EXTRACTO CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS PROGRAMA DE MELLORA DA MOBILIDADE RURAL E A POSTA EN VALOR CENTROS SOCIOCULTURAIS DA PROVINCIA, ANUALIDADE 2016, IDENTIF. 316470 (DEPUTACIÓN LUGO) - Boletín Oficial de Lugo de 12-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 12/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN SESIÓN CELEBRADA O 2 DE SETIEMBRE DE 2016 POLO QUE SE APROBA A CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á MOBILIDADE RURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS, ANO 2016.

BDNS(Identif.):316470

De conformidade con previsto nos artigos 17.3b e 20.8ª da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións.

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro.- Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións:

Asociacións de veciños, culturais, deportivas, etc. e Entidades veciñais sen ánimo de lucro, legalmente constituídas ou en fase de constitución.

Comunidades de Montes, legalmente constituídas.

Asociacións de gandeiros e agricultores ou de produtores forestais, legalmente constituídos.

Agrupacións de gandeiros e agricultores ou de produtores forestais (soamente na liña 1).

Colectivos de usuarios (soamente na liña 1).

Os beneficiarios deberán ter o domicilio social na Provincia de Lugo.

Segundo. Obxecto:

Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas á mellora da mobilidade rural na provincia e á restauración, reforma, conservación e mellora dos centros socioculturais e o seu contorno inmediato na anualidade de 2016.

Liña 1. Mellora da mobilidade rural na provincia de Lugo

Liña 2. Restauración, reforma, conservación e mellora dos centros socioculturais e o seu contorno inmediato

Terceiro. Bases reguladoras

A Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección:

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6 &&contenido=30233&nivel=1400

Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades rurais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, ano 2016.

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6 &&contenido=30233&nivel=1400

Cuarto. Contía e importe máximo

Liña 1

Contía: 750.000,00

Importe máximo: 12.000,00

Liña 2

Contía: 250.000,00

Importe máximo: 12.000

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación no BOP da provincia de Lugo.

Sexto. Outros datos

Poderase solicitar un anticipo de ata o 95% da subvención concedida.

Lugo, 2 de setembro de 2016.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde

R. 2714

Sector agrícola
Deporte