R.P. 12452 pola que se aproba a modificación da Convocatoria das bolsas de investigación 2017 - Boletín Oficial de A Coruña de 21-04-2017

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Becas
  • Plazo: Ver Detalles , 21/04/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Administraciones públicas
  • Documento en formato PDF

MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE INVESTIGACIÓN 2017

Por resolución do Presidente nº 12452 do 19 de abril de 2017, aprobouse a modificación da Convocatoria das bolsas de investigación 2017 (publicadas no BOP nº 58 do 27 de marzo de 2017), que se transcribe a continuación:

Modificar a resolución 8916/2017 do 21/03/2017, pola que se aproba a Convocatoria das bolsas de investigación 2017 no senso seguinte:

Onde di:

2.- Solicitantes.

Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación desenvolvido ou vinculado a un centro ou organismo público de investigación da provincia e que reúnan todos os requisitos que de seguido se relacionan...

Debe dicir:

2.- Solicitantes.

Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación e que reúnan todos os requisitos que de seguido se relacionan...

Onde di:

3.- Documentación

3.2- Área das bolsas á que opta, con indicación do proxecto de investigación que vai realizar e o centro no que será levado a cabo, que deberá estar vinculado a universidades ou organismos públicos de investigación da provincia.

Debe dicir:

3.- Documentación

3.2- Área das bolsas á que opta, con indicación do proxecto de investigación que vai realizar e o centro no que será levado a cabo.

Onde di:

4.- Lugar e prazo de presentación da solicitude e desistimento.

Fin do prazo da presentación de solicitudes 14.00 horas do 27 de abril de 2017

Debe dicir:

4.- Lugar e prazo de presentación da solicitude e desistimento.

Fin do prazo da presentación de solicitudes 14.00 horas do 10 de maio de 2017

A Coruña, 19 de abril de 2017

O Presidente O secretario

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervia

2017/3269

Investigación