EXTRACTO CONVOCATORIA BASES CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A FAMILIAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO&, CURSO ESCOLAR 2016-2017, IDENTF. 317231 (CONCELLO DE LUGO) - Boletín Oficial de Lugo de 20-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 20/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

EXTRATO DO ACORDO Nº 12/586 DA XUNTA DE GOBERNO DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, DO 07/09/2016 POLO QUE SE APROBAN AS BASES POLAS QUE SE REGULA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL EDUCATIVO NO

SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO ESCOLAR 2016-201, INCLUÍDAS NO IV PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS DO EXCMO CONCELLO DE LUGO, APROBADO EN XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 24 DE AGOSTO DE 2016, ACORDO Nº 20/556

BDNS ident: 317231

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extrato da convocatoria de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo no segundo ciclo de educación infantil para o curso escolar 2016-2017, cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

1º.- Obxecto e finalidade da subvención.

Esta bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo (fichas, estoxos, mochilas e material de papelería) para educación infantil, para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

2º.- Contía que se vai subvencionar.

O importe inicial destinado a estas axudas ascende inicialmente a 36.500 €.

A contía individual das axudas será de 80 €, consistente nun vale desconto para trocar nas librerías do Concello de Lugo. A convocatoria financiarase con cargo á partida 32600.48100 do vixente presuposto do Concello de Lugo.

3º.- Persoas beneficiarias.

As axudas poderán ser solicitadas polas familias do alumnado que reúna os seguintes requisitos:

3.1. Estar empadroado no municipio de Lugo. A Área de Educación solicitará de oficio a Estatística os xustificantes de convivencia das/os membros da unidade familiar dos solicitantes destas axudas.

3.2. A orde de preferencia para a adxudicación das axudas será:

Primeiro. Aquelas alumnas e aqueles alumnos cuxa renda 'per cápita' neta anual do núcleo familiar non supere os 5.000 €, e establécese como único criterio de baremo a contía da renda de menor a maior.

Segundo. No caso de que o número de solicitudes non supere o número de bolsas ofertadas, seguiranse dando bolsas a aqueles beneficiarios e beneficiarias cuxa renda sexa superior a 5.000 € pero que non supere os 6.000€.

3.3. Ter presentada a solicitude de reserva de praza ou solicitude de admisión para un posto escolar no centro sostido con fondos públicos no Concello de Lugo.

3.4. Non gozar doutras axudas, bolsas ou subvencións de igual ou semellante finalidade outorgada por organismos ou institucións públicas ou privadas, sendo polo tanto estas axudas incompatibles con calquera outra axuda.

3.5. A renda familiar para os efectos de bolsa obterase por agregación das rendas do exercicio 2014 de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os datos económicos para ter en conta nas rendas familiares para determinar os ingresos serán os calculados por agregación da base impoñible xeral (casiña 430) coa base impoñible do aforro (casiña 445), calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Para o cálculo da renda familiar para os efectos de bolsa, son membros computables da familia: o pai, a nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do/a menor, se é o caso, a persoa solicitante, as e os irmáns solteiros menores de vinte e cinco anos, e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do 2015 ou as e os de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, así como ascendentes dos pais que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que os anteriores, co certificado municipal correspondente.

No caso de solicitantes que constitúan unidades familiares independentes, tamén se consideran membros computables o/a cónxuxe ou a persoa á que estea unida por análoga relación, así como as e os fillos, se os houbese.

No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais, non se considerará membro computable aquel deles que non conviva coa persoa solicitante da bolsa, sen prexuízo de que na renda familiar se inclúa a súa contribución económica.

Terá a consideración de membro computable, se é o caso, o/a novo/a cónxuxe ou persoa unida por análoga relación cuxas rendas e patrimonio se incluirán dentro do cómputo da renda e patrimonio familiares.

4º.- Forma e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes das persoas interesadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 DÍAS NATURAIS contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto destas no BDNS, que tamén se publicarán no Boletín Oficial

da Provincia e se inserirán no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do Concello,acompañada dos documentos e informacións que procedan.

A persoa interesada deberá acompañar a solicitude da seguinte información:

Solicitude en modelo específico subscrita pola persoa interesada.

Fotocopia do DNI da nai e do pai, ou persoas que representen legalmente á nena ou neno.

Fotocopia cotexada do libro de familia ou, de ser o caso, da resolución xudicial ou administrativa pola que se lle confía a garda e protección do/s menor/es da persoa solicitante.

Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas pola persoa solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais, ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención.

Declaración responsable de non estar incurso/a en prohibición para obter a condición de beneficiario/a da subvención conforme o establecido no artigo 13.7 da Lei 38/2003.

Certificación de estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria Estatal; e certificación de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social. A unidade administrativa obterá de oficio da Tesourería Municipal a información de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias municipais. Así mesmo comprobará, tras autorización da persoa interesada, incluída na solicitude, da circunstancia de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias fronte ao Estado e Comunidade Autónoma de Galicia.

Certificación expedida pola Delegación de Facenda expresiva da declaración da renda do exercicio 2014 (ver punto 3.5)

Documentación acreditativa dos ingresos daquelas persoas en situación de divorcio, separación ou nulidade matrimonial (sentenza xudicial e convenio regulador).

Certificación ou certificacións do centro onde as e os alumnos realicen os estudos e na que se xustifique o curso no que están matriculadas e matriculados. Tal certificación aportarase por aqueles solicitantes aos que lles sexa concedida axuda dentro do período establecido para a entrega de vales.

A Área de Educación presentará unha memoria explicativa da actividade que se vai levar a cabo.

5º.- Procedemento.

O procedemento para a concesión das subvencións previstas nestas bases axustarase ao establecido nos artigos 28, 29 e 30 da Ordenanza municipal de Subvencións coas seguintes precisións:

Presentadas as solicitudes en calquera dos Rexistros Públicos establecidos legalmente, remitiránselle á Área de Educación, que procederá en función do obxecto e finalidade da subvención solicitada.

O órgano instrutor será un/unha técnico/a competente da Delegación Municipal de Educación, que realizará as actuacións que se sinalan no artigo 28 da Ordenanza municipal de subvencións.

A Comisión de Valoración constituída para o efecto terá a seguinte composición:

Presidenta: Pedagoga da Área de Educación.

Vogais: Vicepresidenta do Concello do Lugo.

Secretario/a: Persoal do servizo correspondente designado para o efecto.

Valoradas as solicitudes recibidas procederase á publicación das listaxes provisionais cun prazo de 10 días naturais no que as persoas interesadas poderán realizar as alegacións que consideren oportunas. Resoltas as reclamacións pola Comisión de Valoración, de ser o caso, procederase á publicación definitiva das axudas, unha vez aprobada pola Xunta de Goberno Local a concesión das mesmas.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BDNS e no Boletín Oficial da Provincia. Transcorrido o dito prazo sen que se adopte resolución expresa, poderase entender desestimada.

A resolución porá fin á vía administrativa, e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo. A notificación da resolución do procedemento efectuarase mediante pola súa publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo, baseándose nos artigos 59.6 e 60 da 'Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común'.

6º.- Criterios de valoración.

O único criterio de valoración será a contía da renda 'per cápita' neta anual familiar referidos no punto 3.2.

7º.- Xustificación do gasto

Unha vez ditada a resolución pola que se concede a axuda, procederase á entrega do 'vale para libros', durante 15 días naturais, despois da presentación da certificación onde conste que o/a alumno/a está matriculado/a para o curso 2016/2017, coa indicación do curso e do centro docente. No vale constará que a

persoa beneficiaria cede o dereito de cobro á librería onde merque o material escolar, facéndose responsable o Concello de pagarlle á librería á que foi cedido o dereito de cobro.

A Área de Educación presentará unha Memoria explicativa da realización da totalidade do proxecto ou actividade, obxectivo ou adopción do comportamento, con expresa mención dos resultados obtidos e coas indicacións, contidos e documentos que se determinen nos acordos reguladores da convocatoria ou na concesión da subvención.

Ademais, as persoas beneficiarias achegarán :

- Certificado escolar onde conste que o/a alumno/a está matriculado/a para o curso 2016/2017, coa indicación do curso e do centro docente.

As librerías onde se merquen os libros e material escolar presentarán no Rexistro Xeral do Concello escrito de presentación xunto a:

- Albará do material mercado con cada vale, detallando o material ou libros mercados, con indicación do curso ao que fai referencia, así como o nome e os datos da persoa solicitante.

- Os vales de desconto emitidos pola Área de Educación, indicando o nome, apelidos, firma e DNI da persoa solicitante.

- Factura individualizada a nome de cada persoa beneficiaria. No caso que a persoa beneficiaria teña concedida mais dunha axuda poderase presentar factura única.

En ningún caso as librerías cobrarán aos beneficiarios o valor do vale.

O Concello non admitirá xustificación das librerías onde figure abono dos 80€ aos beneficiarios.

A data límite para xustificar a subvención concedida será a do 30 de novembro, do exercicio económico correspondente á súa concesión, agás por causas forzosas e debidamente xustificadas, a criterio do servizo, que impidan a presentación da xustificación no prazo establecido. No caso de non presentar a xustificación dentro deste prazo, incoarase expediente de anulación do correspondente compromiso que comportará a perda do dereito de cobro da subvención.

Non se realizarán pagamentos a conta nin anticipados.

No caso de circunstancias extraordinarias nas que o Concello non puidese cumprir os prazos mencionados no anterior parágrafo, as librerías deberán presentar a facturación sempre antes do 31 de decembro do exercicio económico correspondente á subvención.

8º.- Revogación

A adxudicación das axudas será revogada totalmente no caso de que se comprobase que na súa concesión concorreu ocultación ou falsidade de datos, ou que existen incompatibilidades con outros beneficios desta clase procedentes doutras persoas físicas ou xurídicas.

Á resolución destas bases publicarase no Boletín Oficial da Provincial de Lugo no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Lugo ( www.lugo.gal)

De igual forma o estrato da resolución remitirase á BDNS para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, publicación que a partir do día seguinte, determinará o inicio do prazo de 20 días naturais para a presentación das solicitudes.

Lugo, 15 de setembro de 2016.- O Tenente de Alcalde Delegado da Área de Educación e Infraestructuras Urbanas . Manuel Núñez López.

R. 2786

Familia
Educación
Libros de texto
Escuelas
Alumnado
Escuelas Infantiles
Material escolar