ORDE do 13 de novembro de 2015 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. - Diario Oficial de Galicia de 25-11-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Diario Oficial de Galicia
  • Tipo: Modificacion de subvenciones
  • Plazo: Ver Detalles , 25/11/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

A Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 22 de xullo), establece no seu artigo 1.3 no cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións, como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da devandita orde, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de persoas ou entidades beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, regulado no capítulo II da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 22 de xullo), na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015:

- 11.02.322C.470.0, código de proxecto 2014 00511, na contía de 220.000,00 euros.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2015

Francisco José Conde López

Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Empleo
Empleo y contratación
Inserción laboral
Empresa
Fomento del empleo
Industria