CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE VIVEIRO - Boletín Oficial de Lugo de 30-11-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 30/11/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

Por medio da presente publícase a convocatoria de subvencións para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, aprobadas na sesión ordinaria do Pleno da Corporación de data 16 de novembro novembro de 2017.

En Viveiro, a 20 de novembro de 2017.- A ACALDESA. María Loureiro García.

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE VIVEIRO.

En virtude do Real Decreto 637/2016. do 9 de decembro, polo que se prórroga o Plan Estatal de Vivenda 2013-2016, regulado polo Real decreto 233/2013, do 5 de abril, e en desenrolo dos acordos da Comisión Bilateral celebrada o 26 de Outubro do 2017, relativo á Rexeneración e Renovación Urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro e en relación ao papel xestor do Concello de Viveiro para a execución do Plan e o seu compromiso na elaboración dunha convocatoria para a concesión das subvencións previstas neste acordo.

Resultando que en base ó referido convenio este Concello no seu papel xestor para a execución do Plan, debe realizar a convocatoria para a concesión de subvencións prevista no acordo, ata un máximo de 7 actuacións ou ata esgotar o orzamento máximo.

1. OBXECTO

Esta convocatoria ter por obxecto a concesión das subvencións destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, con cargo aos convenios asinados polo Concello para tal obxecto, no marco do Plan Estatal de Rehabilitación Edificatoria 2013 - 2016.

A convocatoria realízase polo disposto nos acordos da Comisión Bilateral celebrada o 26 de Outubro do 2017, relativo á Rexeneración e Renovación Urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro e polo Real Decreto 637/2016. do 9 de decembro, polo que se prórroga o Plan Estatal de Vivenda 2013-2016,

A concesión de subvencións, a través desta convocatoria será en réxime de concorrencia competitiva, consonte os criterios de selección dispostos nas bases reguladoras publicadas no BOP número 295, de 24 de decembro de 2015.

En todo o non establecido na presente convocatoria, estarase ao disposto nas referidas bases.

2. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

1. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Viveiro, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas .

2. As solicitudes deberán presentar a seguinte documentación xenérica cotexada:

A.- Documentación acreditativa de identificación do solicitante e titularidade da edificación.

a) Se o promotor/a é unha persoa física;

1/ Fotocopia do documento identificador da persoa que asine a solicitude e, de ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa en nome da cal actúe.

2/ Fotocopia do documento que acredite a titularidade do edificio por parte do promotor da actuación. Poderá achegarse certificado ou nota simple do rexistro da propiedade, ou ben documentación acreditativa do feito, acto ou negocio xurídico que demostre a adquisición da titularidade do inmoble. Os documentos poden ser de natureza pública (escritura pública) ou privada, sempre que conste de xeito fidedigno a realidade da súa data, dos intervintes e, de ser o caso, de todos os requisitos que refire o artigo 1261 do Código Civil.

b) Se o promotor/a é unha persoa xurídica;

1/ Documento acreditativo da constitución da sociedade.

2/ Fotocopia do documento que acredite a titularidade do edificio por parte do promotor da actuación. Poderá achegarse certificado ou nota simple do rexistro da propiedade, ou ben documentación acreditativa do feito, acto ou negocio xurídico que demostre a adquisición da titularidade do inmoble. Os documentos poden ser de natureza pública (escritura pública) ou privada, sempre que conste de xeito fidedigno a realidade da súa data, dos intervenientes e, de ser o caso, de todos os requisitos que refire o artigo 1261 do Código Civil.

c) Se o promotor/a é unha comunidade de propietarios constituída consonte ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, presentará ademais:

1/ Documento acreditativo da constitución da comunidade.

2/ Documento acreditativo da representación coa que se actúe.

3/ Acta ou certificado da comunidade de propietarios onde se aprobe a execución das actuacións e a solicitude da subvención ou certificado da persoa titular da secretaría da comunidade referente aos ditos aspectos.

4/ Relación de todas as persoas integrantes da comunidade, co NIF de cada unha, referencia catastral de cada vivenda e local.

5/ Xustificante da participación de cada propietario na Comunidade de Propietarios.

B.- Declaración responsable das persoas beneficiarias das subvencións, onde conste:

- Que non se atopan incursos nas prohibicións para a obtención da condición de beneficiaria sinaladas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta documentación terá que ser presentada de novo, previamente ao pago da axuda.

- Das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación así como o importe da axuda solicitada ou obtida, así como a Administración, organismo ou entidade pública que concede a subvención.

C.- Certificados.

- Certificacións de cada persoa propietaria de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e a Administración Local, e de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e da Lei 9/2007, do 13 de xuño. No suposto de que non se dispuxese deste documento no intre da presentación da solicitude de subvención, a certificación deberá de presentarse en todo caso antes da proposta de resolución de concesión da subvención, consonte ó disposto no artigo 11 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.

D.- Documentación referente ás obras e do edificio:

a) Informe de avaliación do edificio segundo o establecido na Disposición Transitoria Primeira, 1.b) da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana e no artigo 21 do Real Decreto 233/2013.

b) Proxecto ou memoria técnica na cal expresen as obras que se van executar, a súa valoración, clasificándoas en capítulos segundo o disposto no artigo 26 do Real Decreto 233/2013. O proxecto ou memoria técnica deberá conter os datos fundamentais do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre a rasante, superficie sobre a rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se van realizar.

c) Licenza e autorizacións para a execución das obras. No suposto de que, no momento da presentación da solicitude, o interesado non conte aínda co acordo de concesión de licenza e autorizacións para a execución das obras deberá presentar xustificante da súa solicitude, debendo aportarse, en todo caso, a concesión da licenza e autorizacións, antes da emisión da proposta de cualificación provisional.

d) Cando o importe do orzamento protexible das obras exceda de 50.000 euros deberán presentarse como mínimo tres orzamentos, de data anterior á contratación das obras, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude. No caso de que non se optase pola oferta económica máis vantaxosa, deberá xustificarse razoadamente, por escrito, a elección realizada.

e) Ós efectos de poder puntuar o aspecto recollido no punto 5.c) das presentes bases, o solicitante deberá presentar xustificante de que a edificación na que se pretende actuar é a súa vivenda habitual, está destinada ó

alugueiro ou ben, no suposto de vivenda baleira neste momento, declaración responsable de que a que fin vai ser destinada.

f) O solicitante deberá presentar certificado de empadroamento e copia das declaracións do IRPF da unidade familiar, correspondente ó ultimo exercizo, ou no seu caso certificación negativa da Axencia Tributaria. No suposto de comunidades de propietarios esta documentación refírese a cada unha das vivendas.

Toda a documentación deberá presentarse en orixinal ou copia cotexada.

3. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

Poderán presentarse solicitudes no prazo de un mes dende o día seguinte á publicación da presente convocatoria no BOP.

4. CREDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA

Actuacions concedidas Orzamento aportado polo Ministerio de Fomento Orzamento aportado polo IGVS 7 68.636,00 € 24.241,20 €

R. 3499

Regeneración urbana
Rehabilitación de zonas urbanas
Vivienda
Rehabilitación de vivienda