Publicación bases específicas e convocatoria do Programa trienal 2017/19 de concesión de subvencións para mellora de accesibilidade: instalación de ascensores e a eliminación de barreiras arquitectónicas nos edif. residenciais colectivos de Arteixo - Boletín Oficial de A Coruña de 07-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 07/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas, Empresas y autónomos
  • Documento en formato PDF

EDICTO

O Pleno do Concello de Arteixo en sesión ordinaria celebrada o 31 de maio de 2017 aprobou as Bases Específicas e convocatoria do Programa trienal 2017-2019 de concesión de subvencións para mellora de accesibilidade: instalación de ascensores e a eliminación de barreiras arquitectónicas nos edificios residenciais colectivos do municipio de Arteixo, co contido que se xunta.

En Arteixo, o 1 de xuño de 2017

O alcalde

Carlos Calvelo Martínez

BASES ESPECÍFICAS DO PROGRAMA TRIENAL 2017-2019 DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA MELLORA DE ACCESIBILIDADE: INSTALACION DE ASCENSORES E A ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NOS EDIFICIOS RESIDENCIAIS COLECTIVOS DO MUNICIPIO DE ARTEIXO

Primeira.- Obxecto

O obxecto destas bases é a regulación de subvencións por concorrencia competitiva para os exercicios 2017-2019 con destino a determinadas actuacións de rehabilitación edificatoria en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras nas edificacións de tipoloxía residencial colectiva do municipio de Arteixo (A Coruña).

Segunda.- Actuacións subvencionables

2.1. Serán actuacións subvencionables, para os efectos da concesión das axudas económicas previstas nestas Bases, aquelas obras e instalacións novas de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas nos elementos comúns en edificios de vivenda colectiva sitos no termo municipal de Arteixo, que reúnan os requisitos especificados na Base Cuarta, e sempre que se adecúen á normativa vixente e sexan executadas por empresas legalmente homologadas ou autorizadas.

2.2. As actuacións subvencionables deberán ser conformes coa normativa urbanística aplicable, e, por tanto, deberán contar coa correspondente licenza municipal de obras ou, no seu caso, someterse ao réxime de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.

2.3. Se contemplan as seguintes actuacións subvencionables para a accesibilidade integral:

a) Primeira instalación de ascensores, salvaescaleiras, plataformas elevadoras, ramplas ou calquera outro dispositivo de accesibilidade, incluídos os adaptados as necesidades de persoas con discapacidade sensorial

b) Instalación de elementos de apoio, como grúas ou aparellos análogos, que faciliten o acceso e uso por persoas con discapacidade a elementos comúns da edificación

c) Instalación de elementos de información e aviso, luminoso e sonoro, que facilite a orientación no usos de ascensores e escaleiras

d) A obra civil de baixada a ? cota 0? precisa para a substitución de ascensor

e) Calquera outra instalación de elementos e/ou obras que sirvan para salvar o desnivel existente ata o portal e entre este e o ascensor (peldaños, escalóns...) e, en xeral, contribúan a salvar as barreiras arquitectónicas en escaleiras e vestíbulos

2.4. Son subvencionables instalacións novas quedando excluídas as melloras, ampliacións, substitucións, reformas ou reparacións de elementos preexistentes. Non obstante, serán subvencionables os gastos referidos á modificación de elementos preexistentes no edificio para a súa adaptación á normativa de accesibilidade.

Terceira.- Beneficiarios

3.1. Poderán beneficiarse das axudas reguladas por estas Bases as comunidades de propietarios de edificios de tipoloxía residencial colectiva sitos en Arteixo (A Coruña).

3.2. Os beneficiarios das axudas deben de dar cumprimento ós requisitos establecidos no artigo 5 da Ordenanza Xeral reguladora da concesión de subvencións municipais e nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeneral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3.3. Os beneficiarios deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello de Arteixo e non ter débeda pendente coa Facenda do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, nin coa Seguridade Social, tanto no momento de presentación da solicitude como no momento do pago da subvención concedida.

3.4. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles que incorran en calquera das prohibicións establecidas no artigo 5 da Ordenanza Xeral Reguladora da concesión de subvencións municipais e nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeneral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarta.- Requisitos das edificacións

A edificación onde se pretenda levar a cabo a actuación subvencionable deberá reunir os seguintes requisitos:

1. Ser de tipoloxía residencial colectiva sito no municipio de Arteixo, excluíndose polo tanto, as vivendas unifamiliares.

2. Ter unha antigüidade mínima de 20 anos.

3. Carecer dos dispositivos de accesibilidade que se soliciten (ascensores, salva escaleiras, ramplas ou outros).

4. Estar composta como mínimo de baixo e dúas plantas.

5. Que polo menos o 60 % da súa superficie teña uso residencial, excluídos baixos e entresolos.

6. Non ter incoado nin resolto expediente por infracción urbanística.

Quinta.- Duración do programa e crédito dispoñible

5.1. Este programa de axudas terá unha duración de tres anos e se desenvolverá nos exercicios 2017, 2018 e 2019.

5.2. As axudas concederanse durante o citados exercicios con cargo ao correspondente orzamento municipal de gastos e por concorrencia competitiva ata esgotar o crédito anual dispoñible. Unha vez esgotada a consignación orzamentaria, suspenderase a concesión de axudas ata a dotación do novo orzamento, de selo caso.

Non obstante, o concello de Arteixo poderá suplementar ou incrementar a dotación orzamentaria, se así o estimase conveniente, coas condicións e de acordo co procedemento legalmente previsto.

5.3. A aplicación orzamentaria á que se imputarán as axudas do programa no exercicio de 2017 é a 1522.78000, cun crédito inicial de 100.000,00€ .

A referida contía poder ser incrementada.

5.4. O concello de Arteixo comprométese a consignar, nos vindeiros exercicios, 2018 e 2019, os fondos necesarios para continuar coa execución do programa durante o devanditos anos.

Sexta.- Ámbito temporal das actuacións

Serán subvencionables as actuacións iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.

Sétima.- Importes, límites e incompatibilidades das axudas

7.1. A contía máxima da axuda que se poderá conceder a cada comunidade de propietarios será dun 50% dos custos totais subvencionables e ata un máximo de 20.000 euros.

7.2. Estas axudas serán compatibles con outras que para a mesma finalidade poidan concederse por entes públicos ou privados, sen ben o total de axudas percibidas non poderá superar o 100% do custo subvencionable, pudendo neste caso reducirse as contías concedidas polo Concello como consecuencia da aprobación posterior doutras axudas co mesmo fin.

As beneficiarias de subvención que finalmente perciban indemnizacións para acometer a obra subvencionada, tanto derivada de seguros como de procesos litixiosos ou sexan beneficiarias de axudas doutras entidades, deberán de poñelo en coñecemento do Concello de Arteixo a fin de comprobar que non exista sobre financiamento e re calcular, de selo caso, as axudas que en cada caso correspondan.

Oitava.- Gastos subvencionables

8.1. Os gastos subvencionables a través deste programa de axudas serán o custo total das obras ou instalacións efectivamente realizadas, incluídos os honorarios dos profesionais que interveñan na redacción do proxecto técnico ou da memoria valorada, informes técnicos e certificados, que sexan preceptivos, así como os gastos derivados de tramitación administrativa, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.

8.2. En xeral, consideraranse subvencionables os custos de equipamentos, materiais, obra civil, man de obra e os impostos indirectos asociados a obra e posta en servicio do ascenso, de maneira que quede operativo.

8.3. O custo subvencionable das obras, incluíndo os gastos sinalados no apartado anterior, non poderán superar os custos medios do mercado que correspondan a tales actuacións, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da base de prezos da construción de Galicia ou normativa que a substitúa respecto da data da solicitude da subvención.

8.4. Os traballos de instalación de ascensores e salva escaleiras deberán ser executados por empresas habilitadas de acordo coa lexislación vixente en materia de ascensores e deberán contar co proxecto e dirección técnica que resulte preceptivo de acordo co alcance da actuación que se subvenciona.

8.5. Cando o gasto subvencionable supere os 50.000,00 € , deberán solicitarse polo beneficiario da subvención concedida un mínimo de tres orzamentos a contratistas diferentes.

Novena.- Criterios de selección

9.1 As subvencións adxudicaranse en réxime de concorrencia competitiva, ata que se esgote o crédito orzamentario, seguindo a orde de prelación das solicitudes completas presentadas de conformidade co previsto nas presentes Bases.

9.2 Unha vez esgotada a consignación orzamentaria anual, as solicitudes xa presentadas serán resoltas no próximo exercicio con consignación orzamentaria con carácter preferente, non sendo necesario que presenten de novo a solicitude, salvo que renuncien expresamente a ela.

9.3 Para o ordenamento das solicitudes presentadas, terase en conta os seguintes criterios obxectivos, segundo valoración técnica:

a) Accesibilidade dos residentes. As dificultades engadidas que teñen determinados colectivos ante a existencia de barreiras arquitectónicas nos seus lugares de residencia, fai necesario ofrecerlle unha maior protección que redunde na mellora das súas condicións de accesibilidade. Ata un máximo de 50 puntos.

i. Mínimo do 50% dos residentes con idade igual ou maior a 65 anos: 15 puntos

ii. Mínimo dunha persoa residente con mobilidade reducida, legalmente recoñecida: 20 puntos

iii. Mínimo dunha persoa residente en situación de dependencia, debidamente acreditada: 15 puntos

b) Tipoloxía da edificación: número de andares, partindo do mínimo esixible para tomar parte da presente convocatoria. Ata un máximo de 20 puntos.

i. Baixo + dous andares (mínimo): 5 puntos

ii. Baixo + tres andares: 10 puntos

iii. Maior número de andares: 20 puntos

c) Tipoloxía da actuación para a accesibilidade integral. Ata un máximo de 30 puntos.

i. A actuación inclúe instalación de ascensor e outros elementos: 30 puntos

ii. A actuación inclúe soamente instalación de ascensor: 20 puntos

iii. A actuación no inclúe instalación de ascensor: 5 puntos

No caso de empate, terá preferencia a maio puntuación obtida no apartado a) referido.

A continuación, a obtida no apartado c) e, finalmente, a do apartado b).

Décima.- Presentación de solicitudes

10.1. Lugar de presentación de solicitudes:

A solicitude, xunto coa documentación preceptiva, deberá ser presentada no Rexistro Xeral do Concello e nos rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e de tendo en conta o disposto na Disposición transitoria segunda do mesmo texto legal.

10.2. Prazo de presentación:

O prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas iniciarase ao día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia das presentes Bases e estará aberto no ano 2017 ata o 30 de outubro. Para as anualidades 2018 e 2019 comunicarase, tras a aprobación da convocatoria polo órgano competente, as fechas correspondentes de cada anualidade.

10.3 . Documentación a achegar

a) Impreso de solicitude conforme ao modelo das presentes Bases que se achega como Anexo I e Anexo II asinados polo representante da comunidade de propietarios solicitante ou persoa facultada para os efectos de tramitación da presente subvención.

b) Copia auténtica do CIF da comunidade de propietarios solicitante

c) Copia auténtica do NIF do representante da comunidade de propietarios solicitante e acreditación documental da dita representación.

d) Certificado de quen exerza as funcións de secretario/a da comunidade de propietarios tanto do acordo de realización da actuación para a cal que se solicita a subvención como do de solicitar esta.

e) Autorización a esta Administración para a obtención dos datos relativos ós requisitos da edificación establecidos na Base Cuarta das presentes Bases.

f) Anteproxecto técnico asinado por técnico competente habilitado no que se inclúa o orzamento desagregado e detallado do custo do investimento.

g) Acta do acordo da Xunta de Propietarios polo que se adxudica a obra a determinada empresa contratista, xunto coa xustificación dos orzamentos que se teñan solicitado (mínimo de 3 ofertas cando o gasto subvencionable supere os 50.000,00€ ).

h) Certificado bancario acreditativo do número de conta da comunidade de propietarios na que, no seu caso, desexa que se realice o ingreso da axuda. Esta conta deberá ser a mesma contra a que se realicen todos os pagamentos das obras ou instalacións subvencionadas.

i) Certificados de estar ao corrente nas obrigas tributarias co Concello, Facenda do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, ou autorización expresa para que o Concello acceda a esta información (Anexo III das presentes Bases).

k). Para aplicación do criterio de selección previsto na Base 9.3 a) i: certificados de empadroamento das persoas residentes de idade igual ou superior ós 65 anos, de acordo co establecido na Base 9.3 a) i.

l) Para aplicación dos criterios de selección previsto na Base 9.3.a) ii e iii: certificados do organismo competente de recoñecemento da situación de mobilidade reducida ou dependencia, así como certificados de empadroamento das persoas residentes que se atopan en tal situación.

10.4. Se se observasen defectos ou omisións subsanables na documentación presentada, notificarase aos solicitantes, concedéndoselles un prazo de dez días para que emenden a falta ou acompañen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixesen, teráselles por desistidos da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da LPACAP. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, poderá requirirse ao solicitante para que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Undécima.- Proposta e acordo de outorgamento

A Xunta de Goberno Local, á vista da proposta formulada polo persoal técnico, resolverá motivadamente sobre a concesión ou denegación da subvención correspondente.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de seis meses contados a partir da presentación da solicitude de subvención polo interesado nun rexistro válido con toda a documentación completa. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

A resolución de non admisión da solicitude así como a que poña fin ao procedemento, concedendo ou non as axudas solicitadas, deberán ser notificadas á entidades interesadas no prazo anteriormente indicado con expresión dos recursos procedentes contra as mesmas.

Contra as ditas resolucións, que poñerán fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou, se o acto non fose expreso, en calquera momento a partir do día seguinte ao que se produza o acto presunto; ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Se se interpón recurso potestativo de reposición non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer calquera outro que consideren procedente.

Duodécima.- Xustificación e pagamento da subvención

12.1. O prazo máximo de xustificación da subvención concedida será ata o 30 de novembro do ano seguinte ao do outorgamento da subvención. Antes desta data as obras subvencionadas deben estar completamente finalizadas.

12.2. Para xustificar as actuacións subvencionadas, as comunidades de propietarios beneficiarias deberán presentar a seguinte documentación:

a) Declaración responsable do cumprimento dos requisitos e condicións e da finalidade que determina a concesión da subvención.

b) Certificado final de obra.

c) No seu caso, acta ou documento de posta en marcha do aparello elevador e acreditación da súa alta no Rexistro de Aparellos Elevadores da consellería competente en materia de industria da Xunta de Galicia.

d) Conta xustificativa coa que se deben achegar facturas orixinais, ou fotocopia compulsada, da totalidade dos gastos subvencionados que deberán reflectir de maneira desagregada o seu importe e a súa descrición e de conformidade co documento técnico presentado para a obtención da subvención. Tales documentos deberán cumprir cos requisitos legais e regulamentariamente establecidos.

e) Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Estes pagamentos deberán efectuarse con cargo á mesma conta da comunidade de propietarios cuxo certificado bancario acompaña a solicitude. Non se admitirán pagos en efectivo, nin se admitirán como xustificantes os obtidos a través da rede internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos de verificación na sede electrónica da devandita entidade bancaria.

f) Certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias, co Concello de Arteixo, Facenda do Estado e Facenda da Xunta de Galicia, e coa Seguridade Social. O beneficiario pode autorizar ao Concello de Arteixo para a súa obtención.

g) Declaración responsable de non ter obtido ningunha outra axuda e/ou indemnización, pública ou privada, para a mesma finalidade para a que foi concedida a axuda. De selo caso, xustificación documental das concedidas ou percibidas, indicando á entidade de quen se percibe e a súa contía (Anexo III das presentes Bases).

12.3. A falta de presentación da xustificación, ou a xustificación incompleta ou incorrecta no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobro total ou parcial da subvención e as demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, se fose por causa imputable á comunidade de propietarios beneficiaria.

12.4.O Concello de Arteixo poderá requirir a presentación de documentación complementaria para comprobar a adecuada xustificación da subvención.

O Concello de Arteixo poderá comprobar, mediante a utilización dos medios que considere oportunos, a correcta aplicación das contías outorgadas en relación cos fins pretendidos, controlando o gasto e esixindo, de selo caso, responsabilidades, así como o reintegro de fondos, no caso de non ter sido cumprida a finalidade que motivou a concesión.

12.5. Previa a xustificación da subvención nos termos previstos nas presentes Bases, a Xunta de Goberno Local, a proposta do técnico competente, procederá a aprobación da referida xustificación, autorizando o pago do importe da contía concedida e xustificada.

O pago realizarase mediante transferencia á conta bancaria designada pola comunidade de propietarios beneficiaria.

12.6. As subvencións serán minoradas proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución da concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto.

Décimo terceira.- Obrigas das entidades beneficiarias e revogación de axudas

13.1. Son obrigacións das comunidades de propietarios beneficiarias:

a) O cumprimento de todo o establecido nas presentes Bases.

b) Utilizar a subvención para o fin concreto para a que foi concedida e nos prazos establecidos.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que o Concello de Arteixo considere pertinentes durante e despois das obras.

d) Facilitar toda a información e documentación que lle sexa requirida polo Concello de Arteixo no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións e do cumprimento das presentes Bases e normativa de aplicación.

e) Conservar as facturas e os demais documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) As demais obrigacións recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Executar as actuacións subvencionadas de acordo co anteproxecto presentada coa solicitude e, polo tanto, de acordo coa licenza urbanística ou a comunicación previa e a documentación técnica presentada, as cales deberán recoller as mesmas obras que as previstas na citada memoria valorada - e dentro dos prazos máximos que se indiquen na respectiva resolución de concesión e, de ser o caso, na licenza de urbanística, cumprindo as demais condicións e prescricións que nela se establezan.

13.2. Revogación de axudas: as axudas concedidas poderán ser revogadas, previa audiencia do interesado, por falseamento de datos ou incumprimento de calquera condición recollida nas presentes bases.

Décimo cuarta.- Incumprimento e reintegro das axudas

1. Se a comunidade de propietarios beneficiaria incumprise calquera dos requisitos establecidos nestas bases ou as condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, revogaranse as subvencións, coa obriga de reintegrala, nos termos legal e regulamentariamente establecidos.

2. Así mesmo, procederá o reintegro da subvención concedida e dos xuros de mora correspondentes nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño e no artigo 14 da Ordenanza Municipal Reguladora da concesión de subvencións municipais.

3. Ás comunidades de propietarios beneficiarias das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Ordenanza Xeral Reguladora da concesión de subvencións municipais e demais normativa de aplicación.

ANEXO I

SOLICITUDE

A. DATOS DA COMUNIDADE DE PROPIESTARIOS SOLICITANTE:

EDIFICIO (DIRECCIÓN COMPLETA):

CIF:

B. DATOS DO REPRESENTANTE

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

DOMICILIO

MUNICIPIO

PROVINCIA

COD. POSTAL

TELÉFONO

TÍTULO DE REPRESENTACIÓN:

C. DESTINO SUBVENCIÓN:

1. Breve descrición da tipoloxía da actuación para a que se solicita a subvención.

2. Custo subvencionable (custo da actuación para a que se solicita a subvención):

3. Importe que se solicita:

Dª./D ___________________________________________________, como (representante) DECLARA:

Que todos e cada un dos datos consignados na presente solicitude e documentación que se achega son certos e comprobables documentalmente, quedando enterada/o que o ocultamento ou falsidade destes dará lugar á esixencia das responsabilidades que deso puideran derivarse, así como da obriga de comunicar ao CONCELLO DE ARTEIXO, calquera variación dos datos declarados ou acreditados que puideran producirse no sucesivo.

Arteixo, a _________de____________________ de 201___ Asdo.:

NOTA INFORMATIVA: Os datos recollidos na presente solicitude facilitaranse de forma voluntaria; En caso de non facelo non será posible o seu trámite. Estes datos serán incorporados a un ficheiro automatizado coa exclusiva finalidade da resolución do expediente, cuxo tratamento é responsabilidade da dirección do Concello de Arteixo, e respecto deles, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, de conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/99 de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Existe a posibilidade de cesión dos datos a outras Administracións, Entidades ou Organismos Públicos ou Privados, para o cumprimento de fins directamente relacionados coas funcións lexítimas destas entidades e do Concello de Arteixo.

SR/A. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO CONCELLO DE ARTEIXO

Coa presente solicitude deberá achegar a seguinte documentación:

Copia auténtica do CIF da comunidade de propietarios solicitante

Copia auténtica do NIF do representante da comunidade de propietarios solicitante e acreditación documental da dita representación.

Certificado de quen exerza as funcións de secretario/a da comunidade de propietarios tanto do acordo de realización da actuación para a cal que se solicita a subvención como do de solicitar esta.

Autorización ao Concello de Arteixo para a obtención dos datos relativos ós requisitos da edificación establecidos na Base Cuarta das presentes Bases (Anexo III)

Anteproxecto técnico asinado por técnico competente habilitado no que se inclúa o orzamento desagregado e detallado do custo do investimento.

Acta do acordo da Xunta de Propietarios polo que se adxudica a obra a determinada empresa contratista, xunto coa xustificación dos orzamentos que se teñan solicitado (mínimo de 3 ofertas cando o gasto subvencionable supere os 50.000,00€ ).

Certificado bancario acreditativo do número de conta da comunidade de propietarios na que, no seu caso, desexa que se realice o ingreso da axuda. Esta conta deberá ser a mesma contra a que se realicen todos os pagamentos das obras ou instalacións subvencionadas.

Certificados de estar ao corrente nas obrigas tributarias co Concello, Facenda do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, ou autorización expresa para que o Concello acceda a esta información (ou ben autorización segundo Anexo III das presentes Bases).

Declaración responsable (Anexo II)

Certificado acreditativo da situación de dependencia e/ou mobilidade reducida das persoas residentes emitido por organismo competente

Certificados de empadroamento de residentes para acollerse á puntuación prevista na Base 9:

- Persoas residentes de idade igual ou superior ós 65 anos

- Persoas con mobilidade reducida recoñecida por órgano competente

- Persoas en situación de dependencia recoñecida por órgano competente

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Dona./D. __________________________________________________ con DNI ____________________, representante da comunidade de propietarios de _________________________________________________con CIF _________________________

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

- Que a referida Comunidade de Propietarios se atopa ao corrente do cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria estatal, Facenda da Xunta de Galicia e co Concello de Arteixo, e coa Seguridade Social.

- Que a referida Comunidade de Propietarios non incorre en ningunha das causas de prohibición para a obtención de subvencións públicas.

- Que SI/NON ten solicitado e /ou obtido subvención e/ou axuda de calquera administración pública e/ou entidade pública e/ou privada para a mesma finalidade para a que se solicita a presente subvención.

(No caso de que se indique que SI, deberá especificar o importe solicitado e/ou obtido e a entidade concedente, debendo acreditar documentalmente tal extremo)

- Aceptar as actuacións de comprobación dos referidos datos que realice o Concello de Arteixo para os efectos do cumprimento do establecido nas Bases específicas reguladoras do Programa trienal 2017-2019 de concesión de subvencións para mellora de accesibilidade: instalación de ascensores e a eliminación de barreiras arquitectónicas nos edificios residenciais colectivos do municipio de Arteixo aprobadas polo Pleno da Corporación e publicadas no BOP número ___________ de ________.

Arteixo, de de 201

O/ A Representante

Asdo.

ANEXO III

AUTORIZACIÓN

Dona./D.________________________________________________________ con DNI _____________________, representante da comunidade de propietarios de ____________________________________________con CIF ____________________

AUTORIZO AO CONCELLO DE ARTEIXO A, para (indicar cunha X):

A obtención dos certificados correspondentes de estar ao corrente das obrigas tributarias co Estado, Xunta de Galicia e Concello de Arteixo, e coa Seguridade Social para os efectos da solicitude e da xustificación e pago da subvención regulada polas Bases específicas do Programa trienal 2017-2019 de concesión de subvencións para mellora de accesibilidade: instalación de ascensores e a eliminación de barreiras arquitectónicas nos edificios residenciais colectivos do municipio de Arteixo aprobadas polo Pleno da Corporación e publicadas no BOP número ______ de ______.

A obtención das correspondentes certificacións catastrais da edificación para a que se solicita a subvención, así como da documentación relativa ós demais extremos dos requisitos da edificación establecidos na Base Cuarta para os efectos de comprobar o cumprimento do establecido nas Bases específicas reguladoras do Programa Trienal 2017-2019.de concesión de subvencións para mellora de accesibilidade: instalación de ascensores e a eliminación de barreiras arquitectónicas nos edificios residenciais colectivos do municipio de Arteixo aprobadas polo Pleno da Corporación e publicadas no BOP número _____ de ______.

Arteixo, de de 201

O/ A Representante

Asdo.:

2017/4785

Instalación de ascensores
Empresa
Vivienda
Dependencia
Rehabilitación de vivienda
Industria