Modificación das bases da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do curso escolar 2014/2015 - Boletín Oficial de A Coruña de 28-04-2015

TIEMPO DE LECTURA:

Modificacion das bases da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do curso escolar 2014/2015

  • Plazo de la solicitud: CERRADO , 28/04/2015 hasta 28/10/2015
  • Tipo: Convocatorias
  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Categorías: Transporte y vehículos, Ferias y congresos, Educación y ciencia

Descargar en PDF


EDICTO

A Xunta de Goberno Local, na sesión de data 20/04/2015, por unanimidade dos seus membros e por delegación da alcaldía (Res 410/2011), acorda:

Primeiro.- Aprobar a modificación das Bases Reguladoras da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do concello de Teo, 2014/2015.

Segundo.- Proceder á súa exposición pública mediante edicto no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Edictos do Concello.

MODIFICACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DE BECAS DE ENSINO E TRANSPORTE PARA O CURSO 2014/2015

Modificación da base sétima, onde dí:

· Sétima. Importe máximo e crédito orzamentario

O importe total para axudas de ensino e transporte prevese en 35.000 €, e levarase a cabo mediante a tramitación anticipada de gasto que se imputará ao crédito do exercicio 2015, á aplicación orzamentaria 320/480.00, ao abeiro do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo). De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Debe dicir:

· Sétima. Importe máximo e crédito orzamentario

O importe total para axudas de ensino e transporte prevese en 41.300€, e levarase a cabo mediante a tramitación anticipada de gasto que se imputará ao crédito do exercicio 2015, á aplicación orzamentaria 320/480.00, ao abeiro do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo). De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Teo, 21 de abril de 2015

O ALCALDE

Martiño Noriega Sánchez

2015/4587

Transporte
Exposiciones
Escuelas