EXTRACTO DA CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS CULTURAIS... IDENTIF. 363112 (LUGO) - Boletín Oficial de Lugo de 14-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 14/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

SUBVENCIÓNS PARA ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E PERSOAS XURÍDICO-PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO, QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE NO EIDO DA CULTURA E PARA MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E PEQUENAS REPARACIÓNS DAS INFRAESTRUCTURAS

BDNS(Identif.):364578

EXTRACTO DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E PERSOAS XURÍDICO- PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO, QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE NO EIDO DA CULTURA (ÁREA CULTURA,TURISMO, XUVENTUDE E PROMOCIÓN DA LINGUA) E PARA MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E PEQUENAS REPARACIÓNS DAS INFRAESTRUCTURAS, NAS QUE SE LEVAN A CABO ESTES PROGRAMAS E ACTIVIDADES- EXERCICIO ECONÓMICO 2017.

BDNS (Identif.): 364578

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria de subvencións para as asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro, que desenvolven a súa actividade no eido da cultura e para mentemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se leven a cabo as mesmas, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro : Obxecto

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua ás asociacións culturais e a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2017, de programas e actividades culturais que beneficien a colectivos no eido da cultura, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades.

Segundo: Personas Beneficiarias

As subvencións se dirixen a asociacións culturais e personas xurídico privadas sen ánimo de lucro, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo. Con carácter excepcional, tamén poderán incluírse aquelas entidades foráneas que pretendan executar, dentro do termo municipal, un proxecto para o desenvolvemento de accións ou actividades culturais que beneficien as veciñas e veciños de Lugo. Este punto acreditarase a través dunha memoria que se achegue para os efectos.

b) Segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro municipal de asociacións, Rexistro público de fundación ou calquera outro rexistro público.

c) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social. No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá quedar acreditado para estes efectos, coa declaración responsable incluída no Anexo IV destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das certificacións ás que se refire o párrafo f) do artigo 10 destas bases.

d) Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.

f) Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido da cultura.

g) Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación de animación cultural realizada pola Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.

h) Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente no orzamento xeral de 2017.

i) Non solicitar subvención por un importe superior ao 95 % do custo total da acción para a que solicita subvención, segundo o orzamento presentado, xa que o 5 % restante é de obrigada asunción pola entidade e non pode ser subvencionado por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras.

l) Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva.

m) Non utilizar a imaxe da muller como reclamo e con connotacións de tipo sexual ou a denigración da súa imaxe (acordo plenario 9/124 do día 30 -06-2016).

Terceiro.- Bases reguladoras

As Bases reguladoras desta Convocatoria, aprobadas o 20 de setembro de 2017, pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, atópanse publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 226 de 30 de setembro de 2017.

Cuarto.- Importe

No orzamento municipal para o exercicio de 2017 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo o cadro que a continuación se indica:

Servizo Partida orzamentaria Importe

Cultura 33000.48900 14.899,99 €

A cantidade para outorgar a cada entidade non poderá superar individualmente os 3.000 € , con base nos criterios de valoración previstos nas bases aprobadas.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes de subvención, xunto coa documentación necesaria (contida nas bases aprobadas por acordo da XGL do 20 de setembro de 2017), presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de QUINCE DIAS NATURAIS, contado dende o seguinte ó da publicación oficial do extracto da convocatoria, na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións [artigo 17.3.b), 18 e 20.8] en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).

- Poderán, excepcionalmente, admitirse fóra de prazo solicitudes que, por circunstancias novas ou imprevistas e que a xuízo do órgano competente, non se puidesen presentar dentro deste. Éstas tramitaranse de acordo con estas bases, agás no referente ao cumprimento do prazo, e estarán supeditadas á existencia de dispoñibilidade orzamentaria.

Lugo, 2 de outubro de 2017.- A TENENTE DE ALCALDE DELEGADA DA AREA DE CULTURA, TURISMO, XUVENTUDE E PROMOCION DA LINGUA, Carmen Basadre Vázquez

R. 2995

Cultura
Asociacionismo cultural
Actividad cultural
Turismo
Cultura e idiomas
Participación ciudadana
Fomento de la participación ciudadana