Convocatoria e bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para adquisición de libros e material escolar, para o curso 2016-2017. - Boletín Oficial de Ourense de 10-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 10/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

Subvencións a familias do alumnado de centros docentes públicos de Educación Infantil (segunda etapa), Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria, para o curso 2016-2017.

Artigo 1. Obxecto da convocatoria A presente convocatoria ten por finalidade a concesión de subvencións a familias do alumnado de centros docentes públicos de Educación Infantil (segunda etapa), Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria, para o curso 2016-2017, distinguindo:

1. Axudas para adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2º etapa): 3 a 5 anos.

2. Axudas para adquisición de libros e material escolar para alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

Artigo 2. Beneficiarios As familias dos/as alumnos/as que estean matriculados/as no curso 2016/2017, nos niveis de:

' Educación Infantil (2ª etapa) no CEIP de Ramirás. ' Educación Primaria no CEIP de Ramirás. ' Educación Secundaria no IES de Celanova-Celso Emilio Ferreiro.

Artigo 3. Requisitos dos solicitantes As axudas poderán ser solicitadas polas familias dos/as alumnos/as que cumpran os seguintes requisitos:

1.- Estar empadroados no Concello de Ramirás polo menos o pai/nai/titor ou titora do neno/a ou persoa adxudicataria en sistemas de acollemento familiar.

2.- Ser alumno/a nos niveis de ensinanza establecidos nos centros indicados e como alumnos oficiais.

3.- Non exceder o máximo de ingresos segundo as presentes bases. Enténdese por renda per cápita a renda familiar do ano 2015 dividida entre o número de membros que forma a unidade familiar.

4.- Os/as beneficiarios/as deben comunicar ao concello a obtención doutras axudas para a mesma finalidade.

5.- Estar ao corrente do pago de todos os tributos e taxas municipais.

6.- Ter presentadas as solicitudes e a documentación requirida.

7.-Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario segundo o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Financiamento da convocatoria A concesión de axudas reguladas nesta orde será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 326.48 do exercicio orzamentario do ano 2016 que conta con un orzamento total de 3.000,00 ¬.

Artigo 5. Contía e límites Os beneficiarios poderán recibir como máximo o 100% do orzamento presentado sobre os gastos subvencionables.

As axudas municipais escolares son incompatibles con calquera outra axuda, para a mesma finalidade, de organismos públicos ou privados, comprometéndose o solicitante a comunicar e/ou reintegrar o concedido polo Concello de Ramirás, no caso de ter percibida outra axuda para o mesmo gasto.

Contía das axudas: - Educación Infantil: - Renda per cápita familiar ata 5.400,00 ¬: 150,00 ¬ - Renda per cápita familiar desde 5.401,00 ata 9.000,00: 75,00 ¬

- Educación Primaria: - Renda per cápita familiar ata 5.400,00 ¬ : 80,00 ¬ - Renda per cápita familiar desde 5.401,00 ata 9.000,00 ¬: 40,00 ¬

- Educación Secundaria: - Renda per cápita familiar ata 5.400,00 ¬: 80,00 ¬ - Renda per cápita familiar desde 5.401,00 ata 9.000,00 : 40,00 ¬

Artigo 6. Solicitude e documentación que se achegará 1.- As solicitudes presentaranse no concello nos modelos facilitados para o efecto.

2.- As solicitudes (debidamente cubertas e asinadas) deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

- Certificado ou informe do centro onde os/as alumnos/as realicen estudos no que se especifique o curso onde están matriculados.

- Fotocopia do DNI, non caducado, do/a solicitante, sexa pai, nai, titor/a ou persoa adxudicataria en sistemas de acollemento familiar.

- Fotocopia do libro de familia - Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar. - Xustificación dos ingresos dos membros da unidade familiar: (Certificado de vida laboral, certificado do INEM...).

- Fotocopia compulsada da declaración da renda e patrimonio ou documento acreditativo de non estar obrigado a facela (certificado de imputacións) referida ao ano

2015. No caso de traballar e non ter obriga de presentar a declaración da renda, deberase achegar certificado de empresa correspondente ao exercicio 2015.

- No caso doutras prestacións: RISGA, pensión non contributiva, prestación por fillo/a a cargo, pensións de orfandade, etc., deberán traer certificación do organismo correspondente.

- No caso de separación ou divorcio deberán achegar o documento que o acredite. Se non percibe pensión alimenticia ou compensatoria, a denuncia de incumprimento de sentenza.

Cando o cabeza de familia estea en situación de paro e non percibise subsidio de desemprego durante o ano 2015, presentará un certificado do INEM que o acredite, pero se percibise algunha cantidade por desemprego presentará o correspondente certificado. Os emigrantes e inmigrantes deberán presentar unha certificación dos ingresos obtidos no ano 2015 no país correspondente, cun informe bancario sobre a cotización media da moeda do devandito país nese ano. No caso de estar un membro do matrimonio no estranxeiro e outro retornado deben igualmente acreditar os ingresos obtidos no ano 2015, mediante certificacións oficiais.

O pagamento dos impostos municipais comprobarase internamente.

Artigo 7. Lugar e prazo de presentación A solicitude presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Ramirás, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación, será de 30 días naturais, contados dende o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia; publicarase tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Ramirás, así como na paxina web municipal.

Artigo 8. Emenda da solicitude Segundo o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se a documentación achegada fora incompleta, ou non reunira os requisitos esixidos na presente convocatoria, o solicitante será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da recepción da notificación, complete a documentación ou amañe a falta, con advertencia de que, se non o fixera, se lle terá por desistida da súa solicitude e arquivarase o expediente.

Artigo 9. Comisión técnica de avaliación Para os efectos previstos no artigo 22.1 da LXS, o órgano colexiado competente estará formado por:

Presidente: Alcaldía do Concello de Ramirás, ou persoa en quen delegue.

Vogais: traballadora social e secretaria do concello, ou persoas que as substitúan.

Secretario/a: empregado ou empregada pública designada para os efectos.

Artigo 10. Criterios de valoración As solicitudes valoraranse tendo en conta a renda per cápita dos compoñentes da unidade familiar do ano 2015 cunha valoración de 1 a 10 puntos por orde inversa a renda.

A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentaran declaración do imposto sobre a renta de 2015, para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 430 (base impoñible xeral) e 445 (base impoñible do aforro) da declaración.

No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar con presentación de declaración responsable e a documentación requirida no artigo 6º.

No caso de existir un/unha menor, na unidade familiar, cunha discapacidade recoñecida entre o 33% e o 65%, este fillo/a computará por dous membros.

No caso de que a discapacidade sexa superior ao 65%, este fillo/a computará por tres membros.

No caso de familias monoparentais, computarase un membro máis.

Terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse no cómputo da unidade familiar.

No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos os dous proxenitores incluiranse dentro do cómputo da unidade familiar.

Acreditarase mediante: documentación do xulgado sobre pensión de alimentos ou exercicio ou non de accións legais para a obtención desta. Sentenza de separación/ divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais. De non ter exercitado legalmente a procura deses dereitos, deberán achegar os ingresos dos proxenitores, respecto dos fillos recoñecidos no libro de familia.

A axuda concederáselles a todos os/as solicitantes que cumpran os requisitos mencionados no apartado de beneficiarios/as ata esgotar a partida orzamentaria. No suposto de haber máis solicitudes que orzamento quedarán excluídas/lista de espera as familias cuxo nivel de renda sexa superior ou sexa con menor puntuación.

Artigo 11. Resolución e avaliación das propostas A Comisión Cualificadora avaliará as solicitudes, de conformidade cos criterios e valoración que se determinan nas bases e fará constar expresamente que, da información que obra no seu poder, se desprende que os beneficiarios/as cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións.

A proposta de resolución conterá a relación, na que se indicarán todas as persoas solicitantes que participan na convocatoria, o alumnado, renda per cápita anual, expediente, colexio, curso, concepto (libros, material escolar) e puntuación acadada e resolución das axudas, co seu estado de concedido, denegado ou lista de espera.

- Concedidas.-Reseñarase a subvención individual de cada persoa beneficiaria,

- Denegadas.-Farase constar algúns dos seguintes motivos: ' A solicitude foi presentada fóra de prazo. ' Non achegan a documentación requirida. ' Non estar empadroados/as. ' Matriculado/a noutros centros ' Supera os ingresos. ' O/a alumno/a non está matriculado/a. ' Outros datos. - Lista de espera: coa seu correspondente orde, por renda per cápita.

A Presidencia, tendo en conta a proposta da Comisión Cualificadora, acordará a aprobación definitiva das subvencións, con cargo á aplicación orzamentaria 326.48 do orzamento do concello do ano 2016, por un importe máximo de 3.000,00 ¬.

O prazo de resolución non excederá de un mes contado desde o fin do prazo de presentación de solicitudes.

A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme ao previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O vencemento do prazo máximo sen terse notificada a resolución, lexitima aos interesados/as para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

Artigo 12. Aceptación da subvención e compromisos A subvención entenderase aceptada polo solicitante, se dentro do prazo de 10 días seguintes á comunicación da concesión non manifesta nada en contra.

Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron concedidas.

Os beneficiarios someteranse ás actuacións de comprobación e seguimento da aplicación da subvención e facilitará canta información lle sexa requirida e aceptaran as seguintes obrigas:

1. Cumprir todas as normas establecidas nesta convocatoria. 2. Responder da veracidade dos datos da solicitude. 3. Comunicar ao Concello de Ramirás calquera cambio que afecte a situación da persoa beneficiaria ou da súa unidade familiar.

Artigo 13. Xustificación e pagamento Procederase ao pagamento unha vez que os/as beneficiarios/as xustifiquen debidamente o importe da subvención concedida:

- Factura orixinal do gasto realizado. En cada factura deberá figurar, polo menos, os seguintes datos: CIF, NIF ou NIE do establecemento, nome do titular do establecemento (empresa/apelidos e nome), datos do establecemento (denominación comercial, enderezo completo, concello e provincia), data da factura, número de factura, tipo ou tipos impositivos aplicables nas operacións (base impoñible e IVE do total da factura detallada, detalle da compra/concepto e titular da mesma pai, nai ou titor do solicitante.

- Declaración formal, asinada polo representante, de todas as axudas solicitadas ou non e concedidas ou non para a mesma finalidade doutras administracións públicas ou privadas.

Artigo 14. Forma e prazo de pagamento da subvención O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria no IBAN que figura no formulario de solicitude, xunto coa documentación que neles se require.

O importe que se xustificará non será inferior en ningún caso ao 100 % do importe da subvención concedida; noutro caso, reducirase a axuda ata o importe xustificado.

O importe da subvención concedida aboarase, unha vez aprobada definitivamente, e previa xustificación dos gastos subvencionables, non se realizarán pagos a conta.

Artigo 15. Prazo de xustificación da subvención O prazo máximo para xustificar a subvención será o 30 de novembro de 2016.

Artigo 16. Reintegro de subvencións As causas de reintegro da subvención serán as que se determinan no artigo 37 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición final En todo o non disposto nesta convocatoria haberá que aterse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Lei 38/2003, xeral de subvencións, Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións e a Ordenanza reguladora da concesión de subvencións do Concello de Ramirás.

Ramirás, 30 de agosto de 2016. O alcalde. Asdo.: Juan Carlos Rodríguez Matías.

Anuncio

Convocatoria y bases reguladoras que regirán la concesión de ayudas para adquisición de libros y material escolar, para el curso 2015-2016.

Subvenciones a familias del alumnado de centros docentes públicos de Educación Infantil (segunda etapa), Educación Primaria y Secundaria Obligatoria, para el curso 2016-2017.

Artículo 1. Objeto de la convocatoria La presente convocatoria tiene por finalidad la concesión de subvenciones a familias del alumnado de centros docentes públicos de Educación Infantil (segunda etapa), Educación Primaria y Secundaria Obligatoria, para el curso 2016-2017, distinguiendo:

1. Ayudas para adquisición de libros y material escolar para Educación Infantil (2º etapa): 3 a 5 años.

2. Ayudas para adquisición de libros y material escolar para alumnado matriculado en Educación Primaria y Educación Secundaria Obligatoria.

Artículo 2. Beneficiarios Las familias de los/las alumnos/as que estén matriculados/as en el curso 2016/2017, en los niveles de:

- Educación Infantil (2ª Etapa) en el CEIP de Ramirás. - Educación Primaria en el CEIP de Ramirás. - Educación Secundaria en el IES de Celanova-Celso Emilio Ferreiro.

Artículo 3. Requisitos de los solicitantes Las ayudas podrán ser solicitadas por las familias de los/las alumnos/as que cumplan los siguientes requisitos:

1.- Estar empadronados en el Ayuntamiento de Ramirás por lo menos el padre/madre/tutor o tutora del niño/a o persona adjudicataria en sistemas de acogimiento familiar.

2.- Ser alumno/a en los niveles de enseñanza establecidos en los centros indicados y como alumnos oficiales.

3.- No exceder el máximo de ingresos según las presentes bases. Se entiende por renta per cápita la renta familiar del año 2015 dividida entre el número de miembros que forma la unidad familiar.

4.- Los/las beneficiarios/as deben comunicar al ayuntamiento la obtención de otras ayudas para la misma finalidad.

5.- Estar al corriente del pago de todos los tributos y tasas municipales.

6.- Tener presentadas las solicitudes y la documentación requerida.

7.-No estar incurso en las prohibiciones para obtener la condición de beneficiario según el artículo 10 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de Subvenciones de Galicia.

Artículo 4. Financiación de la convocatoria La concesión de ayudas reguladas en esta orden será atendida con cargo a la aplicación presupuestaria 326.48 del ejercicio presupuestario del año 2016 que cuenta con un presupuesto total de 3.000,00 ¬.

Artículo 5. Cuantía y límites Los beneficiarios podrán recibir como máximo el 100% del presupuesto presentado sobre los gastos subvencionables.

Las ayudas municipales escolares son incompatibles con cualquier otra ayuda, para la misma finalidad, de organismos públicos o privados, comprometiéndose el solicitante a comunicar y/o reintegrar lo concedido por el Ayuntamiento de Ramirás, en el caso de tener percibida otra ayuda para el mismo gasto.

Cuantía de las ayudas: - Educación Infantil: - Renda per cápita familiar hasta 5.400,00 ¬: 150,00 ¬ - Renda per cápita familiar desde 5.401,00 hasta 9.000,00: 75,00 ¬

- Educación Primaria: - Renda per cápita familiar hasta 5.400,00 ¬ : 80,00 ¬ -Renta per cápita familiar desde 5.401,00 hasta 9.000,00 ¬: 40,00 ¬

- Educación Secundaria: - Renda per cápita familiar hasta 5.400,00 ¬ : 80,00 ¬ - Renta per cápita familiar desde 5.401,00 hasta 9.000,00 ¬... 40,00 ¬

Artículo 6. Solicitud y documentación a aportar 1.- Las solicitudes se presentarán en el ayuntamiento en los modelos facilitados al efecto. 2.- Las solicitudes (debidamente cubiertas y firmadas) deberán ir acompañadas de la siguiente documentación:

- Certificado o informe del centro donde los/las alumnos/as realicen estudios en el que se especifique el curso donde están matriculados.

- Fotocopia del DNI, no caducado, del/de la solicitante, sea padre, madre, tutor/a o persona adjudicataria en sistemas de acogimiento familiar.

- Fotocopia del libro de familia - Fotocopia del DNI de todos los miembros de la unidad familiar.

- Justificación de los ingresos de los miembros de la unidad familiar: (certificado de vida laboral, certificado del INEM...)

- Fotocopia compulsada de la declaración de la renta y patrimonio o documento acreditativo de no estar obligado a hacerla (certificado de imputaciones) referida al año 2015. En el caso de trabajar y no tener la obligación de presentar la declaración de la renta, se deberá aportar certificado de empresa correspondiente al ejercicio 2015.

- En el caso de otras prestaciones: RISGA, pensión no contributiva, prestación por hijo a cargo, pensiones de orfandad, etc., deberán traer certificación del organismo correspondiente.

- En el caso de separación o divorcio deberán aportar el documento que lo acredite. Si no percibe pensión alimenticia o compensatoria, la denuncia de incumplimiento de sentencia.

Cuando el cabeza de familia esté en situación de paro y no percibiera subsidio de desempleo durante el año 2015, presentará un certificado del INEM que lo acredite, pero se percibiera alguna cantidad por desempleo presentará el correspondiente certificado. Los emigrantes e inmigrantes deberán presentar una certificación de los ingresos obtenidos en el año 2015 en el país correspondiente, con un informe bancario sobre la cotización media de la moneda del dicho país en ese año. En el caso de estar un miembro del matrimonio en el extranjero y otro retornado deben igualmente acreditar los ingresos obtenidos en el año 2015, mediante certificaciones oficiales.

El pago de los impuestos municipales se comprobará internamente.

Artículo 7. Lugar y plazo de presentación La solicitud se presentará en el Registro General del Ayuntamiento de Ramirás, o en cualquiera de las formas previstas en el artículo 38.4 de la Ley 30/1992, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común.

El plazo de presentación será de 30 días naturales, contados desde el día siguiente su publicación en el Boletín Oficial de la Provincia; se publicará también en el tablón de anuncios del Ayuntamiento de Ramirás, así como en la página web municipal.

Artículo 8. Subsanación de la solicitud Según lo establecido en el artículo 71 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, si la documentación aportada fuese incompleta, o no reuniese los requisitos exigidos en la presente convocatoria, el solicitante será requerido para que, en el plazo de 10 días hábiles, contados a partir de la recepción de la notificación, para que complete la documentación o arregle la falta, con advertencia de que, si no lo hace, se le tendrá por desistida de su solicitud, y se archivará el expediente.

Artículo 9. Comisión técnica de evaluación A los efectos previstos en el artículo 22.1 de la LJS, el órgano colegiado competente estará formado por:

Presidente: Alcaldía del Ayuntamiento de Ramirás, o persona en quien delegue.

Vocales: trabajadora social y secretaria del ayuntamiento, o personas que las sustituyan.

Secretario/a: empleado o empleada público designado a los efectos.

Artículo 10. Criterios de valoración Las solicitudes se valorarán teniendo en cuenta la renta per cápita de los componentes de la unidad familiar del año 2015 con una valoración de 1 a 10 puntos por orden inversa a la renta.

La renta familiar se obtendrá por agregación de las rentas de cada uno de los miembros computables que obtengan ingresos de cualquier naturaleza, de conformidad con la normativa reguladora del impuesto sobre la renta de las personas físicas. Los miembros de la unidad familiar que hubiesen presentado declaración del impuesto sobre la renta de 2015, a efectos del cálculo de la renta familiar sumarán los recuadros 430 (base imponible general) y 445 (base imponible del ahorro) de la declaración.

En el caso de no presentar declaración, se tendrán en cuenta los ingresos netos de todos los miembros computables de la unidad familiar con presentación de declaración responsable y la documentación requerida en el artículo 6º.

En el caso de existir un/una menor, en la unidad familiar, con una discapacidad reconocida entre lo 33% y el 65%, este hijo/a computará por dos miembros.

En caso de que la discapacidad sea superior al 65%, este hijo/a computará por tres miembros.

En el caso de familias monoparentales, se computará un miembro más.

Tendrá la consideración de miembro computable el nuevo cónyuge o persona unida por análoga relación, y las rentas se incluirán en el cómputo de la unidad familiar.

En el caso de separación o divorcio de los progenitores con custodia compartida acreditada mediante sentencia judicial, las rentas de ambos dos progenitores se incluirán dentro del cómputo de la unidad familiar.

Se acreditará mediante: documentación del juzgado sobre pensión de alimentos o ejercicio o no de acciones legales para la obtención de esta. Sentencia de separación/divorcio, convenio regulador o resolución de medidas paterno-filiales. De no haber ejercitado legalmente la búsqueda de esos derechos, deberán aportar los ingresos de los progenitores, respecto de los hijos reconocidos en el libro de familia.

La ayuda se concederá a todos los/las solicitantes que cumplan los requisitos mencionados en el apartado de beneficiarios/as hasta agotar la partida presupuestaria. En el supuesto de haber más solicitudes que presupuesto quedarán excluidas/lista de espera las familias cuyo nivel de renta sea superior o sea con menor puntuación.

Artículo 11. Resolución y evaluación de las propuestas La Comisión Calificadora evaluará las solicitudes, de conformidad con los criterios y valoración que se determinan en las bases y hará constar expresamente, que de la información que obra en su poder, se desprende que los beneficiarios/as cumplen todos los requisitos necesarios para acceder a las subvenciones.

La propuesta de resolución contendrá la relación, en la que se indicarán todas las personas solicitantes que participan en la convocatoria, el alumnado, renta per cápita anual, expediente, colegio, curso, concepto (libros, material escolar) y puntuación conseguida y resolución de las ayudas, con su estado de concedido, denegado o lista de espera.

- Concedidas. Reseñar la subvención individual de cada persona beneficiaria. - Denegadas. Se hará constar algunos de los siguientes motivos:

- La solicitud fue presentada fuera de plazo. - No aportan la documentación requerida. - No estar empadronados/as. - Matriculado/a en otros centros - Supera los ingresos. - El/la alumno/a no está matriculado/a. - Otros datos. - Lista de espera: con su correspondiente orden, por renta per cápita.

La Presidencia, teniendo en cuenta la propuesta de la Comisión Calificadora, acordará la aprobación definitiva de las subvenciones, con cargo a la aplicación presupuestaria 326.48 del presupuesto del ayuntamiento del año 2016, por un importe máximo de 3.000,00 ¬.

El plazo de resolución no excederá de un mes contado desde el fin del plazo de presentación de solicitudes.

La resolución del procedimiento se notificará a los interesados conforme a lo previsto en el artículo 58 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común.

El vencimiento del plazo máximo sin haberse notificado la resolución, legitima a los interesados/as para entender desestimada por silencio administrativo la solicitud de concesión de la ayuda.

Artículo 12. Aceptación de la subvención y compromisos La subvención se entenderá aceptada por el solicitante, si dentro del plazo de los 10 días siguientes a la comunicación de la concesión no manifiesta nada en contra.

Los beneficiarios de las subvenciones, una vez aceptadas estas, quedarán obligados a destinar los fondos percibidos al objeto concreto para el cual fueron concedidas.

Los beneficiarios se someterán a las actuaciones de comprobación y seguimiento de la aplicación de la subvención y facilitarán cuanta información les sea requerida y aceptarán las siguientes obligaciones:

1. Cumplir todas las normas establecidas en esta convocatoria. 2. Responder de la veracidad de los datos de la solicitud. 3. Comunicar al Ayuntamiento de Ramirás cualquier cambio que afecte a la situación de la persona beneficiaria o de su unidad familiar.

Artículo 13. Justificación y pago Se procederá al pago una vez que los/las beneficiarios/as justifiquen debidamente el importe de la subvención concedida:

- Factura original del gasto realizado. En cada factura deberá figurar, por lo menos, los siguientes datos: CIF, NIF y el NIE del establecimiento, nombre del titular del establecimiento (empresa/apellidos y nombre), datos del establecimiento (denominación comercial, dirección completa, ayuntamiento y provincia), fecha de la factura, número de factura, tipo o tipos impositivos aplicables en las operaciones (base imponible e IVA del total de la factura desglosada, detalle de la compra/concepto y titular de esta, padre, madre o tutor del solicitante.

- Declaración formal, firmada por el representante, de todas las ayudas solicitadas o no y concedidas o no para la misma finalidad de otras administraciones públicas o privadas.

Artículo 14. Forma y plazo de pago de la subvención El pago se realizará mediante transferencia bancaria en el IBAN que figura en el formulario de solicitud, junto con la documentación que en él se requiere.

El importe a justificar no será inferior en ningún caso al 100 % del importe de la subvención concedida; en otro caso, se reducirá la ayuda hasta el importe justificado.

El importe de la subvención concedida se abonará una vez aprobada definitivamente, y previa justificación de los gastos subvencionables, no se realizarán pagos a la cuenta.

Artículo 15. Plazo de justificación de la subvención El plazo máximo para justificar la subvención será el 30 de noviembre de 2016.

Artículo 16. Reintegro de subvenciones Las causas de reintegro de la subvención serán las que se determinan en el artículo 37 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de Subvenciones de Galicia.

Disposición final En todo lo no dispuesto en esta convocatoria habrá que atenerse a lo dispuesto en la Ley 9/2007, de 13 de junio, de Subvenciones de Galicia, Ley 38/2003, General de Subvenciones, Real Decreto 887/2006, de 21 de julio, por l que se aprueba el Reglamento de la Ley General de Subvenciones y la Ordenanza Reguladora de la Concesión de Subvenciones del Ayuntamiento de Ramirás.

Ramirás, 30 de agosto de 2016. El alcalde. Fdo.: Juan Carlos Rodríguez Matías.

R. 2.871

Educación
Alumnado
Familia
Escuelas Infantiles
Material escolar
Sector del libro
Empresa
Escuelas
Inmigración
Emigración
Acogida de menores
Comercio
Comercio y marketing
Discapacidad
Enseñanza
Estudios
Familia monoparental