Convocatoria e bases do XIV Certame de Artes Plásticas da Deputación Provincial de Ourense - Boletín Oficial de Ourense de 27-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 27/03/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas
  • Documento en formato PDF

De conformidade co que acordou a Xunta de Goberno desta Deputación, na sesión do día da data, convócase o XIV Certame de Artes Plásticas Deputación Provincial de Ourense, con suxeición ás seguintes bases:

Primeira: A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etcétera). Segunda: Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os dezaoito (18) e os trinta (30) anos. Terceira: A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calquera tipo de técnica e material. Cuarta: Cada concursante poderá participar cun máximo de dúas (2) obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades. Quinta: As obras axustaranse ás seguintes características:

Pintura: non superior a dous (2) metros en calquera das súas dimensións. Escultura: terá unha altura máxima dun metro con oitenta centímetros (1,80 m) e unha base que non superará un metro por un metro (1m x 1m). Gravado e outras expresións artísticas: medidas libres. Sexta: As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico. Sétima: Establécense os seguintes premios sen distinción de modalidade: - Primeiro premio - Segundo premio - Terceiro premio - Dous accésits de 500,00 ! cada un Total

3.000,00 !.2.000,00 !.1.000,00 !.1.000,00 !.7.000,00 !.- O xurado pode conceder accésits honoríficos, se o estima oportuno, en vista da calidade dos traballos presentados. Tamén pode declarar deserto calquera dos premios. As obras que reciban algún dos premios con dotación económica quedarán en propiedade da Deputación Provincial de Ourense. Oitava: O prazo de presentación das obras establecerase desde a convocatoria deste certame no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o día quince (15) de xuño de dous mil dezasete (2017). As obras entregaranse ou serán enviadas ao Centro Cultural da Deputación de Ourense (Rúa Progreso, 30 32003 Ourense). Correrán por conta dos concursantes os gastos de envío das obras. Os organizadores non se responsabilizan dos riscos ou deterioracións que poidan sufrir as obras no seu traslado e manipulación. Novena: Identificación.- Para a súa identificación, as obras levarán en lugar ben visible un lema identificativo, que pode ser común ás obras presentadas polo mesmo autor. En sobre pechado, á parte, incluirá un Boletín de participación no certame ou copia deste por cada obra presentada, debidamente cuberto e cunha copia do DNI do autor. No exterior do sobre figurará o lema da obra ou obras. Décima: A Deputación realizará unha exposición (mes de setembro) cunha selección dos traballos presentados e realizará o correspondente catálogo. Undécima: O xurado estará integrado por un mínimo de cinco (5) membros vinculados ao mundo das artes plásticas, que serán designados pola presidencia da institución provincial. Décimo segunda: Os titulares das obras non premiadas deberán retirar estas unha vez rematada a exposición, cun prazo máximo dun (1) mes. Unha vez superado o prazo indicado, os organizadores declinan calquera responsabilidade sobre estas. Décimo terceira: Os artistas autorizan á Deputación a empregar a imaxe das súas obras en calquera formato e sen límite de tempo. Décimo cuarta: A participación neste certame supón a aceptación destas bases e o veredicto do xurado.

Anexo: XIV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense Boletín de participación

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Contra este acordo pode interporse, potestativamente, un recurso de reposición ante a Xunta de Goberno desta Deputación, no prazo de 1 mes, como trámite previo ao contencioso-administrativo, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado Provincial do Contencioso-Administrativo, no prazo de 2 meses, sen que se poidan compaxinar ambos recursos. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación. Ourense, 24 de marzo de 2017. O presidente.

De conformidad con lo que acordó la Junta de Gobierno de esta Diputación, en sesión del día de la fecha, se convoca el XIV Certamen de Artes Plásticas Diputación Provincial de Ourense, con sujeción a las siguientes bases: Primera: La convocatoria se realiza para las modalidades de pintura, escultura, gravado y cualquier otro tipo de expresión artística (vídeo, arte digital, instalaciones, etcétera). Segunda: Podrán participar todos los artistas con edades comprendidas entre los dieciocho (18) y los treinta (30) años. Tercera: La temática será libre, admitiéndose todo tipo de tendencia estética. En la realización de la obra se podrá emplear cualquier tipo de técnica y material. Cuarta: Cada concursante podrá participar con un máximo de dos (2) obras, aunque pertenezcan a distintas modalidades. Quinta: Las obras se ajustarán a las siguientes características:

Pintura: no superior a dos (2) metros en cualquiera de sus dimensiones. Escultura: tendrá una altura máxima de un metro con ochenta centímetros (1,80 m) y una base que no superará un metro por un metro (1m x 1m). Gravado y otras expresiones artísticas: medidas libres. Sexta: Las obras no podrán estar premiadas con anterioridad en ningún otro certamen artístico. Sétima: Se establecen los siguientes premios sin distinción de modalidad: - Primer premio - Segundo premio - Tercer premio - Dos accésits de 500,00 ! cada uno Total

3.000,00 !.- 2.000,00 !.- 1.000,00 !.- 1.000,00 !.- 7.000,00 !.- El jurado puede conceder accésits honoríficos, si lo estima oportuno, en vista de la calidad de los trabajos presentados. También puede declarar desierto cualquiera de los premios. Las obras que reciban alguno de los premios con dotación económica quedarán en propiedad de la Diputación Provincial de Ourense. Octava: El plazo de presentación de las obras se establecerá desde la convocatoria de este certamen en el Boletín Oficial de la Provincia (BOP) hasta el día quince (15) de junio de dos mil diecisiete (2017). Las obras se entregarán o serán enviadas al Centro Cultural de la Diputación de Ourense (Calle Progreso, 30 32003 Ourense). Correrán por cuenta de los concursantes los gastos de envío de las obras. Los organizadores no se responsabilizan de los riesgos o desperfectos que puedan sufrir las obras en su traslado y manipulación. Novena: Identificación.- Para su identificación, las obras llevarán en lugar bien visible un lema identificativo, que puede ser común a las obras presentadas por el mismo autor. En sobre cerrado, aparte, incluirá un Boletín de participación en el certamen o copia de éste por cada obra presentada, debidamente cumplimentado y con una copia del DNI del autor. En el exterior del sobre figurará el lema de la obra u obras. Décima: La Diputación realizará una exposición (mes de setiembre) con una selección de los trabajos presentados y realizará el correspondiente catálogo. Undécima: El jurado estará integrado por un mínimo de cinco (5) miembros vinculados al mundo de las artes plásticas, que serán designados por la presidencia de la institución provincial. Decimosegunda: Los titulares de las obras no premiadas deberán retirar éstas una vez rematada la exposición, con un plazo máximo de un (1) mes. Una vez superado el plazo indicado, los organizadores declinan cualquier responsabilidad sobre éstas. Decimotercera: Los artistas autorizan a la Diputación a emplear la imagen de sus obras en cualquier formato y sin límite de tiempo. Decimocuarta: La participación en este certamen supone la aceptación de estas bases y el veredicto del jurado.

Anexo:

XIV Certamen de Artes Plásticas Diputación de Ourense

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Contra este acuerdo puede interponerse, potestativamente, un recurso de reposición ante la Junta de Gobierno de esta Diputación, en el plazo de 1 mes, como trámite previo al contencioso-administrativo, o bien directamente un recurso contencioso-administrativo, ante el Juzgado Provincial de lo Contencioso-Administrativo, en el plazo de 2 meses, sin que se puedan simultanear ambos recursos. Los plazos indicados se computarán a partir del día siguiente al de la recepción de esta notificación. Ourense, 24 de marzo de 2017. El presidente.

R. 857

Artes
Pintura
Escultura
Exposiciones
Certámenes
Cultura e idiomas
Cultura