CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS O FOMENTO DA IMPLANTACIÓN EMPRESARIAL NO PARQUE EMPRESARIAL DE MONDOÑEDO - Boletín Oficial de Lugo de 21-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 21/05/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

José María Vázquez Pita, Secretario-Interventor do Concello de Mondoñedo, no exercicio das funcións que me atribúe o artigo 92.bis da Lei 7/1985, de 2 de abril,

CERTIFICO

Que na sesión da Xunta de Goberno Local celebrada o día 27 de abril de 2018, adoptouse o seguinte acordo:

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA IMPLANTACIÓN EMPRESARIAL NO PARQUE EMPRESARIAL DE MONDOÑEDO

O Concello de Mondoñedo elaborou un Plan Estratéxico de Subvencións que introduza a conexión entre os obxectivos e efectos que se pretenden conseguir, dentro das formas da actuación das Administracións Públicas e a súa interacción coa iniciativa cidadá, con costes previsibles e as súas fontes de financiamento, co obxecto de adecuar as necesidades públicas a cubrir, a través das subvencións coas previsións de recursos dispoñibles.

O Pleno da Corporación do Concello de Mondoñedo en sesión ordinaria celebrada o día 29 de decembro de 2017, acordou aprobar o citado Plan.

De novo, o Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 13 de abril de 2018, acordou modificar o devandito Plan Estratéxico, engadindo unha nova liña de subvencións en materia de fomento da implantación empresarial co obxectivo de apoiar a dinamización económica do municipio e o impulso das iniciativas empresariais. Esta modificación foi aprobada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 94 do 25 de abril de 2018.

O Concello de Mondoñedo ten como obxectivo a rexeneración do actual tecido productivo, así como a colaboración na consolidación de actividades existentes e posta en marcha doutras novas que den resposta ás necesidades da sociedade actual e que resulten competitivas no marco económico existente. En particular, para esta Administración resulta prioritario o fomento do mantemento e consolidación das actividades existentes e a captación de novas iniciativas empresarias que se apoien para o desenvolvemento da súa actividade en recursos endóxenos do municipio, motivos polos que, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes,

ACORDA:

Primeiro.- Aprobar a convocatoria e as bases reguladoras de subvencións para o fomento da implantación empresarial no Parque Empresarial de Mondoñedo, que se xuntan como anexo ao expediente.

Segundo.- Darlle publicidade a esta convocatoria a través de anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

ANEXO

BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA IMPLANTACIÓN EMPRESARIAL NO PARQUE EMPRESARIAL DO CONCELLO DE MONDOÑEDO.

O artigo 40 da Constitución Española de 1978, enmarcado ao inicio do capítulo I da nosa norma Constitucional, baixo a denominación de Principios reitores da política social económica , constitúe un mandato aos poderes públicos a fin de que promovan as condicións favorables para o progreso social e económico e para unha distribución de renda, rexional e persoal, máis equitativa, no marco dunha política de estabilidade económica, encomendándolles de maneira especial, a realización dunha política orientada ao pleno emprego e todo elo baixo as garantías do artigo 53.3 do mesmo Texto Constitucional cando determina que o recoñecemento, o respecto e a protección deste principio, informará a lexislación positiva, a práctica xudicial e a actuación dos poderes públicos.

Pola súa parte, o artigo 25.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local determina que o municipio, no ámbito das súas competencias, poderá promover toda clase de actividades e servizos públicos que contribuían a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade vecinal.

En densenvolvemento da citada base, os artigos 23 e seguintes do Decreto 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das entidades locais regula entre os mecanismos de fomento de actividades da competencia das entidades locais, as subvencións entendidas nos termos da Lei reguladora das Facendas Locais e os seus límites e particularmente a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, isto é, unha disposición diñeraria con consignación orzamentaria, que se realiza a favor das persoas públicas ou privadas, sen contraprestación directa, para que o suxeito cumpra un determinado obxectivo ou execute un determinado proxecto que fomenta unha actividade de utilidade pública ou interese social, o a promoción dunha determinada finalidade pública.

O emprendemento de novas actividades de carácter empresarial e industrial, así como, o mantemento das existentes, é fundamental para o desenvolvemento e a consolidación do tecido empresarial mindoniense. A colaboración cos emprendendores e os empresarios que xa desenvolven a súa actividade na nosa localidade, contribuirá á fixación de poboación e ao fortalecemento do tecido socioeconómico local.

No ano 2003 foi aprobada a creación do Parque Empresarial de Mondoñedo dotado de ámbito supramunicipal, que proporciona o solo industrial para o asentamento deste tipo de Empresas. A ubicación idónea do Parque, próxima ao enlace da Autovía do Cantábrico que une Santiago de Compostela e San Sebastián, fai prever unhas expectativas inmellorables para o asentamento de empresas de diversos sectores. Que contribúan ao mantemento e a creación de postos de traballo do noso concello reactivando a economía municipal en todos os eidos.

Nese sentido, o Concello de Mondoñedo ten como obxectivo a rexeneración do actual tecido produtivo, así como a colaboración na consolidación de actividades existentes e posta en marcha doutras novas que dean resposta ás necesidades da sociedade actual e que resulten competitivas no marco económico existente. En particular, para esta Administración resulta prioritario o fomento do mantemento e consolidación das actividades existentes e a captación de iniciativas empresarias que se apoien para o desenvolvemento da súa actividade en recursos endóxenos do municipio.

É, polo que, resulta necesario impulsar instrumentos que permitan contribuír á consecución destes obxectivos, motivo polo que se aproban as presentes bases coa finalidade de regular a solicitude e concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para o fomento da actividade empresarial no Concello de Mondoñedo.

PRIMEIRA.- OBXECTO E FINALIDADE.

1.1.- As presentes bases teñen por obxecto establecer as normas reguladoras para a concesión de axudas de carácter plurianual por parte do Concello de Mondoñedo a diferentes sectores do ámbito empresarial local coa finalidade de formentar o mantemento e consolidación das actividades empresariais existentes e a creación de novas empresas ou negocios.

1.2.- A concesión das axudas reguladas nas presentes bases está limitada ás dispoñibilidades orzamentarias existentes en cada exercicio.

1.3.- Entenderase por subvención suxeita a estas bases a toda disposición dineraria realizada polo Concello de Mondoñedo, que cumpra os seguintes requisitos:

- Que a entrega prodúzase sen contraprestación directa dos beneficiarios.

- Que a entrega esté suxeita ao cumprimento dun determinado obxectivo, a execución dun proxecto ou a realización dunha actividade.

- Que o proxecto, acción ou situación financiada teña por obxecto o fomento dunha actividade empresarial para o Concello de Mondoñedo.

SEGUNDA.- RÉXIME XURÍDICO.

2.1.- Estas subvencións rexiranse ademais de polo disposto nas presentes bases; pola Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia; pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei Xeral e Subvencións; pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e demais lexislación de aplicación.

2.2.- A xestión desta liña de subvencións axustarase aos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como no cumprimento de obxectivos e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

TERCEIRA.- REQUISITOS PARA SER BENEFICIARIOS.

3.1.- Para poder ser beneficiarios destas axudas, os solicitantes haberán de reunir os seguintes requisitos:

1. Ser empresa nalgunha das seguintes modalidades:

¯# Persoa física: empresario individual, sociedade civil ou comunidade de bens.

¯# Persoa xurídica: sociedade mercantil, incluídas as sociedades mercantiles especiais.

2. Ser micro, pequena ou mediana empresa. Segundo a recomendación da Comisión Europea 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003, DOL 124, 20-05-2003, as define da seguinte maneira:

¯# Microempresa: empresa que ocupa a menos de 10 persoas e cuxo volumen de negocios anual ou cuxo

balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

¯# Pequena empresa: empresa que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume anual ou cuxo balance

xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

¯# Mediana empresa: empresa que ocupa a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non

excede de 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede de 43 millóns de euros.

3. Que se desenvolva unha actividade con ou sen ánimo de lucro que manteña ou xere emprego.

4. Que se adquira solo nas condicións previstas na base cuarta.

5. Que as obras de edificación na correspondente parcela comenzen nun prazo máximo de seis meses a contar dende a data de outorgamento da licenza de obras.

3.2.- Non poderán ser beneficiarios:

¯# As empresas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no punto 2 do artigo 13 da Lei 18/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

¯# Os locais nos que se desenvolva unha actividade non prevista na normativa urbanística vixente para esa situación.

¯# Aquelas cuxa actividade consista no alugamento de local para o desenvolvemento doutra actividade económica.

TERCEIRA.- REQUISITOS PARA SER BENEFICIARIOS DAS AXUDAS.

3.1.- As persoas privadas, físicas ou xurídicas, que concorran á convocatoria desta liña de subvencións, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídos e inscritas formalmente no Rexistro Mercantil, no caso que sexan persoas xurídicas; ou inscritas no Rexistro de Público de Empresarios do Ministerio de Economía e Facenda e/ou alta como declarante do IVE e con tarxeta censal do Imposto de Actividades Económicas e dados de alta no correspondente epígrafe da Seguridade Social no caso que sexa persoas físicas.

b) Estar ao corrente de pago das obrigas de reintegro de subvencións fronte a calquera Facenda Pública e no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, así como non ter débedas co Concello de Mondoñedo.

c) Ter domicilio social en Mondoñedo. Non obstante, este requisito poderá excepcionarse de forma motivada polo órgano concedente, por razón do obxecto e a finalidade da subvención ou natureza da actividade subvencionada.

d) Non estar incurso en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13, apartados 2 e 3 da Lei Xeral de Subvencións.

e) Establecer unha actividade económica no Parque Empresarial de Mondoñedo. Poderán concurrir tanto aquelas empresas que xa teñan iniciado a súa actividade empresarial, co fin de mantela, así como as de nova creación. En ambos casos, co requisito obrigatorio de realizar o investimento no parque empresarial, con posterioridade a aprobación das seguintes bases.

f) Que non se obtivera calquera outra subvención municipal polo mesmo concepto.

g) A actividade deberá contar coas licenzas e permisos urbanísticos legalmente esixidos polo Concello de Mondoñedo para o funcionamento da mesma.

h) Que a actividade para a que se solicita a axuda manteña ou xere, alomenos, un posto de traballo vinculado a dita actividade, entendéndose como tal o de promotor.

i) Cumprir cos requisitos establecidos no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións para obter a condición de beneficiario.

j) O obriga de destinar a parcela de solo industrial adquirida e subvencionada a algunha das actuacións que prevé como posibles na base cuarta deste convocatoria e por un período de CINCO (5) anos, de conformidade co disposto no artigo 31.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

CUARTA.- GASTOS SUBVENCIONABLES E CONTÍA MÁXIMA.

4.1.- As subvencións outorgaranse con cargo aos Orzamentos do Concello de Mondoñedo para o ano 2018 e 2019. Tendo previsto na aplicación orzamentaria 420.47900 para o exercizo 2018 unha consignación de CATORCE MIL EUROS (14.000,00 € ).

O importe máximo da subvención acadará a contía de 25.500 euros por cada proxecto empresarial.

Polo tanto, con cargo ao orzamento do exercizo 2018 unicamente poderán percibir unha contía máxima de 14.000 euros, salvo que se produza unha ampliación de crédito na correspondente partida orzamentaria. As contías restantes se farán efectivas con cargo ao exercizo orzamentario 2019.

4.2.- Os beneficiarios percibirán a axuda en tres prazos e coas contías máximas que se sinalan deseguido:

1. Ata un máximo de 8.500,00 € , no momento que se acredite a compra da parcela mediante a aportación de copia da escritura de compravenda debidamente inscrita no rexistro da propiedade.

2. Ata un máximo de 8.500,00 € , no momento que se inicie a execución das obras.

3. Ata un máximo de 8.500,00 € no momento que se acredite o inicio da actividade.

4.3.- ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

Consideranse actuacións subvencionables:

¯# As inversións efectivamente realizadas para a adquisición de solo de uso industrial no parque empresarial de Mondoñedo.

4.4.- GASTOS SUBVENCIONABLES:

Consideranse gastos subvencionables:

¯# Se consideran subvencionables, única e exclusivamente, o custe de adquisición do solo, sendo

considerado como tal, o importe reflectido na escritura de compraventa con exclusión dos intereses, impostos indirectos e os seus recargos.

¯# Para que sexa subvencionable deberá constar efectivamente pagado por algún dos medios válidos no

tráfico xurídico de acordo á Lei 7/2012, do 29 de outubro, de modificación da normativa tributaria e orzamentaria e de adecuación da normativa financeira para a intensificación das actuacións na prevención da loita contra o fraude e á Lei 10/2010, de 28 de abril, de prevención de blanqueo de capitais e de financiación do terrorismo e demais lexislación aplicable.

¯# Non serán considerados como obxecto de subvención os gastos notariais, periciais e rexistrais.

¯# O importe máximo da subvención non poderá exceder o 50% dos custes subvencionables.

QUINTA.- CONCORRENCIA CON OUTRAS SUBVENCIÓNS.

5.1.- A axuda concedida será compatible con outras axudas ou subvencións calesqueira que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda. Esta compatibilidade non é aplicable no suposto de que a empresa recibira subvención do Concello de Mondoñedo polo mesmo obxecto da presente convocatoria.

5.2.- A subvención queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, ao da Unión Europea. Nestes términos, a subvención será compatible con calquera axuda pública ou privada, máis en ningún caso, aisladamente o en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos da axuda de mínimis (Regulamento UE número 1407/2013 da Comisión, de 18 de decembro, relativo á aplicación do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás Axudas de mínimis) establecidos na Unión Europera.

5.3.- O solicitante deberá aclarar todas as axudas que solicitara ou obtivera, tanto ao iniciarse o expediente administrativo como en calquera outro momento do procedemento.

5.4.- O importe acumulado da totalidade das subvencións outorgadas non poderá exceder do 80% do custe de implantación da actividade.

SEXTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

6.1.- O prazo de presentación das solicitudes e demais documentación iniciarase coa publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

6.2.- Lugar e prazo de presentación das solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo, praza do Concello, nº 1, en horario de 9:00 a 14:00 horas (de luns a vernes), durante o prazo de 2 meses a partires do día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Así mesmo, admitirase a súa presentación por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

6.3.- Documentación a presentar: As solicitudes presentaranse segundo o modelo do Anexo I da presente convocatoria, o cal deberá estar debidamente cumprimentado e acompañarase orixinal e fotocopia (para a súa compulsa) da seguinte documentación:

a) NIF/DNI do empresario ou da empresa.

b) Compromiso de adquisición na parcela no ano 2018 ou copia simple o fotocopia debidamente compulsada da escritura pública de compraventa acreditativa da adquisición e do pagamento. Na escritura pública deberá constar que a actuación subvencionada será destinada ás actuacións previstas na base cuarta desta convocatoria e por un período de CINCO (5) anos, de conformidade co previsto na normativa estatal e autonómica de Subvencións. Ademais na mesme debe figurar tamén que o terreo adquirido está clasificado como solo urbano de uso industrial consolidado no PXOM do Concello de Mondoñedo.

c) Anexo II debidamente cumprimentado e rubricado no que se declare responsablemente polo solicitane ou o seu representante legal da empresa:

¯# Que a adquisición cumpre co establecido nas bases cuarta e quinta desta convocatoria.

¯# Que comenzarase a edificación da parcela no prazo establecido na base terceira da convocatoria. ¯# O compromiso de destinar a adquisición a unha actividade con ou sen ánimo de lucro que xere

emprego, durante o período de CINCO (5) anos contados dende a elevación a escritura pública do acordo de compraventa.

d) Anexo III debidamente cumprimentado no que se declare:

¯# Acreditación das subvencións ou axudas obtidas para a mesma adquisición, ou no seu caso, mención expresa de que non se obtivo ningunha axuda.

¯# Declaración responsable de que a Empresa non está afectada pola incompatibilidade que supoñen as axudas acollidas ao réxime de mínimis .

e) Anexo IV: Memoria da actuación debidamente cumprimentada.

f) No caso de sociedades, escritura de constitución e DNI do representante e poder de representación.

g) No suposto de comunidades de bens, a documentación solicitada deberá achegarse por todas e cada unha das persoas comuneras e, así mesmo, obligaranse como persoas físicas conxunta e solidariamente, debéndose firmar a solicitude e as declaracións responsables por todas as persoas socias.

h) Certificado de estar ao corrente de obrigas con Facenda e co Concello de Mondoñedo.

i) Certificado de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social, tanto da empresa como do empresario ou profesional autonómo.

j) Orixinal do documento de designación de conta bancaria conformada pola entidade bancaria.

SÉTIMO.- PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

7.1.- O procedemento de concesión das subvencións con cargo a esta convocatoria, establécese en función do orde de recepción (data de rexistro) das solicitudes presentadas con toda a documentación requirida nestas bases, de conformidade co previsto na normativa estatal e autonómica. Non se iniciará a tramitación de ningunha solicitude que non esté completamente documentada.

7.2.- A instrucción do procedemento de concesión seguirá as seguintes fases:

¯# O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

¯# De acordo co establecido no artigo 24.3 da Lei Xeral de Subvencións, as actividades de instrución comprenderán as que se indican a continuación:

a) Petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos por esta convocatoria específica e as demais normas que regulan esta subvención.

b) Avaliación das solicitudes ou peticións, efectuada conforme cos criterios, formas e prioridades de valoración establecidos na Base 12 seguinte.

¯# Se a solicitude de subvención non reúne os requisitos establecidos por esta convocatoria, incluído o

defecto, erro ou ausencia nos datos da solicitude e/ou na documentación presentada, o órgano instrutor requirirá ao interesado para que emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días hábiles, indicándolle que se non o fixese teráselle por desistido da súa solicitude,previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

¯# Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta

de resolución, poderase requirir á entidade ou agrupación solicitante que achegue a información e documentación aclaratoria e complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación, e comprobación da solicitude presentada.

¯# Criterios de valoración das solicitudes: A instructora do procemento comprobará a concorrencia en cada

unha das persoas solicitantes de todos os requisitos e condicións esixidos nesta convocatoria.

¯# O órgano instrutor á vista do expediente e dadocumentación presentada, formulará proposta de

resolución definitiva, debidamente motivada, que deberá expresar o solicitante ou relación de solicitantes para os que se propón a concesión da subvención, e a súa contía, e se publicará/notificará aos interesados que foran propostos como beneficiarios na fase de instrución, para que no prazo de dez días comuniquen a súa aceptación ou renuncia ao órgano instrutor. Transcorrido este prazo sen producirse a aceptación expresa, a subvención entenderase tacitamente aceptada.

¯# O expediente de concesión de subvencións conterá o informe do órgano instrutor no que conste que da

información que obra no seu poder despréndese que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás mesmas. A proposta de resolución definitiva non crea dereito algún a prol do beneficiario proposto, fronte á Administración, mentres non se lle notificara a resolución da concesión.

¯# Á vista das subvencións que constan na proposta de resolución definitiva e que foron aceptadas, o órgano

competente resolverá o procedemento. O acordo de resolución da convocatoria incluirá ademais do solicitante ou relación de solicitantes aos que se lles concede a subvención, no seu caso, de maneira expresa, unha relación ordenada de todas as solicitudes que, cumprindo coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras e a convocatoria específica para adquirir a condición de beneficiarios, non sexan estimadas, con indicación da razón da denegación a cada unha delas en función dos criterios de valoración previstos na mesma. Se se renunciase á subvención por algún dos beneficiarios, o órgano concedente acordará, voltar a repartir os importes das subvencións entre o resto de beneficiarios ata esgotar o importe máximo subvencionable. Esa cantidade suplementaria tramitarase como unha nova concesión.

¯# Notificación da resolución: A resolución do procedemento notificarase aos interesados de acordo co

previsto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O período utilizado para a corrección de deficiencias e achega de documentos interromperá o devandito prazo, ao amparo do artigo 22.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O vencemento do devandito prazo máximo sen notificar a resolución, lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a súa solicitude de concesión da subvención. A concesión de subvención non xera dereito algún á percepción da mesma en futuras convocatorias.

¯# Recursos procedentes contra a resolución do procedemento: A resolución do procedemento porá fin á

vía administrativa. Contra a dita resolución caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Con todo, os interesados poderán, con carácter potestativo, presentar recurso de reposición ante o propio órgano que ditou a resolución no prazo dun mes.

OITAVO.- ACEPTACIÓN E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN.

8.1.- Aceptación da subvención: A subvención está afectada ao cumprimento da finalidade para a que outórgase e enténdese afectada dende o momento da súa concesión, polo que non será necesario a presentación de documentación adicional polo beneficiario.

8.2.- Pago da subvención:

k) Primeiro pago: Realizarase previa presentación no Concello de Mondoñedo documentación acreditativa da compra efectiva da parcela: copia simple o fotocopia debidamente compulsada da escritura pública de compraventa acreditativa da adquisición e do pagamento debidamente inscrita no rexistro da propiedade. Na escritura pública deberá constar que a actuación subvencionada será destinada ás actuacións previstas na base cuarta desta convocatoria e por un período de CINCO (5) anos, de conformidade co previsto na normativa estatal e autonómica de Subvencións. Ademais na mesme debe figurar tamén que o terreo adquirido está clasificado como solo urbano de uso industrial consolidado no PXOM do Concello de Mondoñedo.

¯# Segundo pago: Realizarase previa presentación no Concello de Mondoñedo acta de implantación e inicio das obras, con supervisión municipal se se estima oportuno.

¯# Terceiro pago: Realizarase previa presentación no Concello de Mondoñedo da documentación acreditativa do inicio da actividade (alta dos suministros, alta como centro de traballo.. etc), xunto co compromiso de mantemento da actividade polo prazo de CINCO (5) anos, contados dende a elevación a escritura pública do acordo de compraventa.

NOVENO.- REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS.

9.1.- Producirase a perda do dereito ao cobro total ou parcial da subvención concedida no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións.

9.2.- Causas do reintegro das subvencións concedidas: O Concello da Mondoñedo obrigará ao reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e á esixencia do interese legal do diñeiro que resulte de aplicación desde o momento do abono da subvención ata a data do reintegro, nos seguintes supostos, ademais dos casos indicados no apartado anterior:

¯# Incumprimento total ou parcial dos obxectivos que fundamentan a concesión da subvención. ¯# Incumprimento total ou parcial da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente nos termos

establecidos no artigo 30 da Lei Xeral de Subvencións.

¯# Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro

previstas nos artigos 14 e 15 da Lei Xeral de Subvencións, así como o incumprimento das obrigacións contables, rexistrais ou de conservación de documentos.

¯# Incumprimento das obrigas establecidas con motivo da concesión da subvención. ¯# Calquera outra causa das previstas nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007, de Subvencións de

Galicia, nos artigos 74 a 76 inclusive do Regulamento Xeral para a aplicación da citada.

9.3.- O procedemento para o reintegro será o establecido polos artigos 41 e 42 da Lei Xeral de Subvencións e 9 e seguintes do Regulamento Xeral de Subvencións.

9.5.- En todo caso, durante a tramitación do procedemento de reintegro garantizarase o dereito da persoa interesada ao trámite de audiencia.

9.6.- En calquera momento poderá o beneficiario dunha subvención desistir ou renunciar a súa concesión, sen perxuízo das responsabilidades as que, nalgún suposto, houbera lugar e sen que, producido xa o abono da mesma, deba procederse a súa devolución conforme o procedemento de reintegro de subvencións citado.

DÉCIMA.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

10.1.- Constituirán infraccións en materia de subvencións as accións e omisións tipificdas na Lei Xeral de Subvencións e normativa de desenvolvemento.

10.2.- Poderánse impór as sancións tipificadas nos artigos 59 a 63 da Lei Xeral de Subvencións axustándose ao procedemento sancionador previsto nos artigos 52 a 58 e 66 a 69 da citada Lei e sendo o órgano competente para a súa resolución o mesmo órgano que ten atribuida a competencia para a resolución de concesión e aboamento das subvencións .

E para que así conste, asinan o presente en Mondoñedo, 14 de maio de 2018.- O Secretario, José María Vazquez Pita. VºPº; A Alcaldesa, María Elena Candia López.

R. 1328

Empresa
Desarrollo empresarial
Industrialización
Empleo
Empleo y contratación
Dinamización económica
Fomento de la participación ciudadana
Actividades de servicios sociales
Microempresas
Alquiler de vivienda
Víctimas del terrorismo