EXTRACTO CONVOCATORIA V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DAS RESERVAS DA BIOSFERA 'TERRAS DO MIÑO' E 'OS ANCARES LUCENSES'. IDENTIF. 399771 - Boletín Oficial de Lugo de 29-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 29/05/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

EXTRACTO DA RESOLUCIÓN DO 11 DE MAIO DE 2018 DA PRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, POLA QUE SE APROBAN AS BASES DA CONVOCATORIA DO V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES E A DECLARACIÓN RESPONSABLE DE ORIXINALIDADE E CESIÓN DOS DEREITOS DA FOTOGRAFÍA PRESENTADA.

BDNS(Identif.):399771

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións (http://www..pap.minhafp.gob.es/bdnstrans/GE/es/index):

Primeiro.- Beneficiarios:

Poderán participar no concurso tódalas persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non foran premiadas con anterioridade.

Segundo.- Obxecto:

V Concurso de fotografía das reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses con obras realizadas dentro deste territorio e tendo como temática ?Festas Populares, tradicionais de interese turístico nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses?, polo que deberán amosar festividades tradicionais vinculadas cos costumes que estruturan a vida de comunidades e grupos e que reafirman a identidade de quen os practican. Como é coñecido, existe unha multitude de festividades e conmemoracións ao longo da xeografía das dúas Reservas da Biosfera que están estreitamente vinculadas con acontecementos que celebran e recordan valores culturais, como os de tipo histórico (feitos ou eventos históricos relevantes), lingüístico (contos e lendas, dialectos), artístico (danzas, música tradicional, fotografía de natureza), social (oficios tradicionais, gastronomía), relixioso (romarías e peregrinacións) ou espiritual (ermidas, fontes), etc.

Terceiro.- Bases reguladoras:

As bases do V Concurso de Fotografía das reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucense .

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_1_principal1.jsp?language=gl

CONVOCATORIA DO V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_1_principal1.jsp?language=gl

Cuarto.- Contía:

A contía total do concurso será de 1.600,00 euros divididos en tres premios:

1er Premio: 800,00 euros

2º Premio: 500,00 euros

3er Premio: 300,00 euros

Quinto.- Prazo de presentación:

O prazo de presentación de fotografías comezará ao día seguinte á publicación no B.O.P. de Lugo da presente convocatoria e bases, e rematará o vindeiro 1 de setembro de 2018

Sexto.- Outros datos:

Só poderá presentarse unha fotografía por participante.

En ningún caso se devolverán as fotografías aos participantes no concurso.

Lugo, 11 de maio de 2018.- O Presidente,Darío Campos Conde.

R. 1418

Tercera edad
Fiestas Populares
Turismo
Eventos
Artes
Música
Gastronomía