ORDE do 1 de setembro de 2015 pola que se procede á ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto, destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. - Diario Oficial de Galicia de 11-09-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Diario Oficial de Galicia
  • Tipo: Modificacion de subvenciones
  • Plazo: Ver Detalles , 11/09/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

Mediante a Orde do 28 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 30 de maio), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para a adquisición de libros de texto, destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

O artigo 17 desta orde establece que estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 09.60.423A.780.0, polo importe total de 14.695.596,00 euros para o ano 2014, e na contía de 400.000,00 euros para o ano 2015, podéndose ampliar, se for o caso, conforme o previsto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2014 (DOG do 30 de decembro), procedeuse a incrementar o importe en 3.377.762,43 euros para esta mesma finalidade e con cargo á aplicación 09.60.423A.780.0.

Como consecuencia da existencia de remanentes no mesmo servizo e tendo en conta que estas axudas non están sometidas ao réxime de concorrencia competitiva, e que o importe asignado non é suficiente para atender os compromisos adquiridos ao abeiro da convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único

Incrementar o importe para financiar as axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centos sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15, en douscentos noventa e tres mil setecentos vinte e dous euros con trinta e oito céntimos de euro (293.722,38 euros), de acordo co establecido no artigo 17 da Orde do 28 de maio de 2014 (DOG do 30 de maio).

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

Román Rodríguez González

Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria

Educación
Cultura
Libros de texto
Alumnado
Escuelas