CONVOCATORIA PARA SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS MUSICAIS E DE ARTES ESCÉNICAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017. - Boletín Oficial de Pontevedra de 28-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 29/03/2017 hasta 17/04/2017
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 17 DE MARZO DE 2017 POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS MUSICAIS E DE ARTES ESCÉNICAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017.

BDNS(Identif.):339773

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b y 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

1. Beneficiarios:

As persoas físicas ou xurídicas que: carezan de fins de lucro, desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, non estean incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas, non estean incursos en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei e que estean ó corrente coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación.

2. Obxecto

Subvencións dirixidas a financiar a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de recoñecido prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música e do teatro galego, ademais das outras variantes artísticas e que se levaran a cabo, como mínimo, en dúas edicións consecutivas nos tres últimos anos. Establécense dúas modalidades de actuación:

- festivais de música e

- festivais de artes escénicas.

3. Bases reguladoras

Bases de subvenciones aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 17 de marzo de 2017, Lei 38/2003, xeral de subvencións, Regulamento da Lei xeral de subvencións (R.d. 887/2006, de 21 de xullo) e na Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra.

4. Cuantía

120.000,00 ¬.

5. Prazo de presentación

Empezará a partir do día seguinte á publicación do extracto de dita convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e terminará o 17 de abril de 2017.

6. Outros datos de interese

- Solicitudes e documentación: Cada entidade poderá presentar unha única solicitude, en modelo normalizado e coa documentación establecida na base sexta.

- Procedemento de concesión: concorrencia competitiva

- Criterios de valoración: os establecidos na base oitava da convocatoria.

- Gastos subvencionables: os necesarios para o desenvolvemento da actividade obxecto de subvención

- Compatibilidade: Si

- Forma de pago: Transferencia

- Forma de xustificación: mediante a presentación de facturas, conta xustificativa dos gastos, memoria xustificativa do cumprimento das condiciones establecidas na solicitude na que se indique a programación realizada e os resultados obtidos e acreditar a debida difusión nos termos previstos na base décimo primeira da convocatoria.

- Prazo máximo de xustificación: 30 de marzo de 2018.

Pontevedra, 21/03/2017.-A Presidenta, María del Carmen Silva Rego.

Artes Escénicas
Música
Teatro
Artes