Subvencións a entidades deportivas - Boletín Oficial de A Coruña de 27-03-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Boletín: Boletín Oficial de A Coruña
  • Tipo: Convocatorias
  • Plazo: Ver Detalles , 27/03/2017 hasta ----
  • Beneficiarios: Asociaciones y economía social
  • Documento en formato PDF

A N U N C I O

A Alcaldía deste Concello, mediante Resolución n.º 32/2017, do 17/03/17, aprobou as Bases da convocatoria de subvencións para a promoción do deporte e entidades deportivas 2017 . Mediante o presente expónse ó público o contido desas bases iniciándose ó prazo de presentación de solicitudes.

BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO DEPORTE E ENTIDADES DEPORTIVAS. ANO 2017

PRIMEIRA.- FINALIDADE E OBXECTO.

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión de subvencións municipais dirixidas ao apoio e promoción do deporte no Concello de San Sadurniño, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia, non discriminación e igualdade, para a realización de actividades que, en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños e veciñas do Concello.

Os fins indicados anteriormente efectuaranse de conformidade coa normativa aplicable especialmente prevista nos artigos: 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; 294 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración Local; 40.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais; e 23 e seguintes do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais; Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións; RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003 de 17 de novembro; a Lei de Subvencións de Galiza e demais normas concordantes.

SEGUNDA.- ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES.

Poderán ser obxecto de subvención as actividades ou a promoción do deporte realizadas por entidades deportivas rexistradas con domicilio social en San Sadurniño no momento da convocatoria dentro do período natural do ano 2017 e que estean ao corrente das súas obrigas fiscais e económicas con calquera ente administrativo.

Serán subvencionables os gastos correntes de funcionamento e participación en campionatos deportivos, tales como fichas de inscrición en competicións, desprazamentos, arbitraxes, rehabilitación de lesionados, compra de material deportivo, transporte, etc.

Quedan fóra do ámbito de aplicación destas bases actividades deportivas puntuais de actuación non continua, é dicir, que se celebren nunha ou varias xornadas organizadas por entes non federados.

Tampouco serán obxecto de subvención os gastos financeiros, notariais, rexistrais, periciais, multas, sancións e recargos administrativos ou penais, nin os tributos directos a cargo das entidades beneficiarias.

Non se considerarán en ningún caso gastos subvencionables os derivados da organización de xantares, eventos gastronómicos ou outros similares.

TERCEIRA.- LÍMITE DAS SUBVENCIÓNS E COMPATIBILIDADE CON OUTRAS.

As subvencións que se outorguen ó abeiro do establecido nas presentes bases serán compatibles con outras axudas para a mesma finalidade, calquera que sexa a súa procedencia, pero en ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras Administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

A subvención aprobada poderá ser revisada unha vez coñecido o financiamento do gasto a través das achegas complementarias de axudas doutras entidades, así como, no seu caso, outros ingresos.

CUARTA.- ORZAMENTO.

Para o financiamento das subvencións establecidas nas presentes bases destínase a cantidade de 5.000,00 euros, que pode non esgotarse, establecida para tal finalidade no capítulo IV do orzamento municipal para o ano 2017.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e á vista das que tiveran entrada no Rexistro municipal, o Concello de San Sadurniño reservarase a posibilidade de modificar a contía da anterior partida, previo oportuno expediente de modificación de crédito, en caso de que este for preciso.

QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.

As solicitudes formalizaranse no modelo oficial que se adxunta como anexo I, e serán asinadas pola persoa que ocupe a presidencia da entidade.

Ademais, achegarase a seguinte documentación relativa ás actividades que se van desenvolver:

a) Memoria explicativa da actividade obxecto da subvención solicitada, con especificación da denominación, da actividade, datas e lugares de realización, responsables do seu desenvolvemento, obxectivos e fins concretos a que se destinarán os fondos (anexo II).

b) Presuposto de Ingresos e gastos da actividade, con expresión do financiamento previsto, e ao nivel de detalle que permita comprobar que todos os conceptos de gasto son subvencionables (anexo III).

c) Declaración responsable por parte da Secretaría da entidade de estar desenvolvendo a actividade deportiva correspondente dentro do termo municipal de San Sadurniño, e certificación de nomeamento da persoa representante para as relacións co Concello (anexo V).

Así mesmo, presentarase a seguinte documentación relativa á entidade:

d) Certificación acreditativa dos cargos representativos e copia da acta onde figure a composición actual da Xunta directiva e fotocopia do documento de identidade da persoa representante legal para a tramitación desta subvención

e) Fotocopia compulsada do CIF da entidade.

f) Documentación acreditativa de titularidade da instalación deportiva utilizada normalmente referenciada no punto 3 dos criterios de valoración.

g) Certificado expedido pola correspondente Federación onde a entidade realiza a actividade subvencionada, indicando na dita certificación o número de fichas de cada equipo nas correspondentes categorías nas que participa (anexo VI).

h) Certificación dos datos bancarios da entidade solicitante, con correspondencia exacta cos datos achegados pola persoa interesada no que respecta ao nome ou denominación social, CIF e número de conta bancaria.

Non será necesario achegar aquela documentación que xa estea rexistrada neste Concello.

Os documentos normalizados sinalados como anexos nesta convocatoria poderán ser ampliados polas persoas solicitantes achegando a documentación que estimen oportuna para a mellor valoración das súas solicitudes.

A documentación que deben presentar as entidades solicitantes, agás que se dispoña outra cousa, terá que ser presentada en orixinais ou fotocopias compulsadas, e estar referida sempre como límite máximo á data de expiración do prazo de presentación de instancias.

A comprobación da existencia de datos non axustados á realidade, tanto na solicitude como na documentación achegada poderá comportar, en función da súa importancia, a denegación da axuda ou subvención solicitada, ou o seu reintegro, sen prexuízo das restantes responsabilidades que se deducisen.

SEXTA.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E RESOLUCIÓN DE ERROS.

O prazo para presentar as solicitudes será dun MES, contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP. As instancias de solicitude, debidamente cumprimentadas, xunto coa documentación requirida, presentaranse no Rexistro xeral do Concello de San Sadurniño.

Concluído o prazo de presentación de solicitudes, se as mesmas non reúnen os requisitos esixidos nesta convocatoria, requirirase á entidade interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de DEZ DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte á notificación de requirimento, resolva as faltas ou acompañe os documentos perceptivos. Transcorrido o dito prazo sen que se atenda o dito requirimento, terase por desistida a solicitude de subvención.

SÉTIMA.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

A concesión de subvencións realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva, por resolución da Xunta de Goberno Local a proposta motivada da Comisión avaliadora, que estará composta polos seguintes membros:

1. Alcalde-Presidente do Concello ou concelleiro/a en quen delegue.

2. A Concelleira de Cultura, Deportes, Ensino e Mocidade ou concelleiro/a en quen delegue.

3. Un concelleiro/a de cada grupo político con representación na corporación.

4. Un funcionario/a ou traballador/a do Concello, con voz e sen voto, nomeado polo Alcalde, que exercerá a secretaría da Comisión avaliadora

Esta Comisión avaliadora seguirá os seguintes criterios de valoración:

1. N.º de fichas de cada modalidade deportiva para a tempada 2016-17 (Anexo V). A ponderación atribuída a este criterio (30%) distribuirase de maneira proporcional segundo o ditame da Comisión avaliadora.

2. N.º de categorías por idades (anexo V). A ponderación atribuída a este criterio (20%) distribuirase de maneira proporcional en función da clasificación segundo ditame da comisión avaliadora, atendendo aos seguintes parámetros:

e. Cada club que inscriba equipos en 6 categorías por idades: 1,6 puntos.

f. Cada club que inscriba equipos en 5 categorías por idades: 1,4 puntos.

g. Cada club que inscriba equipos en 4 categorías por idades: 1,2 puntos.

h. Cada club que inscriba equipos en 3 categorías por idades: 1 punto.

i. Cada club que inscriba equipos en 2 categorías por idades: 0,8 puntos.

j. Cada club que inscriba equipos nunha categoría por idades: 0,6 puntos.

3. Pola titularidade das instalacións, xa sexa en propiedade ou por algún tipo de cesión de uso demostrada mediante o correspondente documento contractual, primando aquelas entidades con instalacións propias pola necesidade do seu mantemento (30%)

4. Pola implantación de medidas que converxan coa posta en marcha neste Concello do Plan de Igualdade, é dicir, pola presenza de equipos, deportistas e membros técnicos ou xerenciais de xénero feminino nos clubes, o cal se cumprimentará no anexo IV. A Comisión avaliadora outorgará maior valor á existencia de deportistas a calquera outra situación (20%).

O crédito total asignado á presente convocatoria distribuirase de maneira proporcional á puntuación que cada entidade deportiva obteña unha vez aplicados os criterios de ponderación establecidos.

As solicitudes serán valoradas pola comisión mencionada e as subvencións concedidas pola Xunta de Goberno Local, a proposta da anterior, no prazo de TRES MESES, contados a partires do día seguinte ó do remate do prazo de presentación de solicitudes. A proposta de resolución provisional publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello e notificarase a cada entidade, detallándose na dita notificación a concesión de todas as entidades. Poderase conceder un prazo de DEZ DÍAS HÁBILES desde a publicación no Taboleiro da resolución provisional para presentar alegacións, pasado o cal formularase proposta de resolución definitiva.

OITAVA.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.

As subvencións concedidas aboaranse tras a xustificación do investimento por parte da entidade. Á vista da documentación xustificativa presentada, o órgano competente valorará o cumprimento da finalidade da subvención.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta da entidade financeira sinalada pola entidade beneficiaria na documentación asinada.

O prazo de xustificación finalizará, en todo caso, o 30 de novembro de 2017, agás que se solicitase e concedese unha prórroga, que non excederá nunca do prazo dun mes.

A xustificación deberá presentarse no Rexistro xeral do Concello, e conterá a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa da realización da actividade obxecto de subvención e grao de cumprimento de obxectivos, que inclúa un balance de ingresos e gastos realizados con motivo da dita actividade, de forma que se poida comprobar a concordancia co presuposto inicial presentado.

b) Facturas orixinais dos gastos ou fotocopias compulsadas polo Rexistro deste Concello das mesmas.

c) As entidades beneficiarias da subvención quedan obrigadas a xustificar a axuda, coa cantidade resultante da suma do importe da subvención concedida, máis o 20% do orzamento presentado na solicitude. No caso de recibiren axudas ou subvencións doutras entidades públicas ou privadas, o importe do gasto xustificado deberá ser como mínimo a suma total das cantidades recibidas.

d) Relación das subvencións solicitadas e concedidas ata o momento da xustificación desta subvención, doutras concedidas por outras administracións ou entes privados para o financiamento das actividades ou investimentos.

e) Os gastos correspondentes aos materiais ou infraestrutura necesaria para a realización das actividades, poderán ser presentados como xustificantes, sempre que o seu importe non supere o 25% do presuposto total admitido na solicitude de subvención

NOVENA.- OBRIGAS DA ENTIDADE BENEFICIARIA.

A entidade beneficiaria deberá cumprir as seguintes obrigas:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e control dos órganos competentes e achegar a información que lles sexa requirida, para o cal deberanse conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

d) Acreditar, cando se lle requira, diante do Concello a realización da actividade ou proxecto.

e) En todas as publicacións, anuncios, comunicacións, carteis, rótulos, páxinas web, etc., sempre que existan, deberá figurar o Concello de San Sadurniño como entidade colaboradora, e nomeadamente facer uso dos elementos da imaxe corporativa municipal recollidos no anexo II do Regulamento de identidade visual corporativa, publicado no BOP n.º 99, do 27 de maio de 2013.

f) Cumprir todas as normas establecidas nestas bases reguladoras.

DÉCIMA.- COMPROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS.

A Secretaría-Intervención do Concello de San Sadurniño será a responsable da comprobación da xustificación da subvención, así como da realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinou a concesión ou aproveitamento da subvención.

No suposto de que non se presente xustificación polo custo total do obxecto subvencionado procederase á minoración proporcional da subvención concedida, e isto sempre que se xustifique máis do 50% da subvención concedida. De non xustificarse polo menos esa porcentaxe, anularase a concesión por entender non realizado o obxecto para o cal se solicitou subvención.

No caso do incumprimento do obxecto, condicións ou finalidade de carácter prepagable ou ausencia e xustificación das mesmas nos termos descritos anteriormente, o Concello de San Sadurniño esixirá ás entidades beneficiarias da mesma o reintegro das cantidades correspondentes.

UNDÉCIMA.- PROCEDEMENTO SANCIONADOR.

As entidades beneficiarias das subvencións quedarán sometidas ás responsabilidades e ao réxime sancionador establecidos na Lei xeral presupostaria.

As sancións, no seu caso, serán acordadas e impostas pola Xunta de Goberno Local.

DUODÉCIMA.- RECURSOS.

Contra o acto administrativo polo que se resolva o procedemento de concesión de subvencións, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no art. 123 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, o que se fai público para xeral coñecemento e ós efectos legais procedentes.

DÉCIMA TERCEIRA.- VIXENCIA.

Esta convocatoria entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP.

San Sadurniño, a 14 de marzo de 2017.

O Alcalde,

Secundino García Casal

ANEXO I

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ENTIDADES DEPORTIVAS

ANO 2017

1. ENTIDADE SOLICITANTE

Datos da entidade

DENOMINACIÓN

CIF

ENDEREZO

CONCELLO

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO 1

TELÉFONO 2

CORREO ELECTRÓNICO

Enderezo a efectos de notificación

ENDEREZO

CONCELLO

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO 1

TELÉFONO 2

CORREO ELECTRÓNICO

Datos da persoa representante

NOME E APELIDOS

DNI

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

2. OBXECTO DA SUBVENCIÓN (descrición da actividade para a que se solicita a subvención, así como do obxectivo que se espera acadar coa mesma).

ACTIVIDADE:

OBXECTIVO:

San Sadurniño, ... de ... de 2017.

Asdo.: O/A Presidente/a

ANEXO II

MEMORIA DE ACTIVIDADES DE 2017

A entidade deportiva ________________________ solicita ao Concello de San Sadurniño unha subvención municipal para a promoción do deporte e entidades deportivas para o ano 2017, co obxectivo de sufragar parte dos gastos da dita entidade como consecuencia das competicións federadas nas que participa.

As actividades programadas, dos diferentes equipos, para a tempada 2016-2017 nesta entidade son as seguintes:

x

x

x

x

x

x

Outros datos de interese (Torneos, exhibicións, etc.):

x

x

x

x

x

x

San Sadurniño, ... de ... de 2017.

Asdo.: O/A Presidente/a

ANEXO III

PRESUPOSTO DE INGRESOS E GASTOS1

ORZAMENTO DETALLADO DE INGRESOS

(incluír outras subvencións solicitadas ou concedidas)

CONCEPTO

IMPORTE (€ )

TOTAL DE INGRESOS

ORZAMENTO DETALLADO DE GASTOS

CONCEPTO

IMPORTE (€ )

TOTAL DE GASTOS

San Sadurniño, ... de ... de 2017.

Asdo.: O/A Presidente/a

- ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

1 Os conceptos integrados en ingresos e gastos serán elaborados polas entidades peticionarias.

ANEXO IV

PLAN DE IGUALDADE

CERTIFICACIÓN

Don/dona _______________________________________, con documento de identidade n.º _________________________ en calidade de secretario/a da entidade __________________________________,

CERTIFICA

A existencia dos seguintes membros de categoría feminina dentro da entidade, especificando o rol desempeñado dentro da mesma:

x

x

x

x

x

x

x

x

San Sadurniño, ... de ... de 2017.

Asdo.: O/A Secretario/a

ANEXO V

CERTIFICADO FEDERATIVO

CERTIFICACIÓN

Don/dona _______________________________________, con documento de identidade n.º _________________________ en calidade de Secretario/a da Federación de __________________________________,

CERTIFICA:

Que, segundo os datos existentes nesta Federación, a Entidade _____________________________ formulou e tramitou, co seu correspondente abono, na tempada 2016/2017 as seguintes inscricións:

CATEGORÍA

XÉNERO

N.º DEPORTISTAS

E para que así conste, e surta efectos ante o Concello de San Sadurniño, expídese a presente certificación por orde e co visto e prace do/a Presidente/a.

____________________________, _____ de __________________ de 2017.

Asdo.: O/A Secretario/a

San Sadurniño, 21 de marzo de 2017.

O Alcalde,

Secundino García Casal

2017/2360

Deporte
Deporte
Promoción deportiva
Clubes y entidades deportivas
Transporte
Material deportivo
Actividades deportivas
Deportistas y técnicos
Gastronomía
Eventos
Infraestructuras deportivas
Cultura
Rótulos