R.P. 16970 pola que se aproba a modificación das Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2018 - Boletín Oficial de A Coruña de 25-05-2018

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Modificacion de subvenciones
  • Plazo: Ver Detalles , 25/05/2018 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social, Particulares
  • Documento en formato PDF

Modificación das Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2018

Por resolución nº. 16970, do 23 de maio de 2018, aprobouse a modificación das Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2018, que foron publicadas no BOP nº 91 do 15 de maio de 2018.

A dita resolución modifica o importe mínimo do orzamento de gastos deste programa, xa que figuraba 3.000 € , cando debería ser 5.000 € .

A continuación transcríbese o texto modificado completo das ditas Bases:

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DURANTE O ANO 2018

BASES ESPECÍFICAS DO PROGRAMA (complementarias das bases reguladoras xerais)

Datos do programa

Denominación:

Programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2018

Referencia:

FO103A/2018

Aplicación orzamentaria:

0612/3411/481- Importe: 300.000 €

Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.

Importe do orzamento de gastos:

Mínimo 5.000 € , máximo 37.500 €

Importe da subvención que se ha conceder:

De 1.000 € a 30.000 €

Importe solicitado:

Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable

Coeficiente de financiamento:

Variable entre 0,20 e 0,80

Base 3. Obxecto

Obxecto específico do programa FO103A/2018

Este programa vai dirixido a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, que realicen actividades de fomento da actividade física e do deporte, exceptuando os clubs deportivos que participen en competicións oficiais federadas que teñen os seus programas específicos FO103B e FO103C.

O obxecto deste programa concrétase en dúas modalidades ou liñas, de xeito simultáneo ou alternativo:

- A realización de actividades conducentes á mellora da condición física, a ocupación activa do tempo de lecer, o deporte de carácter afeccionado ou popular e a participación en competicións deportivas que non sexan organizadas polas federacións deportivas.

- A promoción social da práctica e dos valores deportivos que se realice mediante a organización de actividades de formación, difusión e divulgación do deporte e dos valores deportivos. Poderán consistir en charlas, talleres, cursos, organización de simposios e xornadas de debate.

A realización do programa de actividades para a que se concede a subvención será de exclusiva responsabilidade da entidade, así como as obrigas fiscais e de Seguridade Social que delas se deriven.

Gastos subvencionables neste programa:

CONTA

DESCRICIÓN DA CONTA, SEGUNDO O PXCPENL (*)

600

Compras de bens destinados á actividade (material deportivo non inventariable)

621

Arrendamentos e canons (arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións)

623

Servizos profesionais independentes - contratacións externas

624

Transportes (utilización de medios de transporte regular para o desenvolvemento da actividade)

625

Primas seguros (seguros deportivos e outros relacionados coa actividade deportiva)

627

Publicidade e propaganda

640

Soldos e salarios (persoal deportivo)

642

Seguridade Social a cargo da entidade (persoal deportivo)

649

Outros gastos sociais (mutuas)

652

Dereitos da arbitraxe

655

Cotas a entidades deportivas (licenzas)

656

Gastos de participación en competicións deportivas (inscricións e outros gastos exixidos para a participación)

* Resolución do 26/03/2013, do Plan de contabilidade de pequenas e medianas entidades sen fins lucrativos.

Os gastos subvencionables para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención serán unicamente os gastos de carácter corrente e gastos de adquisición de materiais funxibles xerados pola realización das actividades deportivas; en ningún caso bens inventariables.

Respecto dos gastos de viaxes, transporte de materiais, de desprazamentos en vehículo propio, terán que estar directamente vinculados coa realización das actividades subvencionadas. Deberá acreditarse esta vinculación na memoria da actividade, no trámite da xustificación.

Gastos non subvencionables neste programa:

Os gastos de carácter xeral da entidade (persoal e gastos correntes).

Os gastos de adquisición de bens inventariables.

Os gastos de adquisición de bens destinados á venda.

Os gastos derivados de viaxes de ocio.

Os gastos financeiros.

Os gastos derivados das atencións protocolarias (atencións persoais, comidas protocolarias, gastos en galas ou celebracións).

Os gastos suntuarios.

Base 4. Compatibilidades e exclusións

As subvencións deste programa son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sen prexuízo da obriga de comunicar á Deputación a súa obtención.

Tamén son compatibles co programa desta Deputación FO103D do presente ano, como excepción ao establecido nas Bases reguladoras xerais da Deputación Provincial da Coruña.

Exclusións específicas do programa FO103A/2018

Ademais das exclusións expresadas na base 4 das Bases reguladoras xerais, non serán subvencionables neste programa:

· As actividades culturais, de promoción económica, de servizos sociais e de turismo.

· A participación en competicións oficiais federadas, que teñen os seus programas específicos FO103B e FO103C.

· Os grandes eventos deportivos singulares, que poidan ser obxecto de subvención a través do programa FO103D/2018.

Base 6. Requisitos e obrigas das entidades solicitantes

Requisitos específicos do programa FO103A/2018

- Ser unha entidade sen ánimo de lucro legalmente constituída, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, quedando excluídos os clubs deportivos que participen en competicións oficiais federadas.

- Ter entre os seus obxectivos o fomento de actividades físicas deportivas, a ocupación activa do tempo de lecer, de fomento do deporte ou actividades de formación en materia deportiva.

- Velar pola protección da saúde dos seus deportistas, colaborar dentro do seu ámbito de actuación na prevención contra a dopaxe, a violencia e as condutas contrarias á boa orde deportiva.

Base 7. Solicitude

7.1 Prazo e presentación de solicitudes específicos do programa FO103A/2018

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

7.2 Documentación e compromisos específicos do programa FO103A/2018

Ademais da documentación relacionada na base 7.2 das Bases reguladoras xerais, as entidades solicitantes teñen que achegar, de xeito telemático:

- Memoria explicativa da actividade prevista para o ano 2018, que conterá como mínimo, os seguintes aspectos:

- Obxecto da subvención.

- Descrición das actividades deportivas, sociais e de formación que realiza a entidade, así como a súa traxectoria deportiva.

- Estrutura social da entidade, órganos de goberno, número de persoas asociadas, funcionamento, e instalacións onde desenvolven a actividade, indicando se son propiedade da entidade, alugadas, de titularidade municipal, etc.

- Obxectivos xerais e específicos do proxecto presentado, ámbito territorial e recursos materiais e humanos necesarios, facendo mención ás titulacións requiridas no persoal á fronte do proxecto.

- Interese da proposta presentada, segundo o disposto na base 8.

- Declaración do nº de horas do total das actividades durante o ano.

- Declaración relativa o ámbito territorial das actividades que contempla o proxecto (ámbito local ou comarcal, ámbito provincial, ámbito autonómico).

- Declaración de requisitos de participación nas actividades (participación gratuíta e libre, pago de inscrición, non reservada aos socios da entidade organizadora).

- Declaración do nº de participantes na edición anterior da mesma actividade ou na actividade solicitada si é nova.

- Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento de gastos.

- Declaración doutras subvencións concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto.

- Declaración da utilización da lingua galega na realización do proxecto.

No caso de que se solicite a autorización para concertar a execución total ou parcial das actividades con persoas xurídicas vinculadas, deberán indicar a epígrafe na que está inscrita no IAE e achegar a documentación de constitución da entidade para comprobar o seu obxecto social.

Poderase requirir a entidade para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Base 8. Resolución

8.1 Valoración das solicitudes específicas do programa FO103A/2018

- Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 20 puntos.

- Nº de horas de duración do total das actividades durante o ano: ata 15 puntos.

- Ámbito territorial das actividades: ata 15 puntos.

Ámbito local ou comarcal: 5 puntos

Ámbito provincial: 10 puntos

Ámbito autonómico: 15 puntos

- Requisitos de participación (gratuíta e libre, cota de inscrición, non reservada aos socios da entidade organizadora): ata 5 puntos.

- Nº de persoas participantes na edición anterior, na mesma actividade ou; de ser nova a actividade cuxo financiamento se solicita, nº de participantes na actividade: ata 15 puntos.

- Utilización da lingua galega na súa realización: ata 5 puntos.

- Interese da proposta presentada: ata 25 puntos.

Valoraranse, no informe técnico correspondente, os seguintes aspectos:

- Calidade e solvencia técnica da proposta.

- Colaboración con outras entidades sen ánimo de lucro da provincia.

- Participación da entidade nas actividades deportivas realizadas polo concello ao que pertencen.

Base 9. Xustificación e pagamento

9.3 Documentación específica do programa FO103A/2018

- Memoria xustificativa da realización da actividade e do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos: actividades desenvoltas; temporalización; cuantificación e perfil dos participantes; resultados obtidos.

- Acreditación da utilización do anagrama da Deputación da Coruña no material gráfico de difusión e na páxina web da entidade, e do emprego da lingua galega nos soportes de difusión das actividades subvencionadas.

A Coruña, 23 de maio de 2018

O Presidente O Secretario

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

2018/3664

Deporte
Deporte
Promoción deportiva
Transporte
Clubes y entidades deportivas
Formación
Actividades deportivas
Vehículos
Congresos
Promoción social
Material deportivo
Transporte y vehículos
Ocio y tiempo libre
Desarrollo económico
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Actividades de ocio y tiempo libre
Actividad cultural
Turismo
Deportistas y técnicos
Gallego
Eventos deportivos
Empleo y contratación
Empleo