CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN E A SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO-CULTURAL, DIRIXIDAS AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 02-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 03/06/2017 hasta 30/06/2017
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DO 19 DE MAIO DE 2017 POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN E A SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO-CULTURAL, DIRIXIDAS AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2017.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

1. Beneficiarios:

Todos os concellos da provincia de Pontevedra cun máximo de 50.000 habitantes que desexen acollerse a esta convocatoria.

2. Obxecto

Axudas económicas para: a restauración de bens inmobles de titularidade municipal que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, artístico, paleontóloxico, arqueolóxico, etnográfico así como os conxuntos urbanos, sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico, a adquisición de bens inmobles integrantes do patrimonio histórico da nosa provincia e a instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal, os conxuntos urbanos, as parroquias, os xacementos e as zonas arqueolóxicas, ademais dos sitios naturais, os xardíns e os parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, antropolóxico, artístico ou etnográfico, dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra

3. Bases reguladoras

Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 19 de maio de 2017, ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, bases de execución do orzamento provincial do ano 2017, Lei 38/2003, xeral de subvencións e demais lexislación de desenvolvemento.

4. Cuantía

600.000,00 ¬.

5. Prazo de presentación

Empezará a partir do día seguinte á publicación do extracto de dita convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 30 de xuño de 2017.

6. Outros datos de interese

- Solicitudes e documentación: Cada concello poderá presentar unha única solicitude ó amparo desta convocatoria, en modelo normalizado e coa documentación establecida na base sexta.

- Concesión: De conformidade co establecido na base sétima da convocatoria.

- Gastos subvencionables: as obras de conservación e restauración de bens inmobles de titularidade municipal, as obras de sinalización dos bens inmobles, os proxectos técnicos oficiais e/ou colexiados e os gastos de estudos museográficos e arqueolóxicos sobre os bens patrimoniais.

- Compatibilidade: Si

- Forma de pago: Transferencia

- Forma de xustificación: mediante a presentación de facturas, conta xustificativa dos gastos, memoria xustificativa do cumprimento das condicións establecidas na solicitude e acreditar a debida difusión, nos termos previstos na base décimo primeira da convocatoria.

- Prazo máximo de xustificación: 30 de xuño de 2018.

En Pontevedra, a 29 de maio de 2017, A Presidenta.- María del Carmen Silva Rego

Patrimonio cultural
Artes
Cultura e idiomas
Cultura
Obras de rehabilitación