EXPOSICIÓN AO PÚBLICO BASES DO XLIV PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2018 - Boletín Oficial de Lugo de 05-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:


Para os efectos do establecido no art. 49 da lei 7/85 do 2 de abril, r/bases réxime local, exponse ó público durante o prazo de 30 días, as Bases do XLIV Premio de Poesía Do CERTAME Literario do Concello de Vilalba 2018 , que se aprobaron pola Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día 7/05/2018, có obxecto de que, a partir do día seguinte ó da súa inserción, xa poidan concorrer ao certame todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que presenten as súas obras en lingua galega.

Ditas bases poden ser consultadas no tablón de anuncios da sede electrónica http://vilalba.sedelectronica.es/board e na páxina web do Concello de Vilalba http://vilalba.org/

Vilalba, 30 de maio do 2018.- O alcalde, Agustín Baamonde Díaz.

R. 1496

Literatura
Gallego
Exposiciones