CONVOCATORIA PÚBLICA DE PREMIOS CO OBXETIVO DE CAPTAR XOVES TALENTOS QUE REALICEN ESTUDOS DE GRAO E DE MASTER NO CAMPUS DE LUGO - Boletín Oficial de Lugo de 27-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:


ÿA Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria do día 20 de novembro de 2015 acordou os seguintes asuntos que de forma resumida se detallan a continuación:

1) Admitir a 14 das solitudes presentadas para a línea de actuación A) Captación dos mellores expedientes de Bacharelato e Formación Profesional para cursar titulacións de Grao no Campus de Lugo. (Ás persoas beneficiarias da axuda se lles notificará de acordo con disposto no art. 59 da Lei 30/92 de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común)

2) ) Admitir a 10 das solitudes presentadas para a línea de actuación B) Premios para os mellores expedientes dos estudantes graduados nas titulacións do Campus de Lugo. (Ás persoas beneficiarias da axuda se lles comunicará de acordo co disposto no art. 59 da Lei 30/92 de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común)

3) Requerir ás persoas admitidas a documentación administrativa relacionada na base décima da convocatoria que é a seguinte:

'-Aceptar o premio. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez días hábiles para a súa aceptación, nos termos establecidos no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, axustándose ao modelo que se inclúe como anexo II. No caso de que os beneficiarios non comuniquen a renuncia no prazo establecido entenderase que a subvención é aceptada

-Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar os datos que se lle requiran.

-Comunicar, tan pronto como se coñeza,a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de outras administración e entidades públicaso privadas, nacionais ou internacionais.

-Para facer o ingreso ao beneficiario do premio, acreditar mediante o pago da matrícula que o beneficiario do premio está matriculado no Grao/Master, segundo corresponda. Requisito imprescindible para poder realizar o ingreso do premio.

-Aportar certificacion de que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non resulte debedor coa Deputación Provincial de Lugo, en virtude de resolución por procedencia de reintegro, de conformidade co disposto no artigo 21 do RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

- Certificación bancaria da conta de ingreso expedida por persoa autorizada da entidade bancaria de que se trate.'.

4) Excluir a dúas solitudes das presentadas para a línea de actuación A)Captación dos mellores expedientes de Bacharelato e Formación Profesional para cursar titulacións de Grao no Campus de Lugo. (As exclusións das solicitudes serán notificadas aos afectados de acordo co disposto no art. 59 da Lei 30/92 de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común).

5) Excluir a seis solicitudes das presentadas para a línea de actuación B) Premios para os mellores expedientes dos estudantes graduados nas titulacións do Campus de Lugo. (As exclusións das solicitudes serán notificadas aos afectados de acordo co disposto art. 59 da Lei 30/92 de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común).

6) Abrir unha segunda convocatoria polo procedemento de urxencia, á que se podan incorporar as solicitudes excluídas na primera fase da convocatoria por non subsanar en prazo a documentación.Será requisito previo para esta incorporación a presentación de escritos presentados polos solicitantes onde manifesten a sua intención de seguir participando no procedemento e aportar aquela documentación que non foi subsanada no prazo estabrecido.

O prazo máximo para a nova presentación das solicitudes será de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio e convocatoria no BOP de Lugo.

En todo caso, nesta segunda convocatoria, e sen alterar o gasto inicialmente previsto, poderán presentar nova solicitude de participación cantas persoas cumpran os requisitos establecidos nas bases reitoras establecidas e publicadas no BOP de Lugo do día 30 de maio de 2015.

7) Publicar, por vía de urxencia, a convocatoria no B.O.P. da provincia de Lugo e no sitio web da Deputación Provincial de Lugo no menú servizos-perfil do contratante.'

O SECRETARIO XERAL, José Antonio Mourelle Cillero

R. 4317

Formación profesional