CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR- CURSO 2017-2018- DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO - Boletín Oficial de Pontevedra de 05-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 05/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data 18 de maio de 2017, acordou aproba-la convocatoria para a concesión de axudas económicas destinadas á adquisición de libros e material escolar (curso 2017-2018), que se inserta a continuación:

CONVOCATORIA ESPECÍFICA DA CONCESIÓN DE AXUDAS ECONOMICAS DESTINADAS Á ADQUISICION DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2017-2018) DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

1.-De conformidade coas competencias atribuidas a este Concello polo artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e en aplicación do artigo 23 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, convócanse axudas económicas destinadas á adquisición de libros e material escolar para o curso 2017-2018.

2.-En atención a súa especificidade, a presente convocatoria inclúe as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas para a adquisición de libros e material escolar (curso 2017-2018), tal e como prevé o artigo 23.2 a) da LXS.

3.-O importe global das axudas é de 4.500,00 ¬, gasto imputable á partida 231.48000 do Orzamento Municipal en vigor, existindo retención de crédito polo citado importe con nº de operación 2017 22003318.

A contía das axudas será de 75,00 euros por alumno/a, estando supeditado o sistema de acceso a estas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente na partida orzamentaria respectiva. Se a dispoñibilidade orzamentaria non fora suficiente para atender tódalas solicitudes, atenderase prioritariamente as solicitudes con menor renda per cápita.

4.-O obxecto das axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e de compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar. Con esta finalidade procédase a esta convocatoria de axudas dirixidas a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares de Salvaterra de Miño.

5.-A concesión das axudas efectuase en réxime de concurrencia competitiva.

6.-Poderán solicitar estas axudas os pais, nais ou titores legais dos menores que se atopan escolarizados nos centros escolares de Salvaterra de Miño. Serán requisitos esixibles aos beneficiarios que deberán estar cumpridos con anterioridade á data da proposta de concesión da axuda, ademais do previsto con caracter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvención, os seguintes:

' A unidade familiar deberá estar empadronada e ter residencia efectiva no Concello de Salvaterra de Miño.

' Ter presentada a solicitude e documentación nos prazos estipulados na presente convocatoria.

' Que os ingresos económicos da unidade familiar non superen o límite establecido nas presentes bases.

' Que se encontre ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social.

A documentación acreditativa do cumprimento dos anteriores requisitos e que deberá obrar no expediente, mediante copia compulsada, será a seguinte:

' Impreso de solicitude, asinado polo pai, nai, titor ou representante legal do menor.

' DNI ou NIE dos membros da unidade familiar

' Libro de Familia

' Xustificantes dos ingresos económicos da unidade familiar do ano en curso.

' Recibo de aluguer ou certificación bancaria de estar pagando crédito hipotecario sobre a vivenda habitual.

' Declaración da renda ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de estar obrigado a presentala.

' No caso de separación ou divorcio, sentenza e convenio regulador.

' Certificado de discapacidade, de ser o caso.

' Calquera outro documento que se considere necesario.

*O empadroamento da unidade familiar comprobarase de oficio polos Servizos Sociais do Concello.

*O cumprimento de estar ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social comprobarase polo Departamento de Intervención.

As solicitudes deberán realizarse segundo o modelo normalizado e presentaránse xunto coa documentación correspondente no Departamento de Servizos Sociais do Concello.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 11 de xullo ó 11 de agosto de 2017, ambos inclusive.

7.-O órgano competente para a instrucción do procedemento de concesión é a Concelleira Delegada de Servizos Sociais, asistida polo/s Técnico/s correspondentes no seu caso, e a resolución corresponde a Xunta de Goberno Local.

8.-O procedemento de concesión das axudas será o seguinte:

' Convocatoria aprobada polo órgano competente (co contido mínimo do art. 23 LXS) (con inclusión das bases reguladoras, en razón da súa especificidade). A aprobación do gasto deberá efectuarse con carácter previo á convocatoria.

' Presentación de solicitudes por parte dos interesados, acompañadas da documentación esixida. As solicitudes unha vez presentadas serán revisadas e en caso de observarse defectos ou cando non reunisen os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, requerirase ó solicitante, para que, no prazo de dez días hábiles, proceda á súa subsanación, indicando que en caso de non facelo se terá por desestimado, arquivándose sen máis trámite.

' Instrucción do procedemento polo órgano competente que se designe na presente convocatoria.

' Emisión do informe polo órgano colexiado ao que se refire o artigo 22.1 LXS onde se concrete o resultado da avaliación efectuada.

' Á vista do expediente e do informe do órgano colexiado, formulación polo instructor de proposta de resolución provisional, debidamente motivada, poidendo precindir do trámite de audencia tal e como permite o artigo 24 LXS, adquirindo neste caso a proposta de resolución provisional o carácter de defintivo.

' Unha vez aprobada a proposta de resolución definitiva, resolución do procedemento polo órgano concedente. A resolución motivarase, segundo os criterios previstos nas Bases; e, ademais de conte-lo solicitante ou relación de solicitantes aos que se lles concede a subvención, farase constar, no seu caso, de xesito expreso, a desestimación do resto de solicitudes.

' A resolución do procedemento notificaraselle aos interesados de acordo co previsto no art. 40 da Lei 39/2015, segundo o art. 26 LXS.

9.-O prazo máximo de resolución e notificación da concesión das subvencións é de seis meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O período utilizado para a subsanación de deficiencias, aportación de documentos e reformulación de solicitudes interrumpirá dito prazo, ao amparo do artigo 22.1.a) da Lei 39/2015.

O transcurso do prazo máximo sen haberse notificado a resolución lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

10.-A resolución do procedemento poñerá fin á vía administrativa e contra a mesma poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo. Non obstante, os interesados poderán, con caracter potestativo, recurso de reposición de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

11.-Os criterios de valoración das solicitudes serán os seguintes:

' Solicitudes cunha renda per cápita inferior familiar igual ou inferior ao 50% do IPREM.: CONCEDIDA.

' Solicitudes cunha renda per cápita inferior familiar superior ao 50% do IPREM: DENEGADA.

Para os efectos desta convocatoria enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar de convivencia a suma dos ingresos económicos desta.

Por unidade familiar enténdese a formada polos pais, titores ou gardadores, así como fillos solteiros menores de 26 anos e sen ingresos que convivisen no domicilio familiar.

No caso de familias monoparentais en que conviva un solo proxenitor deberá acreditarse documentalmente dita circunstancia. No caso de separación legal dos pais ou divorcio, non se considerará membro computable aquel que non conviva co menor. Non obstante, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

No caso de que a familia pagase o aluguer da vivenda ou crédito hipotecario, este importe debidamente xustificado, deducirase dos ingresos da unidade familiar.

12.-A composición da Mesa de Avaliación de subvencións será a seguinte:

' Presidente: Concelleira de Servizos Sociais ou persoa en quen delegue.

' Vocais: dúas traballadoras sociais do Concello.

' Secretario: Secretaria da Corporación ou persoa en que delegue.

13.-Respecto da xustificación e pagamento, os beneficiarios das axudas, retirarán no Departamento de Servizos Sociais do Concello un vale polo importe da cantidade concedida que poderá ser canxeado exclusivamente a efectos de adquisición de libros e/ou material escolar nun prazo máximo de tres meses.

Os establecementos onde se canxeen emitirán a factura correspondente a nome do Concello de Salvaterra de Miño, adxuntando os vales retirados e polo importe que figure no vale. Os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe total de cada vale solo pode ser utilizado nun único establecemento.

Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello e procederase a tramitala segundo a lexislación vixente, efectuando o pago mediante transferencia bancaria ao establecemento emisor da factura, unha vez que a mesma sexa aprobada polo órgano competente.

As facturas terán que reunir os requisitos establecidos no RD 1496/2003, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

14.-Estas axudas serán incompatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

15.-Obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou da axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión (art. 14 LSG)

16.-Obriga do beneficiario de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións (art. 14 LSG).

En Salvaterra de Miño, a 19 de maio de 2017.

O Alcalde

Asdo.- Arturo Grandal Vaqueiro

Sector del libro
Material escolar
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Familia
Escuelas
Alquiler de vivienda
Escolarización
Educación
Vivienda
Hipotecas
Escuelas Infantiles
Alumnado