Convocatoria Certame letras galegas 2018 - Boletín Oficial de A Coruña de 29-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 29/05/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Particulares
  • Documento en formato PDF

Anuncio convocatoria Certame Letras Galegas 2018

Mediante resolución da Alcaldía núm. 226/2018 do 18/05/2018, foi aprobada a convocatoria e as bases do Certame Letras Galegas 2018 Concello de Abegondo.

BASES DA CONVOCATORIA

O Concello de Abegondo, co fin de promover as diferentes manifestacións culturais e fomentar o cultivo destas entre a poboación do municipio, así como conmemorar o Día das Letras Galegas e potenciar o uso da lingua galega, convoca o Certame Letras Galegas 2018 Concello de Abegondo. Rexerase polas seguintes bases:

1. CATEGORÍAS E PREMIOS

O Certame Letras Galegas 2018 Concello de Abegondo establece as seguintes categorías e premios:

Infantil

· 1º, 2º e 3º premio de Debuxo e Pintura

Os premios na categoría infantil consistirán en lotes de libros en galego.

Primaria

· 1º e 2º premio de Narrativa

· 1º e 2º premio de Debuxo e Pintura

· 1º e 2º Premio de Poesía

Os premios na categoría primaria consistirán en lotes de libros en galego.

Secundaria e menores de 18 anos

· 1º e 2º premio de Narrativa

· 1º e 2º premio de Debuxo e Pintura

· 1º e 2º Premio de Poesía

Os 1º premios dos premios na categoría secundaria consistirán en reloxos intelixentes.

Os 2º premios dos premios na categoría secundaria consistirán en auriculares.

Adultos

· 1º premio de Narrativa

· 1º premio de Debuxo e Pintura

· 1º premio de Poesía

Os premios na categoría adultos estarán dotados cun premio económico de 150 € cada un.

Premios aos mellores lectores do ano

· Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca do CEIP San Marcos

· Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca do IES de Viós

· Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca Pública Municipal de Abegondo

Os premios ao mellor lector consistirán en lotes de libros en galego.

Premio especial audiovisual de promoción do galego

Nesta categoría poderán participar todas as idades. Serán admitidas gravacións audiovisuais que enxalcen ou estean relacionados coa promoción da lingua. Valorarase a orixinalidade, contido didáctico e valor cultural e antropolóxico.

O premio especial audiovisual consistirá nunha tableta electrónica.

2. PARTICIPANTES

Atendendo ás diferentes categorías os participantes serán:

Infantil: alumnado que curse estudos de infantil.

Primaria: alumnado que curse estudos de primaria.

Secundaria e menores de 18 anos: alumnado que curse estudos de secundaria e participantes menores de 18 anos.

Adultos: 18 anos ou máis.

Audiovisual: todas as idades

Na categoría mellores lectores os participantes non deberán presentar ningún traballo, posto que estes premios serán propostos polos centros educativos correspondentes (CEIP San Marcos e IES de Viós) entre o seu alumnado e pola Biblioteca Pública Municipal de Abegondo, entre as socias e socios da Biblioteca.

As persoas premiadas non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 de la Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións nin en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, as persoas que resulten premiadas cunha dotación económica deberán acreditar que se atopan ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

3. TRABALLOS

Os traballos deberán ser orixinais e inéditos. As narracións e poesías deberán estar escritas en lingua galega. Nos debuxos e pinturas, no caso de levar algún texto, este deberá estar redactado en lingua galega. A lingua utilizada nos traballos da categoría audiovisual será o galego.

Os traballos serán remitidos ao Servizo de Normalización Lingüística ou ao departamento de Cultura do Concello de Abegondo. Poderán ser entregados persoalmente na Casa do Concello, na Biblioteca e na Aula Lúdica, así como por correo postal no enderezo San Marcos, 1 - 15318 Abegondo ou por correo electrónico no enderezo cultura@abegondo.es.

Todos os participantes indicarán xunto co traballo o seu nome e apelidos, domicilio, idade e teléfono de contacto. Nas categorías infantil, primaria e secundaria indicarán ademais os estudos que cursan e o centro de estudos. Na categoría adultos os participantes entregarán tamén unha copia do DNI.

4. PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo para presentar os traballos está aberto ata o día 29 de xuño de 2018.

5. ENTREGA DE PREMIOS

Os premios serán entregados no lugar e data que determine o Concello de Abegondo.

6. CRÉDITO ORZAMENTARIO

Existe dispoñibilidade orzamentaria para os premios do Certame Letras Galegas 2018 Concello de Abegondo.

7. XURADO

O xurado será designado polo alcalde do Concello de Abegondo mediante resolución. Buscarase a paridade do xurado.

Será valorada a orixinalidade e a creatividade das obras presentadas, así como a calidade lingüística e a promoción da lingua que se transmita nos traballos.

O xurado poderá declarar deserto algún dos premios, no caso de non considerar suficiente a calidade dalgunha das obras. Así mesmo, o xurado poderá conceder algún accésit, se así o considera.

Os premios aos mellores lectores do ano serán propostos polos centros educativos correspondentes (CEIP San Marcos e IES de Viós) e pola Biblioteca Pública Municipal de Abegondo, atendendo ao hábito lector das persoas propostas para o premio.

Os membros do xurado deberán formalizar unha acta coas valoracións na que se propoña a concesión dos premios.

8. DEREITOS

O Concello de Abegondo pasará a ter todos os dereitos sobre os traballos presentados e estes poderán ser editados, impresos e publicados, así como difundidos na páxina web do Concello, redes sociais e outras canles audiovisuais de internet.

9. ACEPTACIÓN BASES

A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

10. PUBLICACIÓN DAS BASES

Unha vez aprobadas as bases do Certame Letras Galegas 2018 Concello de Abegondo, estas estarán publicadas na sede electrónica do Concello de Abegondo, na páxina web do Concello de Abegondo, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na Base Nacional de Subvencións.

Abegondo, 18 de maio de 2018

O alcalde

José Antonio Santiso Miramontes

2018/3717

Bibliotecas
Pintura
Infancia
Alumnado
Gallego
Cultura
Educación
Cultura e idiomas
Normalización lingüística