Convocatoria e bases do premio Rodolfo Prada á xestion cultural - Boletín Oficial de Ourense de 08-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 08/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

De conformidade co que acordou a Xunta de Goberno desta Deputación, na sesión do día da data, convócase o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural, con suxeición ás seguintes bases:

1ª) Convocatoria Convócase o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural , dirixido a persoas, proxectos ou colectivos que se signifiquen pola xestión de iniciativas de carácter cultural e que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma Galega ou fóra de Galicia, pero con claras referencias nos seus contidos e obxectivos á cultura galega.

O premio contará con tres modalidades: 1. Dirixido a profesionais da xestión cultural que desenvolveran unha actividade concreta ou unha traxectoria profesional destacada no ámbito da xestión cultural no máis amplo dos seus aspectos.

2. Dirixido a persoas voluntarias ou colectivos afeccionados que desenvolveran algunha actividade concreta ou unha traxectoria profesional destacada no ámbito da xestión cultural no máis amplo dos seus aspectos.

3. Dirixido a proxectos culturais vinculados á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e que formen parte do manual de boas prácticas do que será dotado o novo portal web da devandita Asociación.

Enténdese que o contexto cultural no que se convoca este premio son aquelas iniciativas que teñen cabida dentro dalgunha das modalidades que se relacionan tradicionalmente no marco xenérico da cultura e, por extensión, de actualidade e de perspectivas de futuro, no novo concepto das industrias culturais e creativas:

' Artes Escénicas ' Artes Plásticas ' Audiovisual ' Etnografía ' Letras

' Música ' Patrimonio Histórico e Cultural ' Industrias culturais e creativas ' Proxección exterior da cultura galega

2ª) Obxecto e contido dos premios 1. Concederase un único premio en cada unha das modalidades:

a. Premio para profesionais da xestión cultural: i. Financiamento dunha bolsa para a participación nalgunha acción formativa (seminarios, encontros, xornadas, etcétera sobre xestión cultural no marco do programa Europa Creativa ou de calquera outra entidade cultural que resulte de interese para o premiado, ata unha contía máxima de 1.000 € .

ii. O premio complétase cunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por artistas ourensáns de recoñecido prestixio, así como un diploma acreditativo.

b. Premio a persoas voluntarias ou colectivos afeccionados: i. Colaboración directa da Deputación Provincial de Ourense co seguinte proxecto cultural que promovan as persoas voluntarias ou desenvolvan os colectivos afeccionados resultantes gañadores, ata unha contía máxima de 2.000 € .

ii. O premio complétase cunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por artistas ourensáns de recoñecido prestixio, así como un diploma acreditativo.

c. Premio a proxectos culturais vinculados á AGPXC: i. Colaboración directa da Deputación Provincial de Ourense co seguinte proxecto cultural que promovan as persoas responsables do proxecto resultante gañador neste apartado, ata unha contía máxima de 3.000 € .

ii. O premio complétase cunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por artistas ourensáns de recoñecido prestixio, así como un diploma acreditativo.

O premio poderase declarar deserto en todas ou nalgunha das modalidades, de non existiren candidatos de calidade adecuada, a xuízo do xurado.

3ª) Candidaturas 1. Poderán optar ao premio as persoas, colectivos ou entidades que se distingan pola súa traxectoria relacionada cos tres apartados sinalados na cláusula 1ª. 2. As candidaturas poderán ser presentadas por profesionais da xestión cultural, colectivos culturais ou institucións públicas ou privadas do ámbito cultural, sen que os candidatos se poidan postular a eles mesmos.

3. Non serán admitidas candidaturas que xa foran recoñecidas en edicións anteriores ou teñan unha relación directa con estas (a partir da segunda edición).

4ª) Documentación e prazo de presentación 1. As candidaturas deberán ser presentadas a través do formulario normalizado que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, así como no portal da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. As solicitudes, subscritas polo interesado irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial, e poderán presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, que mantén a súa operatividade ao abeiro do establecido na Disposición final 7ª da devandita Lei 39/2015.

2. O formulario de presentación da candidatura ao premio deberá ir acompañado dunha breve memoria de non máis de 3 folios, nos que se recollan, literal e graficamente, os méritos xustificativos da presentación da candidatura.

3. O prazo de presentación de candidaturas será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, que terá lugar arredor da primeira semana de decembro de cada ano.

5ª) Xurado 1. O xurado estará formado por 11 membros de acordo coa seguinte composición:

a) Presidente: O Presidente da Deputación Provincial de Ourense ou persoa na que este delegue

b) Vogais: ' 1 representante da Deputación provincial de Ourense ' 1 representante da Secretaría Xeral de Cultura ' 4 profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da xestión cultural designados pola Deputación Provincial de Ourense

' 4 representantes da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

' 1 representante da Asociación Cultural Rodolfo Prada, dos Peares

c) Secretario: Actuará como secretario (con voz, pero sen voto) un funcionario/a da Deputación Provincial de Ourense.

2. A designación dos membros do xurado farase pública no prazo máximo de vinte días desde a publicación destas bases na páxina web da Deputación Provincial de Ourense.

6ª) Resolución 1. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do premio non excederá de dous meses contados desde o remate do prazo de presentación de candidaturas.

2. A decisión do xurado en que se resolva a concesión dos premios farase pública a través dos medios de comunicación da web da Deputación Provincial de Ourense.

7ª) Entrega dos premios O premio entregarase no transcurso dun acto social organizado pola Deputación Provincial de Ourense nalgún espazo que a Deputación Provincial decida no marco da celebración da ICC Week que cada ano organiza este organismo na primeira semana de maio.

2º.- A convocatoria deste premio publicarase no BOP e na sede electrónica da Deputación Provincial.

Contra este acordo pode interporse, potestativamente, un recurso de reposición ante a Xunta de Goberno desta Deputación, no prazo de 1 mes, como trámite previo ao contencioso-administrativo, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado Provincial do ContenciosoAdministrativo, no prazo de 2 meses, sen que se poidan compaxinar ambos recursos. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

Ourense, 2 de xuño de 2017. O presidente.

De conformidad con lo que acordó la Junta de Gobierno de esta Diputación, en sesión del día de la fecha, se convoca el Premio Rodolfo Prada a la gestión cultural, con sujeción a las siguientes bases:

1ª) Convocatoria Se convoca el Premio Rodolfo Prada a la gestión cultural , dirigido a personas, proyectos o colectivos que se signifiquen por la gestión de iniciativas de carácter cultural y que desarrollen su actividad en la Comunidad Autónoma Gallega o fuera de Galicia, pero con claras referencias en sus contenidos y objetivos a la cultura gallega.

El premio contará con tres modalidades: 1. Dirigido a profesionales de la gestión cultural que hayan desarrollado una actividad concreta o una trayectoria profesional destacada en el ámbito de la gestión cultural en el más amplio de sus aspectos.

2. Dirigido a personas voluntarias o colectivos aficionados que hayan desarrollado alguna actividad concreta o una trayectoria profesional destacada en el ámbito de la gestión cultural en el más amplio de sus aspectos.

3. Dirigido a proyectos culturales vinculados a la Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) y que formen parte del manual de buenas prácticas del que será dotado el nuevo portal web de dicha Asociación.

Se entiende que el contexto cultural en el que se convoca este premio son aquellas iniciativas que tienen cabida dentro de alguna de las modalidades que se relacionan tradicionalmente en el marco genérico de la cultura y, por extensión, de actualidad y de perspectivas de futuro, en el nuevo concepto de las industrias culturales y creativas:

' Artes Escénicas ' Artes Plásticas ' Audiovisual ' Etnografía ' Letras ' Música ' Patrimonio Histórico y Cultural ' Industrias culturales y creativas ' Proyección exterior de la cultura gallega 2ª) Objeto y contenido de los premios 1. Se concederá un único premio en cada una de las modalidades:

a. Premio para profesionales de la gestión cultural: i. Financiación de una beca para la participación en alguna acción formativa (seminarios, encuentros, jornadas, etcétera, sobre gestión cultural en el marco del programa Europa Creativa o de cualquier otra entidad cultural que resulte de interés para el premiado, hasta una cuantía máxima de 1.000 € .

ii. El premio se completa con una escultura u objeto conmemorativo realizado por artistas ourensanos de reconocido prestigio, así como un diploma acreditativo.

b. Premio a personas voluntarias o colectivos aficionados: i. Colaboración directa de la Diputación Provincial de Ourense con el siguiente proyecto cultural que promuevan las personas voluntarias o desarrollen los colectivos aficionados resultantes ganadores, hasta una cuantía máxima de 2.000 € .

ii. El premio se completa con una escultura u objeto conmemorativo realizado por artistas ourensanos de reconocido prestigio, así como un diploma acreditativo.

c. Premio a proyectos culturales vinculados a la AGPXC: i. Colaboración directa de la Diputación Provincial de Ourense con el siguiente proyecto cultural que promuevan las personas responsables del proyecto resultante ganador en este apartado, hasta una cuantía máxima de 3.000 € .

ii. El premio se completa con una escultura u objeto conmemorativo realizado por artistas ourensanos de reconocido prestigio, así como un diploma acreditativo.

El premio se podrá declarar desierto en todas o en alguna de las modalidades, de no existir candidatos de calidad adecuada, a juicio del jurado.

3ª) Candidaturas 1. Podrán optar al premio las personas, colectivos o entidades que se distingan por su trayectoria relacionada con los tres apartados señalados en la cláusula 1ª.

2. Las candidaturas podrán ser presentadas por profesionales de la gestión cultural, colectivos culturales o instituciones públicas o privadas del ámbito cultural, sin que los candidatos se puedan postular a ellos mismos.

3. No serán admitidas candidaturas que ya fueran reconocidas en ediciones anteriores o tengan una relación directa con las mismas (a partir de la segunda edición).

4ª) Documentación y plazo de presentación 1. Las candidaturas deberán ser presentadas a través del formulario normalizado que estará disponible en la sede electrónica de la Diputación Provincial de Ourense, así como en el portal de la Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Las solicitudes, subscritas por el interesado irán dirigidas a la Presidencia de la Diputación Provincial, y podrán presentarse en cualquiera de los lugares previstos en el artículo 16.4 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas, así como en el Registro General de la Diputación Provincial, que mantiene su operatividad al amparo de lo establecido en la Disposición Final 7ª de dicha Ley 39/2015.

2. El formulario de presentación de la candidatura al premio deberá ir acompañado de una breve memoria de no más de 3 folios, en los que se recojan, literal y gráficamente, los méritos justificativos de la presentación de la candidatura.

3. El plazo de presentación de candidaturas será de dos meses contados desde el día siguiente al de la publicación de estas bases en el Boletín Oficial de la Provincia de Ourense, que tendrá lugar alrededor de la primera semana de diciembre de cada año.

5ª) Jurado 1. El jurado estará formado por 11 miembros de acuerdo con la siguiente composición:

a) Presidente: El Presidente de la Diputación Provincial de Ourense o persona en la que éste delegue

b) Vocales: ' 1 representante de la Diputación Provincial de Ourense ' 1 representante de la Secretaría General de Cultura ' 4 profesionales de reconocido prestigio en el ámbito de la gestión cultural designados por la Diputación Provincial de Ourense

' 4 representantes de la Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

' 1 representante de la Asociación Cultural Rodolfo Prada, de Os Peares

c) Secretario: Actuará como secretario (con voz, pero sin voto) un funcionario/a de la Diputación Provincial de Ourense.

2. La designación de los miembros del jurado se hará pública en el plazo máximo de veinte días desde la publicación de estas bases en la página web de la Diputación Provincial de Ourense.

6ª) Resolución 1. El plazo máximo para resolver y notificar la resolución del premio no excederá de dos meses contados desde el remate del plazo de presentación de candidaturas.

2. La decisión del jurado en que se resuelva la concesión de los premios se hará pública a través de los medios de comunicación de la web de la Diputación Provincial de Ourense.

7ª) Entrega de los premios El premio se entregará en el transcurso de un acto social organizado por la Diputación Provincial de Ourense en algún espacio que la Diputación Provincial decida en el marco de la celebración de la ICC Week que cada año organiza este organismo en la primera semana de mayo.

2º.- La convocatoria de este premio se publicará en el BOP y en la sede electrónica de la Diputación Provincial.

Contra este acuerdo puede interponerse, potestativamente, recurso de reposición ante la Junta de Gobierno de esta Diputación, en el plazo de 1 mes, como trámite previo al contencioso-administrativo, o bien directamente recurso contencioso-administrativo, ante el Juzgado Provincial de lo Contencioso-Administrativo, en el plazo de 2 meses, sin que se puedan simultanear ambos recursos. Los plazos indicados se computarán a partir del día siguiente al de la publicación de este anuncio en el BOP.

Ourense, 2 de junio de 2017. El presidente.

R. 1.790

Cultura
Cultura e idiomas
Escultura
Patrimonio cultural
Artes
Artes Escénicas
Música
Promoción cultural
Formación
Medios de comunicación
Industria cultural