Publicación bases específicas e convocatoria de subvencións para asociacións de veciños destinadas ao fomento da convivencia (exercicio 2017) - Boletín Oficial de A Coruña de 07-06-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 07/06/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

EDICTO

O Pleno do Concello de Arteixo en sesión ordinaria celebrada o 31 de maio de 2017 aprobou as Bases Específicas e convocatoria de subvencións para asociacións de veciños destinadas ao fomento da convivencia (exercicio 2017), co contido que se xunta.

En Arteixo, o 1 de xuño de 2017

O alcalde

Carlos Calvelo Martínez

BASES ESPECÍFICAS REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DESTINADAS AO FOMENTO DA CONVIVENCIA

(EXERCICIO 2017)

1. OBXECTO E FINALIDADE

1.1. As presentes bases teñen por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás Asociacións de Veciños constituídas como tales, e con ámbito de actuación no Concello de Arteixo co fin de colaborar co tecido asociativo municipal para o fomento de participación da cidadanía para o desenvolvemento de actividades de ocio e programas de participación e dinamización de interese xeral para a veciñanza durante o exercicio 2017.

1.2. Se consideran actividades e programas de participación e dinamización de interese xeneral, aos efectos da presente convocatoria:

a. Actividades de animación destinadas ao fomento da convivencia, intererrelación das persoas e integración na vida da comunidade.

b. Fomento do traballo en rede de asociacións, na organización de programas e actividades, creando redes de apoio mutuo.

c. Actividades de promoción e fomento do asociacionismo

Entendendo por actividades e programas de participación de dinamización de interese xeral para a veciñanza festexos populares, celebración de eventos formativos do asociacionismo, festas non patronais, xuntanzas e eventos con características similares.

Debe de tratarse de actividades desenvolvidas no presente ano 2017.

Quedan excluidas da presente convocatoria e , xa que logo, non serán obxecto das subvencións as seguintes actividades ou investimentos:

- As actividades, festas patronais e equipamentos subvencionados ou financiados no mesmo exercicio a través doutras convocatorias, convenios ou plans do Concello de Arteixo

- As actividades realizadas fóra do termo municipal.

Unha actividade ou programa dirixido a un mesmo colectivo ou sector da poboación só poderá ser subvencionada a través dunha única asociación ou agrupación de subvencións, pero a través será tramitada nunha única solicitude.

1.3. Serán subvencionables unicamente os gastos de aluguer, transporte e instalación de carpas para a realización das actividades ou eventos, definidos no apartado segundo das presentes bases. Tales instalacións deben de cumprir coa normativa técnica aplicable e contar coas autorizacións e ou permisos que sexan preceptivos pola normativa. Non serán subvencionables os custos de proxectos técnicos, licencias e permisos.

2. CRÉDITO PRESUPUESTARIO E CONTÍA MÁXIMA

2.1. O crédito orzamentario máximo destinado a esta finalidade é para o presente exercicio 2017 de 20.000 € . Este gasto é imputable á partida 924.48900 do Presuposto Municipal de 2017.

2.2. Será subvencionable o 100% do custo de aluguer, transporte e instalación de carpas ata un máximo de 4.000€ . Quedan excluídos os custos de proxectos técnicos, licencias e permisos.

3. BENEFICIARIOS DAS AXUDAS.

Teñen a consideración de beneficiarios as Asociacións de Veciños que realicen as actividade obxecto das presentes bases e reúnan os requisitos esixidos nas mesmas.

Tamén terán a consideración de beneficiarios, as agrupacións de varias Asociacións que realicen as actividades obxecto das presentes bases e reúnan os requisitos esixidos nas mesmas. En calquera caso deberá nomearse un representante das asociacións reunidas en agrupación para a solicitude da presente convocatoria.

4. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

Os beneficiarios perceptores das subvencións estarán obrigados ao seguinte:

a. Aceptar a subvención. No caso de que isto non sexa posible porque non se execute o programa de actividades previsto ou cando, pola percepción de outros ingresos de calquera natureza, estivese cuberto importe total dos gastos deberán renunciar a ela expresa e motivadamente, no prazo de quince días, contados a partir de aquel no que reciban a notificación da concesión da subvención.

b. Realizar a actividade, executar o proxecto ou cumprir o obxectivo, dentro do ano natural, axustándose aos termos incluídos na solicitude.

c. Comunicarlle á Concellería de Participación Cidadá as datas, horas e lugares definitivos do desenvolvemento da actividade.

d. Asumir ao seu cargo a exclusiva responsabilidade das actividades para as que fora concedida subvención, asimesmo serán ao seu cargo os medios persoais e materiais que fosen precisos para o seu cumprimento, incluídas as obrigas fiscais e de seguridade social que se deriven do mesmo.

e. Acreditar ante o Concello a realización da actividade e cumprir os requisitos e condicións que determinen a condición da axuda. No caso de actividades esta acreditación realizarse, ademais coa xustificación documental pertinente, coa presentación ineludible antes da realización da actividade de 2 carteis anunciadores ou outra información escrita realizada para a súa difusión nos servizos correspondentes.

f. Facer constar na totalidade da publicidade e/ou actividade informativa que se realice por calquera medio que conta con subvención do Concello de Arteixo, tendo que figurar en toda impresión o logotipo oficial que será facilitado polos servizos correspondentes.

g. Someterse as actuacións de comprobación e control financeiro e facilitar os datos que lles sexan requiridos.

h. Dar conta das modificacións que poidan xurdir durante a realización do proxecto ou actividade, xustificándoas adecuadamente, que deberán obter a autorización do órgano competente.

i. Xustificar adecuadamente a subvención concedida na forma prevista nestas Bases, mediante a presentación detallada das actividades realizadas, o seu coste, con desglose de cada un dos gastos efectuados.

j. Comunicar ao Concello a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade que procedan doutras administracións e/ou entes públicos ou privados.

k. Colaborar cos servizos municipais nos actos para os que sexan requiridos.

4. REQUISITOS ESIXIDOS

As Asociacións de Veciños e entidades beneficiarias destas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Estar legalmente constituídas como tales e estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Arteixo, no momento de realizar a solicitude.

2. Carecer de fins de ánimo de lucro.

3. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial co Concello de Arteixo ou sobre temas de interese para o Concello.

4. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda perante o Concello de Arteixo para o mesmo obxecto para o que se solicita a nova subvención.

5. Non incorrer as persoas xurídicas ou as persoas que ostenten a representación legal das mesmas, en algún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións por incapacidade ou incompatibilidade, establecidas no art. 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

6. Estar ao corrente das súas obrigas coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello de Arteixo.

7. Ter un número mínimo de 10 persoas asociadas

8. Acompañar á solicitude a documentación que se solicita no apartado cinco desta convocatoria.

5. DOCUMENTACIÓN ESIXIDA

As asociacións que concorran a presente convocatoria de subvencións formularanse no modelo normalizado que se achega como Anexo I aportando os datos e a documentación sinalada a continuación:

a) Memoria explicativa da actividade que se pretenden realizar, con especificación do contido, data, horarios, lugar de realización, obxectivos, responsable da súa execución , número de beneficiarios e fins concretos aos que se destinarán os fondos.

b) Orzamento detallado por conceptos de gastos e ingresos previstos da actividade para o que se pretende a subvención solicitada.

c) Certificación orixinal do acordo de solicitude e do nomeamento do representante para as súas relacións co Concello, xunto coa fotocopia compulsada do seu DNI e do CIF da Asociación.

d) Declaración responsable relativa a outras subvención e/ou axudas percibidas con idéntico destino, así como de non atoparse en ningunha das prohibicións para ser beneficiario de subvencións ( Anexo II ).

e) Certificados acreditativos de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

f) Certificación do número do socios activos, que terá que acadar un mínimo de 10 persoas.

g) Memoria das actividades realizados no exercicio anterior.

h) Compromiso da entidade de facer constar a colaboración do Concello de Arteixo e da Concellaría de Participación Cidadá en toda a información que realice ( impresa, informática ou audiovisual ) no desenvolvemento das actividades ou investimentos (Anexo III)

i) Certificado bancario acreditativo do número de conta bancaria a nome da Asociación

No caso de existir cambios respecto ao ano anterior que afecten á xunta directiva, domicilio social , conta bancaria ou aos estatutos, tamén deberán actualizarse coa solicitude.

- Fotocopia da acta de constitución cos cargos da actual xunta directiva. No caso de persoas físicas substituirase por un prego coas sinaturas, nome completo, enderezo e DNI de cada unha delas.

- Fotocopia do CIF da entidade. No caso de que o solicitante presente o CIF dunha entidade de ámbito superior, deberá acreditar que conta con autorización da entidade titular do CIF para a súa utilización.

- Certificación da conta bancaria segundo modelo oficial.

- Certificación da inscrición no Rexistro de Asociacións de Galicia.

- Estatutos da entidade rexistrados polo organismo competente.

Calquera defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación terá que ser subsanado no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.

6. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN

A solicitude, xunto coa documentación preceptiva, deberá ser presentada no Rexistro Xeral do Concello e nos rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e de tendo en conta o disposto na Disposición transitoria segunda do mesmo texto legal.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar dende ó seguinte á publicación das presentes Bases e Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

6. CRITERIOS DE CONCESIÓN

A concesión das subvencións corresponde, previo informe técnico, á Xunta de Goberno Local.

7.1.- Criterios para a concesión da subvención

Para a concesión da subvención teranse en conta os seguintes criterios de prelación:

a) Por ser Asociación de Veciños , integrantes do Consello Sectorial (15 puntos)

b) Implantación territorial, número de asociados, así como de voluntarios e localización territorial da actuación a realizar (ata 15 puntos).

c) Por ser actividades con unha traxectoria de edicións anteriores (ata 20 puntos).

d) Por ser actividades organizadas por agrupacións ou conxuntos de asociacións (ata 30 puntos)

f) Colaboración co Concello na participación das actividades municipais co fin de fomentar a participación cidadá (ata 20 puntos)

Co fin de unificar os criterios numéricos, se estabelecen as seguintes táboas de equivalencias para adxudicar os puntos correspondentes

Asociados (b)

Nº de Asociados Puntos

-15 0

15-45 1

45-75 2

75-105 3

105-135 4

135-165 5

165-195 6

195-225 7

225-255 8

255-285 9

285-315 10

+315 15

Traxectoria de edicións anteriores (c) Agrupacións de asociacións (d)

Anos de realización puntos Nº de agrupación Puntos

1 ano 5 1 10

2 anos 10 2 15

3 anos 15 3 20

+ 4 anos 20 4 25

5 o + 30

Colaboración actividades municipais (g)

Actividades puntos

1 actividade 5

2 actividades 10

3 actividades 15

4 o + 20

7. NOTIFICACIÓN E PUBLICIDADE DA RESOLUCIÓN

A resolución da concesión notificarase expresamente a todo/as os /as solicitantes de forma fidedigna no prazo máximo de 2 meses contados a partir da data de resolución do programa e será exposto ó público nos taboleiros de anuncios do Concello.

Contra a desestimación expresa ou presenta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.

8. REFORMULACIÓN DE SOLICITUDES

Dacordo co estabelecido no art. 27 da Lei Xeral de subvención e no 61 do seu regulamento, a reformulación das solicitudes realizarase de forma automática, de xeito que, se o importe da subvención é inferior ó solicitado polo beneficiario, o presuposto subvencionado que deberá ser xustificado posteriormente, determinarase dividindo a contía da subvención concedido polo coeficiente de financiamento proposto polo beneficiario.

9. MODIFICACIÓN DE CONCEPTOS

Despois da notificación da concesión, e logo de solicitude razoada da entidade beneficiaria da subvención, poderá autorizarse a modificación da solicitude inicial mediante o cambio dos obxectivos ou conceptos concretos que se detallan na memoria ou orzamento da solicitude, sempre que se manteña a finalidade da subvención. Estes cambios deberán comunicarse previamente a súa xustificación para seren admitidos. Se os cambios provocan un presuposto superior ou igual ó presuposto inicial, manterase o coeficiente de financiamento, o importe da subvención e o presuposto subvencionado; se o presuposto é inferior ó inicial, deberá determinarse un novo coeficiente de financiamento, novo importe e novo presuposto subvencionado, que serán inferiores ó inicialmente estabelecido.

10. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

a. Prazo de xustificación

O prazo de presentación dos xustificantes rematara o 30 de novembro do ano que andamos, se ben antes de finalizar o prazo, poderá ampliarse por solicitude do interesado ou por proposta razoada da unidade xestora. No caso de que o interesado solicite unha prórroga téñense que razoar os motivos e realizarse por escrito antes de data sinalada.

Se non presenta a xustificación dentro do prazo ( inicial ou prorrogado), iniciarase expediente de anulación do corresponde compromiso.

En calquera caso, o 31 de decembro deste anularanse automaticamente tódalas axudas pendentes de xustificación ou sen concesión de prórroga.

O Concello resérvase o dereito de comprobar, polos medios que estime oportunos, que a xustificación é correcta, quedando o beneficiario obrigado a facilitar canta información sexa requirida polo servizo xestor para a Intervención Municipal.

b. Consideracións xerais.

Os gastos xustificados deberán axustarse aos conceptos aprobados no presuposto inicial.

12.2.1. As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos. Será posible anticipar ata un 50% da cantidade, , previa solicitude do solicitante, aboándose o 50% restante no momento da xustificación.

12.2.2. No caso de ter outras subvencións para o mesmo obxecto que, en concorrencia coa subvención do Concello teñan un importe superior á cantidade resultante do cálculo anterior, o presuposto subvencionado será a suma das subvencións.

O gasto xustificado documentalmente deberá acadar polo mesmo o importe do presuposto subvencionado a xustificar.

12.2.3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, en todo caso a obtención concorrente de subvención doutras Administracións públicas ou entidades privadas supere o custo da actividade que desempeñe o beneficiario.

c. Documentación xustificativa

Para o cobro da subvencións as entidades deberán presentar unha conta xustificativa simplificada. A conta xustificativa presentarase no Rexistro Xeral do Concello con destino ao SM de Participación Cidadá e respectará o contido mínimo que marca o artigo 75 do RD 887/2006, Regulamento de subvencións, polo que deberá incluír:

- Memoria xustificativa Memoria económica, coa relación de gastos e ingresos, e a certificación doutras axudas ou subvencións percibidas para a mesma finalidade. Tamén carta de pagamento no caso de reintegro de sobrantes.

- Certificación acreditativa de estar ó corrente das obrigas fiscais coa facenda estatal autonómica e local e certificación acreditativa de estar ó correntes das obrigas coa Seguridade Social.

- Certificación do secretario/a da entidade, co visto e prace do/a presidente/a, na que faga constar que o gasto foi reflectido, na forma preceptiva, no libro de contabilidade da entidade, segundo o disposto no artigo 14.1 da Lei 38/2003 de 17 de novembro xeral de subvencións.

- Acreditación gráfica de cumprimento da obriga de facer constar a colaboración do Concello de Arteixo en toda información (impresa, informática, ou audiovisual) que se teña feita das actividades ou investimentos subvencionados.

- Facturas orixinais ou compulsadas do gasto subvencionado realizado que deben reunir os requisitos legais establecidos no RD 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulamentan as obrigas de facturación, e relativas ós gastos realizados polos conceptos incluídos no presuposto inicial e polo importe sinalado na notificación da concesión.

- Coa finalidade de dar cumprimento ó disposto no art. 30.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no caso de presentar fotocopias, antes de facer a fotocopia deberá entenderse no orixinal da factura unha dilixencia na que se faga constar que a factura foi utilizada como xustificante de gasto para a obtención dunha subvención do Concello de Arteixo.

- Xustificante de transferencia bancaria do pago realizado. Non se admitirán pagos en metálico.

- A substitución de facturas por outro documento unicamente será válido nos supostos mencionados no artigo 4 do RD 1496/2003, Regulamento de facturación.

- Documentación acreditativa de que a instalación obxecto da subvención cumpre a normativa legal esixida.

d. Tramitación da xustificación

A vista da documentación xustificativa presentada, logo dos informes do Servizo de Participación Cidadá e do Servizo de Intervención, o órgano competente valorará o cumprimento das actividades ou investimentos subvencionados e, se a documentación é correcta, procederase ao pagamento da subvención.

No caso de que a documentación xustificativa fora incorrecta ou insuficiente, notificarase un prazo de dez días para a súa corrección.

Pasado dito prazo arquivarase a solicitude e non terán dereito á reclamación.

O aboamento realizarase mediante o ingreso do importe da subvención na conta sinalada pola entidade.

11. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Vencido o prazo de xustificación sinalado na base 37.1 ou, no seu caso, a prórroga, sen que a entidade presentara a documentación xustificativa, o SM de Participación Cidadá requirirá para que a presente no prazo improrrogable de quince días.

A falta de presentación da documentación neste prazo suporá a perda de subvención e demais responsabilidades previstas na Lei Xeral de Subvencións.

Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador estabelecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais normas concordantes.

Toda alteración das condicións tidas en conta a para a concesión da subvención poderá dar lugar a súa retirada, modificación ou reintegro do importe da mesma, cos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención.

Para os casos non previstos nas presentes bases aplicaranse as normas incluídas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e no seu Regulamento e na Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia, así como na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arteixo.

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN

D.____________________________________________________________________________, con NIF:_________________

en representación da Asociación de Veciños ________________________________________________________________

con nº de rexistro (Rexistro de Asociación): ____________________, con NIF_________________, con domicilio en _____

_______________________________________________________________________________________________________

código postal _________, teléfono nº _____________, correo electrónico______________________

EXPÓN:

Que pretende realizar/ten realizado a seguinte actividade (especificar data e lugar)

SOLICITA:

Se lle conceda unha subvención por importe de (___________________€ ) ao abeiro do establecido nas Bases reguladoras de subvencións para asociación de vecinos destinadas ao fomento da convivencia (exercicio 2017).

De acordo coa documentación que se achega, e

£ (marcar cun aspa, de selo caso) Solicito que se anticipe o cincuenta por cento da contía concedida

£ (marcar cun aspa)Certifico que os datos que figuran na documentación que se achega corresponden fielmente á realidade e tendo por presentada a solicitude en tempo e forma, sexa admitida previos os trámites e probas que estime oportunas

£ Certifico que o número de socios a día 1 de xaneiro de 2017 é de ____________________

En Arteixo, de de 2017

O representante legal

Asdo.:

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARTEIXO

Coa solicitude deberá de achegarse a seguinte documentación, segundo a Base 5:

Memoria explicativa da actividade que se pretenden realizar, con especificación do contido, data, horarios, lugar de realización, obxectivos, responsable da súa execución, número de beneficiarios e fins concretos aos que se destinarán os fondos.

Presupuesto detallado por conceptos de gastos e ingresos previstos da actividade para o que se pretende a subvención solicitada.

Certificación orixinal do acordo de solicitude e do nomeamento do representante para as súas relacións co Concello (no modelo oficial), xunto coa fotocopia do seu DNI.

Declaración responsable relativa a outras subvención e/ou axudas percibidas e de non atoparese en ningunha das prohibicións para ser beneficiario de subvencións (Anexo II)

Certificados acreditativos de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social,

Memoria das actividades realizados no exercicio anterior.

Compromiso da entidade de facer constar a colaboración do Concello de Arteixo e da Concellaría de Participación Cidadá en toda a información que realice ( impresa, informática ou audiovisual ) no desenvolvemento das actividades (Anexo III)

Certificado bancario acreditativo do número de conta bancaria a nome da Asociación.

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Dona./D._____________________________________________________________________ con DNI __________________,

representante da Asociación de Veciños ____________________________________________________________________

con CIF ____________________________

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

- Que a referida entidade se atopa ao corrente do cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria estatal, Facenda da Xunta de Galicia e co Concello de Arteixo, e coa Seguridade Social.

- Que a referida entidade non incorre en ningunha das causas de prohibición para a obtención de subvencións públicas.

- Que SI/NON ten solicitado e /ou obtido subvención e/ou axuda de calquera administración pública e/ou entidade pública e/ou privada para a mesma finalidade para a que se solicita a presente subvención.

(No caso de que se indique que SI, deberá especificar o importe solicitado e/ou obtido e a entidade concedente, debendo acreditar documentalmente tal extremo)

- Aceptar as actuacións de comprobación dos referidos datos que realice o Concello de Arteixo para os efectos do cumprimento do establecido nas Bases específicas reguladoras do Programa trienal 2017-2019 de concesión de subvencións para mellora de accesibilidade: instalación de ascensores e a eliminación de barreiras arquitectónicas nos edificios residenciais colectivos do municipio de Arteixo aprobadas polo Pleno da Corporación e publicadas no BOP número ______ de ______.

Arteixo, de de 201

O/ A Representante

Asdo.:

ANEXO III

COMPROMISO DE COLABORACIÓN

Dona./D.___________________________________________________________________ con DNI ____________________,

representante da Asociación de Veciños ____________________________________________________________________

con CIF ____________________________

E no seu nome, SE COMPROMETE a facer constar a colaboración do Concello de Arteixo e da Concellaría de Participación Cidadá en toda a información que realice ( impresa, informática ou audiovisual ) no desenvolvemento das actividades.

Arteixo, de de 201

O/ A Representante

Asdo.:

2017/4784

Eventos
Fomento de la participación ciudadana
Participación ciudadana
Transporte
Alquiler de vivienda
Actividades de ocio y tiempo libre
Ocio y tiempo libre
Fomento del asociacionismo
Fiestas Populares
Instalación de ascensores