EXPOSICIÓN PÚBLICA MODIFICACIÓN DO ANEXO DE SUBVENCIÓNS - Boletín Oficial de Lugo de 13-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Modificacion de subvenciones
  • Plazo: Ver Detalles , 13/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

De conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, artigo 169.1, en relación con artígo 177.2, e artigos 170 y 171; exponse a modificación do Anexo de subvencións do Orzamento Xeral do Concello de Pantón para o ano 2016 apartado 'Subvencións Nominativas'.

O Pleno do Concello en sesión ordinaria de data 30/06/2016 aprobou inicialmente a modificación do Anexo de Subvencións do Orzamento municipal do exercicio 2016, engadindo unha subvención nominativa de 15.000,00 para a entidade Asociación Cultural Esperelo- Festival Pantón Rock.

Publicase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo n.º 163, de 16 de xullo de 2016, anuncio polo que se somete o citado expediente a exposición pública durante quince días, a efectos de poder formular reclamacións, en cumprimento do establecido no artigo 169.1 do vixente Texto Refundido de la Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), e o non presentarse ningunha en dito prazo, enténdese aprobado definitivamente o citado expediente co detalle que segue:

-No Orzamento Xeral do Concello de Pantón (Lugo) para o exercicio económico 2016- 'Anexo de subvencións ano 2016', no apartado 'Subvencións Nominativas ', engádese unha nova subvención:

CONCEPTO APLICACIÓNS IMPORTE

Asociación Cultural Esperelo- Festival Pantón Rock 338.489. 15.000,00 €

De acordo co artigo 171.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, contra a aprobación do definitiva da citada modificación, poderá interpoñer o recurso contencioso- administrativo, na forma e prazos que establecen as normas de dita xurisdición contencioso- administrativo.

Pantón, a 16 de agosto do 2016.- O Alcalde, José Luis Álvarez Blanco.

R. 2672

Cultura e idiomas
Cultura
Exposiciones