Convocatoria de subvenciones para adecuación de locales comerciales en Santiago - Boletín Oficial de A Coruña de 07-09-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 08/09/2018 hasta 21/09/2018
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

Bases de la convocatoria de concesión de dez cheques de consultaría para a adecuación de locais comerciais 2018

BDNS(Identif.):413774

BASES DA CONVOCATORIA DE CONCESIÓN DE DEZ CHEQUES DE CONSULTORÍA PARA A ADECUACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS

ANUALIDADE 2018

1.º. Obxecto.

Estas bases regulan a convocatoria e adxudicación de dez (10) cheques de consultoría, en réxime de concorrencia competitiva, para a reforma e acondicionamento de locais de negocio.

2.º. Persoas beneficiarias.

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

x Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II.

x Os requisitos deben cumprise no momento da publicación desta convocatoria no BOP.

x Que o local comercial sobre o que se realice o investimento ou gasto se atope no municipio de Santiago de Compostela.

3.º. Criterios de concesión.

O criterio de concesión será único: orde temporal estrita de entrada da solicitude no rexistro da administración do órgano competente para resolver (Concello de Santiago de Compostela).

Cada persoa beneficiaria só poderá obter un único cheque de consultaría.

4.º. Natureza e obxecto do cheque de consultaría.

Os cheques de consultaría teñen a natureza de subvencións en especie ao abeiro do disposto no artigo 3 do RD 887/2006, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003 xeral de subvencións, así como o mesmo artigo do Decreto 11/2006 que desenvolve a Lei 9/2007 de subvencións de Galicia. Estas axudas teñen carácter finalista polo que non poderán ser empregadas para outros fins distintos do obxecto do cheque de consultaría.

Os cheques de consultaría consisten na posta a disposición dos comercios beneficiarios, logo da convocatoria pública a todos os estabelecementos comerciais do municipio de Santiago de Compostela, de servizos profesionais cuxo obxectivo é realizar unha avaliación/consultaría interna da que se obterá un informe sobre as necesidades detectadas. O asesoramento e titoría ofrecida polo avaliador, xunto coas impresións, opinións e circunstancias da persoa beneficiaria así como dos propios condicionantes do establecemento físico que se avalíe, permitirá concretar a orde de prelación das distintas necesidades detectadas e a identificación das actuacións que convén realizar para mellorar as condicións físicas dos locais en cuestións relacionadas coa distribución e funcionalidade dos espazos, a accesibilidade, a sostibilidade e o atractivo comercial.

O informe de necesidades e o anteproxecto (no que se desenvolverá a proposta da/s actuación/s seleccionada/s entre as recomendadas) serán elaborados polo avaliador e entregados á persoa beneficiaria, xunto cunha copia para o Concello de Santiago. O anteproxecto conterá un orzamento aproximado da execución material da/s actuación/s.

O cheque de consultaría comprenderá as seguintes actuacións:

x Análise do estado actual do local comercial. Comprende a análise da imaxe xeral do local, dos puntos débiles da súa estética e composición do, realización de medicións da superficie na que cómpre traballar e determinación do programa de necesidades e da súa prioridade (acompañarase de reportaxe fotográfica).

x Elaboración dun informe de necesidades logo da análise concreta dos seguintes extremos: distribución de espazos, accesibilidade, exposición de produto, materiais, mobiliario, acabados e iluminación.

x Elaboración de anteproxecto. Consiste no desenvolvemento da/s proposta/s seleccionadas de entre as recomendadas. Incluirá planos actuais e reformados, alzados e infografías (simulación en 3D) do volume do local, así como un orzamento estimado da execución da obra. Completarase coas aclaracións necesarias á persoa beneficiaria á que se lle entregrá o informe de necesidades e o anteproxecto en formato impreso e dixital.

O cheque de consultaría non inclúe:

x Infografías de zonas concretas do local comercial.

x Concreción de materiais, acabados e luminarias.

x Deseño de mobiliario.

5.º. Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes, segundo o modelo normalizado do anexo I, dirixiranse á Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa do Presidente Salvador Allende, 4), ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, que estean habilitados.

Se a solicitude se presenta a través dun medio distinto do Rexistro Xeral do Concello de Santiago deberá enviarse, dentro do prazo límite de presentación de solicitudes, unha copia da instancia, debidamente presentada, ao enderezo de correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal.

2. A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación en orixinal ou copia compulsada:

x Alta no réxime de autónomos das persoas promotoras.

x Escritura de constitución da sociedade mercantil, se é o caso.

x Alta no IAE ou, en seu caso, da declaración de alta no censo de obrigados tributarios.

x NIF da persoa física ou xurídica. E neste último caso, documento de identidade da persoa que posúa a representación da sociedade e documento que acredite esta representación.

x Declaración responsable de (modelo no anexo III):

æ% Todas as axudas solicitadas ou concedidas, durante os tres anos anteriores, polas administracións públicas competentes, por entes públicos, nacionais ou internacionais ou, de ser o caso, de que non se solicitaron nin obtiveron outras axudas ou subvencións.

æ% Non estar incursa en ningunha das prohibicións para ser beneficiaria de axudas públicas das recollidas nos apartados 2.º e 3.º do artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

3. Se a solicitude non reúne os requisitos previstos nos puntos anteriores, requirirase á persoa interesada para que no prazo de dez días corrixa a falta ou achegue os documentos preceptivos. De non o facer, entenderase que desiste do seu pedimento e ditarse unha resolución neste sentido nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

6.º. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP. As solicitudes tramitaranse e resolveranse consonte se vaian presentando. A convocatoria permanecerá aberta en tanto non se produza a adxudicación dos dez (10) cheques de consultaría dispoñibles ou, noutro caso, ata o 21 de setembro de 2018.

7.º. Instrución do procedemento.

Recibidas as solicitudes, o Departamento de Comercio da Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo levará a cabo a instrución do procedemento. Esta realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos que se deba formular a proposta de resolución.

8.º. Resolución do órgano competente.

O órgano competente para resolver será a Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago.

O procedemento resolverase e notificarase no prazo máximo de dous meses a partir da presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución expresa, a solicitude estenderase rexeitada por silencio administrativo.

9.º. Prazo de execución.

A entidade avaliadora prestará os cheques de consultaría ás persoas beneficiarias de acordo co establecido na base 4.ª. En canto ao prazo de execución temporal, os cheques executaranse consonte os principios de boa fe e en función das dispoñibilidades horarias de ambas as dúas partes (persoa beneficiaria e entidade avaliadora). En todo caso establécese como data límite para a súa execución o 10/12/2018. A non execución no prazo indicado por causas imputables ás persoas beneficiarias implicará a revogación da concesión do cheque outorgado.

10.º. Recursos.

As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Tamén poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditara a resolución impugnada, consonte o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas.

11.º. Incompatibilidades.

Esta axuda quedará suxeita ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os limites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos, agás para o sector do transporte por estrada que é de 100.000 euros) establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE n.º L379/5, do 28 de decembro).

12.º. Financiamento.

A concesión das axudas previstas nesta convocatoria estará suxeita á existencia de crédito de 10.890,00 euros con cargo aos orzamentos municipais do ano 2018 aplicación orzamentaria 070 43100 47900 Comercio. Apoio actividade comercial.

13.º. Entrada en vigor e vixencia.

Estas bases entrarán en vigor ao día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018.

Asdo. Marta Lois González

Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo

Anexos dispoñibles na páxina web do departamento de Comercio: www.comercio.santiagodecompostela.gal

ANEXO I: Modelo de solicitude

ANEXO II: Clasificación do imposto de actividades económicas

ANEXO III: Declaración responsable

ANEXO 1

MODELO DE SOLICITUDE

CONVOCATORIA DE CONCESIÓN DE DEZ CHEQUES DE CONSULTARÍA PARA A ADECUACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS

1. DATOS DE IDENTIFICACIÓN DA PERSOA QUE SOLICITA.

DI/NIF

Nome e apelidos/razón social

Enderezo completo

Municipio

Código postal

Teléfono

Correo electrónico

Nome comercial do establecemento

m2 do establecemento

2. DATOS PARA NOTIFICACIÓNS.

DI /NIF

Nome e apelidos/razón social

Enderezo completo

Municipio

Código postal

Teléfono

Correo electrónico

3. DOCUMENTACIÓN (marcar a que corresponde).

ê) Alta no réxime de autónomos das persoas promotoras.

ê) Escritura de constitución da sociedade mercantil.

ê) Alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios.

ê) Tarxeta de identificación fiscal e documento de identidade.

ê) Declaración responsable (modelo no anexo III)

Se algunha documentación consta xa en poder do Concello e non desexa presentala, deberá indicar a seguir os documentos de que se trata e identificar o expediente que corresponde.

Neste caso, enténdese que manifesta expresamente que a documentación non tivo modificacións.

Documento ______________________________ Expediente _________________

EXPOÑO:

- Que acepto as bases desta convocatoria de subvencións na súa integridade.

- Que declaro, de xeito responsable, que os datos e documentos que achego son certos e auténticos.

- Que me comprometo a comunicar calquera axuda que obteña de administracións públicas ou outros entes para este proxecto.

- Que cumpro os requisitos para optar ás axudas previstas nesta convocatoria.

SOLICITO:

Un cheque de consultaria para a adecuación do meu local comercial.

Santiago de Compostela, ......... de ............... de 2018.

(Asinado pola persoa interesada)

ALCALDÍA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

_____________________________________________________________________________

Consonte o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia a persoa interesada con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.

ANEXO II

EPÍGRAFES DO IAE SUBVENCIONABLES

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca, da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.

647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en superservizos, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas estea comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración, e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria, salvo aparellos do fogar, de oficina, médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, prendas e utensilios ordinarios de uso doméstico.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e toucado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

659.9. Comercio al por menor de otros productos no especificados en esta Agrupación, excepto los que deban clasificarse en el epígrafe 653.9.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

691.1. Reparación de artigos eléctricos para o fogar

691.9. Reparación doutros bens de consumo N.C.O.P.

ANEXO III

DECLARACIÓN RESPONSABLE

(Nome) ________________________________________, con documento de identidade número ___________________, en nome e representación da empresa ______________________________________, con NIF_________________ e domicilio _______________________________________________________________

DECLARO:

ê) Que a empresa está ao corrente nos pagamentos coa Seguridade Social coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Xunta de Galicia. (Só para gastos inferiores a 3.000 euros)

ê) Que a empresa non incorre en ningunha das prohibicións para ser beneficia de subvención públicas, recollidas nos apartados 2.º e 3.º do artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

ê) Que para o presente proxecto, se solicitaron e/ou obtiveron as axudas que se relacionan a seguir:

Axuda Organismo Disposición reguladora Solicitada/concedida Ano Importe

ê) Que para este proxecto non se solicitou nin obtivo ningunha axuda doutras administracións públicas competentes ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais.

E para que así conste, asino en Santiago de Compostela, o ____ de _______________ de 2018.

(Asinado pola persoa interesada)

Santiago de Compostela

12/6/2018

Marta Lois González. Concelleira de Igualdade, desenvolvemento económico e turismo do Concello de Santiago de Compostela

Bases da convocatoria de concesión de dez cheques de consultoría para a adecuación física de locais comerciais 2018

BDNS(Identif.):413774

BASES DA CONVOCATORIA DE CONCESIÓN DE DEZ CHEQUES DE CONSULTORÍA PARA A ADECUACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS

ANUALIDADE 2018

1.º. Obxecto.

Estas bases regulan a convocatoria e adxudicación de dez (10) cheques de consultoría, en réxime de concorrencia competitiva, para a reforma e acondicionamento de locais de negocio.

2.º. Persoas beneficiarias.

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

x Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II.

x Os requisitos deben cumprise no momento da publicación desta convocatoria no BOP.

x Que o local comercial sobre o que se realice o investimento ou gasto se atope no municipio de Santiago de Compostela.

3.º. Criterios de concesión.

O criterio de concesión será único: orde temporal estrita de entrada da solicitude no rexistro da administración do órgano competente para resolver (Concello de Santiago de Compostela).

Cada persoa beneficiaria só poderá obter un único cheque de consultaría.

4.º. Natureza e obxecto do cheque de consultaría.

Os cheques de consultaría teñen a natureza de subvencións en especie ao abeiro do disposto no artigo 3 do RD 887/2006, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003 xeral de subvencións, así como o mesmo artigo do Decreto 11/2006 que desenvolve a Lei 9/2007 de subvencións de Galicia. Estas axudas teñen carácter finalista polo que non poderán ser empregadas para outros fins distintos do obxecto do cheque de consultaría.

Os cheques de consultaría consisten na posta a disposición dos comercios beneficiarios, logo da convocatoria pública a todos os estabelecementos comerciais do municipio de Santiago de Compostela, de servizos profesionais cuxo obxectivo é realizar unha avaliación/consultaría interna da que se obterá un informe sobre as necesidades detectadas. O asesoramento e titoría ofrecida polo avaliador, xunto coas impresións, opinións e circunstancias da persoa beneficiaria así como dos propios condicionantes do establecemento físico que se avalíe, permitirá concretar a orde de prelación das distintas necesidades detectadas e a identificación das actuacións que convén realizar para mellorar as condicións físicas dos locais en cuestións relacionadas coa distribución e funcionalidade dos espazos, a accesibilidade, a sostibilidade e o atractivo comercial.

O informe de necesidades e o anteproxecto (no que se desenvolverá a proposta da/s actuación/s seleccionada/s entre as recomendadas) serán elaborados polo avaliador e entregados á persoa beneficiaria, xunto cunha copia para o Concello de Santiago. O anteproxecto conterá un orzamento aproximado da execución material da/s actuación/s.

O cheque de consultaría comprenderá as seguintes actuacións:

x Análise do estado actual do local comercial. Comprende a análise da imaxe xeral do local, dos puntos débiles da súa estética e composición do, realización de medicións da superficie na que cómpre traballar e determinación do programa de necesidades e da súa prioridade (acompañarase de reportaxe fotográfica).

x Elaboración dun informe de necesidades logo da análise concreta dos seguintes extremos: distribución de espazos, accesibilidade, exposición de produto, materiais, mobiliario, acabados e iluminación.

x Elaboración de anteproxecto. Consiste no desenvolvemento da/s proposta/s seleccionadas de entre as recomendadas. Incluirá planos actuais e reformados, alzados e infografías (simulación en 3D) do volume do local, así como un orzamento estimado da execución da obra. Completarase coas aclaracións necesarias á persoa beneficiaria á que se lle entregrá o informe de necesidades e o anteproxecto en formato impreso e dixital.

O cheque de consultaría non inclúe:

x Infografías de zonas concretas do local comercial.

x Concreción de materiais, acabados e luminarias

x Deseño de mobiliario

5.º. Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes, segundo o modelo normalizado do anexo I, dirixiranse á Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa do Presidente Salvador Allende, 4), ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, que estean habilitados.

Se a solicitude se presenta a través dun medio distinto do Rexistro Xeral do Concello de Santiago deberá enviarse, dentro do prazo límite de presentación de solicitudes, unha copia da instancia, debidamente presentada, ao enderezo de correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal.

2. A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación en orixinal ou copia compulsada:

x Alta no réxime de autónomos das persoas promotoras.

x Escritura de constitución da sociedade mercantil, se é o caso.

x Alta no IAE ou, en seu caso, da declaración de alta no censo de obrigados tributarios.

x NIF da persoa física ou xurídica. E neste último caso, documento de identidade da persoa que posúa a representación da sociedade e documento que acredite esta representación.

x Declaración responsable de (modelo no anexo III):

æ% Todas as axudas solicitadas ou concedidas, durante os tres anos anteriores, polas administracións públicas competentes, por entes públicos, nacionais ou internacionais ou, de ser o caso, de que non se solicitaron nin obtiveron outras axudas ou subvencións.

æ% Non estar incursa en ningunha das prohibicións para ser beneficiaria de axudas públicas das recollidas nos apartados 2.º e 3.º do artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

3. Se a solicitude non reúne os requisitos previstos nos puntos anteriores, requirirase á persoa interesada para que no prazo de dez días corrixa a falta ou achegue os documentos preceptivos. De non o facer, entenderase que desiste do seu pedimento e ditarse unha resolución neste sentido nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

6.º. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP. As solicitudes tramitaranse e resolveranse consonte se vaian presentando. A convocatoria permanecerá aberta en tanto non se produza a adxudicación dos dez (10) cheques de consultaría dispoñibles ou, noutro caso, ata o 21 de setembro de 2018.

7.º. Instrución do procedemento.

Recibidas as solicitudes, o Departamento de Comercio da Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo levará a cabo a instrución do procedemento. Esta realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos que se deba formular a proposta de resolución.

8.º. Resolución do órgano competente.

O órgano competente para resolver será a Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago.

O procedemento resolverase e notificarase no prazo máximo de dous meses a partir da presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución expresa, a solicitude estenderase rexeitada por silencio administrativo.

9.º. Prazo de execución.

A entidade avaliadora prestará os cheques de consultaría ás persoas beneficiarias de acordo co establecido na base 4.ª. En canto ao prazo de execución temporal, os cheques executaranse consonte os principios de boa fe e en función das dispoñibilidades horarias de ambas as dúas partes (persoa beneficiaria e entidade avaliadora). En todo caso establécese como data límite para a súa execución o 10/12/2018. A non execución no prazo indicado por causas imputables ás persoas beneficiarias implicará a revogación da concesión do cheque outorgado.

10.º. Recursos.

As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Tamén poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditara a resolución impugnada, consonte o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas.

11.º. Incompatibilidades.

Esta axuda quedará suxeita ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os limites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos, agás para o sector do transporte por estrada que é de 100.000 euros) establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE n.º L379/5, do 28 de decembro).

12.º. Financiamento.

A concesión das axudas previstas nesta convocatoria estará suxeita á existencia de crédito de 10.890,00 euros con cargo aos orzamentos municipais do ano 2018 aplicación orzamentaria 070 43100 47900 Comercio. Apoio actividade comercial.

13.º. Entrada en vigor e vixencia.

Estas bases entrarán en vigor ao día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018.

Asdo.: Marta Lois González

Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo

Anexos dispoñibles na páxina web do departamento de Comercio: www.comercio.santiagodecompostela.gal

ANEXO I: Modelo de solicitude

ANEXO II: Clasificación do imposto de actividades económicas

ANEXO III: Declaración responsable

ANEXO 1

MODELO DE SOLICITUDE

CONVOCATORIA DE CONCESIÓN DE DEZ CHEQUES DE CONSULTARÍA PARA A ADECUACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS

1. DATOS DE IDENTIFICACIÓN DA PERSOA QUE SOLICITA.

DI /NIF

Nome e apelidos/razón social

Enderezo completo

Municipio

Código postal

Teléfono

Correo electrónico

Nome comercial do establecemento

m2 do establecemento

2. DATOS PARA NOTIFICACIÓNS.

DI/NIF

Nome e apelidos/razón social

Enderezo completo

Municipio

Código postal

Teléfono

Correo electrónico

3. DOCUMENTACIÓN (marcar a que corresponde).

ê) Alta no réxime de autónomos das persoas promotoras.

ê) Escritura de constitución da sociedade mercantil.

ê) Alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios.

ê) Tarxeta de identificación fiscal e documento de identidade.

ê) Declaración responsable (modelo no anexo III).

Se algunha documentación consta xa en poder do Concello e non desexa presentala, deberá indicar a seguir os documentos de que se trata e identificar o expediente que corresponde.

Neste caso, enténdese que manifesta expresamente que a documentación non tivo modificacións.

Documento ______________________________ Expediente _________________

Documento ______________________________ Expediente _________________

EXPOÑO:

- Que acepto as bases desta convocatoria de subvencións na súa integridade.

- Que declaro, de xeito responsable, que os datos e documentos que achego son certos e auténticos.

- Que me comprometo a comunicar calquera axuda que obteña de administracións públicas ou outros entes para este proxecto.

- Que cumpro os requisitos para optar ás axudas previstas nesta convocatoria.

SOLICITO:

Un cheque de consultaria para a adecuación do meu local comercial.

Santiago de Compostela, ......... de ?............... de 2018.

(Asinado pola persoa interesada)

ALCALDÍA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

_____________________________________________________________________________

Consonte o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia a persoa interesada con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.

ANEXO II

EPÍGRAFES DO IAE SUBVENCIONABLES

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca, da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.

647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en superservizos, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas estea comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración, e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria, salvo aparellos do fogar, de oficina, médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, prendas e utensilios ordinarios de uso doméstico.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e toucado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

659.9. Comercio al por menor de otros productos no especificados en esta Agrupación, excepto los que deban clasificarse en el epígrafe 653.9.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

691.1. Reparación de artigos eléctricos para o fogar

691.9. Reparación doutros bens de consumo N.C.O.P.

ANEXO III

DECLARACIÓN RESPONSABLE

(Nome) ________________________________________, con documento de identidade número ___________________, en nome e representación da empresa ______________________________________, con NIF_________________ e domicilio _______________________________________________________________

DECLARO:

ê) Que a empresa está ao corrente nos pagamentos coa Seguridade Social coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Xunta de Galicia. (Só para gastos inferiores a 3.000 euros).

ê) Que a empresa non incorre en ningunha das prohibicións para ser beneficia de subvención públicas, recollidas nos apartados 2.º e 3.º do artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

ê) Que para o presente proxecto, se solicitaron e/ou obtiveron as axudas que se relacionan a seguir:

Axuda Organismo Disposición reguladora Solicitada/concedida Ano Importe

ê) Que para este proxecto non se solicitou nin obtivo ningunha axuda doutras administracións públicas competentes ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais.

E para que así conste, asino en Santiago de Compostela, o ____ de _______________ de 2018.

(Asinado pola persoa interesada)

Santiago de Compostela

12/6/2018

Marta Lois González. Concelleira de Igualdade, desenvolvemento económico e turismo do Concello de Santiago de Compostela

2018/6482

Comercio minorista
Establecimientos comerciales
Comercio y marketing
Comercio
Turismo
Empresa
Deporte
Exposiciones
Industria del calzado, curtidos y marroquineria
Consumo
Transporte
Pesca
Sector Vitivinícola
Productos de origen animal
Caza
Acuicultura
Deporte
Vehículos
Artes
Promoción deportiva