Convocatoria subvencións en concorrencia competitiva para programas de apoio á cultura, o deporte, (…), dirixidos a entidades para actuvidades durante o ano 2016 - Boletín Oficial de A Coruña de 15-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 15/09/2016 hasta ----
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Betanzos, en sesión realizada o 8 de setembro de 2016, aprobou as bases da convocatoria de subvencións en concorrencia competitiva para programas de apoio á cultura, o deporte, (…), dirixidos a entidades para actuvidades durante o ano 2016, procedéndose á súa publicación aos efectos oportunos. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes.

BASES DA CONVOCATORIA DE PROGRAMAS DE APOIO Á CULTURA, Ó DEPORTE, SERVIZOS SOCIAIS, PROMOCIÓN DE EMPREGO, XUVENTUDE, ASOCIACIONISMO VECIÑAL, PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE E NATUREZA E ACTIVIDADES EDUCATIVAS DIRIXIDOS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2016.

Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro convócanse as presentes axudas nas áreas de cultura, deportes, servizos sociais, promoción de emprego, xuventude, asociacionismo veciñal e actividades educativas.

1. Finalidade e obxecto

O Concello de Betanzos quere pola presente convocatoria ás entidades sen ánimo de lucro, contribuír a que acaden os obxectivos que lle son propios, e fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo a impulsar a democratización da sociedade, é dicir, actividades de interese municipal.

Conforme co disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, Regulamento de servizos das corporacións locais, na Lei 5/1997, de administración local de Galicia, na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, e con cargo ao orzamento do Concello para o ano 2016, convócanse para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro as subvencións dirixidas a programas de apoio á cultura, ao deporte, servizos sociais, promoción de emprego, xuventude, asociacionismo veciñal, protección do medio ambiente e natureza e actividades educativas de acordo á aplicación orzamentaria 334/489.00 por un importe total de 25.000,00 euros.

Non serán subvencionados os investimentos reais. Por outra banda, tampouco serán gastos obxecto de subvención as cantidades satisfeitas ao Concello de Betanzos polo uso das súas instalacións culturais e deportivas.

O importe das axudas en ningún caso poderán ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes doutros organismos públicos ou privados, superen o custo total da actividade subvencionada.

2. Solicitantes

Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades e comunidades veciñais que cumpran os seguintes requisitos:

' Estar legalmente constituídas.

' Carecer de fins de lucro.

' Estar rexistradas no Rexistro de Asociacións do Concello de Betanzos ao día da publicación desta convocatoria.

' Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello.

' Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvención públicas.

' Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

' Carácter non profesional das persoas participantes das actividades deportivas.

' Non serán obxecto de subvención as actividades suxeitas ao convenio de colaboración co Concello ou as que xa recibisen una subvención municipal directa (contía económica determinada).

3. Obrigas das entidades

3.1) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

3.2) Xustificar ante o Concello de Betanzos o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.

3.3) Someterse aos procedementos de control ou de auditoría que realicen a Intervención Municipal e/ou os Técnicos Municipais no ámbito da comprobación material da realización da actividade subvencionada.

3.4) Someterse ás actuacións de comprobación, a efectuar polo Concello de Betanzos así como calquera outras de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

3.5) Comunicar ao Concello de Betanzos a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

3.6) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que a entidade se encontra ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

3.7) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente comprobados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso.

3.8) Utilizaren, con carácter xeral, formas de pagamento a terceiros que puideren acreditar mediante documento expedido por unha entidade financeira (transferencia bancaria, tarxeta de crédito, tarxeta de débito, cheque ou talón nominativo etc) no que queden identificadas a persoa ou entidade beneficiaria, o importe e a data de pagamento. Só excepcionalmente poderán utilizar o pagamento en metálico cando non sexa posible outra forma alternativa (peaxe de autoestrada, tíckets de aparcadoiro etc).

O incumprimento desta disposición para algún gasto implicará que o dito gasto se considere 'non subvencionable', de conformidade cos art. 72.2, 75.2 e 89 do Regulamento de subvencións e en relación cos art. 31.2 e 37 da Lei xeral de subvencións, sempre que o dito gasto supere o importe de 150 €.

3.9) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

3.10) Faceren constar a colaboración do Concello de Betanzos en toda a información (impresa, informática ou audiovisual) que fixeren das actividades subvencionadas, así como na súa páxina web.

3.11) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos contemplados no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Documentación

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello, nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral do Concello.

Achegarase tamén a seguinte documentación:

' Fotocopia da tarxeta CIF da entidade.

' Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade.

' Fotocopia do NIF do representante.

' Programa da actividade ou investimento que se vai realizar.

' Certificación do número de socios/as activos/as.

' Orzamento estimado de gastos.

' Importe da subvención solicitada que non poderá superar ao 70% do orzamento de gastos.

Se os documentos solicitados nos tres primeiros apartados anteriores están en poder do Concello, o solicitante non terá que volver remitilos, mais haberá de sinalar a data e a dependencia na que se presentaran anteriormente.

O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base deberá ser corrixido no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.

5. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do concello e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará, segundo o artigo 18 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, ao día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e rematará ao mes da súa publicación.

6. Resolución dos programas

A concesión das subvencións realizarase, mediante un réxime de concorrencia competitiva, por Resolución da Xunta de Goberno Local, a proposta motivada da comisión avaliadora, previo baremo e informe dos servizos técnicos de que as persoas beneficiarias cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións.

A comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:

Presidente: O alcalde

Vogal: un/ha concelleiro/a delegado/a de cada grupo político que teña representación municipal.

Na comisión actuará como secretario/a do concello o/a funcionario/a en quen delegue, con voz pero sen voto.

6.1. Valoración das solicitudes

A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades a realizar, ponderando as seguintes circunstancias.

De carácter xeral

' O importe das subvencións non poderá ser superior o 70% do orzamento.

' A obtención de subvencións concorrentes, sexa cal sexa ou seu proceder, en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo da actividade, este suposto daría lugar a unha modificación da resolución de concesión.

De carácter cualitativo

a) Valoración do programa de actividades a desenvolver (Máximo: 70 puntos)

' Interese municipal da actividade ou programa proposto. Ata 40 puntos.

Terase en conta se as actividades a levar a cabo teñen coincidencia cos obxectivos das políticas municipais no ámbito de cada convocatoria, o impacto previsto na veciñanza, a duración temporal das actividades propostas, o número de participantes e beneficiarios das actividades, a colaboración entre entidades e a colaboración e complementariedade coas actividades desenvolvidas polo Concello.

' Emprego da lingua galega na realización da actividade: Ata 5 puntos

' Fomento da igualdade de xénero. Ata 5 puntos.

' Promoción da participación da mocidade e da infancia. Ata 5 puntos.

' Medidas recollidas nas actividades para garantir a accesibilidade de todas as persoas. Ata 5 puntos.

' Coeficiente de financiamento derivado da solicitude, tendo en conta a eficiencia na asignación de recursos, o esforzo financeiro e a relación entre o interese do programa e o orzamento presentado: Ata 10 puntos

b) Valoración da entidade solicitante (Máximo: 30 puntos)

' Terase en conta a experiencia e as actividades levadas a cabo pola entidade solicitante nos últimos anos; o número de socios/as e colaboradores/as que interveñen na realización do proxecto e distribución de responsabilidades e tarefas e a capacidade da entidade para poder desenvolver o programa de actividades que presenten.

6.2. Notificación e publicidade da Resolución

A Resolución de concesión deberase notificar expresamente no prazo máximo de dous meses contados a partir da data de resolución do programa e será publicada no Boletín Oficial da Provincia.

Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.

7. Xustificación e pagamento

7.1. Prazo de xustificación

O prazo para a xustificación das subvencións finalizará o día 1 de decembro de 2016.

Se non se presenta a xustificación dentro do prazo iniciarase expediente de anulación do correspondente compromiso, agás concesión de prórroga.

7.2. Consideracións xerais

7.2.1. As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos.

7.2.2. O gasto xustificado documentalmente deberá acadar, en todo caso, o importe da subvención concedida.

7.2.3. A entidade beneficiaria queda obrigada a facilitar toda a información lle sexa requirida polo Concello e sométese ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei xeral orzamentaria e, no seu caso, ao disposto no Código Penal.

7.3. Documentación xustificativa

Para o cobro da subvención as entidades deberán presentar a acreditación da realización dos gastos da forma seguinte:

A xustificación que será baixo a responsabilidade do declarante, realizarase coa presentación no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Betanzos, antes do día 1 de decembro, do modelo normalizado que se facilitará no Concello, o cal recollerá unha memoria das actividades desenvolvidas e unha relación de ingresos e gastos totais obtidos, ao que unirá a seguinte documentación:

' Certificación do/a Secretario/a da entidade, co visto bo do/a Presidente/a, no que se indiquen as subvencións concedidas á entidade para a realización das actividades subvencionadas.

' Copia dos carteis que anuncien as actividades subvencionadas e nos que conste a colaboración do Concello, de ser o caso.

' No caso de gastos por prestacións de servizos por persoal, acreditación mediante nóminas, factura ou calquera outro medio admitido en dereito.

' No caso de gastos de material, subministracións, etc..., orixinal ou fotocopia cotexada das facturas ou documentos acreditativos do gasto substitutos das facturas contemplados no artigo 4 do Real Decreto 1619/2012, representativas dos gastos realizados.

Unicamente serán obxecto de subvención as que respondan de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada e que se realicen no prazo establecido.

O pagamento da subvención concedida farase efectivo unha vez xustificados totalmente os gastos realizados.

7.4. Tramitación da xustificación

Para os efectos de xustificar os gastos entenderase que o gasto está realizado coa achega da documentación sinalada no apartado 7.3 anterior.

Para a valoración do cumprimento da finalidade básica da subvención e pago dela, terase en conta o seguinte:

' No caso de que se xustifique gasto polo 100% da contía da subvención, aboarase a totalidade desta.

' No caso de que se xustifique gasto por importe inferior ao 100% da contía da subvención aboarase esta na parte proporcional ao gasto xustificado.

' O prazo de xustificación das subvencións rematará o 1 de decembro de 2016, agás que se solicitase e outorgase prórroga, debendo no seu caso, motivarse esta concesión. En todo caso, esta solicitude deberá ser motivada e deberá realizarse por escrito antes da data sinalada anteriormente. O 31 de decembro do ano 2016, anularanse automaticamente os compromisos de axuda pendentes de xustificación ou sen concesión de prórroga.

' En xeral non se admitirán facturas de bebidas alcohólicas, tabaco ou calquera outro produto considerado lesivo para a saúde, nin se admitirán facturas relativas a alimentos e bebidas, agás das relativas a produtos típicos de celebracións tradicionais gastronómicas e de Nadal, Magosto, Entroido e San Xoán e outros festexos populares. De igual xeito, nas excursións ou viaxes culturais, poderán xustificarse os gastos de desprazamento, mais non serán admisibles os de alimentación ou comida á marxe deste concepto.

Disposición adicional primeira

Con carácter xeral admitíranse fotocopias sempre que veñan compulsadas ou adveradas:

' Diante de notario.

' Polo secretario do Concello, ou funcionario/a habilitado/a para o efecto.

Disposición adicional segunda

Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas previstas nas bases de execución do orzamento do Concello para o exercicio 2016 e na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

Disposición adicional terceira

No caso de que unha vez realizado o baremo e informe dos servizos técnicos a cantidade concedida total sexa inferior aos 25.000,00 euros orzamentados, realizaranse os axustes posteriores, de acordo co baremo obtido, ata que o reparto total sexan os 25.000 ,00 euros orzamentados.

Betanzos, 9 de setembro de 2016

O ALCALDE,

Asdo.: José Ramón García Vázquez

2016/7508

Deporte
Deporte
Cultura
Empleo y contratación
Empleo
Promoción deportiva
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Actividades educativas
Medio Ambiente
Actividades deportivas
Dependencia
Gallego
Infancia
Gastronomía
Fiestas Populares