Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
30/05/2023

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA, EBANISTERIA E ACTIVIDADES AFINS (36000215011982) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 30 de Mayo de 2023 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba a modificación do texto do convenio colectivo para o persoal laboral das empresas do sector de CARPINTERIA, EBANISTERIA E ACTV.AFINES en relación cos gastos de locomoción. (Boletín Oficial de Pontevedra num. 102 de 30/05/2023)

ACORDO MODIFICACIÓN DO TEXTO DO CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DE EMPRESAS DO SECTOR DE CARPINTERÍA, EBANISTERÍA E ACTIVIDADES AFÍNS PARA OS ANOS 2022 A 2024

Código de Convenio número 36000215011982

Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba a modificación do texto do convenio colectivo para o persoal laboral das empresas do sector de CARPINTERIA, EBANISTERIA E ACTV.AFINES para os anos 2022 a 2024, con domicilio na provincia de Pontevedra, que foi publicado no BOP número 74 de data 18.04.2023, subscrito en representación da parte económica, polas organizacións empresariais Asociación Comarcal de Empresarios de A Estrada(ACE) e a Asociación de Empresarios da Madeira de Pontevedra(ASEMA) e da parte social polas Centrais sindicais CCOO, CIG e UGT, e que foi asinado en data 25 de abril do 2023.

Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 15 de maio do 2023

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, en galego

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

Vigo, 18/05/2023.—A Xefa Territorial

(SE OMITEN LOS NOMBRES DE LOS REPRESENTANTES. VER PDF)

En Vigo, nos locais da CEP, sendo as 10:00 horas do día 25 de abril do 2023, reúnense os representantes de traballadores e empresarios do sector de Carpintería, Ebanistería e Actividades Afíns da provincia de Pontevedra co fin de emendar o artigo 34.3 do texto do convenio citado, publicado no BOPPO do día 17 de abril de 2023. Asisten as persoas sinaladas arriba.

— Acórdase a seguiente redacción para o artigo 34.3: A estes efectos establécese, durante a vixencia do convenio, como compensación a cantidade de 0,28 euros/km a partir da publicación do convenio.

— Noméase a Ignacio Bouza Gil, con DNI xxx68xxxx, para que presente e rexistre a presente acta de emenda de erros diante da plataforma REGCOM da Consellería de Igualdade e Promoción do Emprego.

Remátase a reunión sendo as 11:00 do citado día.