Premio Concepción Arenal: proxectos educativos pola igualdade de xénero 2017 - Boletín Oficial de A Coruña de 13-10-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Premios
  • Plazo: Ver Detalles , 13/10/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas
  • Documento en formato PDF

PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL: PROXECTOS EDUCATIVOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO

BASES DA EDICIÓN, ANO 2017

PREÁMBULO

Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente, convócase un ano máis, o premio Concepción Arenal anualidade 2017, co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia, que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real.

BASES

PRIMEIRA.- Obxecto.

O obxecto do certame é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para identificar e/ou rexeitar estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.

O premio concederase ao mellor programa educativo en cada unha das tres modalidades que xa se implantase e se pretenda continuar, ou ben que estea pendente da súa execución.

Premiarase o programa de actividades do centro no que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

SEGUNDA.- Categorías de participación.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:

A) Proxectos educativos en educación infantil.

B) Proxectos educativos en educación primaria.

C) Proxectos educativos en educación secundaria.

Cada centro educativo só poderá participar cun único proxecto.

Non poderán participar os centros educativos premiados, en convocatorias anteriores, na mesma modalidade na que se presentaron.

TERCEIRA.- Premio.

Convócase un premio en metálico de 5.000 € por cada modalidade.

Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que sexan de aplicación.

O xurado poderá facer unha mención honorífica a algún outro proxecto educativo pola súa calidade técnica ou impacto social.

A Deputación resérvase os dereitos de explotación da propiedade intelectual e en especial os dereitos de reprodución, transformación, distribución e comunicación pública por tempo indefinido para que a Deputación poida empregar os proxectos gañadores para calquera actividade da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.

CUARTA.- Proxectos.

As candidaturas acompañaranse dun proxecto segundo o modelo establecido, anexo II ás bases, que poderán descargarse na web https://www.dicoruna.es/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concepcion-arenal-proxectos-educativos-igualdade-xenero/

O proxecto presentarase cos seguintes requisitos de formato:

- Extensión máxima de 20 páxinas numeradas e redactadas a unha cara, incluíndo anexos. No caso de que se presenten máis de 20 páxinas, as adicionais non se terán en conta na avaliación.

- Presentarase en tamaño A4 cun espazo interlineal sinxelo e empregando o tipo de letra arial a 11 puntos. Presentarase en formato papel e en formato dixital en PDF

- Pode engadir fotografías e gráficos, de ser o caso, terán un formato JPG.

- Empregará a lingua galega e a perspectiva de xénero.

Os proxectos presentados deben ser orixinais, non podendo participar aqueles proxectos xa premiados en calquera convocatoria de similar natureza.

QUINTA.- Xurado e criterios de valoración.

Xurado

O xurado estará presidido polo Sr. presidente da Deputación ou persoa na que delegue e formarán parte del a deputada da Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero, persoal do Servizo de Acción Social, Cultural e Deporte, dos centros educativos da Deputación provincial e docentes especializados en Educación e Igualdade de Xénero.

Actuará como secretario o da Corporación ou persoa funcionaria en quen delegue.

O xurado actuará en pleno, será necesaria a asistencia de dous terzos dos seus membros. As súas deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos artigos 15 a 18 da Lei 40/2015 do 1 de outubro do Réxime Xurídico do Sector Público.

A Deputación resérvase o dereito de modificar as condicións en calquera momento, incluso pode chegar a anulalo ou deixalo sen efecto sempre que concorra causa xustificada, en todo caso comprométese a comunicalo pola mesma vía.

Así mesmo, o xurado poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta Deputación, que é o órgano competente para resolver o premio.

Criterios de valoración

Para a concesión dos premios en calquera das súas modalidades tomarase como base os seguintes criterios de valoración, polo que se poderán alcanzar 100 puntos distribuídos nos seguintes apartados:

1. Proposta do título do proxecto.

Valorarase a creatividade, orixinalidade e impacto social, así como a relación directa do título do proxecto cos contidos e obxectivos do programa (ata 5 puntos).

2. Descrición do proxecto.

Valorarase a claridade da descrición das accións e actividades propostas, a coherencia das actividades previstas coa consecución de obxectivos así como a metodoloxía empregada (ata 20 puntos).

3. Xustificación do proxecto e detección de necesidades.

Valorarase a adaptación do proxecto ás necesidades previamente detectadas (ata 10 puntos).

4. Calendario de realización.

Valorarase o nivel de adecuación entre as actividades previstas e a temporalidade (ata 10 puntos).

5. Coordinación, participación, implicación e xestión do proxecto.

Valorarase a maior participación e implicación dos axentes principais do proxecto, así como o procedemento na xestión interna, o persoal encargado e a implicación directa dos órganos de coordinación docente (ata 10 puntos).

6. Plan de difusión.

Valorarase a estrutura e coherencia do plan de difusión, tanto a nivel interno como externo. Terase en conta a edición de materiais, recursos innovadores, didácticos e as estratexias de difusión (ata 10 puntos).

7. Plan de avaliación.

Valorarase a relación entre os obxectivos específicos e os indicadores avaliativos propostos, o procedemento avaliativo e as ferramentas empregadas, así como outros procedementos para o seguimento, análise e mellora (ata 10 puntos).

8. Calidade técnica.

Valorarase o desenvolvemento de accións educativas innovadoras, con capacidade de desenvolver boas prácticas de accións e medidas que sirvan como modelo e impulsen outras iniciativas educativas (ata 10 puntos).

Valorarase o emprego das TIC e recursos educativos innovadores con impacto social (ata 5 puntos).

Valoraranse as propostas de atención á diversidade (ata 10 puntos).

SEXTA.- Prazo e forma de presentación dos traballos.

Prazo: o prazo de admisión de proxectos ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase aos 30 días naturais.

Forma de presentación: o proxecto educativo entregarase en soporte papel e dixital nun sobre pechado, no exterior do sobre indicarase; Premio Concepción Arenal 2017: proxectos educativos pola igualdade de xénero, modalidade na que se presenta (A, B ou C), nome do centro participante e o título do proxecto.

Dentro deste sobre engadirase:

1. Folla de aceptación dos compromisos (anexo I) cos datos requiridos debidamente asinada.

2. Fotocopia do CIF do centro participante

As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña, Avda. do Porto da Coruña nº2 15003 A Coruña, ou consonte co indicado no art.. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

SÉTIMA.- Concesión e entrega dos premios.

A concesión darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.

A entrega do premio celebrarase, posteriormente, nas dependencias da Deputación e avisaranse con antelación.

NOVENA.- Non se devolverán os proxectos presentados e non premiados. A partir do día seguinte á concesión do xurado dos proxectos premiados os outros poderán ser destruídos.

DÉCIMA.- A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

A Coruña, 13 de setembro de 2017.

O presidente O secretario

Valentín González Formoso José Luís Almau Supervía

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

2017/8597

Educación
Escuelas Infantiles
Infancia
Medios de comunicación
Familia
Innovación
Gallego
Deporte
Bienestar social
Cultura
Promoción deportiva
Deporte
Acción social
Cultura e idiomas
Tecnologías de la información
Empleo
Empleo y contratación