Convocatoria de subvencións para asociacións de veciños destinadas ao fomento da convivencia (exercicio 2018) - Boletín Oficial de A Coruña de 31-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 31/05/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social, Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DESTINADAS AO FOMENTO DA CONVIVENCIA

(EXERCICIO 2018)

1. OBXECTO E FINALIDADE DA CONVOCATORÍA.

1.1. As presentes bases teñen por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás Asociacións de Veciños constituidas como tales, e con ámbito de actuación no Concello de Arteixo co fin de colaborar co tecido asociativo municipal para o fomento de participación da cidadanía para o desenvolvemento de actividades de ocio e programas de participación e dinamización de interese xeral para a veciñanza durante o exercicio 2018.

1.2. Se consideran actividades e programas de participación e dinamización de interés xeral, aos efectos da presente convocatoria:

a) Actividades de animación destinadas ao fomento da convivencia, intererrelación das persoas e integración na vida da comunidade.

b) Fomento do traballo en rede de asociacións, na organización de programas e actividades, creando redes de apoio mutuo.

c) Actividades de promoción e fomento do asociacionismo.

Entendendo por actividades e programas de participacion de dinamización de interese xeral para a veciñanza festexos populares, celebración de eventos formativos do asociacionismo, festas non patronais, xuntanzas e eventos con características similares.

Debe de tratarse de actividades desenvolvidas no presente ano 2018.

Quedan excluidas da presente convocatoria e, xa que logo, non serán obxecto das subvencións as seguintes actividades ou investimentos:

- As actividades, festas patronais e equipamentos subvencionados ou financiados no mesmo exercicio a través doutras convocatorias, convenios ou plans do Concello de Arteixo

- As actividades realizadas fóra do termo municipal.

Unha actividade ou programa dirixido a un mesmo colectivo ou sector da poboación só poderá ser subvencionada a través dunha única asociación ou agrupación de asociacións que será tramitada como unha única solicitude.

1.3. Serán subvencionables únicamente os gastos de aluguer, transporte e instalación de carpas para a realización das actividades ou eventos, definidos no apartado segundo das presentes bases. Tales instalacións deben de cumprir coa normativa técnica aplicable e contar coas autorizacións e ou permisos que sexan preceptivos pola normativa. Non serán subvencionables os custos de proxectos técnicos, licencias e permisos.

2. CRÉDITO PRESUPUESTARIO E CONTÍA MÁXIMA.

2.1. O crédito orzamentario máximo destinado a esta finalidade é para o presente exercicio 2018 de 20.000 € . Este gasto é imputable á partida 924.48900 do Presuposto Municipal de 2018.

2.2. Será subvencionable o 100% do custo de aluguer, transporte e instalación de carpas ata un máximo de 4.000 € . Quedan excluidos os custos de proxectos técnicos, licencias e permisos. As subvencións serán concedidas ata que se esgote o crédito orzamentario.

3. BENEFICIARIOS DAS AXUDAS.

Tendrán a consideración de beneficiarios as Asociacións de Veciños que realicen as actividade obxecto das presentes bases e reunán os requisitos exisidos nas mesmas.

Tamén terán a consideración de beneficiarios, as agrupacións de varias Asociacións que realicen as actividades obxecto das presentes bases e reúnan os requisitos esixidos nas mesmas. En calquera caso deberá nomearse un representante das asociacións reunidas en agrupación para a solicitude da presente convocatoria.

4. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.

Os beneficiarios perceptores das subvencións estarán obrigados ao seguinte:

a) Aceptar a subvención. No caso de que esto non sexa posible porque non se execute o programa de actividades previsto ou cando, pola percepción de outros ingresos de calquera natureza, estivese cuberto importe total dos gastos deberán renunciar a ela expresa e motivadamente, no prazo de quince días, contados a partir de aquel no que reciban a notificación da concesión da subvención.

b) Realizar a actividade, executar o proxecto ou cumplir o obxectivo, dentro do ano natural, axustándose aos términos incluidos na solicitude.

c) Comunicarlle á Concellería de Participación Cidadá as datas, horas e lugares definitivos do desenvolvemento da actividade.

d) Asumir ao seu cargo a exclusiva responsabilidade das actividades para as que fora concedida a subvención, asimesmo serán ao seu cargo os medios persoais e materiais que fosen precisos para o seu cumplimento, incluidas as obrigas fiscais e de seguridade social que se deriven do mesmo.

e) Acreditar ante o Concello a realización da actividade e cumplir os requisitos e condicións que determinen a condición da axuda. No caso de actividades esta acreditación realizarase, ademais coa xustificación documental pertinente, coa presentación ineludible antes da realización da actividade de 2 carteis anunciadores ou outra información escrita realizada para a súa difusión nos servizos correspondentes.

f) Facer constar na totalidade da publicidade e/ou actividade informativa que se realice por calqueira medio que conta con subvención do Concello de Arteixo, tendo que figurar en toda impresión o logotipo oficial que será facilitado polos servizos correspondentes.

g) Someterse as actuacións de comprobación e control financieiro e facilitar os datos que lles sexan requeridos.

h) Dar conta das modificacións que poidan surxir durante a realización do proxecto ou actividade, xustificándoas adecuadamente, que deberán obter a autorización do órgano competente.

i) Xustificar adecuadamente a subvención concedida na forma prevista nestas Bases, mediante a presentación detallada das actividades realizadas, o seu coste, con desglose de cada un dos gastos efectuados.

j) Comunicar ao Concello a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade que procedan doutras administracións e/ou entes públicos ou privados.

k) Colaborar cos servizos municipais nos actos para os que sexan requeridos.

4. REQUISITOS ESIXIDOS.

As asociacións de veciños e entidades beneficiarias destas axudas deberán cumplir os seguintes requisitos:

1. Estar legalmente constituidas como tales e estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Arteixo, no momento de realizar a solicitude.

2. Carecer de fins de ánimo de lucro.

3. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial co Concello de Arteixo ou sobre temas de interese para o Concello.

4. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda perante o Concello de arteixo para o mesmo obxecto para o que se solicita a nova subvención.

5. Non incorrer as persoas xurídicas ou as persoas que ostenten a representación legal das mesmas, en algún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións por incapacidade ou incompatibilidade, establecidas no art. 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (( B.O.E. 18-10-2003).

6. Estar ao corrente das súas obrigas coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello de Arteixo.

7. Ter un número mínimo de 50 persoas asociadas.

8. Acompañar á solicitude a documentación que se solicita no apartado cinco desta convocatoria.

5. DOCUMENTACIÓN ESIXIDA.

As asociacións que concorran a presente convocatoria de subvencións formularanse no modelo normalizado que se achega como Anexo I aportando os datos e a documentación sinalada a continuación:

a) Memoria explicativa da actividade que se pretenden realizar, con especificación do contido, data, horarios, lugar de realización, obxectivos, responsable da súa execución , número de beneficiarios e fins concretos aos que se destinarán os fondos.

b) Orzamento detallado por conceptos de gastos e ingresos previstos da actividades para o que se pretende a subvención solicitada.

c) Certificación orixinal do acordo de solicitude e do nomeamento do representante para as súas relacións co Concello , xunto coa fotocopia compulsada do seu DNI e do CIF da Asociación.

d) Declaración responsable relativa a outras subvención e/ou axudas percibidas con idéntico destino, a atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, á inexistencia de cantidades pendentes derivadas de expedientes de reintegro de subvencións, así como de non atoparse en ningunha das prohibicións para ser beneficiario de subvencións (Anexo 3).

e) Certificados acreditativos de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social ou de ser o caso ,autorización para acceder aos datos.

f) Certificación do número do socios activos, que terá que acadar un mínimo de 50 persoas.

g)Compromiso da entidade de facer constar a colaboración do Concello de Arteixo e da Concellaría de Participación Cidadá en toda a información que realice (impresa, informática ou audiovisual) no desenvolvemento das actividades ou investimentos (Anexo 4).

No caso de existir cambios respecto ao ano anterior deberán presentar a documentación referida a ditos cambios no momento de presentar a solicitude (modificación de xunta directiva, conta bancaria,...)

Calquera defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación terá que ser subsanado no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.

6. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN.

As solicitudes, xunto coa documentación preceptiva, deberá ser presentada no Rexistro Xeral do Concello ou no Rexistros establecidos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e de tendo en conta o disposto na Disposición transitoria segundo do mesmo texto legal.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte á publicación das presentes Bases e Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, ata o 31 de outubro de 2018.

7. NOTIFICACIÓN E PUBLICIDADE DA RESOLUCIÓN.

A resolución da concesión notificarase expresamente a todo/as os /as solicitantes de forma fidedigna no prazo máximo de 2 meses contados a partir da data de acordo da concesión.

Contra a desestimación expresa das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.

8. REFORMULACIÓN DE SOLICITUDES.

Dacordo co estabelecido no art. 27 da Lei Xeral de subvención e no 61 do seu regulamento, a reformulación das solicitudes realizarase de forma automática, de xeito que, se o importe da subvención é inferior ó solicitado polo beneficiario, o presuposto subvencionado que deberá ser xustificado posteriormente, determinarase dividindo a contía da subvención concedido polo coeficiente de financiamento proposto polo beneficiario.

9. MODIFICACIÓN DE CONCEPTOS.

Despois da notificación da concesión, e logo de solicitude razoada da entidade beneficiaria da subvención, poderá autorizarse a modificación da solicitude inicial mediante o cambio dos obxectivos ou conceptos concretos que se detallan na memoria ou orzamento da solicitude, sempre que se manteña a finalidade da subvención. Estos cambios deberán comunicarse previamente a súa xustificación para seren admitidos. Se os cambios provocan un presuposto superior ou igual ó presuposto inicial, manterase o coeficiente de financiamento, o importe da subvención e o presuposto subvencionado; se o presuposto é inferior ó inicial, deberá determinarse un novo coeficiente de financiamento, novo importe e novo presuposto subvencionado, que serán inferiores ó inicialmente estabelecido.

10. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.

a) Prazo de xustificación.

O prazo de presentación da xustificación será ata o 15 de novembro de 2018, sen concesión de prórroga.

O Concello resérvase o dereito de comprobar, polos medios que estime oportunos, que a xustificación é correcta, quedando o beneficiario obrigado a facilitar canta información sexa requerida polo servizo xestor para a Intervención Municipal.

b) Consideracións xerais.

Os gastos xustificados deberán axustarse aos conceptos aprobados no presuposto inicial.

10.2.1. As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos. 10.2.2. No caso de ter outras subvención para o mesmo obxecto que, en concorrencia coa subvención do Concello teñan un importe superior á cantidade resultante do cálculo anterior, o presuposto subvencionado será a suma das subvencións.

O gasto xustificado documentalmente deberá acadar polo mesmo o importe do presuposto subvencionado a xustificar.

10.2.3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, en todo caso a obtención concorrente de subvención doutras Administracións públicas ou entidades privadas supere o custo da actividade que desempeñe o beneficiario.

c) Documentación xustificativa.

Para o cobro da subvencións as entidades deberán presentar unha conta xustificativa simplificada. A conta xustificativa presentarase no Rexistro Xeral do Concello con destino ao SM de Participación Cidadá e respectará o contido mínimo que marca o artigo 75 do RD 887/2006, Regulamento de subvencións, polo que deberá incluír:

- Memoria xustificativa e memoria económica, coa relación de gastos e ingresos, e a certificación doutras axudas ou subvencións percibidas para a mesma finalidade. Tamén carta de pagamento no caso de reintegro de sobrantes (anexo 5).

- Certificación acreditatitiva de estar ó corrente das obrigas fiscais coa facenda estatal e autonómica e certificación acreditativa de estar ó correntes das obrigas coa Seguridade Social. Estas certificacións poderánse sustituir por declaración responsable do beneficiario da subvención no caso de que a subvención concedida non supere o importe de 3.000 € . A comprobación de estar ó corrente das obrigas fiscais municipais a realizará o Concello de Arteixo de oficio (anexo 3).

- Certificación do secretario/a da entidade, co visto e prace do/a presidente/a, na que faga constar que o gasto foi reflictido, na forma preceptiva, no libro de contabilidade da entidade, segundo o disposto no artigo 14.1 da Lei 38/2003 de 17 de novembro xeral de subvencións (anexo 5).

- Acreditación gráfica de cumprimento da obriga de facer constar a colaboración do Concello de Arteixo en toda información (impresa, informática, ou audiovisual) que se teña feita das actividades ou investimentos subvencionados.

- Facturas orixinais ou compulsadas do gasto subvencionado realizado que deben reunir os requisitos legais establecidos no RD 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulamentan as obrigas de facturación, e relativas ós gastos realizados polos conceptos incluídos no presuposto inicial e polo importe sinalado na notificación da concesión.

- Coa finalidade de dar cumprimento ó disposto no art. 30.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no caso de presentar fotocopias, antes de facer a fotocopia deberá extenderse no orixinal da factura unha dilixencia na que se faga constar que a factura foi utilizada como xustificante de gasto para a obtención dunha subvención do Concello de Arteixo.

- Xustificante de transferencia bancaria do pago realizado. Non se admitirán pagos en metálico.

- A sustitución de facturas por outro documento unicamente será válido nos supostos mencionados no artigo 4 do RD 1496/2003, Regulamento de facturación.

- Documentación acreditativa de que a instalación obxecto da subvención cumpre a normativa legal esixida.

11. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais normas concordantes.

ANEXO 1

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN

D. __________________________________________________________, con NIF ______________

en representación da Asociación de Veciños _____________________________________________

con n.º de rexistro (Rexistro de Asociación): __________________, con NIF _______________, con domicilio en ____________________________________________________________________________

código postal _________, teléfono n.º _____________, correo electrónico ______________________

EXPÓN:

Que pretende realizar/ten realizado a seguinte actividade (especificar data e lugar)

SOLICITA:

Se lle conceda unha subvención por importe de (________________ € ) ao abeiro do establecido nas Bases reguladoras de subvencións para asociación de vecinos destinadas ao fomento da convivencia (exercicio 2017).

De acordo coa documentación que se achega, e

£ (marcar cun aspa) Certifico que os datos que figuran na documentación que se achega corresponden fielmente á realidade e tendo por presentada a solicitude en tempo e forma, sexa admitida previos os trámites e probas que estime oportunas

£ Certifico que o número de socios a día 1 de xaneiro de 2018 é de ______________

En Arteixo, ... de ... de 2018.

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARTEIXO

Coa solicitude deberá de achegarse a seguinte documentación, segundo a Base 5:

£ Memoria explicativa da actividade que se pretenden realizar, con especificación do contido, data, horarios, lugar de realización, obxectivos, responsable da súa execución, número de beneficiarios e fins concretos aos que se destinarán os fondos.

£ Presupuesto detallado por conceptos de gastos e ingresos previstos da actividade para o que se pretende a subvención solicitada.

£ Certificación orixinal do acordo de solicitude e do nomeamento do representante para as súas relacións co Concello (no modelo oficial), xunto coa fotocopia do seu DNI.

£ Declaración responsable relativa a outras subvención e/ou axudas percibidas e de non atoparese en ningunha das prohibicións para ser beneficiario de subvencións (Anexo 2)

£ Certificados acreditativos de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, ou autorización ao Concello para a súa comprobación ( Anexo 3)

£ Compromiso da entidade de facer constar a colaboración do Concello de Arteixo e da Concellaría de Participación Cidadá en toda a información que realice (impresa, informática ou audiovisual) no desenvolvemento das actividades (Anexo 4)

£ Designación de conta bancaria acreditativo do número de conta bancaria a nome da Asociación, segúndo modelo oficial do Concello.

ANEXO 2

DECLARACIÓN DE AXUDAS

D./Dª. .................................................................................................., con DNI ...............................,, representante da entidade ............................................................................................................., con CIF .........................................

DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE

£ Que non ten solicitada nin, por tanto, concedida ningunha outra axuda nin outros ingresos de fondos públicos nin cotas de socios para a mesma finalidade que as previstas no acordo de concesión da axuda.

£ Que ten concedida a/s seguinte/s axuda/s ou ingresos de calquera Administración ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a mesma finalidade:

ESTADO (CONCEDIDA)

ORGANISMO

DATA DE RESOLUCIÓN

DISPOSICIÓN

IMPORTE

£ Non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición recollidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.

E para que conste e aos efectos oportunos, asínase a presente declaración.

Arteixo, ...............de ........................de 201________

ASDO.: ____________________________________

ANEXO 3

AUTORIZACIÓN DA PERSOA INTERESADA PARA RECABAR DATOS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS

A persoa abaixo asinante autoriza ao Concello de Arteixo a solicitar da Agencia Estatal de Administración Tributaria os datos relativos a cumprimento das súas obrigas tributarias para comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos para obter, percibir e manter a subvención denominada __________________________________________________.

A presente autorización outórgase exclusivamente ós efectos do recoñecemento, seguemento e control da prestación mencionada anteriormente e en aplicación do disposto no artigo 95.1 K) da Ley 58/2003, General Tributaria, que permite, previa autorización do interesado, a cesión de datos tributarios que precisen as AA.PP para o desenvolvemento das súas funcións.

A) DATOS DO AUTORIZADOR (só no caso de que sexa unha persoa xurídica ou entidade do artigo 35.4 da Ley General Tributaria)

ENTIDADE Á QUE REPRESENTA:

CIF:

APELIDOS E NOME

NIF

ACTÚA EN CALIDADE DE:

AUTORIZA Á OBTENCIÓN DE CERTIFICADOS TRIBUTARIOS DE TERCEIRAS PERSOAS. ESTAR AO CORRENTE DAS OBRIGAS TRIBUTARIASPARA OBTER SUBVENCIÓNS PÚBLICAS

SINATURA

ANEXO 4

COMPROMISO DE COLABORACIÓN

Dona./D. ________________________________________________________, con DNI ______________, representante da Asociación de Veciños ______________________________________________________________________, con CIF _________________________

E no seu nome, SE COMPROMETE a facer constar a colaboración do Concello de Arteixo e da Concellaría de Participación Cidadá en toda a información que realice (impresa, informática ou audiovisual) no desenvolvemento das actividades.

Arteixo, ... de ... de 201...

O/a representante

Asdo.:

ANEXO 5

MODELOS DE XUSTIFICACIÓN

MEMORIA DE ACTUACIÓN XUSTIFICATIVA

D./Dª. .................................................................................................., con DNI ..............................., representante da entidade .............................................................................................................

Poño de manifesto que a entidade referenciada deu cumprimento ás condicións impostas no acordo de concesión mediante a execución que de seguido se detalla:

Da realización da actividade ou equipamento realizados despréndense os seguintes resultados:

Arteixo, ............... de ........................ de 201 ..........

O representante da entidade

Sinatura

MEMORIA ECONÓMICA XUSTIFICATIVA

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE ARTEIXO A FAVOR DA ENTIDADE ..............................................................................................

PARA ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DESTINADAS AO FOMENTO DA CONVIVENCIA

MEMORIA ECONÓMICA XUSTIFICATIVA do custo das actividades realizadas ou equipamento adquirido (art.72 e 75 do RD 887/2006, do 21 de xullo)

Importe da subvención obtida ..........................................................................................................

1.- RELACIÓN DOS GASTOS REALIZADOS

1.1. GASTOS DE ACTIVIDADE

N.º FACTURA

CONCEPTO E EMPRESA

IMPORTE TOTAL (IVE INCLUÍDO)

DATA EMISIÓN

DATA DE PAGAMENTO

TOTAL

1.3. XUSTIFICACIÓN DE OFERTAS SOLICITADAS (de selo caso, debe achegarse solicitude de oferta a tres empresas, así como orzamento presentado por estas, xustificando a contratación da máis ventaxosa).

Para a contratación de _____(INDICAR CONCEPTO) ___ foi solicitada oferta ás seguintes empresas:

P

P

P

Sendo contratada ________ (INDICAR NOME DA EMPRESA), con CIF ___________________

por _______________________ motivar por qué se contrata a esa empresa).

1.4. RESUMO GASTOS

TOTAL GASTOS

2.- FACTURAS DE VALOR PROBATORIO.

Preséntanse con esta conta xusficativa orixinais ou copias debidamente compulsadas das facturas e demais documentación acreditativa dos gastos efectuados reflectidos, así como xustificante de transferência bancaria do pago realizado, do obxecto subvencionado.

3.- RELACIÓN DETALLADA DOUTRAS AXUDAS OU SUBVENCIÓNS.

D./D.ª ..................................................................................................................., secretario/a da entidade .......................................................................................................................................

CERTIFICA:

A) Que a entidade referida non obtivo ningunha outra axuda ou subvencion ou ingresos de fondos públicos para a mesma finalidade

B) Que recibiu as seguintes axudas ou subvencións ou ingresos de entidades públicas ou privadas ou de cotas para a mesma finalidade:

ENTIDADE CONCEDENTE

IMPORTE

Xunta

Deputación

Empresas privadas

Outros (especificar cales)

C) Que a entidade á que representa non se atopa incursa en ningunha das causas de prohibición para ser persoa/entidade benefiaria de axudas ou subvencións públicas, a que fai referencia o artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que implica, entre outras condicións, que se atopa ao corrente coas súas obrigas coa Facenda e coa Seguridade Social.

D) Que a persoa / entidade á que representa, beneficiaria da axuda / subvención do Concello de Arteixo para _____________________________________________ para esta anualidade, aos efectos do estabelecido para a correcta xustificacion, fai constar que se cumpriu a finalidade para a que foi concedida.

E) Que o gasto foi reflectido, na forma preceptiva, no libro de contabilidade da entidade, segundo o disposto no artigo 14.º da Lei 38/2003 de 17 de novembro xeral de subvencións.

O/a secretario/a O/a presidente/a

Sinatura Sinatura

E para que conste, asino en Arteixo a ............ de ................................ de 201......

A persoa representante

Sinatura

Ángel Vázquez Sande

(Por delegación, Decreto 1336/2015)

Arteixo, 25 de maio de 2018.

2018/3769

Asociacionismo vecinal
Participación ciudadana
Eventos
Fomento de la participación ciudadana
Fiestas Populares
Alquiler de vivienda
Transporte
Ocio y tiempo libre
Actividades de ocio y tiempo libre
Fomento del asociacionismo
Empresa