SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL NO DEPORTE BASE E EN REXIONAL PREFERENTE (MODALIDADE DE FÚTBOL) PARA O ANO 2017 - Boletín Oficial de Pontevedra de 28-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: CERRADO , 29/03/2017 hasta 28/04/2017
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 17 DE MARZO DE 2017 POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL NO DEPORTE BASE E EN REXIONAL PREFERENTE (MODALIDADE DE FÚTBOL) PARA O ANO 2017

BDNS(Identif.):339652

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

1. Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran cos seguintes requisitos:

- Carecer de fins de lucro

- Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación

- A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra

- Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

- Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollida na lei

Non poderán beneficiarse destas subvencións os clubs deportivos que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no ano 2016 para o mesmo programa.

2. Obxecto

Esta convocatoria está destinada a clubs deportivos sen ánimo de lucro, para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra

A través destas Bases réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados do deporte base e de rexional preferente (na modalidade de fútbol) na temporada 2016-2017 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, da temporada 2017

3. Bases reguladoras

Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 17 de marzo de 2017, Lei 38/2003, xeral de subvencións, Regulamento da lei xeral de subvencións (R.d. 887/2006, de 21 de xullo) e na Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra.

4. Contía

600.000,00 ¬ (sendo 500.000,00 para o deporte base e 100.000,00 ¬ para rexional preferente na modalidade de fútbol)

5. Prazo de presentación

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

6. Otros datos de interés

- Solicitudes e documentación: Cada club só poderá presentar unha única solicitude, en modelo normalizado e coa documentación establecida na base cuarta.

- Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

- Criterios de valoración: os establecidos na base sexta da convocatoria.

- Gastos subvencionables: os necesarios para o desenvolvemento da actividade obxecto de subvención.

- Compatibilidade: Si

- Forma de pago: Transferencia

- Forma de xustificación: a xustificación deberá conter a seguinte documentación:

a) Conta xustificativa na que se relacionarán os conceptos de gastos por importe igual ou superior á subvención concedida pola Deputación, mais as axudas solicitadas e recibidas doutras administracións públicas, tal como se establece no artigo 24.1.b.f. da Ordenanza xeral de subvencións.

b) Toma de razón na contabilidade do club deportivo (modelo 340.005).

c) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, na que se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos, así como a acreditación do financiamento da Deputación.

d) Os clubs aos que se lles outorguen subvencións por un importe superior a 1.500 ¬ deberán acreditar a difusión do financiamento a través de calquera medio probatorio (prensa, valos, pancartas, vestimenta deportiva, páxina web...).

e) Facturas orixinais ou copias cotexadas destas polo importe da subvención concedida.

- Prazo máximo de xustificación: Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2016/2017 xustificarase dentro dos 3 meses seguintes dende que remate a temporada, e en todo caso, antes do 31 de decembro de 2017. Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2017 (ano natural) xustificarase ata o 30 de marzo de 2018.

Pontevedra, a 23/03/2017.-A Presidenta, María del Carmen Silva Rego.

Clubes y entidades deportivas
Deporte
Deporte
Promoción deportiva
Prensa