Exposición pública da aprobación das Bases reguladoras para a reactivación da economia rural e da rehabilitación, aluguer e mellora de acceso a vivenda - Boletín Oficial de Ourense de 09-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 09/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

Anuncio de exposición pública aprobación de 'bases regulado-

ras do Programa para a reactivación da economía rural e da rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso á vivenda no termo Municipal da Veiga '

Juan Anta Rodríguez, alcalde do Concello da Veiga. Considerando necesario levar a cabo unha política municipal correctora das deficiencias en materia de vivenda rural e adoptar medidas encamiñadas a posibilitar que, tamén, os habitantes do mundo rural poidan exercer o dereito, constitucionalmente recoñecido, de dispor dunha vivenda digna e adecuada ao tempo que se incentiva o sector da construción no mundo rural.

Visto o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga para a execución do ' Programa para a reactivación da economía rural e da rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso á vivenda no Concello daVeiga: Revivenda rural ', cuxa dotación económica ascende a 100.000,00 € .

Vista a liña estratéxica n.º 2 incluída no Plan estratéxico de subvencións do orzamento municipal ordinario para o exercicio 2017 denominado ' Programa para a reactivación da economía rural e da rehabilitación , alugueiro e mellora do acceso á vivenda ' cuxa dotación económica ascende a 10.000,00 € .

No uso das atribucións que me outorga a Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, a Lei de administración local de Galicia.

Resolvo: Primeiro.- Aprobar as bases reguladoras do 'Programa para a reactivación da economía rural e da rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso á vivenda no termo municipal da Veiga. Revivenda rural'.

Segundo.- Expor ao público durante o prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte ao da súa inserción do BOP, co fin de que os interesados poidan formular as reclamacións, observacións ou alegacións que estimen pertinentes.

Estas bases entrarán en vigor transcorrido o prazo de dez días hábiles contados dende o día da súa inserción no BOP, sen que se teñan presentado reclamacións contra delas.

'Bases reguladoras do Programa para a reactivación da economía rural e da rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso á vivenda no termo municipal da Veiga'.

Título I. Obxecto Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases : 1.- A creación e posta en funcionamento do programa municipal denominado 'Programa Revivenda rural ' de persoas titulares interesadas na rehabilitación, acondicionamento e posterior alugueiro de vivendas baleiras.

2.- A regulación das condicións e requisitos das subvencións destinadas ao acondicionamento ou rehabilitación das vivendas baleiras incorporadas ao Programa.

3º.- A regulación das condicións e requisitos para o acceso , en réxime de arrendamento, ás vivendas incorporadas ao programa.

4º.- A regulación das condicións e requisitos das subvencións destinadas ao alugueiro das vivendas incorporadas ao Programa.

Título II. Regulación do procedemento de incorporación de vivendas ao 'Programa Revivenda Rural'.

Capítulo 1. Posta a disposición de vivendas. Artigo 1. Para a súa incorporación ao Programa revivenda rural as vivendas deberán reunir os seguintes requisitos:

a. Ter a consideración de vivenda libre, non estar sometida a ningunha limitación para o seu arrendamento, carecer de limitacións por razóns de legalidade urbanística e estar desocupada e susceptible de uso.

b. Reunir as condicións esencias de habitabilidade e idoneidade para o seu arrendamento, e estar de alta nas subministracións básicas de auga, saneamento, e electricidade no momento da finalización das obras de acondicionamento ou rehabilitación.

c. As vivendas deberán contar con instalación de auga quente, con cociña equipada con mobiliario e electrodomésticos básicos e sistema de calefacción no momento da finalización das obras de acondicionamento ou rehabilitación.

No programa non se admitirán vivendas que non reúnan ou que, tras as obras de acondicionamento ou rehabilitación, non puideran reunir as condicións mínimas de habitabilidade ou accesibilidade.

d. A posta a disposición implicará o compromiso de realizar as obras de acondicionamento e rehabilitación no prazo establecido así como o compromiso de arrendar a vivenda polo prezo fixado no apartado de renda taxada .

c. A posta a disposición implicará o compromiso de alugueiro da vivenda durante os catro anos seguintes ao da resolución definitiva da incorporación ao Programa.

Capítulo 2.- Solicitude e procedemento de incorporación ao 'Programa revivenda rural'

Artigo 2. Solicitude de incorporación ao Programa de revivenda rural.

a. Poderán solicitar a incorporación ao Programa de revivenda rural as persoas físicas ou xurídicas titulares das vivendas, debendo achegar a seguinte documentación:

2.1. Solicitude no modelo normalizado incorporado como anexo I.

2. 2. DNI ou CIF do titular propietario da vivenda. 2.3. Título de propiedade da vivenda, certificación catastral descritiva e gráfica e/ou declaración responsable de propiedade da vivenda.

2.4. Declaración responsable de alugueiro da vivenda polo prezo establecido no apartado de renda taxada polo prazo de 4 anos. Artigo 3. Obrigas da persoa titular da vivenda. A persoa titular da vivenda estará obrigada ao cumprimento das seguintes obrigas:

3.1. A incorporación da vivenda ao Programa implicará o compromiso de arrendar a vivenda.

3.2. Respectar o prezo de alugueiro da vivenda sinalado no apartado de renda taxada.

3.3. Manter a vivenda incorporada ao Programa durante do prazo de 4 anos, contados dende a resolución definitiva de incorporación ao Programa.

3.4. Cumprir os condicionantes técnicos establecidos no informe urbanístico previo e no informe urbanístico de conformidade ou desconformidade regulados no artigo 5.

3.5. Xustificar a subvención concedida segundo o establecido no artigo 8.

3.6. Subscribir o correspondente contrato de alugueiro coa persoa arrendataria.

Artigo 4. Prazo e lugar de presentación de solicitudes. As solicitudes poderán presentarse dende o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincial de Ourense. O prazo permanecerá aberto ata que se esgoten os fondos asignados ao Programa de revivenda rural.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal a través do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Rural do Concello da Veiga, situado na Praza do Concello n.º 1, 32360 A Veiga.

Artigo 5. Procedemento de incorporación. Recibida a solicitude completa ou recibida a solicitude sen ter completado a totalidade da documentación establecida, requiriráselle ao interesado para que, no prazo de dez días, corrixa a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixera, se lle terá por desistido da súa petición.

O expediente completo, por orde cronolóxica de presentación, seralle trasladado ao Servizo de Urbanismo Municipal, debendo emitirse informe urbanístico no prazo máximo de un mes.

O informe urbanístico deberá conter , polo menos, a seguinte información:

* Memoria descritiva e gráfica da situación actual da vivenda. * Informe de legalidade urbanística da vivenda e da edificación.

* Memoria das obras de acondicionamento para realizar ou, de ser o caso da necesidade de rehabilitación da edificación, que garantan as condicións mínimas de salubridade, seguridade, hixiene e habitabilidade.

O informe urbanístico seralle comunicado ao interesado para que, no prazo de 15 días, presente as alegacións que considere oportunas ou manifeste a súa conformidade para a continuación co procedemento e para que presente a memoria valorada das obras, ou, de ser o caso, o proxecto técnico de acondicionamento ou rehabilitación da vivenda.

A memoria valorada das obras ou o proxecto técnico, será sometido a informe previo do Servizo de Arquitectura Municipal. Unha vez obtido o informe favorable o solicitante poderá continuar co trámite de solicitude de subvención, segundo modelo normalizado incorporado como anexo II, continuándose co disposto no título II que sigue a continuación.

Artigo 6º.- Resolución provisional. Mediante decreto da Alcaldía ditarase resolución provisional de incorporación da vivenda ao Programa de revivenda rural e de concesión da subvención que corresponda segundo o disposto no título II.

Artigo 7º.- Xustificación da execución das obras. a. Prazo de xustificación. O prazo de execución das obras coincidente co prazo de xustificación da subvención será de catro meses, contados dende a resolución provisional de incorporación da vivenda ao Programa e de concesión de subvención, tras a obtención previa da licenza urbanística que corresponda.

b. Comunicación de remate das obras e visita de inspección. O interesado comunicaralle ao Concello o remate das obras e solicitará a visita de inspección do Servizo de Arquitectura Municipal, emitíndose informe de conformidade ou desconformidade das obras realizadas consonte coa memoria ou co proxecto técnico presentado e consonte co informe previo do arquitecto asesor municipal e comprobándose que se cumpren as condicións de idoneidade da vivenda para o seu arrendamento

No caso de informe de conformidade, procederase co trámite de xustificación e cobro da subvención concedida así como de incorporación definitiva da vivenda ao Programa.

No caso de informe de desconformidade, outorgaráselle un prazo ao interesado para adecuar as obras ao disposto no informe técnico urbanístico de desconformidade , tras o que deberá solicitar un novo informe de conformidade.

No caso de persistir a desconformidade ou no de que non sexa posible outorgarlle o informe de conformidade o interesado perderá o dereito ao cobro da subvención inicialmente concedida, sen que este teña dereito a indemnización ningunha.

Artigo 8º.- Xustificación da subvención. Tras o informe de conformidade o solicitante poderá proceder ao trámite de xustificación e cobro da subvención concedida, debendo achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que se incorpora como anexo III, acompañando, entre outra, a seguinte documentación:

. Facturas orixinais de provedores e construtores. . Xustificante bancario de pagamento. (No xustificante deberá constar o número de factura, a identificación do pagador e do beneficiario, que deberán coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura).

Artigo 9º. Resolución definitiva. Mediante decreto da Alcaldía ditarase resolución definitiva de incorporación da vivenda ao Programa de revivenda rural e continuarase co procedemento establecido no título IV.

Título III. Regulación do procedemento de concesión de subvencións destinadas ao acondicionamento ou rehabilitación de vivendas incorporadas ao Programa de revivenda rural.

Capítulo1º. Subvencións destinadas ao acondicionamento ou rehabilitación de vivendas.

Artigo 10º.- Actuacións subvencionables: Serán subvencionables todas aquelas actuacións de acondicionamento, mellora ou renovacións de vivendas que afecten á mellora da habitabilidade, a mellora da eficiencia enerxética, a adaptacións ao contorno e a paisaxe, e a conservación e mellora da edificación en xeral que sexan incorporadas ao Programa de revivenda rural.

Artigo 11º.- Importe de subvención. As subvencións acadarán o 40% do orzamento de execución material das obras ou equipamentos, establecéndose o límite máximo de 12.000,00 € por vivenda.

As subvencións poderán acadar o 60% do orzamento de execución material das obras ou equipamentos, cando a obra sexa realizada por unha empresa con domicilio e sede social no termo municipal da Veiga.

No caso de ser preciso proxecto técnico, o importe dos honorarios de redacción poderá ser subvencionable dentro do límite máximo de 12.000,00 € por vivenda. A maiores do limite máximo por vivenda será subvencionable o 50% do custo da contratación dun seguro de garantía de cobro das mensualidade para cada unha das vivendas que definitivamente sexan adxudicadas.

Non será subvencionable, en ningún caso, o IVE. Artigo 12º. Concesión de subvención. A concesión da subvención seguirá o trámite establecido nos artigos 6º, 7º e 8º precedentes.

Artigo 13º. Xustificación da subvención. As subvencións xustificaranse segundo o establecido no artigo 7 e 8 anterior destas bases.

Capítulo 2º. Bonificacións impositivas destinadas ao Programa de revivenda rural.

Artigo 14º. Bonificacións impositivas. a. Imposto sobre construcións, instalacións e obras. ( ICIO) Poderán acollerse a unha bonificación de ata o 95% do ICIO , segundo o procedemento establecido na Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras, as construcións, instalacións e obras das vivendas incluídas no Programa de revivenda rural.

b. Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana ( IBIU) Poderán acollerse a unha bonificación de ata o 95 % da cota integra do imposto, segundo o procedemento establecido na Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana municipal, as vivendas incluídas no Programa de revivenda rural, un máximo de catro anualidades.

Título IV. Regulación do procedemento de acceso, en réxime de arrendamento, ás vivendas incorporados ao Programa de revivenda rural.

Capítulo I: Renda taxada Artigo 15º.- Prezo de alugueiro. O prezo de alugueiro das vivendas incorporadas ao Programa non poderá superar os seguintes importes mensuais:

Vivendas situadas no núcleo urbano da Veiga: 180,00 € / mes. Vivendas situadas nos núcleos rurais de Casdenodres, Prado e Baños: 160,00 € / mes.

Vivendas situadas no resto dos núcleos rurais do termo municipal: 140,00 € / mes.

Capítulo II. Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento incorporadas ao Programa.

Artigo 16º.- Destinatarios. Os destinatarios do Programa serán as unidades familiares ou de convivencia, entendéndose por tales a persoa ou conxunto de persoas que habitan unha vivenda de forma habitual e permanente, con vocación de estabilidade.

Artigo 17º.- Requisitos das persoas demandantes de vivendas. As persoas demandantes das vivendas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser maior de idade. b) Residir legalmente en España. c) Non ter a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia unha vivenda en propiedade nin do usufruto doutra vivenda no termo municipal da Veiga.

d) Non ter relación de parentesco, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grado coas persoas arrendatarias.

Capítulo III. Procedemento de incorporación ao Programa de demandantes de vivendas do Programa.

Artigo 18º.- Solicitude. As unidades de convivencia que reúnan os requisitos sinalados no artigo anterior, poderán solicitar as vivendas baleiras en réxime de arrendamento incorporadas ao Programa, mediante a presentación da correspondente solicitude que se incorpora como anexo IV conxuntamente coa documentación acreditativa dos requisitos sinalados no artigo 15 anterior.

Artigo 19º. Procedemento. O Concello, por orde cronolóxica de presentación de solicitudes, xestionará a adxudicación das vivendas baleiras tendo en conta a máxima adecuación das vivendas ás preferencias, características e composición das unidades de convivencia.

Terán prioridade na adxudicación as unidades de convivencia: * Familias numerosas, monoparentais con fillos a cargo ou con menores a cargo, escolarizados nos centros de educación de referencia do Concello da Veiga.

* Afectadas por procedementos de execución hipotecaria, desafiuzamento, violencia de xénero, dependentes ou discapacidade.

* Menores ingresos. * Mozos menores de 35 anos. O Concello poderá verificar o cumprimento dos requisitos e requirir a documentación que sexa precisa para a comprobación das circunstancias específicas de cada unidade de convivencia.

Artigo 20º. Adxudicación da vivenda baleira. Mediante decreto da Alcaldía ditarase resolución de adxudicación da vivenda que lle será notificada ao titular da vivenda e ao arrendatario e, de ser o caso da subvención ao alugueiro que corresponda.

Aceptada a adxudicación citarase ás partes para que comparezan para formalización do contrato de arrendamento. O contrato de arrendamento será formalizado entre a parte arrendadora e a parte arrendataria, debendo presentar unha copia no Concello que será incorporada ao expediente administrativo.

En calquera cuestión ou litixio que xurda do contrato de arrendamento entre as partes será competente a xurisdición civil.

Título V. Regulación das condicións e requisitos das subvencións destinadas ao alugueiro das vivendas incorporadas ao Programa.

Artigo 21º. Obxecto da subvención. O obxecto desta liña de subvencións é o financiamento parcial da renda de alugueiro dos contratos de arrendamento formalizados no marco do Programa de revivenda rural, dirixido ás persoas inquilinas de contratos de arrendamento en vigor de vivendas incorporadas ao programa.

Artigo 22º.- Importe da subvención. O importe das subvencións acadarán as seguintes porcentaxes de subvención durante o primeiro ano:

a) Unidades de convivencia con un menor de idade a cargo: 50% da renda mensual durante os seis primeiros meses. 25% da renda mensual durante os seis meses seguintes. b) Unidades de convivencia con dous menores de idade a cargo:

75% da renda mensual durante os seis primeiros meses. 50% da renda mensual durante os seis meses seguintes. d) Unidades de convivencia con tres ou máis menores a cargo: 90% da renda mensual durante os seis primeiros meses. 60% da renda mensual durante os seis meses seguintes. d) Resto das unidades de convivencia: 30% da renda mensual durante os seis primeiros meses. 15% da renda mensual durante os seis meses seguintes. Artigo 23º.- Solicitude. As unidades de convivencia adxudicatarias dunha vivenda baleira que reúnan os requisitos sinalados poderán solicitar a subvención ao alugueiro mediante a presentación da correspondente solicitude que se incorpora como anexo V, conxuntamente coa documentación acreditativa segundo os requisitos sinalados no artigo 21 anterior, sempre que cumpran o seguinte requisito: - Os ingresos da unidade de convivencia non poderá exceder de 5,0 veces o índice de renda de efectos múltiples (IPREM).

Artigo 24º. Concesión da subvención. Por decreto da Alcaldía ditarase resolución concedendo a subvención que corresponda, motivada e individualizada, que lle será notificada ao interesado cos recursos que procedan.

Artigo 25º. Pagamento da subvención. O pagamento do importe da subvención concedida será realizado mensualmente, mediante transferencia bancaria á conta bancaria facilitada polo interesado, trala comprobación previa de non ter variado as circunstancias que deron orixe a subvención.

Título VI . Disposicións xerais aplicables. Artigo 26. Orzamento. As subvencións establecidas nas presentes bases son as seguintes:

1.- Axudas e subvencións á rehabilitación, acondicionamento de vivendas rurais. Importe máximo: 100.000,00 € . Consignación orzamentaria: 2017.152.481

2.- Axudas e subvencións ao alugueiro. Importe máximo: 10.000,00 € . Consignación orzamentaria: 2017.152.481

Artigo 27. Persoas excluídas. Non poderán obter a condición de beneficiarias do programa regulado nestas bases as persoas nas que concorran as circunstancias sinaladas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, normativa que terá o carácter de supletorio en todo o non previsto nas presentes bases así como as persoas debedoras da facenda local.

Artigo 28. Incompatibilidades e concorrencia. Esta subvención será compatible con calquera outra establecida nos distintos programas de rehabilitación ou adecuación de vivendas ou de acceso ao alugueiro das administracións públicas ou organismos privados.

En ningún caso a concorrencia con outras axudas ou subvencións poderá ser superior ao 100%.

Artigo 29. Consentimentos, autorizacións e datos de carácter persoal.

De conformidade coa Lei 4/2006, de transparencia e de boas prácticas, o Concello da Veiga poderá publicar a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias.

Cumprirase co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal respecto dos datos persoais recollidos na tramitación desta subvención.

Artigo 30. Réxime xurídico. As axudas reguladas nestas bases rexeranse ademais polo disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e polo disposto no Decreto 11/2009. do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Os contratos de arrendamento quedarán sometidos ás disposicións contidas na Lei de arrendamentos urbanos vixente.

Artigo 31. Entrada en vigor. Estas bases expóñense ao público durante o prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte ao da súa inserción no BOP, co fin de que os interesados poidan formular as reclamacións, observacións ou alegacións que estimen pertinentes.

Estas bases entrarán en vigor transcorrido o prazo de dez días hábiles contados dende o día da súa inserción no BOP, sen que se teñan presentado reclamacións contra delas.

A Veiga, 5 de xuño de 2017. O alcalde. Asdo.: Juan Anta Rodríguez.

Anuncio de exposición pública aprobación de 'bases reguladoras del Programa para la reactivación de la economía rural y de la rehabilitación, alquiler y mejora del acceso a la vivienda en el término municipal de A Veiga'

Juan Anta Rodríguez, alcalde del Ayuntamiento de A Veiga. Considerando necesario llevar a cabo una política municipal correctora de las deficiencias en materia de vivienda rural y adoptar medidas encaminadas a posibilitar que, también, los habitantes del mundo rural puedan ejercer el derecho, constitucionalmente reconocido, de disponer de una vivienda digna y adecuada al tiempo que se incentiva el sector de la construcción en el mundo rural.

Visto el Convenio de colaboración entre la Diputación Provincial de Ourense y el Ayuntamiento de A Veiga para la ejecución del ' Programa para la reactivación de la economía rural y de la rehabilitación, alquiler y mejora del acceso a la vivienda en el Ayuntamiento de A Veiga: Revivenda rural ', cuya dotación económica asciende a 100.000,00 € .

Vista la línea estratégica n.º 2 incluida en el Plan estratégico de subvenciones del presupuesto municipal ordinario para el ejercicio 2017 denominado ' Programa para la reactivación de la economía rural y de la rehabilitación , alquiler y mejora del acceso a la vivienda ' cuya dotación económica asciende a 10.000,00 € .

En el uso de las atribuciones que me otorga la Ley 7/1985, Reguladora de las Bases del Régimen Local, la Ley de Administración Local de Galicia.

Resuelvo: Primero.- Aprobar las bases reguladoras del 'Programa para la reactivación de la economía rural y de la rehabilitación, alquiler y mejora del acceso a la vivienda en el término municipal de A Veiga. Revivenda rural'.

Segundo.- Exponer al público durante el plazo de diez días hábiles, contados desde el día siguiente al de su inserción del BOP, con el fin de que los interesados puedan formular las reclamaciones, observaciones o alegaciones que estimen pertinentes.

Estas bases entrarán en vigor transcurrido el plazo de diez días hábiles contados desde el día de su inserción en el BOP, sin que se hayan presentado reclamaciones contra de ellas.

'Bases reguladoras del Programa para la reactivación de la economía rural y de la rehabilitación, alquiler y mejora del acceso a la vivienda en el tenérmelo municipal de A Veiga'.

Título I. Objeto Objeto: Constituye el objeto de las presentes bases: 1.- La creación y puesta en funcionamiento del programa municipal denominado 'Programa Revivenda Rural ' de personas titulares interesadas en la rehabilitación, acondicionamiento y posterior alquiler de viviendas vacías.

2.- La regulación de las condiciones y requisitos de las subvenciones destinadas al acondicionamiento o rehabilitación de las viviendas vacías incorporadas al Programa.

3º.- La regulación de las condiciones y requisitos para el acceso, en régimen de arrendamiento, a las viviendas incorporadas al programa.

4º.- La regulación de las condiciones y requisitos de las subvenciones destinadas al alquiler de las viviendas incorporadas al Programa.

Título II. Regulación del procedimiento de incorporación de viviendas al 'Programa Revivenda Rural'.

Capítulo 1. Puesta la disposición de viviendas. Artículo 1. Para su incorporación al Programa revivenda rural las viviendas deberán reunir los siguientes requisitos:

a. Tener la consideración de vivienda libre, no estar sometida la ninguna limitación para su arrendamiento, carecer de limitaciones por razones de legalidad urbanística y estar desocupada y susceptible de uso.

b. Reunir las condiciones esenciales de habitabilidad e idoneidad para su arrendamiento, y estar de alta en los suministros básicos de agua, saneamiento, y electricidad en el momento de la finalización de las obras de acondicionamiento o rehabilitación.

c. Las viviendas deberán contar con instalación de agua caliente, con cocina equipada con mobiliario y electrodomésticos básicos y sistema de calefacción en el momento de la finalización de las obras de acondicionamiento o rehabilitación.

En el programa no se admitirán viviendas que no reúnan o que, tras las obras de acondicionamiento o rehabilitación, no hayan podido reunir las condiciones mínimas de habitabilidad o accesibilidad.

d. La puesta la disposición implicará el compromiso de realizar las obras de acondicionamiento y rehabilitación en el plazo establecido así como el compromiso de arrendar la vivienda por el precio fijado en el apartado de renta tasada.

c. La puesta a disposición implicará el compromiso de alquiler de la vivienda durante los cuatro años siguientes al de la resolución definitiva de la incorporación al Programa.

Capítulo 2.- Solicitud y procedimiento de incorporación al 'Programa revivenda rural'

Artículo 2. Solicitud de incorporación al Programa de revivenda rural.

a. Podrán solicitar la incorporación al Programa de revivenda rural las personas físicas o jurídicas titulares de las viviendas, debiendo aportar la siguiente documentación:

2.1. Solicitud en el modelo normalizado incorporado cómo anexo I.

2. 2. DNI o CIF del titular propietario de la vivienda. 2.3. Título de propiedad de la vivienda, certificación catastral descriptiva y gráfica y/o declaración responsable de propiedad de la vivienda.

2.4. Declaración responsable de alquiler de la vivienda por el precio establecido en el apartado de renta tasada por el plazo de 4 años.

Artículo 3. Obligaciones de la persona titular de la vivienda. La persona titular de la vivienda estará obligada al cumplimiento de las siguientes obligaciones:

3.1. La incorporación de la vivienda al Programa implicará el compromiso de arrendar la vivienda.

3.2. Respetar el precio de alquiler de la vivienda señalado en el apartado de renta tasada.

3.3. Mantener la vivienda incorporada al Programa durante del plazo de 4 años, contados desde la resolución definitiva de incorporación al Programa.

3.4. Cumplir los condicionantes técnicos establecidos en el informe urbanístico previo y en el informe urbanístico de conformidad o disconformidad regulados en el artículo 5.

3.5. Justificar la subvención concedida según lo establecido en el artículo 8.

3.6. Suscribir el correspondiente contrato de alquiler con la persona arrendataria.

Artículo 4. Plazo y lugar de presentación de solicitudes. Las solicitudes podrán presentarse desde el día siguiente al de la publicación de estas bases en el Boletín Oficial de la Provincial de Ourense. El plazo permanecerá abierto hasta que se agoten los fondos asignados al Programa de revivenda rural.

Las solicitudes deberán presentarse en el Registro Municipal a través del Servicio de Empleo y Desarrollo Rural del Ayuntamiento de A Veiga, situado en la Plaza del Ayuntamiento n.º 1, 32360 A Veiga.

Artículo 5. Procedimiento de incorporación. Recibida la solicitud completa o recibida la solicitud sin haber completado la totalidad de la documentación establecida, se requerirá al interesado para que, en el plazo de diez días, corrija la falta o acompañe los documentos preceptivos, con indicación de que, si así no lo hiciera, se le tendrá por desistido de su petición.

El expediente completo, por orden cronológico de presentación, será trasladado al Servicio de Urbanismo Municipal, debiendo emitirse informe urbanístico en el plazo máximo de un mes.

El informe urbanístico deberá contener, por lo menos, la siguiente información:

* Memoria descriptiva y gráfica de la situación actual de la vivienda.

* Informe de legalidad urbanística de la vivienda y de la edificación.

* Memoria de las obras de acondicionamiento para realizar o, en su caso, de la necesidad de rehabilitación de la edificación, que garanticen las condiciones mínimas de salubridad, seguridad, higiene y habitabilidad.

El informe urbanístico será comunicado al interesado para que, en el plazo de 15 días, presente las alegaciones que considere oportunas o manifieste su conformidad para la continuación con el procedimiento y para que presente la memoria valorada de las obras, o, en su caso, el proyecto técnico de acondicionamiento o rehabilitación de la vivienda.

La memoria valorada de las obras o el proyecto técnico, será sometido a informe previo del Servicio de Arquitectura Municipal. Una vez obtenido el informe favorable el solicitante podrá continuar con el trámite de solicitud de subvención, según modelo normalizado incorporado cómo anexo II, continuándose con lo dispuesto en el título II qué sigue a continuación.

Artículo 6º.- Resolución provisional. Mediante decreto de la Alcaldía se dictará resolución provisional de incorporación de la vivienda al Programa de revivenda rural y de concesión de la subvención que corresponda segundo el dispuesto en el título II.

Artículo 7º.- Justificación de la ejecución de las obras. a. Plazo de justificación. El plazo de ejecución de las obras coincidente con el plazo de justificación de la subvención será de cuatro meses, contados desde la resolución provisional de incorporación de la vivienda al Programa y de concesión de subvención, tras la obtención previa de la licencia urbanística que corresponda.

b. Comunicación de final de las obras y visita de inspección. El interesado le comunicará al Ayuntamiento el final de las obras y solicitará la visita de inspección del Servicio de Arquitectura Municipal, emitiéndose informe de conformidad o disconformidad de las obras realizadas conforme con la memoria o con el proyecto técnico presentado y conforme con el informe previo del arquitecto asesor municipal y comprobándose que se cumplen las condiciones de idoneidad de la vivienda para su arrendamiento.

En el caso de informe de conformidad, se procederá con el trámite de justificación y cobro de la subvención concedida así como de incorporación definitiva de la vivienda al Programa.

En el caso de informe de disconformidad, se le otorgará un plazo al interesado para adecuar las obras a lo dispuesto en el informe técnico urbanístico de disconformidad, tras lo que deberá solicitar un nuevo informe de conformidad.

En el caso de persistir la disconformidad o en el de que no sea posible otorgarle el informe de conformidad el interesado perderá el derecho al cobro de la subvención inicialmente concedida, sin que este tenga derecho a indemnización ninguna.

Artículo 8º.- Justificación de la subvención. Tras el informe de conformidad el solicitante podrá proceder al trámite de justificación y cobro de la subvención concedida, debiendo aportar la solicitud según el modelo normalizado que se incorpora como anexo III, acompañando, entre otra, la siguiente documentación:

. Facturas originales de proveedores y constructores. . Justificante bancario de pago. (En el justificante deberá constar el número de factura, la identificación del pagador y del beneficiario, que deberán coincidir con la persona, empresa o entidad que emitió la factura).

Artículo 9º. Resolución definitiva. Mediante decreto de la Alcaldía se dictará resolución definitiva de incorporación de la vivienda al Programa de revivenda rural y se continuará con el procedimiento establecido en el título IV.

Título III. Regulación del procedimiento de concesión de subvenciones destinadas al acondicionamiento o rehabilitación de viviendas incorporadas al Programa de revivenda rural.

Capítulo1º. Subvenciones destinadas al acondicionamiento o rehabilitación de viviendas.

Artículo 10º.- Actuaciones subvencionables: Serán subvencionables todas aquellas actuaciones de acondicionamiento, mejora o renovaciones de viviendas que afecten a la mejora de la habitabilidad, la mejora de la eficiencia energética, las adaptaciones al contorno y el paisaje, y la conservación y mejora de la edificación en general que sean incorporadas al Programa de revivenda rural.

Artículo 11º.- Importe de subvención. Las subvenciones alcanzarán el 40% del presupuesto de ejecución material de las obras o equipamiento, estableciéndose el límite máximo de 12.000,00 € por vivienda.

Las subvenciones podrán alcanzar el 60% del presupuesto de ejecución material de las obras o equipamientos, cuando la obra sea realizada por una empresa con domicilio y sede social en el término municipal de A Veiga.

En el caso de ser preciso proyecto técnico, el importe de los honorarios de redacción podrá ser subvencionable dentro del límite máximo de 12.000,00 € por vivienda.

A mayores del límite máximo por vivienda será subvencionable el 50% del coste de la contratación de un seguro de garantía de cobro de las mensualidad para cada una de las viviendas que definitivamente sean adjudicadas.

No será subvencionable, en ningún caso, el IVA. Artículo 12º. Concesión de subvención. La concesión de la subvención seguirá el trámite establecido en los artículos 6º, 7º y 8º precedentes.

Artículo 13º. Justificación de la subvención. Las subvenciones se justificarán según lo establecido en el artículo 7 y 8 anterior de estas bases.

Capítulo 2º. Bonificaciones impositivas destinadas al Programa de revivenda rural.

Artículo 14º. Bonificaciones impositivas. a. Impuesto sobre construcciones, instalaciones y obras. (ICIO)

Podrán acogerse a una bonificación de hasta el 95% del ICIO, según el procedimiento establecido en la Ordenanza fiscal reguladora del impuesto sobre construcciones, instalaciones y obras, las construcciones, instalaciones y obras de las viviendas incluidas en el Programa de revivenda rural.

b. Impuesto sobre bienes inmuebles de naturaleza urbana (IBIU)

Podrán acogerse a una bonificación de hasta el 95 % de la cuota íntegra del impuesto, según el procedimiento establecido en la Ordenanza fiscal reguladora del impuesto sobre bienes inmuebles de naturaleza urbana municipal, las viviendas incluidas en el Programa de revivenda rural, un máximo de cuatro anualidades.

Título IV. Regulación del procedimiento de acceso, en régimen de arrendamiento, a las viviendas incorporadas al Programa de revivenda rural.

Capítulo I: Renta tasada Artículo 15º.- Precio de alquiler. El precio de alquiler de las viviendas incorporadas al Programa no podrá superar los siguientes importes mensuales:

Viviendas ubicadas en el núcleo urbano de A Veiga: 180,00 € / mes.

Viviendas ubicadas en los núcleos rurales de Casdenodres, Prado y Baños: 160,00 € / mes.

Viviendas ubicadas en el resto de los núcleos rurales del término municipal: 140,00 € / mes.

Capítulo II. Demandantes de vivienda en régimen de arrendamiento incorporadas al Programa.

Artículo 16º.- Destinatarios. Los destinatarios del Programa serán las unidades familiares o de convivencia, entendiéndose por tales la persona o conjunto de personas que habitan una vivienda de forma habitual y permanente, con vocación de estabilidad.

Artículo 17º.- Requisitos de las personas demandantes de viviendas.

Las personas demandantes de las viviendas deberán cumplir los siguientes requisitos:

a) Ser mayor de edad. b) Residir legalmente en España. c) No tener la persona solicitante ni ningún otro miembro de la unidad de convivencia una vivienda en propiedad ni del usufructo de otra vivienda en el término municipal de A Veiga.

d) No tener relación de parentesco, por consanguinidad o afinidad, hasta el segundo grado con las personas arrendatarias.

Capítulo III. Procedimiento de incorporación al Programa de demandantes de viviendas del Programa.

Artículo 18º.- Solicitud. Las unidades de convivencia que reúnan los requisitos señalados en el artículo anterior, podrán solicitar las viviendas vacías en régimen de arrendamiento incorporadas al Programa, mediante la presentación de la correspondiente solicitud que se incorpora como anexo IV conjuntamente con la documentación acreditativa de los requisitos señalados en el artículo 15 anterior.

Artículo 19º. Procedimiento. El Ayuntamiento, por orden cronológica de presentación de solicitudes, gestionará la adjudicación de las viviendas vacías teniendo en cuenta la máxima adecuación de las viviendas a las preferencias, características y composición de las unidades de convivencia.

Tendrán prioridad en la adjudicación las unidades de convivencia:

* Familias numerosas, monoparentales con hijos a cargo o con menores a cargo, escolarizados en los centros de educación de referencia del Ayuntamiento de A Veiga.

* Afectadas por procedimientos de ejecución hipotecaria, desahucio, violencia de género, dependientes o discapacidad. * Menores ingresos. * Jóvenes menores de 35 años. El Ayuntamiento podrá verificar el cumplimiento de los requisitos y requerir la documentación que sea precisa para la comprobación de las circunstancias específicas de cada unidad de convivencia.

Artículo 20º. Adjudicación de la vivienda vacía. Mediante decreto de la Alcaldía se dictará resolución de adjudicación de la vivienda que será notificada al titular de la vivienda y al arrendatario y, de ser el caso de la subvención al alquiler que corresponda.

Aceptada la adjudicación se citará a las partes para que comparezcan para formalización del contrato de arrendamiento. El contrato de arrendamiento será formalizado entre la parte arrendadora y la parte arrendataria, debiendo presentar una copia en el Ayuntamiento que será incorporada al expediente administrativo.

En cualquier cuestión o litigio que surja del contrato de arrendamiento entre las partes será competente a jurisdicción civil.

Título V. Regulación de las condiciones y requisitos de las subvenciones destinadas al alquiler de las viviendas incorporadas al Programa.

Artículo 21º. Objeto de la subvención. El objeto de esta línea de subvenciones es la financiación parcial de la renta de alquiler de los contratos de arrendamiento formalizados en el marco del Programa de revivenda rural, dirigido a las personas inquilinas de contratos de arrendamiento en vigor de viviendas incorporadas al programa.

Artículo 22º.- Importe de la subvención. El importe de las subvenciones alcanzarán los siguientes porcentajes de subvención durante lo primer año:

a) Unidades de convivencia con un menor de edad a cargo: 50% de la renta mensual durante los seis primeros meses. 25% de la renta mensual durante los seis meses siguientes. b) Unidades de convivencia con dos menores de edad a cargo: 75% de la renta mensual durante los seis primeros meses. 50% de la renta mensual durante los seis meses siguientes. d) Unidades de convivencia con tres o más menores a cargo: 90% de la renta mensual durante los seis primeros meses. 60% de la renta mensual durante los seis meses siguientes. d) Resto de las unidades de convivencia: 30% de la renta mensual durante los seis primeros meses. 15% de la renta mensual durante los seis meses siguientes. Artículo 23º.- Solicitud. Las unidades de convivencia adjudicatarias de una vivienda vacía que reúnan los requisitos señalados podrán solicitar la subvención al alquiler mediante la presentación de la correspondiente solicitud que se incorpora como anexo V, conjuntamente con la documentación acreditativa según los requisitos señalados en el artículo 21 anterior, siempre que cumplan el siguiente requisito:

- Los ingresos de la unidad de convivencia no podrá exceder de 5,0 veces el índice de renta de efectos múltiples (IPREM).

Artículo 24º. Concesión de la subvención. Por decreto de la Alcaldía se dictará resolución concediendo la subvención que corresponda, motivada e individualizada, que le será notificada al interesado con los recursos que procedan.

Artículo 25º. Pago de la subvención. El pago del importe de la subvención concedida será realizado mensualmente, mediante transferencia bancaria a la cuenta bancaria facilitada por el interesado, previa comprobación de no haber variado las circunstancias que dieron origen a subvención.

Título VI. Disposiciones generales aplicables. Artículo 26. Presupuesto. Las subvenciones establecidas en las presentes bases son las siguientes:

1.- Ayudas y subvenciones a la rehabilitación, acondicionamiento de viviendas rurales. Importe máximo: 100.000,00 € . Consignación presupuestaria: 2017.152.481

2.- Ayudas y subvenciones al alquiler. Importe máximo: 10.000,00 € . Consignación presupuestaria: 2017.152.481

Artículo 27. Personas excluidas. No podrán obtener la condición de beneficiarias del programa regulado en estas bases las personas en las que concurran las circunstancias señaladas en el número 2 del artículo 10 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de Subvenciones de Galicia, normativa que tendrá el carácter de supletoria en todo lo no previsto en las presentes bases así como las personas deudoras de la hacienda local.

Artículo 28. Incompatibilidades y concurrencia. Esta subvención será compatible con cualquier otra establecida en los distintos programas de rehabilitación o adecuación de viviendas o de acceso al alquiler de las administraciones públicas u organismos personales.

En ningún caso la concurrencia con otras ayudas o subvenciones podrá ser superior al 100%.

Artículo 29. Consentimientos, autorizaciones y datos de carácter personal.

De conformidad con la Ley 4/2006, de Transparencia y de Buenas Prácticas, el Ayuntamiento de A Veiga podrá publicar la relación de personas beneficiarias y el importe de las ayudas concedidas, por lo que la presentación de la solicitud lleva implícita la autorización para el tratamiento necesario de los datos de las personas beneficiarias.

Se cumplirá con lo dispuesto en la Ley orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal respeto de los datos personales recogidos en la tramitación de esta subvención.

Artículo 30. Régimen jurídico. Las ayudas reguladas en estas bases se regirán además por lo dispuesto en la Ley 9/2007, del 13 de junio, de Subvenciones de Galicia y por lo dispuesto en el Decreto 11/2009, de 8 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley de Subvenciones de Galicia.

Los contratos de arrendamiento quedarán sometidos a las disposiciones contenidas en la Ley de Arrendamientos Urbanos vigente.

Artículo 31. Entrada en vigor. Estas bases se exponen al público durante el plazo de diez días hábiles, contados desde el día siguiente al de su inserción en el BOP, con el fin de que los interesados puedan formular las reclamaciones, observaciones o alegaciones que estimen pertinentes.

Estas bases entrarán en vigor transcurrido el plazo de diez días hábiles contados desde el día de su inserción en el BOP, sin que se hayan presentado reclamaciones contra de ellas.

A Veiga, 5 de junio de 2017. El alcalde. Fdo.: Juan Anta Rodríguez.

R. 1.800

Vivienda
Alquiler de vivienda
Vivienda e hipotecas
Rehabilitación de vivienda
Empresa
Exposiciones
Obras de rehabilitación
Desarrollo Local y Rural
Empleo y contratación
Electrodomésticos
Educación
Empleo
Desarrollo rural
Familia numerosa
Ejecuciones hipotecarias
Seguridad
Víctimas de violencia de género
Pago de Impuestos/Recibos
Juventud
Fomento de vivienda digna
Discapacidad
Ahorro y eficiencia energética
Hipotecas