EXTRACTO CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS PROGRAMA MELLORA DO ABASTECEMENTO E DA CALIDADE DA AUGA NO MEDIO RURAL&, ANO 2016, IDENTIF. 316457 (DEPUTACIÓN LUGO) - Boletín Oficial de Lugo de 12-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 12/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas
  • Documento en formato PDF

EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN SESIÓN CELEBRADA O 2 DE SETEMBRO DE 2016 POLO QUE SE APROBA A CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á MELLORA DO ABASTECEMENTO E A CALIDADE DA AUGA NA ZONA RURAL, ANO 2016.

BDNS(Identif.):316457

De conformidade con previsto nos artigos 17.3b e 20.8ª da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións.

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro.- Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións, tanto para a Liña 1 como para a Liña 2:

Comunidades de usuarios legalmente constituídas ou en fase de constitución.

Asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro legalmente constituídas ou en fase de constitución.

Comunidades de montes legalmente constituídas.

Os beneficiarios deberán desenvolver a súa actividade e solicitar a subvención para a execución das actuacións previstas en calquera municipio de provincia de Lugo, excluíndo os núcleos urbanos situados en solo clasificado como solo urbano polo planeamento municipal do respectivo Concello.

Segundo. Obxecto:

Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas á mellora de o abastecemento e a calidade da auga no medio rural mediante o aproveitamento eficiente dos recursos hídricos na anualidade de 2016.

Liña 1. Dotación de novas infraestruturas para a subministración de auga no medio rural (obra nova)

Liña 2. Mellora e acondicionamento de redes de abastecemento de auga (instalacións xa existentes)

Terceiro. Bases reguladoras

A Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección:

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6 &&contenido=30233&nivel=1400

Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades rurais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, ano 2016.

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6 &&contenido=30233&nivel=1400

Cuarto. Contía e importe máximo

Liña 1

Contía: 350.000,00

Importe máximo: 30.000,00

Liña 2

Contía: 150.000,00

Importe máximo: 10.000

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación no BOP da provincia de Lugo.

Sexto. Outros datos

Poderase solicitar un anticipo de ata o 95% da subvención concedida.

Lugo, 2 de setembro de 2016.- O Presidente, Darío Campos Conde

R. 2713

Calidad del agua