Programa de cooperación en materia de mocidade para o exercicio de 2018 - Boletín Oficial de Ourense de 29-11-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Ourense
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 29/11/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas
  • Documento en formato PDF

Programa de cooperación en materia de mocidade para o exercicio de 2018

Para os efectos oportunos publícase que: 1.- A Corporación Provincial, na sesión do 27 de outubro de 2017, adoptou o acordo de aprobación inicial das bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de mocidade para o exercicio 2018. Ao non presentaren alegacións no trámite de información pública, as ditas bases enténdense definitivamente aprobadas, co seguinte contido:

1ª) Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do Programa provincial de cooperación cos concellos e a Entidade Local Menor de Berán en materia de mocidade para o exercicio 2018.

A finalidade deste programa é contribuír ao financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia e a Entidade Local Menor de Berán a prol da mocidade ao longo do exercicio 2018.

2ª) Beneficiarios. Gastos subvencionables. 1. Poderán obter subvención no marco do programa regulado nestas bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a Entidade Local Menor de Berán, cando desenvolvan actividades en prol da mocidade durante o exercicio 2018.

2. Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas actividades, sempre que fosen autorizados a partir do 1 de xaneiro de 2018.

3ª) Contía das subvencións: A subvención concedida a cada concello será de 6.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados ao desenvolvemento das actividades subvencionadas. A subvención concedida á Entidade Local Menor de Berán será de 3.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente vinculados ao desenvolvemento das actividades subvencionadas.

Non obstante, poderán concederse contías inferiores a pedimento expreso das entidades locais beneficiarias.

En todo caso, será de aplicación o previsto na base 7ª en canto aos supostos de redución da contía das subvencións.

4ª) Dispoñibilidades orzamentarias: Para as subvencións incluídas na presente convocatoria existe crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2018, por importe global máximo de 549.000,00 € , na aplicación 46211/24111.

5ª) Solicitudes de adhesión ao programa: prazos, lugar de presentación e documentación para presentar:

As solicitudes, subscritas polo alcalde ou representante legal interesado, ou concelleiro no que delegue, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial, e poderán presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo terá carácter improrrogable.

As solicitudes irán acompañadas dunha declaración do conxunto de axudas ou subvencións públicas solicitadas pola entidade ou que lle fosen concedidas para o financiamento das actividades para as que se solicita subvención.

6ª) Procedemento de adhesión. Resolución de adhesión. Publicación.

As solicitudes de adhesión presentadas remitiránselle ao Servizo de Investimentos, Contratación e Patrimonio da Deputación, para a instrución do expediente.

Unha vez examinada a documentación, a Presidencia poderá conceder un prazo de ata dez días hábiles para a emenda de deficiencias materiais na documentación presentada.

Comprobada a regularidade do procedemento seguido e a corrección da documentación presentada, mediante resolución da Presidencia autorizarase a adhesión das entidades solicitantes, agás nos seguintes casos:

a) Que a solicitude se formulase fóra de prazo

b) Que a solicitude non reunise os requisitos establecidos na base 5ª e non se emendasen as deficiencias advertidas no prazo concedido.

As resolucións de autorización de adhesión realizaranse no prazo máximo de cinco días hábiles dende a recepción da documentación completa para cada solicitante, a medida que estas se vaian recibindo. Poderán realizarse nunha resolución individualizada para cada entidade ou para varias delas, en función dos prazos nos que se teñan presentado e completado as correspondentes solicitudes. As resolucións de autorización de adhesión serán obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia, con expresión dos beneficiarios e contía das axudas concedidas. Esta publicación substituirá á notificación individual para todos os efectos, ao abeiro do establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7ª) Contía das subvencións: Cada concello adherido disporá dunha axuda por importe de 6.000 € . A Entidade Local Menor de Berán disporá dunha axuda por importe de 3.000,00 € . Esta subvención entenderase concedida, para todos os efectos, polo mero acto de aprobación da adhesión.

Non obstante o anterior, a achega minorarase na contía que corresponda nos seguintes supostos:

- Se o gasto efectivo das actividades subvencionadas fose inferior á dita cantidade.

- Se as achegas doutras administracións públicas que financian as actuacións exceden, en conxunto coa concedida pola Deputación, do 100% do custo das actividades subvencionadas.

A redución da contía das subvencións declararase na resolución da peza separada de xustificación da subvención.

Os remanentes que se produzan como consecuencia da aplicación das regras anteriores reintegraranse ás arcas provinciais, sen aumentar as achegas para percibir polas entidades beneficiarias.

8ª) Xustificación da subvención: 1. As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención ante a Deputación, antes do 30 de novembro de 2018. Este prazo terá carácter improrrogable, agás causas de forza maior debidamente acreditadas. En todo caso, a prórroga deberá solicitarse expresamente antes do 30 de novembro, e poderá concederse, como máximo, ata o 15 de decembro de 2018.

2. A xustificación realizarase mediante a presentación dos seguintes documentos:

A) Certificación expedida polo secretario da entidade na que se indique o seguinte:

- Relación de actividades realizadas con cargo á subvención, indicando o seu obxecto e duración.

- Contía do gasto subvencionable que foi obxecto de recoñecemento da obrigación no exercicio 2018.

- Importe das subvencións ou axudas públicas concedidas para o financiamento das actividades subvencionadas.

B) Certificación da conta corrente da entidade para a realización do pagamento da subvención.

C) Unha fotografía do cartel informativo ao que se refire a base 9ª, no que se reflicta a súa localización e a mención expresa ao financiamento por parte da Deputación de Ourense.

3. Ao abeiro do establecido no artigo 31.2 da Lei xeral de subvencións, considerarase como gasto efectivamente realizado aquel cuxa obriga de pago fose contraída antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención. En consecuencia, non será preciso acreditar a realización do pago no acto de xustificación.

Non obstante o anterior, e no exercicio das súas facultades de control financeiro, a Intervención poderá realizar procedementos simplificados de control financeiro, consistentes en esixir, a partir do mes seguinte ao do pagamento da subvención, a acreditación do pago da totalidade dos gastos xustificados. O incumprimento desta obriga dará lugar á obriga de reintegro por parte do beneficiario, así como a imposición das sancións que procedan.

4. Para considerar xustificada a subvención, os concellos deberán acreditar a realización de gasto por unha contía igual

ou superior a 6.000,00 € e a Entidade Local Menor de Berán por unha contía igual ou superior 3.000,00 € . No suposto en que só se xustifique unha contía inferior, a subvención reducirase proporcionalmente. Igualmente, no suposto no que a entidade beneficiaria percibise subvencións ou axudas que, en conxunto coa concedida ao abeiro do presente programa, excedan o 100 do custo soportado, a subvención reducirase ata alcanzar o dito límite do 100 %.

A falla de xustificación en prazo dará lugar á perda total do dereito á subvención, que será declarada pola Presidencia.

A falla de xustificación da obriga de publicidade establecida na base 9ª dará lugar unha redución do importe da subvención nun 20 %.

9ª) Obrigas dos beneficiarios: Con carácter xeral, as entidades beneficiarias asumirán todas as obrigas impostas nestas bases e na Lei xeral de subvencións no que se refire á xustificación. En particular, quedan suxeitas ás obrigas de control financeiro e reintegro nos casos previstos nestas bases e na lexislación vixente.

No local onde se realicen as actividades subvencionadas deberá figurar, de xeito visible, un cartel informativo -no modelo normalizado que se publicará na web da Deputación- no cal constará o financiamento por parte da Deputación Provincial de Ourense.

10ª) Normativa supletoria: De conformidade co establecido na disposición adicional 8ª da Lei xeral de subvencións, esta lei será de aplicación ás subvencións reguladas nestas bases exclusivamente como norma supletoria, para integrar posibles baleiros de regulación, así como naqueles casos nos que as bases remiten á dita normativa.

Será de aplicación, en todo caso, o disposto na lexislación de procedemento administrativo común.

2º.- Os concellos interesados disporán do prazo de un (1) mes para a presentación de solicitudes, prazo que comezará a computarse desde a data da publicación deste anuncio no BOP.

Ourense, 21 de novembro de 2017. O presidente. Asdo.: José Manuel Baltar Blanco.

Programa de cooperación en materia de juventud para el ejercicio de 2018

A los efectos oportunos se publica que: 1.- La Corporación Provincial, en la sesión de 27 de octubre de 2017, adoptó el acuerdo de aprobación inicial de las bases reguladoras del Programa provincial de cooperación con los ayuntamientos en materia de juventud para el ejercicio 2018. No habiéndose presentado alegaciones en el trámite de información pública, dichas bases se entienden definitivamente aprobadas, con el siguiente contenido:

1ª) Objeto: Constituye el objeto de las presentes bases la regulación del Programa provincial de cooperación con los ayuntamientos y la Entidad Local Menor de Berán en materia de juventud para el ejercicio 2018.

La finalidad de este programa es contribuir a la financiación de las actividades desarrolladas por los ayuntamientos de la provincia y la Entidad Local Menor de Berán a favor de la juventud a lo largo del ejercicio 2018. 2ª) Beneficiarios. Gastos subvencionables. 1. Podrán obtener subvención en el marco del programa regulado en las presentes bases los ayuntamientos de la provincia de menos de 20.000 habitantes y la Entidad Local Menor de Berán, cuando desarrollen actividades en pro de la juventud durante el ejercicio 2018.

2. Tendrán la consideración de gastos subvencionables todos los que, teniendo este carácter conforme con la legislación vigente en materia de subvenciones, financien las antedichas actividades, siempre que fueran autorizados a partir de 1 de enero de 2018.

3ª) Cuantía de las subvenciones: La subvención concedida a cada ayuntamiento será de 6.000,00 euros y hasta el 100% de los costes indisolublemente vinculados al desarrollo de las actividades subvencionadas. La subvención concedida a la Entidad Local Menor de Berán será de 3.000,00 euros y hasta el 100% de los costes indisolublemente vinculados al desarrollo de las actividades subvencionadas.

No obstante, podrán concederse cuantías inferiores a petición expresa de las entidades locales beneficiarias.

En todo caso, será de aplicación lo previsto en la base 7ª en cuanto a los supuestos de reducción de la cuantía de las subvenciones.

4ª) Disponibilidades presupuestarias: Para las subvenciones incluidas en la presente convocatoria existe crédito idóneo y suficiente en los presupuestos de la Diputación Provincial de Ourense para el ejercicio 2018, por importe global máximo de 549.000,00 euros, en la aplicación 46211/24111.

5ª) Solicitudes de adhesión al programa: plazos, lugar de presentación y documentación para presentar:

Las solicitudes, suscritas por el alcalde o representante legal interesado, o concejal en el que delegue, irán dirigidas a la Presidencia de la Diputación Provincial, y podrán presentarse en cualquiera de los lugares previstos en el artículo 16.4 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, de Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.

El plazo de presentación será de un mes, contado a partir del día siguiente al de la fecha de publicación de las presentes bases en el Boletín Oficial de la Provincia. Dicho plazo tendrá carácter improrrogable.

Las solicitudes irán acompañadas de una declaración del conjunto de ayudas o subvenciones públicas solicitadas por la entidad o que le fueran concedidas para la financiación de las actividades para las que se solicita subvención.

6ª) Procedimiento de adhesión. Resolución de adhesión. Publicación.

Las solicitudes de adhesión presentadas se le remitirán al Servicio de Inversiones, Contratación y Patrimonio de la Diputación, para la instrucción del expediente.

Una vez examinada la documentación, la Presidencia podrá conceder un plazo de hasta diez días hábiles para la enmienda de deficiencias materiales en la documentación presentada.

Comprobada la regularidad del procedimiento sucesivo y la corrección de la documentación presentada, mediante resolución de la Presidencia se autorizará la adhesión de las entidades solicitantes, excepto en los siguientes casos:

a) Que la solicitud se formulara fuera de plazo

b) Que la solicitud no reuniera los requisitos establecidos en la base 5ª y no se enmendaran las deficiencias advertidas en el plazo concedido.

Las resoluciones de autorización de adhesión se realizarán en el plazo máximo de cinco días hábiles desde la recepción de la

documentación completa para cada solicitante, a medida que estas se vayan recibiendo. Podrán realizarse en una resolución individualizada para cada entidad o para varias de ellas, en función de los plazos en los que se hayan presentado y completado las correspondientes solicitudes.

Las resoluciones de autorización de adhesión serán objeto de publicación en el Boletín Oficial de la Provincia, con expresión de los beneficiarios y cuantía de las ayudas concedidas. Esta publicación sustituirá a la notificación individual a todos los efectos, al amparo de lo establecido en el artículo 45.1.b) de la Ley 39/2015, de 1 de octubre.

7ª) Cuantía de las subvenciones: Cada ayuntamiento adherido dispondrá de una ayuda por importe de 6.000 euros. La Entidad Local Menor de Berán dispondrá de una ayuda por importe de 3.000,00 euros. Esta subvención se entenderá concedida, a todos los efectos, por el mero acto de aprobación de la adhesión.

No obstante, la aportación se aminorará en la cuantía que corresponda en los siguientes supuestos:

- Si el gasto efectivo de las actividades subvencionadas fuera inferior a dicha cantidad.

- Si las aportaciones de otras administraciones públicas que financian las actuaciones exceden, en conjunto con la concedida por la Diputación, del 100% del coste de las actividades subvencionadas.

La reducción de la cuantía de las subvenciones se declarará en la resolución de la pieza separada de justificación de la subvención.

Los remanentes que se produzcan como consecuencia de la aplicación de las reglas anteriores se reintegrarán a las arcas provinciales, sin aumentar las aportaciones para percibir por las entidades beneficiarias.

8ª) Justificación de la subvención: 1. Las entidades beneficiarias deberán justificar la subvención ante la Diputación, antes de 30 de noviembre de 2018. Este plazo tendrá carácter improrrogable, excepto causas de fuerza mayor debidamente acreditadas. En todo caso, la prórroga deberá solicitarse expresamente antes de 30 de noviembre, y podrá concederse, como máximo, hasta 15 de diciembre de 2018.

2. La justificación se realizará mediante la presentación de los siguientes documentos:

A) Certificación expedida por el secretario de la entidad en la que se indique lo siguiente:

- Relación de actividades realizadas con cargo a la subvención, indicando su objeto y duración.

- Cuantía del gasto subvencionable que fue objeto de reconocimiento de la obligación en el ejercicio 2018.

- Importe de las subvenciones o ayudas públicas concedidas para la financiación de las actividades subvencionadas.

B) Certificación de la cuenta corriente de la entidad para la realización del pago de la subvención.

C) Una fotografía del cartel informativo al que se refiere la base 9ª, en el que se refleje su localización y la mención expresa a la financiación por parte de la Diputación de Ourense.

3. Al amparo de lo establecido en el artículo 31.2 de la Ley General de Subvenciones, se considerará como gasto efectivamente realizado aquel cuyo deber de pago fuera contraído antes del vencimiento del plazo de justificación de la subvención. En consecuencia, no será preciso acreditar la realización del pagado en el acto de justificación.

No obstante, lo anterior, y en el ejercicio de sus facultades de control financiero, la Intervención podrá realizar procedimientos simplificados de control financiero, consistentes en exigir, a partir del mes siguiente al del pago de la subvención, la acreditación del pagado de la totalidad de los gastos justificados. El incumplimiento de este deber dará lugar al deber de reintegro por parte del beneficiario, así como la imposición de las sanciones que procedan.

4. Para considerar justificada la subvención, los ayuntamientos deberán acreditar la realización de gasto por una cuantía igual o superior a 6.000,00 euros y la Entidad Local Menor de Berán por una cuantía igual o superior 3.000,00 euros. En el supuesto en que sólo se justifique una cuantía inferior, la subvención se reducirá proporcionalmente. Igualmente, en el supuesto en el que la entidad beneficiaria percibiera subvenciones o ayudas que, en conjunto con la concedida al amparo del presente programa, excedan el 100 del coste soportado, la subvención se reducirá hasta alcanzar dicho límite del 100 %.

La falta de justificación en plazo dará lugar a la pérdida total del derecho a la subvención, que será declarada por la Presidencia.

La falta de justificación del deber de publicidad establecida en la base 9ª dará lugar a una reducción del importe de la subvención en un 20%.

9ª) Deberes de los beneficiarios: Con carácter general, las entidades beneficiarias asumirán todos los deberes impuestos en estas bases y en la Ley General de Subvenciones en lo que se refiere a la justificación. En particular, quedan sujetas a los deberes de control financiero y reintegro en los casos previstos en estas bases y en la legislación vigente.

En el local donde se realicen las actividades subvencionadas deberá figurar, de manera visible, un cartel informativo -en el modelo normalizado que se publicará en la web de la Diputación- en el cual constará la financiación por parte de la Diputación Provincial de Ourense.

10ª) Normativa supletoria: De conformidad con lo establecido en la disposición adicional 8ª de la Ley General de Subvenciones, esta ley será de aplicación a las subvenciones reguladas en estas bases exclusivamente como norma supletoria, para integrar posibles vacíos de regulación, así como en aquellos casos en los que las bases remiten a dicha normativa.

Será de aplicación, en todo caso, lo dispuesto en la legislación de procedimiento administrativo común.

2º.- Los ayuntamientos interesados dispondrán del plazo de un (1) mes para la presentación de solicitudes, plazo que comenzará a computarse desde la fecha de la publicación de este anuncio en el BOP.

Ourense, 21 de noviembre de 2017. El presidente. Fdo.: José Manuel Baltar Blanco.

R. 3.674

Juventud
Proyectos de cooperación