Outorgamento do premio do XXI Concurso de Poesía 'Concello de Carral' - Boletín Oficial de A Coruña de 01-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 01/06/2018 hasta ----
  • Documento en formato PDF

Polo presente fago público que, mediante o meu decreto 180/2018, do 25 de maio de 2018, previa advocación da atribución outorgada á Xunta de Goberno Local do Concello e, logo de reunirse o xurado do XXI Concurso de Poesía Concello de Carral , o 4 de maio de 2018, na Casa da Cultura de Carral, elixindo por unanimidade como obra gañadora a presentada co título AS BICIS, por D. Xabier Cid Fernández, resolvín:

1.-Outorgar a D. Xabier Cid Fernández, como gañador do XXI Concurso de Poesía Concello de Carral pola súa obra titulada AS BICIS , o premio previsto nas bases que o regulan, por importe de 2.500,00 € .

2.-Dar conta deste decreto ao Pleno na primeira sesión ordinaria que se realice e publicar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña un anuncio relativo ao seu contido.

Contra a devandita resolución poderase interpoñer recurso de reposición perante a Alcaldía do Concello de Carral no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano da devandita xurisdición e no prazo indicado na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Carral, 25 de maio de 2018

O ALCALDE

José Luis Fernández Mouriño

2018/3840

Cultura