Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas - Boletín Oficial de A Coruña de 01-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 01/06/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

Bases reguladoras ayudas para actividades de promoción y dinamización comercial 2018

BDNS(Identif.):401020

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN COMERCIAL NO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2018

1.º. Obxecto.

Establécense as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo do Concello de Santiago para a realización de actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago de Compostela.

2.º. Persoas beneficiarias.

Poderán resultar beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais legalmente constituídas, de carácter local, sen fin de lucro, e que reúnan ademais os seguintes requisitos:

- Que o seu ámbito de actuación sexa eminentemente local referido ao municipio de Santiago de Compostela.

- Que conten cun mínimo de 15 establecementos asociados dos cales o 65% deberá pertencer ao sector comercial. Na aplicación desta porcentaxe non se terán en conta os decimais. Considérase que pertencen ao sector comercial aqueles establecementos encadrados nalgún dos epígrafes empresariais recollidos no anexo IV.

- Ter a súa sede social no Concello de Santiago de Compostela.

- Non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.

Os requisitos deberán cumprirse no momento da presentación das solicitudes.

3.º. Actuacións subvencionables.

Considéranse actuacións subvencionables, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data límite de xustificación establecida na base 12.º da presente convocatoria, as actuacións de promoción e dinamización comercial cuxo ámbito de actuación ou repercusión sexa o municipio de Santiago de Compostela, tales como:

- Sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos aos clientes cuxa finalidade sexa aumentar as vendas, atraer a novos consumidores e satisfacer á clientela.

- Actuacións de dinamización e promoción comercial. As actuacións deberán encadrarse dentro dun proxecto de promoción dos establecementos comerciais asociados e/ou incentivación ao consumo no que se amose a participación directa destes. Serán subvencionables as actividades de animación en rúa directamente vinculadas ao proxecto de promoción ou incentivo do consumo correspondente.

- Campañas de promoción, publicidade en medios de comunicación ou en soportes publicitarios, así como elaboración de material promocional orientadas a potenciar as distintas tempadas ou fitos con relevancia comercial do ano.

- Implantación ou mantemento de servizos de apoio e asesoramento ao comercio minorista.

- Actuacións encamiñadas á mellora da competitividade comercial.

Serán subvencionables, para as actuacións indicadas, os custes de persoal e os de administración específicos, sempre e cando estean directamente relacionados coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a adecuada preparación e execución da mesma. Neste tipo de custes deberá especificarse a porcentaxe do mesmo que é imputable á/s acción/s subvencionable/s.

Non serán subvencionables:

- Os custes relativos á adquisición de bens de investimento e/ou inventariables.

- Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

- Os custes relativos a dietas de persoal ou desprazamentos.

- As campañas de dinamización, promoción ou calquera tipo de actuación que teña exclusivamente por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica ou similares, sen relación co fomento da actividade comercial e sen participación directa dos establecementos comerciais asociados.

- Bolsas que non sexan biodegradables e/ou reutilizables.

O proxecto presentado deberá identificar as diferentes accións que se propoñan levar a cabo, singularizando os custes de cada unha e o importe da subvención solicitada.

4.º. Contía.

A porcentaxe de subvención poderá acadar ata o 75% do custe máximo de cada acción proposta, co límite de 30.000 euros por cada entidade solicitante.

Se a suma das subvencións a outorgar a quen reúna os requisitos para acceder ás axudas fora superior ao crédito orzamentario previsto no parágrafo 1.º da base 13.ª, o importe da diferenza restarase de forma proporcional directa ao importe da subvención proposta.

O custe máximo subvencionable virá dado polo custe total previsto por cada actuación, minorado, no seu caso, naqueles custes que non se consideren subvencionables ao amparo do disposto na base 3.ª, e que resulte aprobado pola Xunta de Goberno Local na resolución de concesión.

Esta axuda será compatible con outras axudas concedidas para a mesma finalidade sempre e cando a subvención concedida ao abeiro desta convocatoria, illadamente ou en concorrencia coas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, non supere o custo total da/s actividade/s subvencionada/s.

5.º. Criterios de valoración.

Os criterios de valoración a ter en conta serán os seguintes:

1. Natureza e finalidade da actividade/proxecto. Ata 12 puntos conforme ao seguinte baremo:

- Por grao de participación do comercio asociado: ata 3 puntos.

x Outorgaranse 3 puntos cando o comercio sexa o beneficiario directo da acción

x Outorgaranse 2 puntos cando o comercio sexa un punto de distribución ou facilitador da acción (por exemplo: entrega dunha rifa para sorteo pola realización de compra).

x Outorgarase 1 punto cando sexa un mero punto de información ou comunicación da acción.

- Pola continuidade e duración do proxecto/actividade: ata 3 puntos

x Outorgaranse 3 puntos por accións/servizos permanentes ao longo do ano

x Por accións con duración inferior a un ano calcularase a puntuación a outorgar dun xeito directamente proporcional. A duración mínima do período da acción será dunha semana (7 días naturais).

x Accións puntuais de duración inferior a 7 días puntuaranse con 0 puntos.

No caso da formación, a estes efectos, non computarán os prazos de adhesión ou participación previos a unha convocatoria.

- Por ir encamiñada á fidelización da clientela: 2 puntos. Enténdese por ?fidelización? aquelas accións dirixidas a conseguir unha relación estable e duradeira no tempo co cliente final. Se é acción de fidelización outorgaranse 2 puntos; 0 puntos no caso contrario. As accións publicitarias de carácter xeral non se considerarán accións de fidelización.

- Carácter innovador. Entenderase como innovador o proxecto ou actividade novidoso no senso de articularse entorno a unha proposta non realizada nos últimos tres anos no termo municipal: 2 puntos.

- Por ser unha actividade/proxecto aberta/o á participación e/ou desfrute da cidadanía que constitúa unha ferramenta de atracción ás zonas comerciais da cidade: 2 puntos se se cumpre a circunstancia; 0 puntos no caso contrario.

2. Incidencia na formación e capacitación do sector comercial: ata 10 puntos conforme ao seguinte baremo:

- Outorgaranse 5 puntos por ser a acción un proxecto/actividade de formación en materia comercial e vendas: coma por exemplo marketing e promoción, mellora na atención á clientela, calidade no servizo, mellora da imaxe ou escaparatismo.

- Outorgaranse 5 puntos por accións que inciden na capacitación tecnolóxica que contribúen a reducir a brecha dixital mediante o acercamento ás novas tecnoloxías da información e a comunicación, tales como directorios comerciais, páxinas web, redes sociais, etc.

3. Adopción de medidas de sustentabilidade e de economía circular.

- Que a persoa solicitante teña implantada unha política de eliminación de residuos a través de xestores autorizados: 2 puntos.

- Promoción da implantación de prácticas sustentables e de economía circular tales como contar co distintivo europeo da ecoetiqueta nos produtos comercializados nos establecementos asociados ou o establecemento pola persoa beneficiaria de sistemas de recollida da estocaxe entre os seus asociados para un uso ou saída posterior: 2 puntos.

Outorgaranse 0 puntos no caso contrario.

4. Número de establecementos comerciais asociados: ata 4 puntos. Outorgaranse 4 puntos á persoa solicitante con máis establecementos asociados. As restantes puntuacións obteranse de xeito directamente proporcional.

5. Dirixir especificamente a actividade a colectivos singularizados que poidan considerarse de interese tales como estudantes, turistas, etc. Outorgaranse os 3 puntos se a actividade se dirixe a colectivos singularizados e 0 puntos no caso contrario.

6. Amplitude de impacto comercial nas áreas de influencia do Concello de Santiago de Compostela: ata 4 puntos conforme ao seguinte baremo:

- Imaxe, visibilidade do proxecto fóra da área de actuación: 2 puntos.

- Fomento da rendibilidade para os comercios asociados: 2 puntos.

7. Uso da lingua galega: 1 punto.

6.º. Solicitudes e documentación.

1. A solicitude, cumprimentada en modelo de instancia oficial, asinada pola persoa que ostente a representación legal da asociación/entidade solicitante, dirixiranse ao Alcalde- Presidente do Concello de Santiago de Compostela, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, coa consideración establecida na Disposición Final sétima da citada lei de que as previsións, entre outras, relativas ao rexistro electrónico non producirán efectos ata os dous anos da entrada en vigor da lei.

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación en copia simple, por duplicado; a excepción dos documentos indicados nos apartados d), g), h) e i) que deberán ser documentos orixinais ou compulsados.

a) Acta, estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, a

Santiago de Compostela

23/3/2018

Marta Lois González. Concelleira de Igualdade, desenvolvemento económico e turismo do Concello de Santiago de Compostela

Bases reguladoras axudas para actividades de promoción e dinamización comercial 2018

- Que a persoa solicitante teña implantada unha política de eliminación de residuos a través de xestores autorizados: 2 puntos

- Promoción da implantación de prácticas sustentables e de economía circular tales como contar co distintivo europeo da ecoetiqueta nos produtos comercializados nos establecementos asociados ou o establecemento pola persoa beneficiaria de sistemas de recollida da estocaxe entre os seus asociados para un uso ou saída posterior: 2 puntos

Outorgaranse 0 puntos no caso contrario.

4. Número de establecementos comerciais asociados: ata 4 puntos. Outorgaranse 4 puntos á persoa solicitante con máis establecementos asociados. As restantes puntuacións obteranse de xeito directamente proporcional.

5. Dirixir especificamente a actividade a colectivos singularizados que poidan considerarse de interese tales como estudantes, turistas, etc. Outorgaranse os 3 puntos se a actividade se dirixe a colectivos singularizados e 0 puntos no caso contrario.

6. Amplitude de impacto comercial nas áreas de influencia do Concello de Santiago de Compostela: ata 4 puntos conforme ao seguinte baremo:

- Imaxe, visibilidade do proxecto fóra da área de actuación: 2 puntos.

- Fomento da rendibilidade para os comercios asociados: 2 puntos.

7. Uso da lingua galega: 1 punto.

6.º. Solicitudes e documentación.

1. A solicitude, cumprimentada en modelo de instancia oficial, asinada pola persoa que ostente a representación legal da asociación/entidade solicitante, dirixiranse ao Alcalde- Presidente do Concello de Santiago de Compostela, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, coa consideración establecida na Disposición Final sétima da citada lei de que as previsións, entre outras, relativas ao rexistro electrónico non producirán efectos ata os dous anos da entrada en vigor da lei.

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación en copia simple, por duplicado; a excepción dos documentos indicados nos apartados d), g), h) e i) que deberán ser documentos orixinais ou compulsados.

a) Acta, estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, a

Santiago de Compostela

23/3/2018

Marta Lois González. Concelleira de Igualdade, desenvolvemento económico e turismo do Concello de Santiago de Compostela

2018/3868

Comercio y marketing
Dinamización comercial
Turismo
Empresa
Comercio
Consumo
Formación
Innovación
Economía circular
Consumidores y usuarios
Promoción comercial
Comercio minorista
Medios de comunicación
Gastronomía
Escaparatismo
Marketing y publicidad
Gestión de residuos
Gallego