CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS PRÍNCIPE FELIPE PARA O ANO 2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 24-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 25/03/2017 hasta 21/04/2017
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte

RESOLUCIÓN:

A Deputación de Pontevedra organiza durante o ano 2017 os campamentos polideportivos Príncipe Felipe para que poidan participar os menores dos distintos concellos da provincia de Pontevedra. A cobertura das prazas dispoñibles establecerase conforme ás seguintes bases reguladoras:

Primeira. Obxecto

A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos rapaces que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, oferta para o ano 2017 os campamentos polideportivos Príncipe Felipe, un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos e calquera outra que contribúa a ese obxectivo. Os campamentos distribuiranse en seis quendas que terán lugar nas seguintes datas:

- Primeira quenda: do 10 ao 15 de xullo

- Segunda quenda: do 17 ao 22 de xullo

- Terceira quenda: do 24 ao 29 de xullo

- Cuarta quenda: do 7 ao 12 de agosto

- Quinta quenda: do 14 ao 19 de agosto

- Sexta quenda: do 21 ao 26 de agosto

Segunda. Lugar de realización

Nas instalacións do Centro Príncipe Felipe, propiedade do organismo provincial, situado na avenida de Montecelo, 12, Pontevedra.

Terceira. Actividades

Serán realizadas en colaboración coa empresa adxudicataria do servizo de asistencia técnico-educativa dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe, con cargo á aplicación orzamentaria 17/340.3410.227.20. Entre outras, serán as seguintes:

- Saídas ao medio natural

- Parque multiaventura

- Tiro con arco

- Deportes en equipo

- Actividades acuáticas

- Obradoiros

Cuarta. Destinatarios

Rapaces que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra (o que se acreditará mediante un certificado ou volante de empadroamento), nados entre os anos 2003 e 2010, ambos os dous incluídos.

No caso de que o solicitante precise apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional deberá facelo constar na folla de inscrición, especificando o máis posible as súas necesidades especiais. Neste caso, recoméndaselles ás familias que se poñan en contacto coa Deputación para a valoración das necesidades de apoio en relación aos medios específicos dispostos para este fin e dirimir as súas suficiencias para unha adecuada estancia de todos os rapaces no campamento.

Quinta. Impreso de solicitude

Os interesados deberán presentar o impreso de solicitude debidamente cuberto que constará de dúas follas:

1. Folla de solicitude, na que se indicarán os datos da unidade familiar, é dicir, do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono, teléfono móbil, correo electrónico, enderezo e concello ao que pertencen.

A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ao campamento, por orde de prioridade, da 1.ª á 6.ª quenda.

Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de conseguiren praza, saian en quendas separadas.

Estas solicitudes serán asinadas polos pais ou titores ao final do documento no espazo correspondente.

2. Folla de inscrición, na que se deben cubrir os datos do neno, alerxias, enfermidades e outras, especificando as infectocontaxiosas que os responsables do campamento deberán ter en conta á hora de tratar os menores.

Deberase presentar unha folla por neno.

É importante non omitir ningún dato, xa que afectan á organización das quendas de campamentos en canto á adquisición de alimentos para os alérxicos, informar dos tratamentos aos monitores etc.

Sexta. Documentación

Xunto co impreso debidamente cuberto deberase presentar a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor

- Fotocopia do DNI do menor ou, no caso de que non o teña, do libro de familia

- Fotocopia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado do menor

- Certificado ou volante de empadroamento

- Fotocopia do libro de vacinas do menor

Sétima. Prazo, lugar e formas de presentación

Estas Bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto, sen prexuízo da súa inserción na páxina www.depo.es e no taboleiro de anuncios.

O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e rematará o día 21 de abril de 2017.

Co fin de minimizar erros e axilizar a mecanización dos datos das solicitudes deberase optar preferentemente pola presentación destas mediante formulario web, ao que se pode acceder en www.depo.es.

a) Presentación de solicitudes mediante formulario web, a través de www.depo.es que deberá seguir os seguintes pasos:

1.º Encher os datos do formulario oficial e facer clic en 'enviar datos'

2.º Descargar e imprimir o xustificante xerado na web tras realizar o envío. Este xustificante incluirá un código único de solicitude

3.º Presentar o xustificante xerado durante o proceso de solicitude, dentro do prazo establecido nestas Bases, xunto coa documentación establecida na base sexta, no Rexistro xeral da institución provincial:

- Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (luns a venres)

- Oficina periférica de Vigo: rúa Oporto, 3 (luns a venres)

Ou calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP

b) Presentación de solicitudes mediante formulario impreso:

- No caso de non poder realizar a solicitude a través de www.depo.es a persoa solicitante poderá presentala, xunto coa documentación establecida na base sexta, no Rexistro xeral da Deputación, en calquera das súas oficinas de rexistro ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP.

- No caso de enviarse por correo postal (ao Rexistro da Deputación) este deberá ser certificado co selo de Correos no formulario da solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.

As solicitudes remitidas por correo que non cumpran este requisito teranse por presentadas para todos os efectos no mesmo día en que teñan entrada no Rexistro da Deputación, independentemente da data de presentación na oficina de Correos.

A presentación de solicitude implicará que se autoriza a Deputación para o tratamento automatizado de todos os datos contidos nela.

As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria.

Oitava. Relación de admitidos

A través dunha resolución da presidenta da Deputación aprobarase a relación de admitidos ao sorteo, así como dos non admitidos e as causas da súa exclusión, que se publicará na páxina www.depo.es.

Novena. Prezo

O prezo será de 125 euros por neno.

Os membros de familia numerosa ata 3 fillos, coa correspondente acreditación, terán un desconto do 20 %.

Os membros de familia numerosa de máis de 3 fillos, coa correspondente acreditación, terán un desconto do 30%.

O prazo para efectuar o pagamento establecerase na web: www.depo.es.

Décima. Número de prazas

O número de prazas ofertadas é de 50 por quenda, polo que en total son 300 prazas.

Décimo primeira. Adxudicacións

As prazas adxudicaranse mediante un sorteo, no que se terá en conta o seguinte:

1.-Reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas seis quendas de campamentos. As prazas non cubertas entrarán no sorteo

2.-Daráselles prioridade a aqueles participantes que non asistisen ao campamento do ano pasado (2016)

3.-Asígnanse por quenda 50 prazas

4.-Cando un menor que non fose o ano pasado obteña praza e teña irmáns, co obxecto de favorecer a conciliación familiar, estes tamén obterán praza na mesma quenda aínda que xa fosen o ano pasado

5.-Cota por concellos: as prazas asignadas a cada concello serán en proporción á súa poboación segundo datos obtidos do Instituto Nacional de Estatística (INE), censo do ano 2016, e estableceranse de acordo co seguinte reparto:

Parámetros de poboación

Maior ou igual a (habitantes)

Menor a (habitantes)

Prazas

0

3.000

3

3.000

17.000

4

17.000

35.000

5

35.000

80.000

9

80.000

200.000

11

200.000

18

Concello

Número de habitantes

Prazas adxudicadas

Centro Príncipe Felipe

30

Agolada

2507

3

Arbo

2770

3

Baiona

12119

4

Barro

3746

4

Bueu

12189

4

Caldas de Reis

9830

4

Cambados

13977

4

Campo Lameiro

1894

3

Cangas

26584

5

Cañiza, A

5234

4

Catoira

3376

4

Cerdedo-Cotobade

6071

4

Covelo

2528

3

Crecente

2131

3

Cuntis

4794

4

Dozón

1107

3

Estrada, A

20891

5

Forcarei

3621

4

Fornelos de Montes

1748

3

Gondomar

14192

4

Grove, O

10758

4

Guarda, A

10133

4

Illa de Arousa, A

4909

4

Lalín

20044

5

Lama, A

2587

3

Marín

24878

5

Meaño

5341

4

Meis

4844

4

Moaña

19458

5

Mondariz

4647

4

Mondariz-Balneario

614

3

Moraña

4313

4

Mos

15240

4

Neves, As

4038

4

Nigrán

17593

5

Oia

3002

4

Pazos de Borbén

3004

4

Poio

16901

4

Ponte Caldelas

5573

4

Ponteareas

22963

5

Pontecesures

3040

4

Pontevedra

82549

11

Porriño, O

19567

5

Portas

3056

4

Redondela

29563

5

Ribadumia

5105

4

Rodeiro

2644

3

Rosal, O

6349

4

Salceda de Caselas

8914

4

Salvaterra de Miño

9566

4

Sanxenxo

17314

5

Silleda

8734

4

Soutomaior

7251

4

Tomiño

13548

4

Tui

16966

4

Valga

6047

4

Vigo

292817

18

Vila de Cruces

5435

4

Vilaboa

6043

4

Vilagarcía de Arousa

37283

9

Vilanova de Arousa

10406

4

Para garantir o cumprimento destas cotas, no suposto de que os nenos que non asistiron o ano anterior non cubrisen a cota dun concello, terán preferencia os do mesmo municipio que asistisen, aínda que existan nenos doutro que non o fixesen. Se aínda así houbese prazas vacantes, sortearanse entre os nenos doutros concellos.

A data e o resultado do sorteo publicaranse na páxina www.depo.es e notificaráselles aos participantes seleccionados por mensaxe de móbil ou correo electrónico.

A praza adxudicada será intransferible.

Relación de agarda

- As vacantes que se produzan por renuncia da praza ofreceránselles aos solicitantes que figuren nas relacións de agarda

- Teranse en conta os irmáns para a mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes; do contrario, chamaríase ao seguinte da lista

- Na relación de agarda non se terá en conta a cota correspondente a cada concello

- As renuncias non se incluirán nesta lista

- Contactarase cos suplentes por teléfono ou mensaxe de móbil desde a Deputación

- Unha vez aceptada a praza deberase efectuar o pagamento no prazo indicado na comunicación efectuada a través de mensaxe de móbil ou correo electrónico. No caso de non cumprir este requisito seralle ofertada ao seguinte desta relación de agarda

Para os efectos informativos o algoritmo do programa informático polo que se rexe o sorteo das prazas dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe publicarase en www.depo.es.

Décimo segunda. Devolución do importe do prezo aboado

Para ter dereito á devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito, mediante un modelo normalizado presentado no Rexistro xeral da Deputación ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP, durante os 20 días naturais anteriores ao inicio da quenda (excepto por motivos médicos).

Motivos de devolución:

- Enfermidade, accidente ou similar, co correspondente xustificante médico

- Admisión noutra actividade nas mesmas datas, achegando o xustificante de pagamento

- Motivos familiares (enfermidade ou accidente grave dun familiar, falecemento ou outros) xustificando o motivo

Décimo terceira. Incorporación aos campamentos

A incorporación ao campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 9:00 e as 10:00 horas.

O día da incorporación deberase presentar a tarxeta sanitaria orixinal, que quedará en poder do persoal da empresa adxudicataria ata a súa devolución ao remate da quenda (non se admitirán fotocopias desta).

No suposto de que o participante teña que abandonar a actividade será responsabilidade dos pais ou titores legais trasladalo de regreso ao seu domicilio, así como os gastos que isto poida ocasionar.

Décimo cuarta. Saída do campamento

A saída do campamento será por conta do interesado o día de remate da quenda correspondente ás 10:00 horas.

Décimo quinta. Normas do campamento

- Os nenos dormen nun albergue

- A modalidade do campamento será de internado con pensión completa

- En canto aos cartos para o acampado, aconséllase que leven arredor de 5 euros (para un xeado, un refresco ou chamaren por teléfono)

- Para comunicarse cos menores a empresa adxudicataria porá á disposición dos pais ou titores un número de teléfono, indicando o día e a hora en que poderán contactar con eles

- Poden levar teléfonos móbiles pero gardaranos os monitores e daránllelos aos nenos nos días e horas sinaladas para chamaren á casa

- Tamén poden levar cámaras fotográficas pero nin a Deputación nin a empresa adxudicataria se farán responsables no caso de que se extravíen

- A empresa adxudicataria tomará imaxes e gravacións das presentacións e peches de cada quenda de campamento, así como das actividades que realicen os nenos. Despois publicaranse en www.depo.es

- Ante a detección dun posible contaxio (piollos, gastroenterite ou similar) os responsables sanitarios poderán adoptar os tratamentos básicos necesarios para evitar a súa propagación

Décimo sexta. Obrigas dos adxudicatarios

- Incorporarse ao campamento e regresar polos medios e nos prazos establecidos

- Entregarlle a tarxeta sanitaria orixinal ao persoal da empresa adxudicataria

- Non abandonar a actividade sen o permiso do seu responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a presenza dos pais ou titores e será responsabilidade destes o traslado ao seu domicilio, así como os gastos que isto poida ocasionar

- Efectuar as chamadas para contactar cos menores soamente nos días e horas sinalados para ese efecto

- Respectar as normas establecidas polos equipos de animación

Décimo sétima. Equipamento mínimo recomendable

- Catro camisetas deportivas

- Dous pantalóns de deporte

- Dous pares de zapatillas deportivas

- Unhas fanequeiras

- Catro pares de calcetíns de deporte

- Un chándal

- Unha peza de roupa de abrigo

- Unha viseira

- Un chuvasqueiro

- Dous pixamas

- Catro mudas interiores

- Dous traxes de baño

- Útiles de aseo persoal (toalla, xabón, pasta e cepillo de dentes, peite&)

Décimo oitava. Resolución de controversias

Todas as cuestións que se poidan derivar da interpretación destas Bases serán resoltas polo Servizo de Deportes da Deputación de Pontevedra.

O que lle comunico para o seu coñecemento, cumprimento e demais efectos.

Pontevedra, 22 de marzo de 2017.

Deporte
Deporte
Empresa
Familia
Educación
Familia numerosa
Promoción deportiva