Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas para la reforma de locales de negocio, implantación de tecnologías de la información y la comunicación (TICS) e incorporación de innovaciones en el sector comercial. Anualidad 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 15-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 15/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

BASES Y CONVOCATORIA DE AYUDAS PARA LA REFORMA DE LOCALES DE NEGOCIO, IMPLANTACIÓN DE TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN Y LA COMUNICACIÓN (TICs) E INCORPORACIÓN DE INNOVACIONES EN EL SECTOR COMERCIAL. ANUALIDAD 2016

BDNS(Identif.):316989

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REFORMA DE LOCAIS DE NEGOCIO, IMPLANTACIÓN DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN (TICs) E INCORPORACIÓN DE INNOVACIÓNS NO SECTOR COMERCIAL. ANUALIDADE 2016

1º Obxecto

Establécense as bases reguladoras do programa 'AXUDAS PARA A REFORMA DE LOCAIS DE NEGOCIO, IMPLANTACIÓN DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN (TICs) E INCORPORACIÓN DE INNOVACIÓNS NO SECTOR COMERCIAL, 2016' para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á mellora e competitividade empresarial do tecido comercial compostelán.

A presente liña de axudas trata de fomentar a cultura da innovación no pequeno comercio, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial, subvencionando aqueles investimentos relacionados coa incorporación de novos productos, procesos, métodos de comercialización ou de organización empresariais. Esta convocatoria de axudas vai destinada a financiar os investimentos realizados, sempre e cando non sexan gastos de natureza corrente. Os gastos subvencionables aparecen relacionados na base 4ª da presente convocatoria.

2º Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que compran os seguintes requisitos:

Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no BOP.

Os requisitos deben cumprise no momento da data de finalización do prazo de solicitudes.

3º Criterios de concesión

Teranse en conta na valoración das solicitudes presentadas a esta convocatoria os seguintes criterios:

VOLUME DO INVESTIMENTO REALIZADO

Valorarase con 1 punto investimentos inferiores ou iguais a 2.000,00€; con 2 puntos investimentos superiores a 2.000,00€ e inferiores ou iguais a 5.000,00€ e con 3 puntos investimentos superiores a 5.000,00€. Enténdense excluídos impostos.

TAMAÑO DA EMPRESA

Valorarase con 1 punto que a empresa non supere as cinco persoas traballadoras. Neste cómputo non se inclúe ás persoas promotoras.

FORMA XURÍDICA DA EMPRESA

Valorarase con 1 punto que a empresa solicitante sexa unha cooperativa, sociedade laboral ou empresa de inserción laboral.

USO DO GALEGO NO PROXECTO EMPRESARIAL

Valorarase con 1 punto o emprego do galego nos distintos ámbitos empresariais: tanto internos ou de xestión coma externos ou relacionais.

EMPREGABILIDADE DA MULLER

Valorarase con 1 punto que sexa muller a persoa titular da actividade. No caso de sociedades deberase acreditar que a muller ten unha participación superior ao 50%.

FOMENTO DO ASOCIACIONISMO

Valorarase con 1 punto a pertenza a unha asociación de comerciantes ou empresarios.

G. TAMAÑO DO ESTABLECEMENTO COMERCIAL

Valorarase con 1 punto que o local comercial non supere os 150 metros cadrados de superficie comercial destinada á exposición e venda.

EMPREGO XUVENIL

Valorarase con 1 punto que a persoa titular da actividade sexa unha moza ou mozo de ata 35 anos. No caso de sociedades deberase acreditar que a moza ou mozo ten unha participación superior ao 50%.

No caso de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios e coa seguinte orde de prioridade:

Que sexa unha muller a persoa titular da actividade

Que sexa unha moza ou mozo de ata 35 anos o titular da actividade

Que a empresa non supere as cinco persoas traballadoras. Neste cómputo non se inclúe ás persoas promotoras.

4º Gastos subvencionables

Con carácter xeral, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada, teñan como lugar de realización a sede de actividade comercial, e sexan realizados e efectivamente pagados desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a o 31 de outubro de 2016, tales como:

Maquinaria e bens de equipo, incluídos os informáticos, relacionados coa actividade productiva da empresa

Periféricos e outros compoñentes (Lectores de códigos de barras, caixóns portamoedas, impresoras de tickets, etc.)

TPV integrados

Paquetes de software de xestión, organización ou comercialización empresarial e licencias precisas para a realización da actividade da empresa.

Obras de reforma e/ou ampliación do local ocupado pola empresa.

Mellora de illamentos, equipamentos e instalacións.

Intervencións tales como substitución de ventas, adquisición/substitución de mobiliario e elementos de decoración, luminarias, intervencións en fachadas e instalación/substitución de letreiros e rótulos comerciais.

Segundo o artigo 29.8º da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Estas axudas teñen carácter finalista polo que o importe da subvención concedida non poderá ser empregado con outros fins.

Para determinar a elixibilidade dos gastos terase en conta a normativa vixente aplicable en materia de elixibilidade de gastos subvencionables polo FEDER para o período 2007-2013, concretamente aos Regulamentos (CE)1083/2006, (CE)1080/2006, (CE)1828/2006 e á orde EHA/524/2008 sobre elixibilidade de gastos do FEDER en España emitida polo Ministerio de Economía e publicada no BOE n.º 53 de 1 de marzo de 2008.

Esíxese un mínimo de 500 € (IVE excluído) en gastos xustificados para poder concorrer a esta convocatoria.

Os gastos teñen que ser pagados por transferencia bancaria, talón bancario, domiciliación bancaria ou cargo en conta a través de tarxeta. Non se aceptan gastos pagado en efectivo.

5º Contía da subvención

Ao presente programa destínase unha partida de 25.000 euros dos orzamentos do Concello de Santiago de Compostela, 070 43100 77000, correspondentes ao ano 2016 .

O órgano competente, á vista das solicitudes presentadas e da proposta da Comisión de Valoración, decidirá o número de proxectos a subvencionar e o importe da subvención.

O importe da subvención será o de menor contía entre os dous seguintes:

a) O calculado segundo aplicación da seguinte fórmula:

Importe da axuda ao proxecto (i) = (orzamento global da convocatoria) x (puntuación obtida polo proxecto i)/ sumatorio das puntuacións obtidas por todos os proxectos con dereito a subvención.

b) O 80% do importe total dos gastos xustificados do proxecto.

En todo caso, a contía individualizada da subvención a outorgar será como máximo de 4.000 € por persoa beneficiaria.

En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver o beneficiario.

6º Solicitudes y documentación

1. As solicitudes, segundo o modelo normalizado 'Anexo 0', dirixiranse ao Alcalde- Presidente do Concello de Santiago de Compostela, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), no rexistro auxiliar sito en rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico e procedemento administrativo común. Se a solicitude fóra presentada a través de medio distinto de calquera dos rexistros municipais do Concello de Santiago deberá remitirse, dentro do prazo límite de presentación de solicitudes, unha copia da instancia, debidamente presentada, ao número de Fax 981 543 193.

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación por duplicado, sendo unha delas orixinal ou fotocopia compulsada:

Alta no réxime de autónomos da/s persoa/s promotora/s.

Escritura de constitución da sociedade mercantil, no seu caso.

Alta no IAE ou no seu caso da declaración de alta no censo de obrigados tributarios.

NIF/CIF da persoa física ou xurídica. E neste último caso DNI da persoa que ostente a representación da sociedade e documento que acredite a dita representación.

Certificado bancario de titularidade de conta.

Certificados de estar ao corrente nos pagamentos coa Seguridade Social, Axencia Estatal da Administración Tributaria, Xunta de Galicia e Facenda municipal do Concello de Santiago. Se o importe de gastos xustificados pola empresa é inferior a 3.000,00€ será suficiente con presentar declaración responsable de estar ao corrente en pagos con estas administracións segundo o modelo do Anexo III.

Declaración de tódalas axudas solicitadas ou concedidas, durante os tres anos anteriores, polas administracións públicas competentes ou entes públicos, nacionais ou internacionais, ou de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin obtivo outras axudas ou subvencións (anexo IV).

Declaración de documentación presentada, que se achega como anexo V, no seu caso. Se algunha da documentación sinalada consta xa en poder da administración, achegará no seu lugar, debidamente cuberta, dita declaración responsable coa identificación do expediente e manifestación expresa de que a documentación non sufriu modificacións.

Declaración responsable da persoa solicitante de non estar incursa en ningunha das prohibicións para ser beneficiario recollidas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia (Anexo VI ).

Documentación acreditativa do número de traballadores da empresa (TC2) do mes anterior á presentación da solicitude ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social de non existencia de traballadores.

De ser o caso, documentación acreditativa da inscrición da empresa no rexistro da Xunta de Galicia de cooperativas, sociedades laborais ou empresas de inserción laboral se procede. Da non achega deste documentación, presumirase que a forma xurídica da persoa beneficiaria non responde a ningunha das categorías indicadas. A súa falta, polo tanto, non será obxecto de requirimento por parte do Concello.

Declaración expresa de que o local comercial non supera os 150 metros cadrados de superficie comercial destinada a exposición e venda, segundo anexo VII.

De ser o caso, certificado expedido polo órgano competente de estar integrado nun centro comercial aberto ou asociación de comerciantes ou empresarios. Da non achega deste certificado, presumirase a non pertenza da persoa interesada a ningún ente asociativo, polo que a súa falta en ningún caso será obxecto de requirimento.

Memoria descritiva do investimento realizado con indicación do orzamento de gastos debidamente desagregado por conceptos. A memoria deberá conter todos os datos que permitan a súa valoración consonte ós criterios establecidos na base 3ª. Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior á contía de 18.000 euros no suposto de subministro ou prestación de servizos, ou de 50.000 euros, no caso de obras, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Anexo VII 'Xustificación de subvencións' debidamente cuberto e asinado polo representante legal da entidade beneficiaria. Xunto a dito anexo achegaranse as facturas, ou documentos substitutivos nos casos previstos no RD 1496/2003 polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, que acrediten a realización dos custes, en relación nominativa, agrupadas por accións realizadas, segundo corresponda. Deberán achegarse os comprobantes de pagamento mediante transferencia bancaria e/ou domiciliación do gasto en conta corrente. Non se admitirán orzamentos ou facturas pro forma.

Calquera outra documentación que se estime necesaria para a baremación do expediente.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos previstos nos puntos anteriores, requirirase á persoa interesada para que no prazo de dez días, subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos, no caso contrario terase por desistido/a na súa petición.

7º Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación desta convocatoria no boletín oficial da provincia de A Coruña e rematará o 31 de outubro de 2016. O envío das bases ao BOP terá lugar por conducto da Base de Datos nacionais de subvencións.

Coa solicitude, segundo a base 6ª, deberá xa achegarse a documentación xustificativa da realización do investimento polo que o prazo de xustificación coincide co de presentación de solicitudes.

8º Instrucción do procedemento

Recibidas as solicitudes, a instrucción do procedemento levarase a cabo pola área de Comercio da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Esta realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que se deba formular a proposta de resolución. A avaliación das solicitudes, consonte aos criterios de valoración establecidos na base 3ª, realizarase pola unha comisión avaliadora composta polos seguintes membros:

Presidente/a: A Concelleira de Igualdade, desenvolvemento económico e Turismo.

Vogais: tres técnicos/as municipais, nomeados polo Presidente, pertencentes a os grupos A1 e/ou A2.

Actuará como Secretaria da comisión a Técnica responsable do departamento de Comercio (con voz pero sen voto).

Á vista da avaliación efectuada pola comisión, a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo formulará proposta de resolución que se elevará á Xunta de Goberno Local, órgano competente para resolver o procedemento de concesión.

9º Resolución do órgano competente

O órgano competente para resolver será a Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago.

O procedemento resolverase no prazo máximo de 2 meses a partir da data límite de presentación de solicitudes. Transcorrido o prazo máximo sen que teña recaído resolución expresa, a solicitude estenderase desestimada por silencio administrativo.

10º Recursos

As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

11º Obrigas das persoas beneficiarias

Colaborar na realización de visitas de seguimento e control e facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención do Concello, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, así como por calquera outra institución nacional ou comunitaria que interveña no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Comunicar ao órgano concedinte, tan pronto como se coñeza, calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada.

Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, e poderán consistir na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente, así como en lendas relativas ao financiamento público en carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación.

Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos legalmente establecidos.

As restantes obrigas estabelecidas con carácter xeral na Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia e na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións.

12 º Incompatibilidades

A presente axuda quedará suxeita ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os limites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos, agás para o sector do transporte por estrada que é de 100.000 Euros) establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28 de decembro).

Esta axuda será compatible con outras subvencións ou axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, co límite establecido na base 5ª parágrafo 3º.

13º Reintegro

Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no Título II da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e da Lei 38/2003 xeral de subvencións e normativa de desenvolvemento.

14º Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución e eventualmente á súa revogación.

15º Entrada en vigor e vixencia

As presentes bases entrarán en vigor o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

16º Financiamento

A concesión das axudas previstas nesta convocatoria estará suxeita á existencia de crédito de 25.000 euros dos orzamentos do Concello de Santiago de Compostela 070 43100 77000 correspondentes ao ano 2016.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016

Asdo. Marta Lois González

Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo

Anexos dispoñibles na páxina web do departamento de Comercio: www.comercio.santiagodecompostela.gal

ANEXO 0: Instancia solicitude

ANEXO I: Clasificación do imposto de actividades económicas

ANEXO II: Declaración de estar ao corrente nos pagamentos con facenda e seguridade social.

ANEXO III: Declaración de tódalas axudas solicitadas ou concedidas, durante os tres anos anteriores, polas administracións públicas competentes ou entes públicos, nacionais ou internacionais, ou de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin obtivo outras axudas ou subvencións.

ANEXO IV: Declaración de documentación que xa obra en poder da Administración

ANEXO V: Declaración responsable de non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.

ANEXO VI: Declaración expresa de que o local comercial non supera os 150 metros cadrados.

ANEXO VII: Xustificación da subvención

ANEXO 0

INSTANCIA DE SOLICITUDE.-

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REFORMA DE LOCAIS DE NEGOCIO, IMPLANTACIÓN DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN (TICs) E INCORPORACIÓN DE INNOVACIÓNS NO SECTOR COMERCIAL. ANUALIDADE 2016

1.- DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO/A SOLICITANTE:

DNI /CIF

Nome Apelidos/Razón Social

Rúa/ Número /

Municipio

Provincia

Teléfono

Correo electrónico

2.- DATOS A EFECTOS DE NOTIFICACIONS:

DNI /CIF

Nome Apelidos/Razón Social

Rúa/ Número /

Municipio

Provincia

Teléfono

Correo electrónico

Expón:

Solicita:

Santiago de Compostela ........... a día........... 2016.

Asinado. A persoa interesada

EXCMO. SR. ALCALDE DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

*Consonte o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.

ANEXO I: EPÍGRAFES DO IAE SUBVENCIONABLES

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.

647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de productos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración, e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria, salvo aparellos do fogar, de oficina, médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e toucado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

663.1. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de produtos alimenticios, incluso bebidas e xeados.

663.2. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de produtos téxtiles e de confección.

663.3. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de calzado, peles e artigos de coiro.

663.4. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de artigos de drogaría e cosméticos e de produtos químicos en xeral.

663.9. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente doutras clases de mercadorías n.c.n.p.

ANEXO II : Declaración xurada de estar ao corrente nos pagamentos (só no caso de gastos inferiores a 3.000 Euros).

D. ________________________________________, con DNI ___________________ en nome e representación da empresa ______________________________________, con CIF_________________ e domicilio a efectos de notificacións en ________________________________________

DECLARA BAIXO XURAMENTO:

Que se atopa ao corrente nos pagamentos coa Seguridade Social, con Facenda (Axencia Estatal da Administración Tributaria e Xunta de Galicia) e co Concello de Santiago de Compostela.

E para que así conste, asino a presente en Santiago de Compostela, a ____ de _______________ de 2016.

Asdo. ____________________________

ANEXO III

D. _______________________________, con DNI ___________________ en nome e representación da empresa ______________________________________, con CIF_________________ e domicilio a efectos de notificacións en ________________________________________

DECLARA: (marcar unha opción)

Que para o presente proxecto, se solicitaron e/ou obtiveron as axudas que se relacionan a continuación:

Axuda

Organismo

Disposición Reguladora

Solicitada / concedida

Ano

Importe

ou, alternativamente:

Que para o presente proxecto de investimento NON se solicitou nin obtivo ningunha axuda doutras administracións públicas competentes ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais.

Así mesmo, o solicitante comprométese a notificar ao Concello as axudas que solicite ante calquera administración públicas ou outro entes públicos, nacional ou internacional, en data posterior á desta declaración.

E para que así conste, asino a presente en Santiago de Compostela, a __ de __________ de 2016.

Asdo. _____________________________

No caso de ter solicitada ou concedida outra axuda para este proxecto, deberá cubrir o seguinte cadro para cada unha das axudas solicitadas:

Nº Factura

Provedor

Concepto

Data da factura

Xustificante de pagamento

Data de pagamento

Importe (Excluído IVE)

ANEXO IV- DECLARACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PRESENTADA

DECLARA:

Que a documentación enumerada a continuación xa obra en poder do Concello de Santiago e non sufriu ningún tipo de variación desde a súa presentación (indicar número de expediente e asunto para a súa localización):

1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

8.

9.

10.

Asdo:___________________________________

ANEXO V

Non estar incurso en ningunha das prohibicións para ser beneficiario recollidas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.£

Empregar o idioma galego no desenvolvemento da actividade empresarial obxecto desta axuda.£

ANEXO VI: DECLARACIÓN SUPERFICIE COMERCIAL

D. ________________________________________, con DNI ___________________ en nome e representación de (razón social) ______________________________________, con CIF_________________ e local comercial sito en (enderezo) _______________________________________

DECLARO BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE:

Que o seu local comercial non supera os 150 metros cadrados de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público.

Asdo.-

ANEXO VII: XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN

como representante legal de :

Entidade beneficiaria

CIB/NIF

CERTIFICO:

1º.- Que o programa para o que se concedeu a subvención, e que a continuación se detalla, foi realizado na súa totalidade

Actividade ou programa:

Convocatoria:

Datas de realización:

Presuposto subvencionado da actividade:

Importe da subvención concedida:

2º.- Que os gastos xerados na actividade concreta do programa/s subvencionados son os seguintes:

CONCEPTO

IMPORTE

FECHA PAGO

IMPORTE TOTAL DA ACTIVIDADE SUBVENCIONADA=

Que se achegan as facturas ou documentos substitutivos correspondentes a estes gastos, así como a xustificación do seu pago.

3º.- Que as subvencións solicitadas ou concedidas por outras Entidades para a realización da actividade subvencionada ascenden a un total de €, co seguinte detalle:

ENTIDADE CONCEDENTE

IMPORTE

TOTAL=

4º.- Que os ingresos xerados pola realización da actividade subvencionada ascenden a un total de €, co seguinte detalle:

CONCEPTO

IMPORTE

TOTAL=

5º.-Que os restantes gastos xerados pola actividade subvencionada foron financiados con cargo a

6º.-Da liquidación de ingresos e gastos se deriva que respecto do programa ou actividade realizada, cúmprese o disposto no artigo 31.1 da LXS, o importe dos ingresos e subvencións concedidas non supera o importe total dos gastos devengados, sendo destinadas todas as achegas á actividade subvencionada

O que asino en a data de

Sinatura

Santiago de Compostela

5/9/2016

Marta Lois González

Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo

______

BASES Y CONVOCATORIA DE AYUDAS PARA A REFORMA DE LOCAIS DE NEGOCIO, IMPLANTACIÓN DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN (TICs) E INCORPORACIÓN DE INNOVACIÓNS NO SECTOR COMERCIAL. ANUALIDADE 2016

ANEXO O: Instancia solicitude

2016/7540

Comercio
Comercio minorista
Empresa
Comercio y marketing
Tecnologías de la información
Turismo
Establecimientos comerciales
Exposiciones
Empleo y contratación
Empleo
Inserción laboral
Industria del calzado, curtidos y marroquineria
Fomento del empleo
Innovación
Fomento del asociacionismo
Cultura
Obras de rehabilitación
Deporte
Rótulos
Transporte
Medios de comunicación
Deporte
Productos de origen animal
Sector Vitivinícola
Acuicultura
Consumo
Pesca
Vehículos
Caza
Promoción deportiva
Gallego
Artes