RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria prevista inicialmente na Resolución do 18 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética referidos á renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (ILE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013. - Diario Oficial de Galicia de 16-07-2015

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Diario Oficial de Galicia
  • Tipo: Modificacion de subvenciones
  • Plazo: Ver Detalles , 16/07/2015 hasta ----
  • Documento en formato PDF

Mediante a Resolución do 18 de marzo de 2015 desta dirección referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia número 60, do 30 de marzo de 2015, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia baseadas en tecnoloxías obsoletas por outras máis eficientes, co conseguinte aforro enerxético.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2015, sendo a procedencia dos fondos de diversa natureza: fondos propios do Inega, fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e fondos de compensación interterritorial (FCI) que cofinancian.

O artigo 3 das bases reguladoras, relativo ao financiamento, prevé unha dotación inicial de 1.340.306,76 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0. Porén, no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese a posibilidade de incrementar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible e, co fin de atender as solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

Polo anteriormente exposto, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista para esta convocatoria na contía de 194.167,00 euros, polo que o importe total asignado para estas axudas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0 tras esta ampliación ascende a 1.534.473,76 euros, de acordo coas variacións recollidas na seguinte táboa:

Financiamento previsto inicialmente

nas bases reguladoras

Variacións (€)

Importe

definitivo (€)

Modalidade de fondos

Importe inicial (€)

Fondos propios do Inega

518.385,00

0,00

518.385,00

Fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013

657.537,47

155.333,62

812.871,09

Fondos de compensación interterritorial que cofinancian

164.384,29

38.833,38

203.217,67

Total

1.340.306,76

194.167,00

1.534.473,76

Segundo. A presente ampliación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces

Director do Instituto Enerxético de Galicia

No hay voces...