CORRECCIÓN ERRO, BASES DE CONVOCATORIA A AXUDAS Á EDUCACIÓN INFANTIL PARA FAMILIAS CON ALUMNOS MATRICULADOS EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS E ESCOLAS INFANTÍS AUTORIZADAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURSO 2016/2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 19-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Modificacion de subvenciones
  • Plazo: Ver Detalles , 19/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

O Concello de Vilagarcía de Arousa, en relación á convocatoria de AXUDAS Á EDUCACIÓN INFANTIL para familias con alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos e escolas infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa, curso 2016/2017.(BOP Nº 172, de 8 de setembro de 2016) dá conta da seguinte corrección erro:

Primeiro. Onde dí:

'2.1. Requisitos Xerais dos Beneficiarios: (&)

Excepcionalmente poderán ser beneficiarios aqueles que ostenten débedas coa facenda local sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

- Que as débedas non teñan unha antigüedade anterior ao ano 2014,

- Que xunto coa solicitude da presente axuda, xustifique ter solicitado o fraccionamento ou aprazamento das débedas existentes.'

Debería decir:

''2.1. Requisitos Xerais dos Beneficiarios: (&)

Excepcionalmente poderán ser beneficiarios aqueles que ostenten débedas coa facenda local sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

- persoas que estén en situación de risco de exclusión social (RISGA, AIS, Axudas de Inclusión social, etc)

- para os solicitantes que non estén en situación de exclusión social deberá solicitar o fraccionamento ou aprazamento das débedas existentes'

Segundo. Onde dí:

AUTORIZACIÓN PARA PODER RECABAR DATOS TRIBUTARIOS Á AXENCIA TRIBUTARIA RELATIVOS AO NIVEL DE RENDA (IRPF)

A/s persoas abaixo asinantes autoriza/n ao Departamento de Servizos Sociais a solicitar da Axencia Estatal de Administración Tributaria, información de natureza tributaria sobre o IRPF para comprobar o cumplimento dos requisitos establecidos para solicitar a Axuda para a Adquisición de Material escolar, sendo beneficiario ou posible beneficiario a persoa que figura no apartado A da presente autorización.

Debería decir:

AUTORIZACIÓN PARA PODER RECABAR DATOS TRIBUTARIOS Á AXENCIA TRIBUTARIA RELATIVOS AO NIVEL DE RENDA (IRPF)

A/s persoas abaixo asinantes autoriza/n ao Concello de Vilagarcía de Arousa a solicitar da Axencia Estatal de Administración Tributaria, información de natureza tributaria sobre o IRPF para comprobar o cumplimento dos requisitos establecidos para Axudas á Educación Infantil para familias con alumnado matriculado en centos sostidos con fondos públicos e escolas infantís autorizadas ,sendo beneficiario ou posible beneficiario a persoa que figura no apartado A da presente autorización.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Alcaldesa en funcións,Tania García Sanmartín.

Inclusión social
Escuelas Infantiles
Alumnado
Familia
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Material escolar