Extracto da convocatoria ao abeiro das bases para a concesión de subvencións para programas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero dirixidos a entidades para o ano 2018 - Boletín Oficial de A Coruña de 23-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 23/05/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Particulares
  • Documento en formato PDF

Extracto da convocatoria ao abeiro das bases para a concesión de subvencións para programas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero dirixidos a entidades para o ano 2018

Obxecto.- Apoio ás entidades locais para a realización ou mantemento de actividades e programas que desenvolvan en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero. As actividades obxecto da subvención deberán realizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2018.

Entidades beneficiarias.- Entidades locais legalmente constituídas que cumpran os requisitos especificados na Ordenanza Xeral reguladora da concesión de subvencións municipais e nas bases reguladoras.

1.º) Entidades legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de asociacións no momento da solicitude, que desenvolvan actividades de interese para o concello, dentro do seu termo municipal ou en beneficio del.

2.º) Persoas físicas que realicen actividades de interese municipal e que cumpran os requisitos sinalados nas bases.

3.º) Centros educativos, ou consellos escolares dos centros educativos municipais.

Bases reguladoras.- Bases das subvencións para programas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero dirixidas a entidades, publicadas no BOP.

Contías.- As contías destinadas son os importes consignados no presuposto ordinario para o ano 2018:

x 3.000,00 € máximo con cargo á partida orzamentaria 231.48900.

Criterios de valoración.- As bases reguladoras conteñen os criterios de concesión da subvención aplicables para a valoración dos proxectos presentados.

Prazo de presentación.- O prazo de presentación de solicitudes é de UN MES, a contar dende o día seguinte ao da publicación no BOP.

Xustificación.- O prazo de xustificación remata o 30 de novembro do 2018, debendo tramitarse segundo se especifica nas bases reguladoras. Os gastos que se poden xustificar serán os efectivamente pagados pola entidade beneficiaria entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data establecida para a xustificación da subvención.

Arteixo, 11 de maio de 2018.

O ALCALDE-PRESIDENTE

Por Delegación Decreto n.º 1336/2015

Asdo.: D.ª Inés Ramos Álvarez

Concelleira da Área de Benestar Comunitario e Servizos Sociais

2018/3537

Educación
Actividades de interés público
Escuelas
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales