiar, segundo o artigo 5:

- 1 punto por cada membro da unidade familiar ata un máximo de 5.

7.3.) Para as axudas dos gastos derivados dos servizos de conciliación prestados na Escola Infantil Municipal A Rolada darase a seguinte puntuación, en función da suma das tarifas mensuais que estean a aboar no momento da presentación da solicitude da axuda:

Tarifa mensual

Puntos

Menos de 100 €

Entre 100 e 124 €

Entre 125 e 149 €

Entre 150 e 174 €

Entre 175 e 199 €

Entre 200 e 224 €

Entre 225 e 249 €

Entre 250 e 274 €

Entre 275 e 299 €

0

1

2

3

4

5

6

7

8

7.4.) Por nivel de renda, considerada segundo o establecido no artigo 6:

Para os estudos regulados

no artigo 2

Para as axudas reguladas no artigo 4

De 0 a 3.499 € , 16 puntos¡

De 3.500 a 4.499 € , 15 puntos¡

De 4.500 a 5.499 € , 14 puntos¡

De 5.500 a 6.499 € , 13 puntos¡

De 6.500 a 7.499 € , 12 puntos¡

De 7.500 a 8.499 € , 11 puntos¡

De 8.500 a 9.499 € , 10 puntos¡

De 9.500 a 10.499 € , 9 puntos¡

De 10.500 a 11.499 € , 8 puntos¡

De 11.500 a 12.499 € , 7 puntos¡

De 12.500 a 13.499 € , 6 puntos¡

De 13.500 a 14.499 € , 5 puntos¡

De 14.500 a 15.499 € , 4 puntos¡

De 15.500 a 16.499 € , 3 puntos¡

De 16.500 a 17.499 € , 2 puntos¡

De 17.500 a 18.000 € , 1 punto¡

De máis de 18.000 € , 0 puntos¡

De 0 a 9.499 € , 16 puntos¡

De 9.500 a 10.499 € , 15 puntos¡

De 10.500 a 11.499 € , 14 puntos¡

De 11.500 a 12.499 € , 13 puntos¡

De 12.500 a 13.499 € , 12 puntos¡

De 13.500 a 14.499 € , 11 puntos¡

De 14.500 a 15.499 € , 10 puntos¡

De 15.500 a 16.499 € , 9 puntos¡

De 16.500 a 17.499 € , 8 puntos¡

De 17.500 a 18.499 € , 7 puntos¡

De 18.500 a 19.499 € , 6 puntos¡

De 19.500 a 20.499 € , 5 puntos¡

De 20.500 a 21.499 € , 4 puntos¡

De 21.500 a 22.499 € , 3 puntos¡

De 22.500 a 23.499 € , 2 puntos¡

De 23.500 a 25.000 € , 1 punto¡

De máis de 25.000 € , 0 puntos¡

ARTIGO 8.- CÁLCULO DAS CONTÍAS.

8.1.) Para o cálculo das bolsas establecidas no artigo 2 das presentes bases aplicarase a seguinte fórmula:

Vp=10.000/Np

8.2.) Para o cálculo das bolsas establecidas no artigo 3 das presentes bases aplicarase a seguinte fórmula:

Vp=5.000/Np

8.2.) Para o cálculo das axudas establecidas no artigo 4 destas bases aplicarase a seguinte fórmula:

Vp=8.000/Np

Vp: Valor en € de cada punto

Np: Suma dos puntos obtidos por todas as solicitudes

A contía da axuda concedida será o resultado da multiplicación do valor de Vp polo número de puntos obtidos en cada solicitude.

ARTIGO 9.- CONCESIÓN DA BOLSA.

No suposto de que a documentación non cumpra cos requisitos esixidos ou que a documentación achegada teña erros ou sexa insuficiente, requirirase á persoa solicitante que no prazo de 10 días naturais emende a falta e aporte os documentos preceptivos, con indicación de que de así non o fixer, de conformidade co establecido no art. 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, considerarase desistido da súa petición, previa resolución, que será ditada nos termos previstos no seu art. 21.

Unha vez rematados os respectivos prazos de presentación, os servizos técnicos do Concello procederán á valoración dos expedientes. Asemade, realizarán cantas actuacións estimen necesarias para determinar os datos económicos da unidade familiar e comprobar que a información recibida por parte da persoa solicitante é certa, para formular as propostas de resolución. Asemade, poderase requirir polo Concello a presentación da documentación oficial acreditativa relativa a aqueles aspectos que se estimen oportunos, para xustificar ingresos non declarables ou calquera outra circunstancia a ter en conta.

De seguido, os expedientes, cos informes pertinentes, e logo da súa fiscalización por parte do Interventor municipal, a Xunta de Goberno Local emitirá unha proposta de concesión das bolsas e axudas, que se comunicará debidamente ás persoas interesadas, de forma que poidan interpor reclamacións que consideren oportunas durante un prazo de 10 días naturais.

Unha vez transcorrido o prazo anterior a Xunta de Goberno Local, logo de resolver as reclamacións que puidera haber, aprobará a resolución definitiva, que será igualmente comunicada ás persoas interesadas.

ARTIGO 10.- PAGAMENTO DA BOLSA.

10.1.) Pagamento das bolsas por estudos posobrigatorios, obrigatorios e de 2.º ciclo de Educación infantil.- O pagamento das axudas realizarase, pola cantidade correspondente, á persoa solicitante, mediante transferencia bancaria ó seu nome na conta que acheguen coa solicitude.

10.2.) Pagamento das axudas para os gastos de conciliación.- As axudas para os gastos derivados dos servizos de conciliación prestados na Escola Infantil Municipal A Rolada calcularanse tendo en conta que son por curso completo e pola suma das tarifas que se están a aboar no momento da solicitude desta axuda. En caso de se produciren alteracións, pasadas ou futuras, nestas condicións (redución no número de meses contratados ou da suma das tarifas indicada inicialmente) a contía da axuda reducirase proporcionalmente.

Unha vez obtido o cálculo da axuda máxima que obtería, o Concello dividirá o importe total entre o número de meses do curso, obtendo unha cantidade máxima mensual de axuda. Con estes datos procederase a aboar, mediante transferencia bancaria na conta que se indique na solicitude, o importe correspondente á cantidade máxima mensual dos meses de servizo efectivamente prestados ata o momento da resolución, tendo en conta que se a suma das tarifas dos meses xa aboados fose inferior á suma indicada no momento da solicitude, a cantidade máxima mensual verase reducida de forma proporcional.

O resto de meses, ata o remate do curso, o Concello procederá a aboar mensualmente, mediante transferencia bancaria, a parte correspondente a cada mes efectivamente cursado, tendo en conta, igualmente, que se a suma das tarifas dos meses xa aboados fose inferior á suma indicada no momento da solicitude, a cantidade máxima mensual veríase reducida de forma proporcional.

No caso de solicitudes de menores que aínda non comezaron na Escola Infantil Municipal A Rolada pero que xa teñan aceptada e notificada a praza por parte do Concello, procederáselle ao abono da cantidade concedida sempre e cando formalice a matrícula definitiva e dende o mes que inicie a súa asistencia na Escola Infantil Municipal A Rolada , cos mesmos criterios e tempos de abono especificados nos parágrafos anteriores.

ARTIGO 11.- XUSTIFICACIÓN.

As axudas concedidas ao abeiro das presentes bases, poderán ter que ser xustificadas nos termos establecidos na lexislación vixente. Por este motivo será necesario que as persoas beneficiarias conserven os documentos probativos (facturas) dos gastos financiados coa presente convocatorio de bolsas e axudas.

O Concello facilitará e comunicará á AEAT, no seu caso, o contido deste expediente.

ARTIGO 12.- INTERPRETACIÓN DAS BASES E NORMATIVA SUBSIDIARIA.

A Xunta de Goberno Local será o órgano competente para interpretar o contido das presentes bases.

En todo caso, para o non previsto nestas bases, aplicaranse as normas xerais contidas nas bases de execución do orzamento xeral do Concello de San Sadurniño do 2017, o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da antedita lei, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa aplicable.

San Sadurniño, febreiro 2017.

O Alcalde,

Secundino García Casal

ANEXO I

1. DATOS DA PERSOA SOLICITANTE (sempre maior de idade)

Apelidos e nome

DNI

Enderezo completo

Teléfono

Correo electrónico

2. TIPO DE AXUDA (risque cun X )

Estudos obrigatorios e 2.º ciclo de Educación Infantil

Estudos posobrigatorios

Servizos de conciliación derivados da Escola Infantil Municipal A Rolada

3. DATOS DO/A ALUMNO/A

Apelidos e nome

DNI

Estudos que cursa no 2016/2017

Centro no que esta matriculado/a

4. PERSOAS QUE COMPOÑEN A UNIDADE FAMILIAR (segundo o art. 5 destas bases)

Apelidos e nome

DNI

Parentesco coa persoa solicitante

Idade

San Sadurniño, _____ de _____________________ de 2017.

Asinado: O/A solicitante

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

Aos efectos da Lei Orgánica 15/1999, infórmaselle de que os seus datos persoais son obxecto de tratamento nun ficheiro cuxa finalidade é a xestión e administración da base de datos de solicitudes do Concello de San Sadurniño, que como responsable do dito ficheiro, comprométese, na utilización dos datos incluídos, a respectar a súa privacidade e a empregalos de acordo coa súa finalidade, ademais de garantir o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

A presentación desta solicitude implicará a autorización ao Concello para obter da AEAT os datos necesarios para determinar o nivel de renda, así como aquelas outras informacións acreditativas das situacións persoais alegadas e que estean en poder dalgunha Administración Pública.

ANEXO II

AUTORIZACIÓN PARA QUE O CONCELLO DE SAN SADURNIÑO POIDA SOLICITAR DATOS Á AXENCIA TRIBUTARIA RELATIVOS AO NIVEL DA RENDA (IRPF) E AO CUMPRIMENTO DE OBRIGAS TRIBUTARIAS

A/s persoa/s abaixo asinante/s autoriza/n ao Concello de San Sadurniño á solicitar da Axencia Estatal de Administración Tributaria información de natureza tributaria para o recoñecemento, seguimento e control da concesión da convocatoria de BOLSAS PARA O ESTUDO E AXUDAS PARA SUFRAGAR GASTOS DOS SERVIZOS PRESTADOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.

A presente autorización outórgase exclusivamente para o/s procedemento/s sinalado/s, e en aplicación do establecido pola disposición adicional cuarta da Lei 40/1998, que mantén a súa vixencia tras a entrada en vigor do Lei 35/2006, pola que se aproba a Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, e no artigo 95.1 k) da Lei 58/2003, xeral tributaria, que permiten, logo da autorización da persoa interesada, a cesión dos datos tributarios que precisen as administracións públicas para o desenvolvemento das súas funcións.

INFORMACIÓN TRIBUTARIA AUTORIZADA: datos que posúa a Axencia Tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio 2015 e do cumprimento das súas obrigas tributarias.

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE DA AXUDA DETALLADA QUE OUTORGA A AUTORIZACIÓN-

Apelidos e nome

DNI

Sinatura

DATOS DOUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR DA PERSOA SOLICITANTE CUXOS INGRESOS SON COMPUTABLES PARA O RECOÑECEMENTO, SEGUIMENTO OU CONTROL DA AXUDA (só maiores de 18 anos)-

Parentesco coa persoa solicitante

Apelidos e nome

DNI

Sinatura

San Sadurniño, ____ de ____________ de 2017.

Aos efectos da Lei Orgánica 15/1999, infórmaselle de que os seus datos persoais son obxecto de tratamento nun ficheiro cuxa finalidade é a xestión e administración da base de datos de solicitudes do Concello de San Sadurniño, que como responsable do dito ficheiro, comprométese, na utilización dos datos incluídos, a respectar a súa privacidade e a empregalos de acordo coa súa finalidade, ademais de garantir o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

A presentación desta solicitude implicará a autorización ao Concello para obter da AEAT os datos necesarios para determinar o nivel de renda, así como aquelas outras informacións acreditativas das situacións persoais alegadas e que estean en poder dalgunha Administración Pública.

San Sadurniño, 21 de marzo de 2017.

O Alcalde,

Secundino García Casal

2017/2361

Infancia
Escuelas
Educación
Familia
Escuelas Infantiles
Alumnado
Exposiciones
Material escolar
Transporte
Industria del calzado, curtidos y marroquineria
Bienestar social
Discapacidad