Subvencións e axudas para entidades sen fin de lucro - Boletín Oficial de A Coruña de 20-09-2016

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Bases
  • Plazo: Ver Detalles , 20/09/2016 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

ANUNCIO

A efectos de xeral coñecemento faise público o acordo da Xunta de Goberno Local do 6 de setembro de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria pública de subvencións e axudas para entidades en fin de lucro, no ano 2016, cuxo tenor literal se reproduce a continuación:

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS E AXUDAS PARA ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO

OBXECTO DA SUBVENCIÓN.

1.1. O obxecto das subvencións reguladas nas presentes Bases consiste no establecemento de medidas que fomenten a participación cidadá en distintas actividades de carácter educativo, deportivo, cultural e outras de utilidade pública, tal e como se indica a continuación, dentro do termo municipal de Cariño.

Estas Bases teñen, asismesmo, como obxecto a regulación do procedemento de concesión de tales subvencións en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, non discriminación e igualdade.

1.2. Os fins indicados anteriormente efectuaranse de conformidade coa normativa aplicable especialmente prevista nos artigos 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; 294 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local; co disposto no Regulamento de Servizos das Corporacións Locais; na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e nas Bases de Execución do orzamento do presente exercicio.

As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo á aplicación orzamentaria 334.4000, cun importe global de 18.000€.

1.3. Non son obxecto das presentes bases as axudas e subvencións que teñen asignación nominativa no Orzamento.

2. ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES.

2.1. O Concello de Cariño convoca concurso para a concesión de subvencións para a realización das actividades seguintes:

a) Promoción e cooperación cultural nos seus distintos ámbitos.

b) Promoción e cooperación no deporte e nas actividades de lecer.

c) En xeral, as que perseguen un interese social ou son de utilidade pública.

3. BENEFICIARIOS.

3.1. Terá a consideración de beneficiario da subvención o destinatario dos fondos públicos que debe realizar a actividade que fundamentou o seu otorgamento ou que se atope na situación que lexitime a súa concesión.

3.2. Poderán solicitar as subvencións as persoas xurídicas, públicas ou privadas sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Carecer de fins de lucro.

b) Desenvolver as súas actividades total ou parcialmente no termo municipal de Cariño.

c) Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello.

d) As asociación deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Cariño, ou polo menos ter feita a solicitude para a inclusión neste Rexistro en data anterior á solicitude da subvención. Non obstante, para resultar beneficiaria, será requisito imprescindible que no momento da concesión da subvención, a Asociación xa estea debidamente inscrita no Rexistro.

e) No caso de ser beneficiaria doutra subvención, axuda económica ou convenio doutra administración correspondente ó exercicio económico 2016, e para a mesma actividade, o importe total dos ingresos obtidos non poderá exceder do total dos gastos desa actividade.

f) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias e cumprir os demais requisitos establecidos na Lei Xeral de Subvencións.

3.3. En calquera caso, non poderán ter a condición de beneficiarios aquelas nas que concorran as circunstancias enumeradas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.

4. PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE.

4.1. As subvencións poderán solicitarse no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia.

4.2. As solicitudes formularanse no impreso oficial que figura no Anexo 1, que debe presentarse debidamente cuberto dentro do prazo fixado, no Rexistro Xeral do Concello de Cariño, aínda que poderán presentarse igualmente en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administartivo Común. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento acreditativo da representación coa que actúe o solicitante, no seu caso.

b) Fotocopia compulsada da tarxeta do Código de Identificación Fiscal no caso das persoas xurídicas.

c) Certificación dos datos bancarios do solicitante.

d) Memoria sucinta explicativa das actividades que se van a desenvolver ou xa se desenvolveron no exercicio 2016. Deberá recoller os seguintes datos: actividades, lugar e data de realizacións, fins e obxectivos.

e) Orzamento de ingresos e gastos con expresión do financiamento previsto.

f) Importe solicitado de subvención.

g) Fotocopia compulsada dos estatutos polos que se rexe a entidade.

h) Xustificación, no seu caso, das subvencións concedidas polo Concello pendentes de xustificación.

i) Declaración responsable de atoparse ao corrente das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, debendo acreditarse documentalmente antes da proposta da resolución.

j) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das causas do artigo 13.2 da Lei Xeral de Subvencións.

Se a solicitude non reunise todos os datos de identificación da entidade solicitante ou de documentación administrativa obxecto da subvención solicitada, ou non se acompañase á mesma toda a documentación esixida nestas bases, requirirase á entidade solicitante para que repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días hábiles, con apercibimento de que, se non o fixese, terase por desistida a súa petición, previa resolución (Art. 71, Lei 30/1992, de 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999 e no artigo 23.5 da Lei 38/2003).

5. CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS.

Tramitarase en réxime de concorrencia competitiva (mediante a comparación das solicitudes presentadas), e o órgano encargado do seu otorgamento será a Xunta de Goberno Local, previo informe do traballador encargado do expediente, proposta motivada da Comisión Técnica de Avaliación e informe dos Servizos Económicos.

A composición da Comisión Técnica de Avaliación será:

1. Presidente/a: Alcalde ou persoa en quen delegue.

2. Concelleiro de Cultura e Deportes ou persoa en quen delegue.

3. Concelleira de Servizos Sociais ou persoa en quen delegue.

4. Tres traballadores/as do Concello, un/ha deles/as actuando de Secretario/a da Comisión.

6. CRITERIOS PARA O OUTORGAMENTO.

Os criterios para o outorgamentodas subvencións serán os seguintes:

a) Colaboración co Concello no desenvolvemento da súa actividade cultural, social, deportiva e de lecer: Ata 10 puntos.

b) Carácter periódico ou permanente das actividades obxecto da subvención: Ata 10 puntos, segundo o número de actividades ou proxectos realizados e proxección cara o futuro.

c) Interese que para o Concello e os vecinos teñan as actividades: Ata 10 puntos.

d) Número de beneficiarios directa ou indirectamente polas actividades: Ata 10 puntos.

7. RESOLUCIÓN.

7.1. A resolución do expediente de concesión das subvencións corresponderalle á Xunta de Goberno Local, previo informe de Intervención.

7.2. A resolución deberá conter os seguintes extremos:

- Relación de solicitantes que resulten beneficiarios, coa motivación correspondente.

- Desestimación do resto das solicitudes, coa motivación correspondente.

7.3. O prazo máximo para a resolución e publicación da mesma non poderá exceder dun mes dende a finalización do pazo de presentación de solicitudes. O vencemento deste prazo máximo sen notificación da resolución expresa debe entenderse como desestimación por silencio administrativo.

7.4. O acordo de concesión publicarase mediante inserción do mesmo no Taboleiro de Anuncios do Concello. Así mesmo, daráselle traslado individualizado aos beneficiarios.

8. ACEPTACIÓN POLOS BENEFICIARIOS.

A subvención entenderase aceptada se no prazo de 10 días dende a notificación da concesión non manifestase expresamente o seu rexeitamento.

9. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.

Son obrigas dos beneficiarios da subvención:

1. Destinar a subvención obtida á finalidade para a que foi concedida.

2. Realizar a actividade que fundamentou a concesión da axuda e acreditar a súa realización, de acordó cos requisitos e condicións impostas na concesión, en particular, observando o disposto na Base 11.

3. Comunicar ao Concello a otención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou Ente, xa sexa público ou privado. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos públicos.

4. Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo Concello de Cariño, así como calquera outra actuación de comprobación e control financiero que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

5. Facilitar canta información lle sexa requerida polo Concello.

6. Acreditar previamente ao cobro que ten cumpridas as obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social. No caso de non ter cumpridas as obrigas tributarias municipais, poderán ser obxecto de compensación coa subvención concedida.

7. Facer constar en toda información ou publicidade que se efectúe das actividades ou proxectos, que os mesmos están subvencionados polo Concello de Cariño, tendo que presentar acreditación desta publicidade no momento da xustificación. Se non se acredita esta publicidade nunha actividade, perderá o dereito de percibir a subvención correspondente a esta actividade.

8. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicale ó beneficiario en cada caso, coa finalidade de garantir o exercicio de comprobación e control.

9. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións e control.

10. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 37 da Lai 38/2003, Xeral de Subvencións.

11. En xeral, cumprir coas obrigas enumeradas no artigo 17 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e artigo 11 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

10. CONSIDERACIÓNS XERAIS.

Os gastos xustificados deberán axustarse aos conceptos aprobados no presuposto inicial. En ningún caso o importe da subvención solicitada poderá superar o 80% dos gastos.

O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, ben illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos doutros organismos públicos ou privados, supere o custo total da actividade a desenvolver pola entidade beneficiaria.

11. PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.

11.1. O pagamento da subvención realizarase previa xustificación dos gastos relativos á actividade subvencionada. Non obstante, e excepcionalmente, se a Xunta de Goberno Local o considera pertinente, poderase acordar, motivadamente, o pago anticipado da subvención nos casos que se consideren, que deberá ser xustificado en todo caso no prazo de 2 meses dende a publicación do acordo de concesión. A posibilidade do pago anticipado terá lugar cando se considere a existencia de gran dificultade de xustificación antes do 19 de decembro e polo motivo de dificultades de incorporación de remanentes de crédito dada a situación económica deste Concello.

11.2. Non poderá realizarse o pago da subvención mentres o beneficiario non se atope ao corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou sexa debedor por resolución da procedencia de reintegro.

12. XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS.

12.1. A xustificación da realización da actividade subvencionada e da correcta aplicación dos fondos percibidos farase mediante a presentación no prazo que rematará o 19 de decembro, da seguinte documentación, para a que se facilitarán impresos nas oficinas do Concello.

- Memoria acreditativa de que a actividade foi realizada e grao de cumprimento dos obxectivos.

- Balance de ingresos e gastos.

- Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas doutras Administracións Públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto ou, pola contra, declaración de non ter outras subvencións públicas ou privadas para o mesmo obxecto. No caso de obtención doutras axudas, deberá presentarse copia da resolución ou acordo da concesión.

- A xustificación dos gastos realizarase coa seguinte documentación:

1. Para os gastos en bens e servicios: fotocopia compulsada das facturas correspondentes ou documentos substitutivos das mesmas, que cumpran os requisitos regulamentarios do Real Decreto 1496/2003, de 28 de novembro, polo que se regulan as obrigas de facturación.

2. Para os gastos de persoal: fotocopia compulsada das nóminas ou TC correspondentes.

Todos estes documentos xustificativos deberán estar datados referirse ao exercicio 2016, así como axustarse aos conceptos incluídos no orzamento inicialmente presentado, xunto coa solicitude.

12.2. A aprobación da xustificación presentada polos beneficiarios corresponderá á Xunta de Goberno Local, previo informe de Intervención.

13. GASTOS SUBVENCIONABLES.

13.1. Son gastos subvencionables nesta convocatoria: os gastos correntes derivados da adquisición de bens e servizos. Exclúense os gastos derivados de investimentos ou restantes de capial.

13.2. En ningún caso o importe das axudas recibidas (tanto do Concello coma doutra administración) para a actividade subvencionada para esta convocatoria poderá ser superior ao seu custo.

14. REINTEGRO.

14.1. As causas do reintegro da subvención, xunto cos intereses de demora correspondentes dende o momento do pago da mesma, son as seguintes:

- Obtención da subvención falseando as condicións requeridas ou ocultano aquelas que o impedirían.

- Incumprimento total ou parcial do obxectivo ou da actividade, ou non adopción do comportamento que fundamentou concesión da subvención.

- Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente.

- Resistencia, excusa, obstrucción ou negativa ás actuacións de comprobación e control financiero realizadas polo Concello, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de levar a cabo as actuacións de comprobación por este Concello.

- Obtención de exceso de subvención sobre o custo da actividade desenvolvida, xunto co resto de subvencións concedidas á entidade.

14.2. As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público.

14.3. En canto ao réxime de responsabilidade do reintegro aplicaranse as normas establecidas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

15. RÉXIME SANCIONADOR.

15.1. En canto ao réxime sancionador, este Concello aplicará o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

15.2. As sancións por infraccións graduaranse atendendo a:

a) A boa ou mala fe dos suxeitos.

b) A comisión repetida de infraccións en materia e subvencións e axudas.

c) A resistencia, negativa ou obstrucción á acción investigadora do Concello ou ás actuacións de control financeiro da Intervención Municipal.

d) En calquer caso atenderase aos criterios de graduación da Lei Xeral de Subvencións.

16. DISPOSICIÓN FINAL.

No que non ven previsto na presente Convocatoria será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencions, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, R.D. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007 de 13 de xuño, de subvencións de Galicia; así como a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo gobernó, e a Ordenanza Municipal reguladora de Subvencións (BOP 240 de 20 de xullo de 2005).

5.- APROBACIÓN DE FACTURAS E GASTOS.-

5,1.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓN E AXUDAS A ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO: ANO 2016.

Vistas as bases reguladoras da convocatoria pública de subvencións e axudas a entidades sen fin de lucro do exercicio 2016.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros, e en votación ordinaria,

ACORDA:

PRIMEIRO: Prestar aprobación ás bases reguladoras da convocatoria pública de subvencións e axudas a entidades sen fin de lucro do exercicio 2016 , e que a continuación se transcriben.

SEGUNDO: Que se dea publicidade a tal convocatoria a medio de anuncios a insertar no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do Concello.

ANEXO I

DATOS ASOCIACIÓN

NOME

CIF

ENDEREZO

TELF.

POBOACIÓN

CONCELLO

PROVINCIA

ENDEREZO ELECTRÓNICO

DATOS REPRESENTANTE

NOME

CARGO

DNI

ENDEREZO

TELF.

POBOACIÓN

CONCELLO

PROVINCIA

ENDEREZO ELECTRÓNICO

IMPORTE DE SUBVENCIÓN QUE SOLICITA:

OBXECTO:

ORZAMENTO TOTAL:

SUBVENCIÓN SOLICITADA:

PORCENTAXE FINANCIAMENTO

DOCUMENTACIÓN QUE APORTA:

Fotocopia compulsada do documento acreditativo da representación coa que actúa o/a solicitante.£

Fotocopia compulsada CIF.£

Fotocopia compulsada DNI representante.£

Certificación dos datos bancarios da entidade.£

Fotocopia compulsada dos estatutos polos que se rexe a entidade.£

Memoria sucinta explicativa das actividades que se van a desenvolver ou xa se desenvolveron na exercicio 2016. Deberá recoller os seguintes datos: actividades, lugar e data de realización, fins e obxectivos.£

Orzamento de ingresos e gastos con expresión do financiamento previsto.£

DECLARACIÓN RESPONSABLE:

DECLARO que a entidade que represento:

Atópase ao corrente das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.£

Non está incurso en ninguna das causas do artigo 13.2 da Lei Xeral de Subvencións.£

En Cariño, a de de 2016

Asdo.

- SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CARIÑO

Cariño, 14 de setembro de 2016

O Alcalde

José Miguel Alonso Pumar

2016/7658

Cultura
Deporte
Cultura e idiomas
Deporte
Educación
Fomento de la participación ciudadana
Participación ciudadana
Promoción deportiva
Servicios Sociales
Actividades de servicios sociales
Investigación