Convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro - Boletín Oficial de A Coruña de 19-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 19/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Asociaciones y economía social, Particulares
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lousame, en sesión de data 23 de agosto de 2016, acordou efectuar a convocatoria pública e aprobar as bases para a concesión de subvencións municipais a asociacións sen fins de lucro para o desenvenvolmento de programas e actividades de interese xeral e sectorial para o ano 2016, que se insiren a seguir:

'BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES DE INTERESE XERAL E SECTORIAL PARA O ANO 2016.

PRIMEIRO.- Créditos orzamentarios ós que se imputa a subvención e contía total máxima das subvencións convocadas.

No orzamento municipal para o exercicio 2016 existe consignación orzamentaria suficiente, por vinculación xurídica, para a concesión deste tipo de subvencións con cargo as seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria.

Asociación

Contía total máxima €

231.480.00

Alleas ó Concello

5.000,00

334.480.00

Culturais

2.500,00

337.480.00

De veciños

2.000,00

337.480.00

Outras asociacións

2.500,00

341.480.00

Deportivas municipais

5.500,00

341.480.00

Deportivas alleas ó Concello

1.000,00

TOTAL

18.500,00

Segundo.- Obxecto, condicións e finalidade da concesión da subvención.

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do Municipio.

En xeral, serán obxecto de subvención as actividades de tipo cultural, deportivo, ocio, etc, desenvoltas dentro do ámbito municipal e que fomenten valores democráticos, de diálogo e tolerancia.

Os gastos susceptibles de subvención serán os realizados entre xaneiro e decembro do ano 2016.Non serán obxecto de subvención as actividades que se desenvolvan fóra do termo municipal, agás aquelas de carácter educativo, deportivo, cultural social ou asistencial.

Especificamente quedan excluídos os gastos que non estean directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, ou que dificilmente poidan relacionarse coa mesma. Neste sentido terase especialmente en conta os conceptos especificados nas facturas que se entregarán como xustificantes dos gastos.

Ademais quedan excluídos os gastos derivados de:

- Consumo eléctrico, telefónico e similares.

- Comisións Festas para a celebración de Festas parroquiais.

- Comidas e similares, que non constitúan a actividade en si.

- Retencións do Imposto da Rente das Persoas Físicas (IRPF).

Terceiro.- Réxime xurídico aplicable

Os fins indicados no anterior apartado efectuaranse de conformidade coa normativa aplicable especialmente prevista nas seguintes disposicións:

- Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, nos seus preceptos que constitúen lexislación básica do Estado (DF1ª).

- Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, nos seus preceptos que constitúen lexislación básica do Estado (DF1ª).

- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007,do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Os artigos 23 a 29 do Decreto de 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais.

- Os artigos 25 e 72 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

- Os artigos 80 e 294, de Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

- O artigo 232 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, no caso de tratarse de Asociacións.

- A Ordenanza Reguladora da concesión de subvencións polo Concello de Lousame.

CUARTO.- Requisitos que deben cumprir os beneficiarios.

Poderán solicitar subvencións as entidades públicas ou privadas, que, cumprindo ó prescrito no artigo 13 da Lei 38/2003, e artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que reúnan ademais os seguintes requisitos:

1. Estar dado de alta no Rexistro de Asociacións do Concello a 31 de decembro do ano anterior. Excepcionalmente eximirase de cumprir este requisito ás asociacións ou entidades que a xuízo do Concello desenvolvan labores de carácter educativo, deportivo, cultural social ou asistencial, e ás Comisións de Festas.

2. Carecer de ánimo de lucro.

3. Ter entre outros fins a realización das actividades obxecto da subvención.

4. Encontrarse ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Lousame, e con calquera outra administración. Neste sentido deberá acreditar no momento da solicitude, que se encontra ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, mediante certificación expedida polos citados organismos ou coa presentación da solicitude das citadas certificacións. Esta certificación deberá estar en vigor no momento de efectuar o pago da subvención.

Tamén será válida a presentación mediante o propio modelo de solicitude (modelo 1), que inclúe unha declaración responsable do presidente da entidade.

5. De ser o caso, ter xustificadas as subvencións recibidas con anterioridade polo Concello de Lousame.

Non poderán acceder á concesión das subvencións municipais:

· As entidades que, en virtude da normativa vixente, teñan limitado ou suprimido ese dereito, e especificamente o recollido no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións e artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

· As entidades que por resolución firme foran sancionadas polo incumprimento das condicións previstas na autorización precisa para o desenvolvemento da actividade.

· As entidades que perderan o dereito á obtención das subvencións como consecuencia do procedemento sancionador correspondente, e polo prazo establecido na resolución.

QUINTO.- Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios:

· Aceptar a subvención, en caso contrario, deberán renunciar expresa e motivadamente á mesma, no prazo máximo de 10 días naturais, contados a partir daquel no que reciban a notificación da concesión da subvención.

· Realizar a actividade ou proxecto, ou cumprir co fin ou propósito que fundamenta a concesión da subvención.

· Xustificar documentalmente, e na forma e prazos previstos nestas Bases, o cumprimento da finalidade que motivou a concesión da subvención e, no seu caso, a aplicación dos fondos recibidos.

· Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo Concello de Lousame, así como calquera outras actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

· Comunicar ó Concello de Lousame a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada ós fondos percibidos.

· Acreditar no momento da solicitude no Concello, que se encontra ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, mediante certificación expedida polos citados organismos ou coa presentación da solicitude das citadas certificacións. Esta certificación deberá estar en vigor no momento de efectuar o pago da subvención. Tamén será válida a presentación mediante a propio modelo de solicitude (modelo 1), que inclúe unha declaración responsable do presidente da entidade.

· Facer constar en toda información ou publicidade que se efectúe das actividades ou proxectos que os mesmos están subvencionados polo Concello de Lousame.

· Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ó beneficiario en cada caso, coa finalidade de garantir o exercicio de comprobación e control.

· Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións e control.

· Proceder ó reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos polo artigo 37 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

· En xeral cumprir coas obrigas enumeradas no artigo 14 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e artigo 11 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Destas obrigacións responderán as asociacións solicitantes a través dos seus representantes legais, que serán os que firmen a solicitude. Se houbese cambios en dita representación, deberán comunicarllo ó Concello de Lousame e subrogaranse nas obrigacións indicadas nesta convocatoria.

Sexto.- Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes.

6.1. Documentación requirida:

As entidades interesadas en participar na presente convocatoria deberán entregar no Rexistro Xeral de Entrada do Concello os modelos normalizados para a presente convocatoria: 1, 2, 3, e 4 e fotocopia do D.N.I. da persoa que asina a solicitude (en caso de persoas xurídicas, será necesaria a acreditación do apoderamento do comparecente).

Se a solicitude non reunise tódolos datos de identificación da entidade solicitante ou de documentación administrativa obxecto da subvención solicitada, ou non se acompañase á mesma toda a documentación esixida nestas bases, requirirase á entidade solicitante para que subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días hábiles, con apercibimento de que, se non o fixese, terase por desistida a súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro , de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6.2. Lugar de presentación.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lousame, e na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

6.3. Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Sétimo.- Procedemento.

7.1.- O procedemento para a concesión das subvencións previstas nas presentes Bases axustaranse ó establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tramitarase en réxime de concorrencia competitiva mediante a comparación das solicitudes presentadas a fin de establecer unha relación entre as mesmas de acordo cos criterios fixados nestas Bases reguladoras, e o órgano encargado do seu outorgamento será a Xunta de Goberno Local.

7.2.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Transcorrido dito prazo sen que se adopte resolución expresa, poderase entender desestimada. A resolución porá fin á vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano ou ben, alternativamente, recurso contencioso - administrativo perante o Xulgado Contencioso - Administrativo.

7.3.- Non se admite a reformulación das solicitudes para os supostos nos que a subvención concedida sexa inferior á que figura na solicitude.

7.4.- A aceptación da subvención concedida entenderase efectuada se no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte hábil ó da notificación non renunciaran a ela expresamente mediante escrito dirixido ó órgano concedente.

7.5.- Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións doutras administración públicas ou entidades poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

7.6.- As subvencións que se outorguen ó abeiro da presente convocatoria serán compatibles con outras para a mesma finalidade sen que en ningún caso o importe total subvencionado poida superar o custo total da actividade. No caso de existir exceso de financiamento ou beneficio deberá proceder ó reintegro da contía concedida polo Concello de Lousame na cantidade que exceda do custo da actividade.

Oitavo.- Criterios de valoración e contía da subvención.

A concesión ou denegación das subvencións, así como a súa cuantificación económica, efectuarase tendo en conta os seguintes criterios:

a) A continuidade, estabilidade e solvencia da Entidade solicitante no ámbito no que se desenvolva a actividade proposta.

b) A dificultade acreditada pola Entidade solicitante para acudir a outros medios de financiamento, así como os medios económicos cos que conta a mesma.

c) O número de persoas potencialmente beneficiarias.

d) A viabilidade da actividade a desenvolver.

e) Aquelas outras que, polas características da actuación, poida establecer o órgano resolutor.

Noveno.- Notificación do acordo de resolución da Xunta de Goberno Local.

O acordo de resolución de concesión, adoptado pola Xunta de Goberno Local, será notificado expresamente a tódolos solicitantes de forma fidedigna, por calquera dos medios previstos nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

DÉCIMO.- Xustificación da subvención.

10.1. prazo para a xustificación.

O prazo de presentación no Rexistro Xeral dos xustificantes rematará o 28 de outubro de 2016.

10.2. Forma da xustificación.

A xustificación da subvención farase mediante a presentación no Rexistro Xeral do Concello dos seguintes Modelos normalizados: 5, 6 e 7 debidamente cumprimentados.

Os gastos acreditaranse mediante facturas ou demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, nos termos establecidos legalmente. Presentaranse os orixinais ou fotocopias compulsadas; no caso de presentar fotocopias sen compulsar, os solicitantes deberán xuntar os orixinais para ser cotexados no Concello pola persoa responsable do servizo, ou secundariamente polo responsable do Rexistro Xeral

10.3. Consideracións xerais:

10.3.1. As entidades deberán presentar xustificantes por unha contía global igual ou superior ó conxunto dos gastos efectuados, na forma que se dispón na presente base. O Concello modificará as contías a conceder no caso de non xustificar a totalidade dos gastos efectuados, ou aínda xustificando este total, por non presentar correctamente os documentos xustificativos esixidos nesta base.

A xustificación presentada polos beneficiarios, será remitida para a súa fiscalización á Intervención Xeral do Concello que poderá comprobar a utilización dos fondos públicos recibidos nas actividades para as que foi concedida a subvención.

A non presentación da xustificación dentro do prazo levará automaticamente a perda da subvención e, en consecuencia, ó impago da mesma.

O Concello de Lousame resérvase o dereito de comprobar, polos medios que estime oportunos, que a documentación xustificativa presentada é correcta, quedando obrigado o beneficiario a facilitar canta información lle sexa requirida polo Servizo Xestor e Intervención Xeral.

10.3.2. Os xustificantes dos gastos para a realización das actividades subvencionadas, deberán corresponder necesariamente ós gastos ocasionados para o cumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención, e non se admitirán como xustificación os gastos realizados para o cumprimento de fins distintos; neste sentido serán determinantes os conceptos que figuren nas facturas ou documentos xustificativos dos gastos.

10.3.3. Admitiranse como xustificantes facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.

Os elementos que deben incluírse nunha factura son os seguintes:

· Nome ou razón social da empresa que factura e o seu NIF.

· Identificación da entidade, co CIF.

· Data de emisión.

· Importe total. Se figuran varios artigos é necesario que se desglosen e se describan os conceptos desglosados.

· Debe aparecer o IVE de forma diferenciada, base impoñible, tipo de IVE aplicable e importe total máis o IVE correspondente.

Cando unha entidade estea exenta de IVE deberá incluírse certificado que acredite esta exención, manifestado por órgano competente.

10.3.4. En ningún caso se admitirán como xustificantes:

· Documentos derivados do uso das instalacións culturais, educativas ou deportivas do Concello de Lousame.

· Facturas relacionadas con comidas, cenas, etc. pertencentes, por exemplo a gastos de membros da directiva ou membros da Asociación. Si se admitirán os gastos correspondentes a actividades gastronómicas subvencionables.

· Facturas onde non consten claramente os conceptos obxecto de subvención.

· Facturas que conteñan conceptos non subvencionables (aínda que dentro das mesmas consten conceptos subvencionables).

10.3.5. As subvencións que se concedan en atención á concorrencia dunha determinada situación no preceptor, non requirirán outra xustificación que a acreditación de dita situación, con carácter previo á concesión, sen prexuízo dos controles que puidesen establecerse pata verificar á súa existencia.

Décimo primeiro.- Pagamento da subvención.

Unha vez examinados os documentos para a xustificación dos gastos, a Xunta de Goberno Local, aprobará as contías finais a percibir polas entidades beneficiarias, que poderán coincidir ou non coas anteriormente aprobadas, dependendo dos xustificantes dos gastos presentados. Este acordo final será debidamente notificado a cada unha das entidades.

Todo isto de conformidade ó establecido no Capítulo V do Título I da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Décimo segundo.- Réxime sancionador.

Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei Xeral Orzamentaria (Lei 47/2003 de 26 de novembro), e no art. 40 Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e demais normas concordantes: Lei Orgánica 2/1982, de 12 de maio, do Tribunal de Contas e Lei Ordinaria do Consello de Contas de Galicia.

DISPOSICIÓN FINAL.

No non previsto na presente Convocatoria será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, R.D. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007 de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e a Ordenanza reguladora da concesión de subvencións polo Concello de Lousame, do ano 2004.

Lousame, 24 de maio de 2016.

Asdo.: Mª Teresa Villaverde Pais, alcaldesa.

ANEXO: MODELOS.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Lousame a 23 de agosto de 2016.

A Alcaldesa.

Mª Teresa Villaverde Pais.

2016/7605

Deporte
Cultura e idiomas
Cultura
Educación
Actividades de ocio y tiempo libre
Ocio y tiempo libre
Fiestas Populares
Consumo
Empresa
Gastronomía