Programa de cooperación cos concellos e mancomunidades para a súa adaptación ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos - Boletín Oficial de Ourense de 01-06-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 01/06/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Particulares
  • Documento en formato PDF

Programa de cooperación cos concellos e mancomunidades para a súa adaptación ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

Para os efectos oportunos publícase que: 1.- A Corporación provincial, na sesión plenaria que tivo lugar o día 27 de abril de 2018, adoptou o acordo de aprobación inicial das bases reguladoras Programa de cooperación cos concellos e mancomunidades para a súa adaptación ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Ao non presentaren alegacións no trámite de información pública, as ditas bases enténdense definitivamente aprobadas, co seguinte contido:

Primeira.- Obxecto: 1. Constitúe o obxecto destas bases a regulación do Programa de cooperación cos concellos e mancomunidades para a súa adaptación ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

2. Este programa desenvolverase mediante a concesión de subvencións ás devanditas entidades locais para o financiamento das actividades necesarias para lograr a súa adaptación ao RGPD. A finalidade da subvención é colaborar economicamente cos concellos no cumprimento das obrigacións legais que veñen impostas pola citada norma comunitaria.

3. As actuacións subvencionadas poderán realizarse mediante calquera modo de xestión dos previstos na lexislación de réxime local, sendo subvencionables todos os gastos directos do servizo. Exclúense os gastos indirectos, así como os definidos como non subvencionables nos apartados 7 e 8 do artigo 31 da Lei xeral de subvencións.

Segunda.- Beneficiarios e gastos subvencionables: 1. Poderán obter subvención no marco do programa regulado nas presentes bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e as mancomunidades que contraten persoal en réxime de dereito laboral, efectúen nomeamentos de persoal funcionario de carreira ou interino ou subscriban contratos administrativos de servizos para o cumprimento das obrigacións legais impostas polo RGPD.

2. Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas contratacións ou nomeamentos, incluíndo gastos salariais e de Seguridade Social, así como os honorarios ou contraprestacións económicas por servizos profesionais prestados por contratistas.

Terceira.- Contía das subvencións: A contía das subvencións que se concedan ao abeiro deste Programa de cooperación será para o exercicio 2018 de 2.200,00 € por entidade local, con destino ao financiamento dos gastos subvencionables de prestación do servizo.

A contía poderá ser inferior nos casos en que así se solicite expresamente pola entidade local interesada.

En todo caso, a contía da subvención nunca poderá exceder do 100% dos gastos subvencionables soportados pola entidade beneficiaria, polo que se reducirá no importe correspondente

para o caso de que o gasto xustificado no citado concepto sexa inferior a 2.200,00 € .

Cuarta.- Dispoñibilidades orzamentarias: O financiamento das subvencións reguladas no presente Programa realizarase con cargo á aplicación 45012/462.17 a concellos. Cooperación Protección Datos, dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2018, coa aplicación das seguintes regras especiais:

1ª) A aprobación definitiva do Programa queda condicionada á habilitación de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial para o exercicio 2018.

2ª) A contía total máxima do Programa é de 217.800,00 € . Quinta.- Adhesión ao programa: 1. Os concellos e mancomunidades que desexen adherirse ao Programa de cooperación regulado nas presentes bases deberán facelo mediante resolución do órgano competente na que se aprobe a devandita adhesión. A resolución deberá ter o contido que se recolle no anexo I destas bases, modelo que poderá utilizarse para documentar a devandita resolución.

2. Coa solicitude deberase entregar unha declaración do solicitante da subvención na que figure o conxunto de subvencións e axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes, sexan públicas ou privadas, segundo o modelo anexo II.

3. A resolución de adhesión deberá presentarse no Rexistro Electrónico Xeneral da Deputación, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ata o día 29 de xuño de 2018, inclusive. Non se admitirán a trámite en ningún caso nin se concederán subvencións para solicitudes presentadas con posterioridade á devandita data.

4. A adhesión dos concellos autorizarase mediante decreto da Presidencia, no que se concederá a subvención correspondente ata un máximo de 2.200,00 euros. A resolución da autorización da adhesión deberá ditarse antes do 31.08.2018.

Sexta.- Publicidade das adhesións: Unha vez recibidas as solicitudes de adhesión, procederase á publicación no Boletín Oficial da Provincia da lista completa ou listas parciais das subvencións outorgadas ao abeiro do presente programa, con expresión das entidades beneficiarias e da contía das subvencións concedidas.

Sétima.- Deberes dos beneficiarios: Con carácter xeral, os beneficiarios asumirán todos os deberes impostos por estas bases e pola Lei xeral de subvencións, en todo aquilo que non resulte incompatible coas bases do Programa. En particular, quedan suxeitos aos deberes de control financeiro e reintegro nos casos previstos na devandita lei.

Oitava.- Xustificación e pago da subvención: 1. As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención antes da data 31.10.2018.

2. A dita subvención xustificarase mediante a presentación dos seguintes documentos:

a) Certificado expedido pola persoa que teña ao seu cargo o desempeño das funcións de intervención do concello ou mancomunidade beneficiario/a, no que se fagan constar os seguintes extremos:

- Que se cumpriu a finalidade para a que foi concedida a subvención.

- Relación de contratos/nomeamentos formalizados/realizados con cargo á subvención, indicando o seu obxecto, duración e importe. - Contía do gasto subvencionable que foi obxecto de recoñecemento da obrigación no exercicio 2018.

- Importe das subvencións ou axudas públicas concedidas para o financiamento dos contratos/nomeamentos subvencionados.

b) Certificación da conta corrente da entidade para a realización do pago da subvención.

Novena.- Compatibilidade con outras axudas ou subvencións públicas:

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións, concedidas por administracións distintas da propia Deputación de Ourense ou do INORDE para a mesma finalidade, sempre que o conxunto das axudas percibidas non exceda do 100 % do gasto directo do servizo subvencionado soportado pola entidade local no mesmo período. No caso de que as subvencións percibidas excedan a devandita porcentaxe, a subvención reducirase ata conseguir o límite sinalado. A redución poderá acordarse, de oficio ou a instancia do beneficiario, en calquera momento no que a Deputación teña coñecemento da concorrencia de axudas, e mesmo con posterioridade ao pago da subvención, mentres non prescriba a acción administrativa de reintegro.

Estas subvencións son incompatibles con calquera outra concedida pola Deputación Provincial de Ourense ou polo INORDE para a mesma finalidade, con independencia da súa contía e procedemento de concesión.

Décima.- Normativa aplicable: De conformidade co establecido na Disposición adicional 8ª da Lei xeral de subvencións, as subvencións incluídas neste programa de cooperación réxense polas súas normas específicas. A Lei xeral de subvencións e as súas normas complementarias e de desenvolvemento serán de aplicación supletoria, excepto naqueles casos en que as presentes bases remitan ás devanditas normas, en que serán de aplicación directa.

En todo caso, será de aplicación a lexislación vixente en materia de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

2º.- As entidades interesadas disporán do prazo de ata o vinte e nove (29) de xuño de 2018, inclusive, para a presentación das solicitudes de adhesión.

Ourense, 21 de maio de 2018. O presidente.

Programa de cooperación con los ayuntamientos y mancomunidades para su adaptación al Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo de 27 de abril de 2016, relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos.

A los efectos oportunos se hace público que: 1.- La Corporación provincial, en la sesión plenaria celebrada el día 27 de abril de 2018, adoptó el acuerdo de aprobación inicial de las bases reguladoras Programa de cooperación con los ayuntamientos y mancomunidades para su adaptación al Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo de 27 de abril de 2016, relativo a la protección de las personas físicas en lo que respeta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos. No habiéndose presentado alegaciones en el trámite de información pública, dichas bases se entienden definitivamente aprobadas, con el siguiente contenido:

Primera.- Objeto: 1. Constituye el objeto de estas bases a regulación del Programa de cooperación con los ayuntamientos y mancomunidades para su adaptación al Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo de 27 de abril de 2016, relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos.

2. Este programa se desarrollará mediante la concesión de subvenciones a las dichas entidades locales para la financiación de las actividades necesarias para lograr su adaptación al RGPD. La finalidad de la subvención es colaborar económicamente con los ayuntamientos en el cumplimiento de las obligaciones legales que vienen impuestas por la citada norma comunitaria.

3. Las actuaciones subvencionadas podrán realizarse mediante cualquier modo de gestión de los previstos en la legislación de régimen local, siendo subvencionables todos los gastos directos del servicio. Se excluyen los gastos indirectos, así como los definidos como no subvencionables en los apartados 7 y 8 del artículo 31 de la Ley General de Subvenciones.

Segunda.- Beneficiarios y gastos subvencionables: 1. Podrán obtener subvención en el marco del programa regulado en las presentes bases los ayuntamientos de la provincia de menos de 20.000 habitantes y las mancomunidades que contraten personal en régimen de derecho laboral, efectúen nombramientos de personal funcionario de carrera o interino o suscriban contratos administrativos de servicios para el cumplimiento de las obligaciones legales impuestas por el RGPD.

2. Tendrán la consideración de gastos subvencionables todos los que, teniendo este carácter conforme con la legislación vigente en materia de subvenciones, financien las antedichas contrataciones o nombramientos, incluyendo gastos salariales y de Seguridad Social, así como los honorarios o contraprestaciones económicas por servicios profesionales prestados por contratistas.

Tercera.- Cuantía de las subvenciones: La cuantía de las subvenciones que se concedan al amparo de este Programa de cooperación será para el ejercicio 2018 de 2.200,00 € por entidad local, con destino a la financiación de los gastos subvencionables de prestación del servicio. La cuantía podrá ser inferior en los casos en que así lo solicite expresamente la entidad local interesada. En todo caso, la cuantía de la subvención nunca podrá exceder del 100% de los gastos subvencionables soportados por la entidad beneficiaria, por lo que se reducirá en el importe correspondiente para el caso de que el gasto justificado en el citado concepto sea inferior a 2.200,00 € .

Cuarta.- Disponibilidades presupuestarias: La financiación de las subvenciones reguladas en el presente Programa se realizará con cargo a la aplicación 45012/462.17 a ayuntamientos. Cooperación Protección Datos, de los presupuestos de la Diputación Provincial de Ourense para el ejercicio 2018, con la aplicación de las siguientes reglas especiales:

1ª) La aprobación definitiva del Programa queda condicionada a la habilitación de crédito adecuado y suficiente en los presupuestos de la Diputación Provincial para el ejercicio 2018.

2ª) La cuantía total máxima del Programa es de 217.800,00 € . Quinta.- Adhesión al programa: 1. Los ayuntamientos y mancomunidades que deseen adherirse al Programa de cooperación regulado en las presentes bases deberán hacerlo mediante resolución del órgano competente en la que se apruebe dicha adhesión. La resolución deberá tener el contenido que se recoge en el anexo I de estas bases, modelo que podrá utilizarse para documentar la dicha resolución.

2. Con la solicitud se deberá entregar una declaración del solicitante de la subvención en la que figure el conjunto de subvenciones y ayudas solicitadas para el mismo fin, tanto las aprobadas o concedidas, como las pendientes, sean públicas o privadas, según el modelo anexo II.

3. La resolución de adhesión deberá presentarse en el Registro Electrónico General de la Diputación, o en cualquiera de los lugares previstos en el artículo 16.4 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas, hasta el día 29 de junio de 2018, inclusive. No se admitirán a trámite en ningún caso ni se concederán subvenciones para solicitudes presentadas con posterioridad a dicha fecha.

4. La adhesión de los ayuntamientos se autorizará mediante decreto de la Presidencia, en el que se concederá la subvención correspondiente hasta un máximo de 2.200,00 euros. La resolución de la autorización de la adhesión deberá dictarse antes del 31.08.2018.

Sexta.- Publicidad de las adhesiones: Una vez recibidas las solicitudes de adhesión, se procederá a la publicación en el Boletín Oficial de la Provincia de la lista completa o listas parciales de las subvenciones otorgadas al amparo del presente programa, con expresión de las entidades beneficiarias y de la cuantía de las subvenciones concedidas.

Séptima.- Deberes de los beneficiarios: Con carácter general, los beneficiarios asumirán todos los deberes impuestos por estas bases y por la Ley General de Subvenciones, en todo aquello que no resulte incompatible con las bases del Programa. En particular, quedan sujetos a los deberes de control financiero y reintegro en los casos previstos en dicha ley.

Octava.- Justificación y pago de la subvención: 1. Las entidades beneficiarias deberán justificar la subvención antes de la fecha 31.10.2018.

2. Dicha subvención se justificará mediante la presentación de los siguientes documentos:

a) Certificado expedido por la persona que tenga a su cargo el desempeño de las funciones de intervención del ayuntamiento o mancomunidad beneficiario/a, en el que se hagan constar los siguientes extremos:

- Que se cumplió la finalidad para la que fue concedida la subvención.

- Relación de contratos/nombramientos formalizados/realizados con cargo a la subvención, indicando su objeto, duración e importe.

- Cuantía del gasto subvencionable que fue objeto de reconocimiento de la obligación en el ejercicio 2018.

- Importe de las subvenciones o ayudas públicas concedidas para la financiación de los contratos/nombramientos subvencionados.

b) Certificación de la cuenta corriente de la entidad para la realización del pago de la subvención.

Novena.- Compatibilidad con otras ayudas o subvenciones públicas:

Estas ayudas son compatibles con otras ayudas o subvenciones, concedidas por administraciones distintas de la propia Diputación de Ourense o del INORDE para la misma finalidad, siempre que el conjunto de las ayudas percibidas no exceda del 100 % del gasto directo del servicio subvencionado soportado

por la entidad local en el mismo período. En caso de que las subvenciones percibidas excedan dicho porcentaje, la subvención se reducirá hasta conseguir el límite señalado. La reducción podrá acordarse, de oficio o a instancia del beneficiario, en cualquier momento en el que la Diputación tenga conocimiento de la concurrencia de ayudas, y mismo con posterioridad al pago de la subvención, mientras no prescriba la acción administrativa de reintegro.

Estas subvenciones son incompatibles con cualquier otra concedida por la Diputación Provincial de Ourense o por el INORDE para la misma finalidad, con independencia de su cuantía y procedimiento de concesión.

Décima.- Normativa aplicable: De conformidad con lo establecido en la Disposición adicional 8ª de la Ley General de Subvenciones, las subvenciones incluidas en este programa de cooperación se rigen por sus normas específicas. La Ley General de Subvenciones y sus normas complementarias y de desarrollo serán de aplicación supletoria, excepto en aquellos casos en que las presentes bases remitan a dichas normas, en que serán de aplicación directa. En todo caso, será de aplicación la legislación vigente en materia de régimen jurídico de las administraciones públicas y procedimiento administrativo común.

2º.- Las entidades interesadas dispondrán del plazo de hasta el veintinueve (29) de junio de 2018, inclusive, para la presentación de las solicitudes de adhesión.

Ourense, 21 de mayo de 2018. El presidente.

R. 1.725

Proyectos de cooperación
Seguridad Social