CONVOCATORIA AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN 2016/2017 - Boletín Oficial de Lugo de 19-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 19/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

Convocatoria de Axudas á Escolarización 2016/2017.-

Dende fai algúns anos, e con soporte no xa derrogado artigo 28 da Lei 7/1985, de 2 de abril, o concello ven convocando anualmente a concesión de axudas á escolarización de nenos, identificando como gasto subvencionable o material escolar vencellado á escolarización obrigatoria.

O artigo 28 foi derrogado pola Lei 27/2013, de racionalización e sostenibilidade de administración local, se ben o artigo 3.3.b. da Lei 5/2014, de 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, permite seguir a prestar a actividade de fomento xa estrabrecida en exercicios anteriores, cal é o caso das axudas á escolarización.

Por todo elo, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos membros presentes, acorda:

Aprobar a seguinte convocatoria de axudas á escolarización:

Primeiro: Obxeto e condicións da concesión da subvención:

A presente convocatoria ten por obxecto o fomento da escolarización dos nenos veciños de Outeiro de Rei, mediante a financiación da compra de material escolar destinado ó curso escolar 2016-2017.

A tal fin, únicamente serán subvencionables os gastos de escolarización cuxa realización se xustifique mediante factura orixinal expedida durante o presente ano 2016 e ata o remate do prazo de presentación de solicitudes.

Os gastos de escolarización subvencionables serán os seguintes: cadernos de exercicios, bolígrafos, lápices ou demáis material gráfico; bolsas, mochilas e outros elementos de transporte de material escolar; diccionarios;

atlas; libros; libretas; e outros materiais directamente relacionados co desenrolo de actividades formativas escolares.

Segundo: Crédito orzamentario.

A presente convocatoria implica unha autorización de creto de 3.000 euros, a imputar a partida orzamentaria 326.48, do estado de gastos do Orzamento Xeral do Concello de Outeiro de Rei para o exercicio 2016.

Terceiro: Procedemento de outorgamento.

O outorgamento das subvencións terá carácter reglado, non existindo concorrencia competitiva entre os solicitantes. O outorgamento da subvención verá dado, exclusivamente, pola acreditación dos requisitos a que se fai referencia no artigo seguinte.

O órgano compente para o outorgamento da subvención será a Xunta de Goberno Local do Concello de Outeiro de Rei.

O prazo para dictar e notificar a resolución do procedemento é de tres meses, que comenzará a computar dende o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido o citado prazo sen que se dictare e notificare a resolución definitiva, as solicitudes poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo.

Contra a denegación por silencio administrativo da solicitude, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de resposición perante a Xunta de Goberno Local deste Concello no prazo de tres meses a contar dende o día seguinte ó que se produzan os efectos do silencio ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso administrativo perante o xulgado do contencioso administrativo de Lugo, no prazo de seis meses a contar dende o día seguinte ó que se produzan os efectos do silencio.

No caso de insuficiencia do créto autorizado para atender as solicitudes presentadas, o outorgamento das axudas farase por orde de presentación da solicitude no rexistro xeral da entidade, ata o agotamento do creto consignado.

A publicación dos sucesivos actos do procedemento se realizará mediante a exposición de anuncios no taboeiro de edictos do Concello.

Cuarto: Requisitos dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas deberán:

- Estar empadroados no Concello de Outeiro de Rei.

- Estar cursando estudios de educación infantil de 2º ciclo, educación primaria, educación secundaria obrigatoria (E.S.O.) (P.C.P.I.), bacharelato, formación profesional de grado medio, ensinanza profesional de artes plasticas e deseño de grado medio, e as ensinanzas deportivas de grao medio.

- Non obter axudas para o mesmo fin de outras administracións públicas.

Quinto: Prazo de presentación de solicitudes e documentación a presentar polos solicitantes.

Os solicitantes das axudas deberán presentar nas oficinas municipais, no prazo máximo dun mes a contar dende o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar.

- Fotocopia de todalas follas do libro de familia.

- Última declaración da renta ou, no caso de non presentala, certificado negativo da delegación de economía e facenda.

- Declaración xurada de outras axudas obtidas para a adquisición de libros de texto.

- Certificaco de estar o corrente nas obrigas tributarias municipais.

- Certificado do centro escolar no que conste matriculado o interesado.

- Facturas orixinais que acrediten o gasto realizado.

Sexto: Criterios obxetivos de concesión das axudas.

As axudas determinaranse mediante a aplicación dos seguintes baremos, de xeito que, en función da renta acreditada da unidade familiar, subvencionarase por cada fillo (e en función do número de fillos que integren dita unidade familiar) o porcentaxe fixado da contía total xustificada.

Nivel de renta número de fillos.

1 fillo 2 fillos 3 fillos ou máis

ata 20.000 euros 40% 50% 60%

de 20.001 a 30.000 euros 30% 40% 50%

A contía máxima xustificada por beneficiario non poderá superar a cantidade de 150 euros.

Non obstante, no caso de que os beneficiarios cursen estudos de bacharelato, formación profesional de grado medio, ensinanza profesional de artes plasticas e deseño de grado medio, e as ensinanzas deportivas de grao medio, a contía máxima xustificable será de 200 euros.

Outeiro de Rei, 08 de setembro de 2.016.- O Alcalde, José Pardo Lombao.

R. 2745

Escolarización
Material escolar
Escuelas
Transporte
Educación
Artes
Formación profesional
Escuelas Infantiles
Exposiciones
Estudios
Deporte
Libros de texto
Familia