Convocatoria de subvencións para actividades e investimentos educativos do exercicio 2017 - Boletín Oficial de A Coruña de 29-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 30/03/2017 hasta 29/04/2017
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

Convocatoria de subvencións para actividades e investimentos educativos do exercizo 2017

O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para actividades e investimentos educativos do exercizo 2017

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS EDUCATIVOS DO EXERCIZO 2017

Prazo de solicitude

De conformidade co disposto no apartado 34 das bases da Ordenanza xeral reguladora da concesión de subvencións municipais comunícase que as entidades que queiran solicitar subvencións para actividades e investimentos educativos do exercizo 2017 deberán presentar as solicitudes no prazo de UN MES, contado a partir do día seguinte da publicación da convocatoria correspondente no Boletín Oficial da Provincia.

Os impresos de solicitude poden recollerse no Concello, na concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa ou na páxina web municipal (www.arteixo.org).

A concelleira de Relacións coa Comunidade Educativa

Celina Varela Suárez

(Por delegación, Decreto 1336/2015)

Arteixo, 23 de marzo de 2017

2017/2506

Educación