MODIFICACIÓN DAS BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR DE ALUMNAS/OS CURSO 2016-2017 - Boletín Oficial de Lugo de 14-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Lugo
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 14/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Particulares
  • Documento en formato PDF

Visto o procedemento tramitado para a modificación das bases reguladoras para a concesión de axudas para o transporte escolar de alumnas/os do Concello de Cervo que cursan estudos fora do termo municipal (axudas para a escolarización curso 2016/2017), procede remitir ó B.O.P., con carácter de urxente, o contido da modificación das bases reguladoras aos efectos de outorgarlle publicidade.

A contía das axudas para transporte escolar pasarán de 200€ a 250€ , polo que a contía da axuda quedará fixada de acordo co seguinte baremo: Renda per cápita familiar Contía da axuda Igual ou inferior ao 150 % do IPREM Ata 9.681,05 € anuais 250 €

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes vinte días dende a publicación da modificación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Cervo, a 5 de outubro de 2017.- O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez

R. 2967

Transporte escolar
Escolarización