Convocatoria e bases para a concesión de axudas en materia de educación do Concello de Moeche, curso 2017-2018 - Boletín Oficial de A Coruña de 19-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 19/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

Bases da convocatoria de axudas en materia de educación do Concello de Moeche, curso 2017-2018

Primeira.- Obxecto da convocatoria

É obxecto da presente convocatoria de axudas favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Moeche mediante a concesión de axudas aos estudantes do termo municipal para a realización de actividades relacionadas coa formación e desprazamentos por motivo de estudos.

Segunda.- Destinatarios/as e requisitos

Para ser beneficiario/a destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

Para solicitar as axudas para realización de actividades relacionadas coa formación será preciso que o alumno/a para o que se solicite a axuda estea cursando estudos no centro público de Educación Infantil e Primaria do Concello de Moeche ou estudos de ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, ensinanzas superiores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño en calquera centro de ensino público.. O alumnado cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio poderá solicitar a axuda para asistencia a un centro de educación especial, aínda que non estea localizado no Concello.

Quedan excluídos da presente convocatoria, os estudos postgrao

Para a solicitude de axudas de desprazamentos por motivo de estudos será preciso que o alumno/a para o que se se solicite a axuda estea cursando estudos en calquera centro público de: Bacharelato, Formación profesional, Universidade, ensinanzas superiores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño. O alumnado cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda de transporte para asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.

Que o/a alumno/a para o que se solicite a axuda non supere os 25 anos de idade e non perciba rendas de ningún tipo.

Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base quinta da presente convocatoria.

Estar empadroadas/os no Concello de Moeche polo menos un dos pais ou titores legais así como os/as alumnos/ as para os que se se solicite a axuda. No caso en que o alumno sexa maior de idade será suficiente con que estea empadroado no Concello o estudante que solicita a axuda.

Este requisito non será esixible no caso de alumnos ou alumnas que estuden no CEIP San Ramón e pertenzan a concellos limítrofes.

Estar matriculado no curso completo dos estudos que se realizan, agás no caso de cursar estudos universitarios, de ensinanzas superiores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño, nese caso será necesario estar matriculado de, polo menos, 30 créditos do curso correspondente.

No caso de estudos postobrigatorios, ter superado no curso 2016-2017, alomenos, o 50% de materias oficiais correspondentes

Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceira.- Solicitudes e documentación necesaria

a) As solicitudes para a concesión destas axudas formalizaranse no impreso normalizado que se inclúe como anexo I. Poderán obterse nas oficinas municipais e na paxina web municipal www.concellodemoeche.gal e presentaranse no Rexistro Municipal do Concello de Moeche.

b) No caso de que nunha mesma unidade familiar existan varios alumnos ou alumnas que opten a estas axudas deberán de presentar unha solicitude individualizada por cada un dos alumnos/as que opten a elas.

c) Xunto coa solicitude, no modelo normalizado e debidamente cuberto, presentarase a seguinte documentación:

· Fotocopias compulsadas do DNI do solicitante e do alumnado beneficiario.

· Fotocopia compulsada do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.

· Certificado de empadroamento colectivo

· Certificado de conta bancaria, expedido pola entidade bancaria a nome do/a solicitante.

· Fotocopia da declaración da renda correspondente ao exercicio 2016 de todas as persoas que convivan co estudante no domicilio familiar. En caso de non estar obrigado/a a presentar a declaración do IRPF, copia da notificación, liquidación ou certificado acreditativo do nivel de rendas emitido pola Axencia de Administración Tributaria que corresponda. Nos casos de separación ou divorcio estarase ao previsto na base 6ª para a determinación dos membros da unidade familiar.

· Certificado da matrícula ou informe expedido polo centro educativo que acredite a condición de alumno/a. No caso de estudos universitarios deberá especificar o número de créditos do que esta matriculado o alumno e si se trata de primeira matrícula ou posterior

· Declaración responsable de estar ao corrente coas abrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións, e autorización ao Concello de Moeche para que realice as comprobacións oportunas durante todo o período que dure o proceso, segundo anexo II. O Concello poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada e calquera outra necesaria para a valoración da solicitude.

· No caso dos estudos post obrigatorios.- Certificación acreditativa das cualificación obtidas no curso 2016-2017.

· Declaracións responsables según axexos III e IV.

Cuarta.- Lugar e prazo de presentación das solicitudes

A solicitude presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Moeche, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no BOP da Coruña.

Quinta.- Contía das axudas

O Concello de Moeche aboaralles as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nestas bases nos seguintes importes por alumno/a e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2016 e no previsto na base 6ª da presente convocatoria.

En caso de que nunha mesma unidade familiar existan varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido nesta convocatoria.

- Axudas para realización de actividades relacionadas coa formación:

Ensino

Renda per capita < 6.000 €

Renda per capita entre 6.000 e 9.000 €

Educación infantil

100,00

75,00

Educación primaria

150,00

112,00

ESO e PCPI

150,00

112,00

Bacharelato e ciclos formativos

200,00

150,00

Universidade e estudos superiores

250,00

185,00

Educación especial

125,00

90,00

- Axudas por desprazamentos por motivo de estudos:

Distancia

Renda per capita < 6.000 €

Renda per capita entre 6.000 e 9.000 €

Ata 35 quilómetros

125,00

100,00

Máis de 35 e ata 100 qm

175,00

125,00

Máis de 100 qm

225,00

150,00

Sexta.- Valoración das solicitudes

Na valoración das solicitudes teranse en conta a renda per cápita familiar e o exercicio fiscal 2016.

A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros da unidade familiar divididos polo número de membros computables.

Para o previsto nestas bases considérase que compoñen a unidade familiar:

· Os pais non separados legalmente e, no seu caso, o titor/a ou persoa encargada da garda e protección do/a menor.

· Os/as fillo/as menores de idade, con excepción dos emancipados.

· Os/as fillos/as maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

· Os/as fillos/as solteiros/as menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a bolsa sempre que non tivesen un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2016.

· Igualmente entenderase que forma parte da unidade familiar calquera outra persoa, con relación de parentesco que conviva no mesmo domicilio

· En caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva coa persoa solicitante da bolsa de axuda. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida ao pai/nai e que si conviva co solicitante. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine aquela, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

· En caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita, ao que se refire o paragrafo anterior, incrementaranse nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

A base impoñible virá determinada pola renda per cápita anual da unidade familiar. Para os efectos, teñen a consideración de ingresos a suma da base impoñible xeral (cadro 392) coa base impoñible do aforro (cadro 405), do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Excepcionalmente, se a unidade familiar alega unha diminución dun 20% ou máis dos seus ingresos durante máis de catro meses consecutivos e se mantivesen na data de inicio do prazo de solicitudes fronte aos ingresos declarados na declaración do IRPF 2016, poderán achegar esta documentación xustificativa da dita circunstancia para que se teña en conta na valoración.

Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de aplicarlles os datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Sétima.- Importe máximo e crédito orzamentario

O importe total para axudas para a realización de actividades relacionadas coa formación e desprazamentos por motivo de estudos. ascende a 15.000 € e levarase a cabo mediante a tramitación anticipada de gasto que se imputará ao crédito do exercicio 2017, á aplicación orzamentaria 2017.326.4800, ao abeiro do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei xeral de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo). De acordo con este, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.

En caso de que as solicitudes aprobadas superen o importe máximo de gasto previsto, procederase a reducir a contía asignada a cada categoría na porcentaxe correspondente, en ningún caso a suma das axudas concedidas poderá superar o límite establecido de 15.000 € .

Oitava.- Do procedemento de concesión das axudas.

' Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, estas serán valoradas polos servizos sociais municipais conforme cos criterios establecidos na base 6ª.

' A Xunta de Goberno, aprobara, con base o indicado informe a a relación provisional dos estudantes do termo municipal beneficiarios das axudas para para realización de actividades relacionadas coa formación e desprazamentos por motivo de estudos

' A aprobación desta relación provisional publicarase no taboleiro de editos do Concello e na paxina web www.moeche.gal asi mesmo notificaralleses persoalmente a aquelas persoas a que se lles denegou a axuda, abríndose u prazo de 10 días, para presentación de reclamacións, no caso daquelas persoas os que lle fora denegada a axuda o prazo de presentación de reclamacións empezará a contarse dende o día seguinte o da recepción da notificación da resolución..

' No caso de que non se presenten reclamacións no período indicado entenderase aprobada definitivamente a relación ata ese momento provisional, en caso contrario os servizos sociais, unha vez examinadas as alegacións presentadas emitirán unha proposta definitiva e de seguido será aprobada por esta Xunta de Goberno

Novena.-Obrigas das persoas beneficiarias

A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:

a) Seguir as directrices que se marcan nas presentes bases e destinar o importe da axuda na súa integridade os gastos subvencionados.

b) Cooperar co Concello de Moeche en cantas actividades de inspección e verificación leven a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.

c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Le¡ 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Décima.-Compatibilidade das axudas

As axudas concedidas en virtude das presentes bases serán compatibles con calquera outra axuda que poida percibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen os gastos subvencionados, de conformidade co artigo 17.3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional

As persoas beneficiarias encóntranse suxeitas ao réxime de infraccións e sancións que en materia de subvencións establece o título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Moeche 13 de outubro de 2017

A Alcaldesa

Asdo. Beatriz Bascoy Maceiras

2017/8802

Educación
Alumnado
Formación
Escolarización
Artes Escénicas
Artes
Música
Formación profesional
Escuelas Infantiles
Transporte
Familia
Escuelas
Discapacidad
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales