C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (82000775012003) de Galicia

Sector Autonomico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003

Volver al Convenio Vigente

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 8200775
  • Código Nuevo: 82000775012003
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 19 del 29/01/2020

    ...Centros especiais de emprego Galicia... ...Centros especiales empleo Galicia... ...Centros especiales de empleo Galicia... ...Visto el acuerdo por el que se aprueban las tablas salariales para los años 2018 y 2019 del convenio autonómico de centros especiales de empleo... ...Depósito de convenios colectivos... ...Registro del convenio colectivo... ...Convenio colectivo... ...Sin ánimo de lucro... ...Incremento salarial... ...Ánimo de lucro... ...Representación sindical...

  • Código: 8200775
  • Código Nuevo: 82000775012003
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 87 del 07/05/2018

    ...Centros especiales de empleo Galicia... ...Visto el acuerdo de la Comisión paritaria del convenio colectivo autonómico de centros especiales de empleo (código 82000775012003), por el que se... ...Salario mínimo interprofesional... ...Sindicatos... ...Depósito de convenios colectivos... ...Registro del convenio colectivo... ...Representación sindical... ...Sin ánimo de lucro... ...Convenio colectivo... ...Tabla salarial... ...Convenio colectivo...

  • Código: 8200775
  • Código Nuevo: 82000775012003
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 84 del 03/05/2017

    ...Centros especiais de emprego... ...Centros especiais de emprego Galicia... ...Centros especiales empleo Galicia... ...Centros especiales de empleo Galicia... ...Visto el acuerdo de la comisión paritaria del convenio colectivo autonómico de centros especiales de empleo (código 82000775012003), por el que se... ...Depósito de convenios colectivos... ...Sindicatos... ...Registro del convenio colectivo... ...Convenio colectivo... ...Tabla salarial... ...Convenio colectivo...

  • Código: 8200775
  • Código Nuevo: 82000775012003
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 70 del 12/04/2012

    Convenio colectivo de Centros especiales de empleo. GALICIA RESOLUCION do 27 de marzo de 2012, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision paritaria do convenio colectivo autonomico de centros especiais de emprego relativo a aprobacion das taboas salariais para o ano 2011. CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO Convenio Colectivo de Sector de CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (82000775012003) de Galicia

  • Código: 8200775
  • Código Nuevo: 82000775012003
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 39 del 25/02/2008

    ...82000775012003... ...8200775... ...Centros de empleo Galicia... ...Centros de emprego Galicia... ...Centros especiais de emprego... ...Centros especiais de emprego Galicia... ...Centros especiales empleo Galicia... ...Centros especiales de empleo Galicia... ...Vista a acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego, que se celebrou o 21 de xaneiro de 2008,... ...Depósito de convenios colectivos...

  • Código: 8200775
  • Código Nuevo: 82000775012003
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 70 del 10/04/2006

    Convenio colectivo de Centros especiales de empleo. GALICIA Resolución do 14 de marzo de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego. CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO Convenio Colectivo de Sector de CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (82000775012003) de Galicia

  • Código: 8200775
  • Código Nuevo: 82000775012003
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 143 del 27/07/2005

    ...82000775012003... ...8200775... ...Centros de empleo Galicia... ...Centros de emprego Galicia... ...Centros especiais de emprego... ...Centros especiais de emprego Galicia... ...Centros especiales empleo Galicia... ...Centros especiales de empleo Galicia... ...Vista a acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego, que se celebrou o 26 de maio de 2005, en... ...Depósito de convenios colectivos... ...Comisión Paritaria...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo RESOLUCION de 16 de enero de 2020, de la Secretaria General de Empleo, por la que se dispone la inscripcion en el registro y la publicacion del Convenio colectivo gallego de centros especiales de empleo. 24/02/2020 Diario Oficial de Galicia 24/02/2020 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Resolucion do 11 de xuño de 2010, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego. Convenio afectado por 22/07/2010 Diario Oficial de Galicia 01/01/2010 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Resolucion do 5 de marzo de 2007, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego. (codigo de convenio nº 8200775) Convenio afectado por 04/04/2007 Diario Oficial de Galicia 01/01/2007 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Correccion Corrección erros.-Resolución do 25 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de centros especiais de emprego. Convenio afectado por 20/01/2004 Diario Oficial de Galicia 01/01/2003 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 25 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de centros especiais de emprego. 23/06/2003 Diario Oficial de Galicia 01/01/2003 No Vigente

Resolución do 25 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de centros especiais de emprego. (Diario Oficial de Galicia núm. 120 de 23/06/2003)

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico de centros especiais de emprego, (código de convenio nº8200775) , que se subscribiu coa data do 7 de abril de 2003, entre a representación empresarial e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2ºe 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ócorrespondente

servicio deste centro directivo. Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2003. Pilar Cancela Rodríguez Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio coelctivo galego de centros especiais de emprego

Este convenio formúlase non sócoa finalidade-coma calquera outro convenio-de regula-las condicións laborais das persoas traballadoras nos centros especiais de emprego de Galicia, senón que ademais vén ser un compromiso social entre a patronal dos centros especiais de emprego de economía social e sen ánimo de lucro en Galicia-CEGASAL, xunto cos sindicatos Federación Nacional de Comercio, Hostalería, Turismo e Xogo de UGT-Galicia, SN de CC. OO. de Galicia e a CIG, a través do cal se pretende a creación e consolidación do emprego, así como logra-las finalidades de integración sociolaboral que motivaron o nacemento dos centros especiais coa publicación da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos.

Formúlase como un convenio de mínimos que poderáser superado no ámbito das empresas na medida dos resultados económicos. Establécese como un medio de clarificación da aplicabilidade tanto do presente convenio como dos convenios sectoriais correspondentes, en función da actividade de cada centro especial de emprego.

O disposto neste convenio colectivo aplicarase ós traballadores discapacitados e, ademais, a aqueles traballadores que sen superar no seu conxunto o 30 por 100 do cadro de persoal e aínda non tendo a condición legal de discapacitados, traballen por conta allea nos centros especiais de emprego ou se dediquen áprestación de servicios de axuste persoal e social nos termos contemplados no artigo 4.2ºda Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos, conforme a redacción aprobada pola disposición adicional trixésimo novena da Lei 66/1997, do 30 de decembro.

Para os efectos contemplados no punto anterior, entenderase por centro especial de emprego aquela empresa, calquera que fose a súa forma xurídica, que teña por obxecto principal asegurar unha ocupación remunerada e a prestación de servicios de axuste persoal e social xunto coa adecuada formación profesional a favor do maior número de persoas afectadas de discapacidade, procurando deste xeito a súa plena integración óréxime de traballo ordinario, realizando para iso un traballo productivo e participando regularmente nas operacións de mercado en concorrencia con outras empresas.

En consecuencia, os centros especiais de emprego poderán, por medio de calquera dos seus propios centros de traballo ou dos das empresas para os cales presten os seus servicios, dedicarse a calquera actividade, sexa industrial, de manipulación ou de servicios na súa máis ampla gama de posibilidades (xardinería, radiotaxi, xestión de estacións de servicio, administración de predios, mensaxería, introducción de publicidade nas caixas de correo, limpeza, marketing, publicidade, carpintería, téxtil, automoción, entre outros) , co obxecto de participar nun proxecto sostible en igualdade de condicións co resto das empresas que operen no mercado, sen esquece-lo seu carácter social e o obxectivo de servir de ponte cara ó emprego ordinario, potenciando, para tal fin, a súa adaptación ás esixencias actuais de concorrencia como entes empresariais flexibles, capaces de integrar tanto a persoas con discapacidade como sen ela.

Será requisito indispensable que as empresas que sexan centros especiais de emprego teñan recoñecida expresamente tal condición mediante resolución e rexistro feito pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Enténdese por discapacitado toda aquela persoa cunhas posibilidades de integración educativa, laboral ou social diminuídas, como consecuencia dunha deficiencia previsiblemente permanente, de carácter conxénito ou non, nas súas capacidades. A discapacidade ten que estar recoñecida polo organismo competente.

Considéranse na situación descrita as persoas en idade laboral-16 anos-afectadas, como mínimo, por unha diminución da súa capacidade do 33%, que lles impide obter ou conservar un emprego adecuado a causa da dita limitación (Lei 13/1982, artigo 7) .

Por outra banda, é vontade dos asinantes que se cumpra a legalidade vixente e que se afonde na normativa da Lei 13/1982, do 7 de abril, para que os centros especiais de emprego cumpran co espírito para o cal foron constituídos.

Valoramos que as prestacións de servicios de axuste persoal e social que requiran os traballadores e traballadoras discapacitados deberán ser obxecto de regulación e prestación para que estas persoas sexan beneficiarias prioritarias dos centros especiais de emprego e non queden excluídas deles (artigo 42 da citada lei) .

Desexamos que, como establece o artigo 42 da lei, sexa un medio de integración do maior número de discapacitados ó réxime do traballo normal.

Os asinantes valoramos que os centros especiais de emprego de economía social e sen ánimo de lucro son o instrumento axeitado para consegui-los obxectivos anteriormente enumerados. E como ben reflectía a LISMI nos seguintes artigos:

-Artigo 43.1º« Na atención ás especiais características que concorren nos centros especiais de emprego e para que estes poidan cumpri-la función social requirida, as administracións públicas poderán, da forma na que regulamentariamente se determine establecer compensacións económicas, destinadas ós centros para axudar á súa viabilidade, esta blecendo para isto, ademais, os mecanismos de control que estimen pertinentes».

-Artigo 43.2º« Os criterios para establece-las ditas compensacións económicas serán que estes centros especiais de emprego reúnan as condicións de utilidade pública e de imprescindibilidade e que carezan de ánimo de lucro».

Por todo o exposto:

-Os sindicatos Federación Nacional de Comercio, Hostalería, Turismo e Xogo de UGT-Galicia, S. N. de CC. OO. de Galicia e a CIG.

-A patronal dos centros especiais de emprego de economía social e sen ánimo de lucro, CEGASAL.

Comprometémonos a traballar na defensa, vixilancia e consecución dos seguintes principios e dereitos:

A) Plans de emprego como instrumento de xeración de emprego e integración laboral.

B) Solicitarlle á Administración autonómica a creación dun rexistro de centros especiais de emprego de economía social e sen ánimo de lucro e que estes sexan declarados imprescindibles e, como tales, sexan beneficiarios e obrigados a:

-Mercados protexidos, vinculados ás diversas administracións, fundacións públicas, grandes empresas.

-Compensacións económicas para cumpri-lo seu labor de axuste persoal e social.

C) Vixiar que se cumpra a lei, para que sexan un medio de integración do maior número de persoas discapacitadas ó réxime do traballo ordinario.

D) Que se lles dean nos orzamentos xerais do Estado, coma nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, o tratamento dun investimento económico e non dun gasto social.

Do mesmo xeito, valorarase a necesidade de ter en consideración o tanto por cento de discapacidade do traballador ou traballadora no seu posto de traballo co fin de axeita-la subvención de mantemento de postos á productividade acadada.

Considerando os obxectivos e vontades propostas, os centros especiais de emprego e de Economía Social sen ánimo de lucro que reporten resultados económicos positivos por enriba do orzamento equilibrado, aplicarán os seus resultados na:

-Consolidación dos postos de traballo creados, cubrindo as necesidades de reinvestimento do centro ou mediante a constitución dun fondo de reserva que cubra os posibles desaxustes futuros da capacidade productiva.

-Creación e consolidación de novos postos de traballo. Cando por motivos sectoriais non resulte axeitado un incremento de postos de traballo na actividade productiva que desenvolve o centro especial de emprego, esta aplicación de fondos trasladarase ós outros proxectos novos, noutras actividades susceptibles de seren desenvolvidas por persoas discapacitadas en centros especiais de emprego de ámbito territorial galego.

-En servicios ocupacionais, asistenciais e de tempo libre dirixidos a persoas discapacitadas con difícil inserción laboral que directa ou indirectamente pertenzan ó movemento asociativo. Sección primeira Determinación das partes

Artigo 1º.-Determinación das partes. CEGASAL e as organizacións sindicais Federación Nacional de Comercio, Hostalería, Turismo e Xogo de UGT-Galicia, S. N. de CC. OO. de Galicia e a CIG acordan subscribir este pacto en forma de convenio colectivo de ámbito autonómico acomodando, desenvolvendo e adaptando á realidade concreta dos CEE en Galicia as condicións que se establecen no X Convenio colectivo estatal de centros de asistencia, atención, diagnóstico, rehabilitación e promoción de persoas con discapacidade, axustándose a tal posibilidade que se recolle no seu artigo 7º punto 1.

Sección segunda

Ámbito territorial, funcional e persoal Artigo 2º.-Ámbito.

Este convenio regula as relacións laborais da totalidade dos traballadores e traballadoras, sexan ou non discapacitados, que presten os seus servicios por conta e dentro da organización das empresas ou entidades que teñan recoñecida a condición de centro especial de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións que se recollen neste artigo.

Para os efectos da consideración particularizada dos distintos tipos de centros especiais de emprego que requiren condicións laborais diferenciadas, a estructura do presente convenio considerará as disposicións aplicables a cada un dos centros en función da seguinte tipoloxía:

Centros especiais de emprego de economía social e sen ánimo de lucro, entendendo por tales:

1. Cooperativas laborais.

2. Sociedades laborais.

3. Asociacións, fundacións e demais entidades sen ánimo de lucro que revertan os beneficios nos propios traballadores/as ou en accións que favorezan a integración das persoas con discapacidade.

4. As sociedades participadas maioritariamente polas entidades sinaladas no punto 3.

Centros especiais de emprego que non se encadran na letra a) e a súa actividade se regula por un convenio sectorial.

Centros especiais de emprego que non se encadran na letra a) e para a súa actividade non existe un convenio sectorial de aplicación.

Os centros especiais de emprego ós que se refire a letra b) do punto 2 aplicarán os convenios colectivos sectoriais existentes en cada un dos sectores nos que a actividade productiva do centro se encadra.

No caso dos centros especiais de emprego da letra c) do punto 2, cando non existe un convenio colectivo sectorial de aplicación, aplicaranse as condicións normativas recollidas no presente texto e as condicións económicas da táboa salarial que recolle o anexo II mentres non exista un convenio sectorial de aplicación; a partir deste aplicarase o novo convenio sectorial de acordo co establecido no punto 3 do presente artigo.

Sección terceira Vixencia, prórroga e denuncia

Artigo 3º.-Ámbito temporal. O convenio entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2003 e finalizará o seu período de vixencia o 31 de decembro de 2004.

Entenderase prorrogado de ano en ano se calquera das partes asinantes non o denunciase con, polo menos, dous meses de antelación ó remate da súa vixencia. No caso de ser prorrogado, incrementaranse tódolos seus conceptos económicos na mesma contía do IPC previsto polo Goberno para o ano que estamos, revisándose e percibíndose atrasos ata a contía do IPC real no mes de xaneiro do ano seguinte cando este se sitúe por enriba do IPC previsto.

Sección cuarta Compensación e absorción

Artigo 4º.-Compensación e absorción. Aqueles traballadores que no momento da entrada en vigor do convenio tivesen recoñecidas e veñan gozando de condicións económicas que, consideradas no seu conxunto e cómputo anual e por tódolos conceptos, resulten superiores ás que correspondesen percibir por aplicación deste convenio, o interesado terá dereito a que se manteñan e respecten, con carácter estrictamente persoal, as condicións citadas máis favorables que viñeran gozando; esas diferencias aboaranse como complemento persoal non absorbible, nin compensable, nin revisable.

Ós traballadores e traballadoras que antes da entrada en vigor do presente convenio se lles estivese aplicando outro convenio e se incorporen a este a partir da entrada en vigor do dito convenio, se as retribucións percibidas por tódolos conceptos con base no convenio anterior fosen superiores ás establecidas no presente convenio, esa diferencia, estimada globalmente e en cómputo anual, aboarase como complemento persoal non absorbible, nin compensable, nin revisable.

Aqueles traballadores que á entrada en vigor do presente convenio viñeran gozando dunha xornada inferior da establecida neste manterán con carácter estrictamente persoal a dita xornada como garantía persoal. Esta menor xornada recoñecida como garantía persoal será absorbible e compensable coas futuras reduccións de xornada que puideran pactarse no ámbito de aplicación deste convenio.

Artigo 5º.-Estructura da negociación colectiva.

1. Considerarase como convenio de mínimos, polo que ningún convenio de empresa actual ou futuro poderá establecer condicións regulamentarias e económicas inferiores ás estipuladas nel, polo que as melloras establecidas polo convenio de empresa complementarán as estipuladas no presente convenio.

2. Serán consideradas non negociables en ámbitos

inferiores ó presente convenio, o período de proba, contratación, grupos profesionais e normas de seguridade e hixiene no traballo segundo establece o Estatuto dos traballadores.

Artigo 6º.-Dereito supletorio. As normas contidas neste convenio regularán as relacións entre as empresas e o seu persoal. Para o non previsto neste convenio haberá que aterse ó establecido no Convenio colectivo estatal de asistencia, atención, diagnóstico, rehabilitación e promoción de persoas con discapacidade, no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais disposicións laborais de carácter xeral, así como para os centros de ensino a LODE e os regulamentos que a desenvolvan.

Sección quinta Comisión paritaria

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

1. Establécese unha comisión paritaria que terá a súa sede na sede do Consello Galego de Relacións Laborais e que desempeñará as seguintes funcións:

A) As de interpretación e aplicación do convenio.

b) As de seguimento do conxunto dos acordos.

c) A de establece-lo acceso dun centro especial de emprego ás condicións específicas sinaladas na letra a) do punto 2 do artigo 2º.

2. Os acordos ós que se chegue na comisión paritaria en cuestións relacionadas co presente convenio consideraranse parte del e terán a súa mesma eficacia e obrigatoriedade. Tales acordos remitiránselle á autoridade laboral para o seu rexistro.

3. A comisión paritaria estará composta por cinco representantes empresariais e por cinco representantes dos delegados de persoal proporcionalmente á representación dos sindicatos asinantes do convenio. Poderán asistir con asesores externos, con voz pero sen voto.

4. Ámbalas partes asinantes do convenio comprométense, no prazo máximo de 30 días a partir da súa sinatura, a reunirse para elaboraren o regulamento de funcionamento interno da comisión paritaria. Sección sexta

Réxime de traballo Artigo 8º.-Xornada de traballo. A xornada anual efectiva de traballo nos centros especiais de emprego será de 1.766 horas, equivalentes a 38 horas de traballo efectivas á semana, con regulación da distribución irregular da xornada co obxecto de que se complete ó final do ano a realización da xornada pactada.

O comezo e final da xornada será no posto de traballo.

O número de horas ordinarias de traballo efectivo non poderá ser superior a 9 diarias e 40 semanais, cun descanso mínimo de día e medio á semana. A distribución da xornada laboral será establecida de mutuo acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores e traballadoras en cada centro de traballo, respectando en todo caso as marxes legais de xornadas máximas e de descansos, e tendo en conta as especiais condicións dos traballadores e traballadoras discapacitados. Cando por circunstancias de estacionalidade da carga de traballo, non sexa posible unha distribución da xornada axustada a estes parámetros, a comisión paritaria poderá acordar unha distribución diferente.

Sen prexuízo do anterior, preferentemente a xornada será en réxime de xornada continuada e de luns a venres.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias. En cumprimento da normativa e co fin de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes acordan a eliminación das horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios: prohibi-la realización das horas extraordinarias salvo as necesarias para previr e reparar sinistros e outros danos extraordinarios.

Neste último caso, as horas extraordinarias compensaranse por descanso, sempre e cando non perturbe o normal proceso productivo. A compensación por descanso, ou a retribución de horas extraordinarias, efectuarase ó valor de 1,25 da hora ordinaria; en todo caso, no non previsto no presente artigo, haberá que aterse ó disposto no artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Calendario laboral. No mes de xaneiro de cada ano a dirección da empresa e o comité de empresa elaborarán un calendario laboral.

O calendario deberá conter:

-O horario de traballo.

-Quendas de traballo, se fosen necesarias.

-Distribución anual dos días de traballo.

-Festivos.

-Descansos semanais e outros días inhábiles.

O calendario laboral expoñerase nun lugar visible en cada centro de traballo.

Artigo 11º.-Vacacións. Tódolos traballadores e traballadoras teñen dereito a trinta días naturais ó ano de vacacións retribuídas.

O período de vacacións establecerase con dous meses de antelación de común acordo entre a empresa e a representación dos traballadores, preferentemente no verán.

As vacacións poderán gozarse en dous períodos de quince días, atendendo ás necesidades ou preferencias persoais das persoas traballadoras e de acordo coa empresa. Cando menos un dos períodos de quince días deberá gozarse no verán.

O persoal que ingrese ou cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional das vacacións, segundo o número de meses traballados. Estas calcúlanse por doceavas partes e compútase como mes completo a súa fracción.

No caso de enfermidade ou accidente no período de vacacións, estas quedarán suspendidas e poderán gozarse en calquera mes do ano axeitándose ás necesidades productivas da empresa.

Os traballadores e traballadoras con cargas familiares terán preferencia no establecemento do período de vacacións en función das vacacións escolares.

Cando por circunstancias de estacionalidade da carga de traballo, non sexa posible unha distribución das vacacións axustada a estes parámetros, a comisión paritaria poderá acordar unha distribución diferente.

Artigo 12º.-Licencias e permisos. Tódolos traballadores e traballadoras suxeitos ó presente convenio terán dereito ás seguintes ausencias retribuídas, co aviso previo e a xustificación posterior, se é o caso:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Quince días naturais en caso de separación legal ou divorcio, desde a presentación da demanda. En caso de separación e divorcio de mutuo acordo xerarase un único dereito por ambos aspectos.

c) Un día natural en caso de voda de fillos, fillas ou irmáns e irmás.

d) Polo tempo necesario nos casos nos que o traballador ou traballadora ou os fillos e fillas menores precisen asistir ás consultas da Seguridade Social, tanto de médico de cabeceira como dos especialistas; cando non sexa posible acudir a esas consultas fóra das horas de traballo, deberá presenta-lo correspondente xustificante que certifique a efectiva asistencia á consulta, así como avisar á empresa previamente para os efectos de reorganiza-la actividade productiva.

e) Cinco días naturais nos casos de enfermidade grave ou hospitalización, intervención cirúrxica ou falecemento de fillos, cónxuxe ou parella de feito.

Dous días neste mesmo suposto no caso de netos, irmáns, pais dun ou doutro cónxuxe e avós, que serán cinco no caso de convivencia no mesmo domicilio. Cando por tal motivo traballador ou traballadora precise facer desprazamentos fóra da Comunidade Autónoma, o prazo será dun día máis.

f) Un día natural por traslado do seu domicilio natural na localidade de residencia e dous días naturais se é fóra da localidade de residencia.

g) Cinco días naturais en caso de nacemento de fillo/filla por parto de esposa ou compañeira ou adopción.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal ó que se refire o artigo 37 d) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

i) Para a atención de asuntos propios 2 días ó ano sen xustificación e con aviso previo de 15 días. No caso de coincidencias de días solicitados por máis dun traballador que afecten á organización do traballo, a empresa poderá denega-lo dereito nese día concreto.

j) Estudios, o tempo necesario para exames, segundo o Estatuto dos traballadores.

k) Os días 24 e 31 de decembro serán días inhábiles, para tódolos efectos, e non recuperables.

l) A persoa traballadora, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo polo tempo necesario para asistir a tratamentos de rehabilitación médico-funcionais, para participar en accións de orientación, formación, readaptación profesional, situacións de fecundación asistida e preparación ó parto, con dereito á remuneración que lle corresponda, de acordo co que establece o RD 1368/1985, do 17 de xullo.

Artigo 13º.-Maternidade, adopción e coidado de familiares.

a) Maternidade: As empresas afectadas por este convenio ateranse ó regulado na Lei 39/1999, de conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

As traballadoras, por parto, terán dereito a 16 semanas retribuídas, 18 no caso de parto múltiple, distribuídas a opción da interesada, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse ó período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai disfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de xeito simultáneo ou sucesivo co da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

As traballadoras en situación de licencia a causa de embarazo percibirán o 100% da súa retribución.

b) Coidado de menores ou familiares que non poden valerse en por si:

O persoal que por razóns de garda teñan ó seu coidado algún menor de seis anos ou a unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial que non desempeñe actividade retribuída e non poida valerse en por si, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela. Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, quen por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse en por si.

Este permiso non poderán gozalo simultaneamente dous traballadores do centro polo mesmo suxeito causante. A concreción horaria da reducción de xornada correspondente ó traballador ou traballadora, quen deberá preavisar ó empresario con quince días de antelación á data que reincorporará á súa xornada ordinaria.

c) Adopción e acollemento: Nos supostos de adopción e acollemento de menores de ata seis anos, o permiso terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo.

Este permiso tamén se gozará nos supostos de adopción ou acollemento de menores, maiores de seis anos, cando se trate de menores discapacitados ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou que, por viren do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar, debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes. No caso de que a nai e o pai traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de xeito simultáneo ou sucesivo, sempre con períodos ininterrompidos.

Os traballadores e traballadoras en situación de licencia derivada de adopción ou acollemento percibirán o 100% da súa retribución.

Cando as vacacións coincidan total ou parcialmente co período de baixa médica por maternidade, estas gozaranse ata completa-lo mes, a continuación da alta médica ou cando o acorden as partes.

Artigo 14º.-Lactación. As traballadoras e traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, retribuída, que poderán dividir en dúas fraccións ou reduci-la súa xornada en media hora, sexa cal sexa o tipo desta, partida, continuada ou previamente reducida. O dito período non poderán gozalo os dous cónxuxes simultaneamente.

Artigo 15º.-Excedencias. Concederase excedencia forzosa, ademais de nos casos previstos no Estatuto dos traballadores, polo exercicio de funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, sempre que a central sindical á que pertence o traballador ou traballadora sexa un sindicato representativo.

A empresa poderá conceder excedencia forzosa cando o solicite o traballador por razóns de ampliación de estudios, promoción do traballador dentro do sector, funcións sindicais, etc.

A partir da finalización da baixa por maternidade ou do goce das vacacións terá dereito a traballadora, logo de solicitude, a gozar excedencia con reserva do posto de traballo e cómputo de antigüidade ata tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción.

Todo traballador con discapacidade que se incorpore ó emprego ordinario terá dereito a un ano de excedencia voluntaria con dereito a reincorporarse se houbese vacante na categoría que presenta na empresa.

O persoal titulado de grao medio e superior, cunha antigüidade mínima de 3 anos na empresa, poderá solicitar excedencia forzosa con reserva do posto de traballo por un ano, prorrogable excepcionalmente por outro máis, para ampliación de estudios relacionados coa súa profesión, dando prioridade ós graduados universitarios que queiran facer licenciaturas ou, cando estando en posesión destas, pretendan realiza-lo doutoramento.

O sinalado no parágrafo anterior será extensivo ós traballadores e traballadoras que precisen obter unha titulación para desenvolve-las súas tarefas profesionais.

Excedencia por coidado de familiares. O traballador terá dereito a que se lle conceda a situación de excedencia para atender a un familiar gravemente enfermo, acreditado medicamente dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade ou parella de feito, cunha duración máxima dun ano; a excedencia entenderase concedida sen dereito a retribución ningunha. Solicitaranse sempre por escrito cunha antelación de polo menos trinta días á data do seu comezo, a non ser por causas demostrables, de urxente necesidade, debendo percibir contestación escrita por parte do centro no prazo de cinco días. Durante a situación de excedencia, a vacante poderá ser cuberta por un suplente. Este cesará no seu cometido, dando por rematada a súa relación laboral no momento de incorporación do titular.

En materia de excedencia voluntaria, haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente.

Artigo 16º.-Complemento por incapacidade temporal durante o embarazo.

A prestación por incapacidade laboral derivada do embarazo complementarase ó cen por cento desde o primeiro día da baixa.

Sección sétima Contratación

Artigo 17º.-Contratación. Sen prexuízo de que nesta materia haberá que aterse ó establecido no convenio colectivo estatal, as partes acordan aplica-los seguintes criterios de desenvolvemento:

1. As ofertas de postos de traballo nos centros especiais de emprego irán dirixidas prioritariamente á inserción sociolaboral de persoas con discapacidade en situación de exclusión social, desempregadas con especiais dificultades para logra-la súa integración no mercado de traballo normalizado, debido ó seu baixo nivel de empregabilidade.

2. O ingreso ó traballo realizarase no marco do establecido no Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo. Tódolos contratos suxeitaranse ó principio de causalidade polo que terán carácter indefinido ou temporal en función da causa que orixine o contrato. Co fin de favorece-la adaptación persoal e social e facilitar, se é o caso, a posterior integración laboral no mercado ordinario de traballo dos discapacitados priorizarase a contratación indefinida.

3. Co motivo do acceso das persoas con discapacidade ó mercado laboral, independentemente das formas de contratación, no contrato terán que terse en conta os seguintes obxectivos:

-Prestación dun traballo retribuído.

-Adquisición de cualificación precisa para un axeitado desenvolvemento do oficio ou posto de traballo obxecto do contrato.

-Adquisición dos hábitos sociais e de traballo precisos para o exercicio do dito oficio ou posto de traballo.

-Desenvolvemento de posibles medidas de intervención ou acompañamento social recollidas no proceso de inserción do traballador ou traballadora, realización que lle compete á empresa.

4. As partes asinantes do presente convenio obríganse a aplicar dentro do seu ámbito a Directiva 2000/78/CE, do Consello da Unión Europea, do 27 de novembro de 2002, que ten por obxecto establecer un marco xeral para loitar contra a discriminación por motivos, entre outros, de discapacidade, co fin de que se aplique o principio de igualdade de trato. Enténdese por principio de igualdade de trato a ausencia de toda discriminación directa ou indirecta baseada en motivos, entre outros, de discapacidade.

Artigo 18º.-Período de proba. O persoal de novo ingreso quedará sometido a un período de proba que non poderá exceder do sinalado na seguinte escala:

Persoal titulado superior: tres meses. Persoal titulado grao medio, docente e técnico:

tres meses. Administrativos e auxiliares técnicos: dous meses. Auxiliares administrativos, profesionais de oficio e de servicios: un mes.

Persoal non cualificado: dúas semanas. Durante o período de proba as partes poderán desistir do contrato, sen dereito á indemnización, sen prazo de aviso previo e sen alegación de causa. Transcorrido o período de proba, o contrato producirá plenos efectos.

Para o persoal con relación laboral de carácter especial dos centros especiais de emprego, haberá que aterse o disposto no artigo 10 do Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo. Poderá establecerse no contrato de traballo formalizado co traballador discapacitado un período de adaptación que terá o carácter e a natureza do período de proba para tódolos efectos, que non poderá ter unha duración superior a catro meses.

O persoal que adquira a condición de fixo tras un contrato temporal previo, non precisará período de proba.

Artigo 19º.-Extinción de contrato. O contrato de traballo extinguirase por algunha das causas establecidas no artigo 49 do Estatuto dos traballadores.

A xubilación poderase producir a vontade do traballador ou traballadora, cando este ou esta cumpra os 64 anos, e forzosa ó cumpri-los 65, salvo que, por falta de cotización non puidera ter dereito á pensión de xubilación; neste caso poderalle ser prorrogado o contrato ata que cumpra o período mínimo de cotización.

Se durante a vixencia deste convenio se produce algunha modificación normativa que afecte á xubilación, a comisión paritaria reunirase para adaptar este artigo á nova realidade.

Artigo 20º.-Aviso previo. O traballador ou traballadora que se propoña cesar na empresa voluntariamente, deberá avisar cun período de antelación mínimo de 15 días. O incumprimento do prazo de aviso previo ocasionará unha deducción da súa liquidación, correspondente ós días que deixara de avisar. Se o centro percibe o aviso previo en tempo e forma, virá obrigado a aboarlle ó traballador ou traballadora a liquidación correspondente ó rematar a relación laboral. O incumprimento desta obriga levará aparellado o dereito do traballador ou traballadora a ser indemnizado/a co importe do salario de 2 días por cada día de atraso no aboamento da liquidación, co límite do número de días do aviso previo.

Sección oitava Condicións económicas Artigo 21º.-Retribucións e cláusula de revisión salarial.

Establécense como conceptos retributivos os fixados nas táboas salariais do anexo. Cando as empresas tivesen establecidos complementos específicos por productividade e/ou incentivos, estes continuarán vixentes seguindo o costume laboral vixente en cada unha delas. Este convenio ten a consideración de mínimos que se han de establecer nos centros especiais de emprego. Naqueles centros nos que existan uns niveis salariais maiores ós establecidos no presente convenio, manteranse.

Fíxanse para o ano 2003 os salarios establecidos no anexo I. No caso de que o IPC supere as previsións oficiais feitas para o ano 2003 (2%) , os conceptos económicos revisaranse en idéntica porcentaxe á desviación anteriormente aludida aplicándose esta desviación nas táboas de 2004.

O incremento salarial para o ano 2004 será de IPC previsto máis un punto. No caso de que o IPC real supere ó IPC previsto, a diferencia incorporarase ás táboas salariais con efectos para o 2005. Artigo 22º.-Gratificacións extraordinarias. A empresa aboará dúas pagas extraordinarias ó ano, nos meses de xuño e decembro, compostas de 30 días de salario base máis antigüidade.

O persoal terá dereito a unha terceira paga extraordinaria de productividade no mes de febreiro do 10% do salario anual da categoría máis baixa do convenio cando o centro xere beneficios suficientes.

Artigo 23º.-Axudas de custo. Cando por motivos de traballo un traballador ou traballadora teña que desprazarse fóra do centro de traballo, a empresa aboará o custo dos gastos de comida ata un máximo de 12 euros en concepto de media axuda de custo. A empresa poderá acordar alternativamente co traballador o pagamento de media axuda de custo de 9 euros sen xustificación con facturas de comida. Para a axuda de custo completa, as cantidades serán de 40 euros con xustificación e de 30 euros sen xustificación. A axuda de custo completa implica xustificación de pernoita.

Artigo 24º.-Complemento de nocturnidade. As horas traballadas durante as dez da noite e as seis da mañá retribuiranse co complemento do 25% sobre o salario ordinario.

Exceptúase dese complemento o persoal do cal o salario se establecera en atención a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Artigo 25º.-Quilometraxe. Cando por necesidades da empresa o traballador deba empregar vehículo propio, percibirá unha indemnización de 0,17 euros por Km percorrido. No caso de utilización de transporte público aboarase o importe dos billetes correspondentes.

Sección novena Clasificación do persoal

Artigo 26º.-Clasificación profesional. O encadramento do persoal en grupos profesionais farase en función de titulacións/aptitudes profesionais e cos contidos xerais de prestación que se indican para cada grupo, tal como establece para os centros especiais de emprego o convenio estatal.

1. Técnico superior: Titulación/aptitudes profesionais: título académico de grao superior ou nivel de coñecemento equivalente.

Contido da prestación: desempeña funcións propias da súa titulación e experiencia en postos que impliquen responsabilidade sobre unha unidade organizativa, con mando directo ou non sobre o persoal do mesmo grupo profesional ou de calquera outro.

Nivel 1. É a persoa encargada de dirixir, planificar, controlar e decidir coa máxima eficacia, sendo responsable das súas actuacións ante os órganos de administración ou conselleiros.

Nivel 2. É a persoa encargada de dirixir, planificar, controlar e decidir coa máxima eficacia, sendo responsable das súas actuacións ante a dirección.

2. Técnico medio: Titulación/aptitudes profesionais: título académico de grao medio ou nivel de coñecemento equivalente.

Contido da prestación: desempeña funcións propias da súa titulación e experiencia en postos que implican responsabilidade sobre unha unidade organizativa, con mando directo ou non sobre o persoal do mesmo grupo profesional ou de calquera outro.

Nivel 1. Son as persoas encargadas de propoñer, coordinar e controlar, con alta responsabilidade nas funcións de traballo da súa área de competencia.

Nivel 2. Aquelas que, con ou sen titulación universitaria e un alto grao de experiencia, propoñen, organizan, supervisan, vixían e realizan tarefas de alta responsabilidade nas seccións ou centros de competencia.

3. Mando intermedio: Titulación/aptitudes profesionais: formación a nivel de BUP, FP2 ou coñecementos equivalentes.

Contido da prestación: ten mando directo sobre persoal do mesmo o distinto grupo profesional, coordinando, dirixindo e supervisando o traballo destes; realiza, así mesmo, funcións propias da súa formación e experiencia.

Son as persoas que con ampla experiencia programan, organizan, vixían e levan a cabo tarefas e funcións de responsabilidade no servicio ou unidade da súa competencia. Comprende ó encargado de servicio, ó coordinador de servicio e ó segundo responsable de centro.

4. Técnico axudante: Titulación/aptitudes profesionais: formación técnica a nivel de FP2 ou coñecementos equivalentes.

Contido da prestación: desempeña funcións propias de especialidades técnicas, podendo exercer supervisión sobre a execución do traballo doutras persoas.

Desenvolve as tarefas seguintes ou análogas.

* Tarefas de venda e comercialización de productos de complexidade e valor unitario medio.

* Tarefas que consisten na orde directa enfronte dun conxunto de operarios dos denominados oficios clásicos, albanelería, carpintería, electricidade, etc.

* Tarefas de traducción, mecanografía, taquigrafía, teléfono con dominio dun idioma estranxeiro.

* Programadores de informática.

* Tarefas de contabilidade consistentes en reuni-los elementos subministrados polos axudantes e confeccionar con eles balances, custos, provisións de tesourería e outras tarefas análogas, con base no plan contable da empresa.

* Tarefas de confección e desenvolvemento de proxectos.

* Responsabilidade na supervisión, segundo especificacións xerais recibidas, da execución práctica de tarefas.

* Actividades que implican a responsabilidade dunha quenda ou dunha unidade de producción que poden ser secundadas por un ou varios traballadores do mesmo grupo profesional ou inferior.

* Tarefas de delineación con especialización concreta.

* Tarefas de xestión de compra de aprovisionamentos e bens convencionais de pequena ou mediana complexidade.

* Distribución e coordinación de todo o persoal de cociña, así como a elaboración e condimentación dos pratos.

5. Administrativo: Titulación/aptitudes profesionais: formación administrativa a nivel de BUP, FP2 ou coñecementos equivalentes.

Contido da prestación: realiza funcións administrativas, contables e outras análogas utilizando para iso os equipos necesarios para o tratamento da información, xa sexa en unidades administrativas da empresa ou noutras áreas desta, podendo exercer supervisión sobre a execución de traballos doutras persoas.

Nivel 1. Aqueles que dirixen a marcha da oficina con experiencia e autonomía suficiente.

Nivel 2. Aqueles que desempeñan tarefas que consisten en desenvolver unha ou varias das partes que compoñen unha unidade administrativa.

* Tarefas auxiliares de clínica, farmacia, rehabilitación, tocoloxía, consultas, etc.

* Tarefas de arquivo, rexistro, cálculo, facturación ou similares, que requiren algún grao de iniciativa.

* Taquimecanografía.

* Tratamento de texto con nocións dun idioma estranxeiro.

* Telefonista/recepcionista con coñecemento de idiomas estranxeiros.

* Tarefas de gravación en sistemas informáticos.

* Traballos de mecanografía, con boa velocidade e esmerada presentación, que poidan levar implícita a redacción de correspondencia segundo formato ou instruccións específicas.

* Secretariado.

* Tarefas que consisten en elaborar, con base en documentos contables, unha parte da contabilidade.

*Cálculo de salarios e valoración do custo de persoal.

* Tarefas de despacho de pedidos, revisión de mercadorías e distribución con rexistro en libros ou máquinas para o efecto de movemento diario.

6. Técnico non cualificado: Titulación/aptitudes profesionais: formación a nivel de FP1, FP2 ou coñecementos equivalentes.

Contido da prestación: realiza funcións en especialidades propias da empresa ou oficios clásicos a partir dunha suficiente corrección e eficiencia, podendo exercer supervisión sobre o traballo doutras persoas.

Nivel 1.

* Tarefas de obreiro da construcción de carpintería, de electricidade, mecánica, pintura etc., con capacidade ó mais alto nivel que permita resolver tódolos requisitos da súa especialidade.

* Manipulación de máquinas de envasamento e/ou acondicionado.

* Tarefas de delineación partindo da información recibida.

* Conducción ou conducción con reparto con permiso de conducir da clase C,D e E.

* Funcións de control e de regulación cos procesos de producción que xeran transformación de productos.

* Tarefas de regulación e control que se realizan indiferentemente en diversas fases e sectores de proceso.

* Tarefas de lectura, anotación, vixilancia e regulación, baixo instruccións detalladas de procesos industriais ou da subministración de servicios xerais de fabricación.

* Vendedores avanzados.

* Tarefas de transporte e empaquetamento, realizados con elementos mecánicos.

Nivel 2.

* Tarefas de obreiro da construcción de carpintería, de electricidade, mecánica, pintura, etc., con capacidade suficiente para realiza-las tarefas normais do oficio.

* Vendedor especializado.

* Actividades de axuda en procesos de elaboración de productos.

* Introducción de datos.

* Tratamento de textos básicos.

* Actividades operatorias en acondicionamento e/ou envasamento con regulación e posta a punto.

* Tarefas elementais de laboratorio.

* Traballos de reprografía.

* Desenvolvemento de funcións de traslado de enfermos, limpeza de pacientes, transmisión de comunicacións, documentos, correspondencia ou obxectos que lle sexan confiados, así como traslado, se é o caso, duns servicios a outros, de aparatos ou mobles sanitarios.

* Mecánico, electricista, etc.

7. Operario: Titulación/aptitudes profesionais: formación profesional a nivel de FP1 ou coñecementos equivalentes.

Contido da prestación: realiza funcións dun oficio ou tarefa que esixe certa práctica ou especialidade, pero que non teñen o grao de complexidade ou especialización esixida ós técnicos cualificados.

Entre outras as seguintes ou análogas funcións: * Actividades manuais, envasamentos, etiquetaxe, etc.

* Operacións elementais de máquinas sinxelas entendendo como tales, aquelas que non requiren adestramento e coñecementos específicos.

* Operacións de carga e descarga manuais con axuda de elementos mecánicos simples.

* Operacións de limpeza.

* Tarefas que consisten en facer encargas, transporte manual, levar ou recoller correspondencia e outras tarefas subalternas.

* Tarefas auxiliares de cociña e comedor.

* Funcións de cobramento pagamento a domicilio.

* Supervisión do mantemento da maquinaria, orientación ó público, atención de centraliñas telefónicas ocasionalmente, vixilancia dos puntos de acceso e tarefas de portería, recibindo os comunicados de avaría e dando os traslados ó servicio de mantemento.

* Traballos de xardinería.

* Labores de recepción, telefonista, conserxería, porteiros, mozos de almacén, de garaxe, etc.

* Camareiros/as.

* Axudantes de cociña.

* Vendas en gasolineiras de productos varios e combustibles en réxime de autoservicio ou servicio atendido.

* Atender instalacións de lavada de automóbiles.

* Caixeiros/as.

* Labores de vixilancia.

* Traballos sinxelos e rutineiros de mecanografía, arquivo, cálculo de facturación ou similares de administración.

* Auxiliares en traballos administrativos sen experiencia e preparación.

* Aplicación de pintura en pezas metálicas e de madeira.

* Inxección de plástico.

* Montaxe de cadeiras de rodas e aparellos ortopédicos.

* Confección de roupa e tecidos.

* Lavandería industrial.

* Cobradores de aparcamentos, cines, etc.

* Tarefas de obreiro da construcción de carpintería, de electricidade, mecánica pintura etc., que se inician na práctica destas.

* Vendedores sen especialización.

* Conductor con permiso de conducir de clase B. Os grupos son enunciativos e deben ser interpretados con amplitude, para encadrar a cada traballador e traballadora nalgún deles en función da súa capacidade, formación, responsabilidade e experiencia.

En caso de dificultade ou desacordo na inclusión das persoas traballadoras nos diferentes grupos profesionais, corresponderalle o seu encadramento á comisión paritaria. Artigo 27º.-Promoción profesional. Tódalas persoas traballadoras terán dereito á promoción profesional. A promoción profesional do traballador e da traballadora estará baseada na súa capacidade para exercer unha función dun nivel de complexidade superior, así como na formación profesional que lle sexa facilitada ó longo da súa permanencia na empresa.

Sempre e cando xurda un novo posto ou quede un posto de traballo vacante de nivel superior dentro do organigrama da empresa primarase a promoción profesional dos seus traballadores. Se a calidade e aptitude profesional son xulgadas satisfactorias, proporáselle ó traballador ou traballadora o acceso a un posto de nivel superior. O traballador ten dereito a unha formación teórica e práctica adaptada ó novo posto, xunto ás retribucións económicas correspondentes a el. Sen prexuízo do anterior, cando menos cada tres anos será revisada a situación dos postos de traballo na empresa.

Sección décima Acción sindical

Artigo 28º.-Dereitos sindicais. Os traballadores e traballadoras vinculados polo presente convenio terán dereito á libre sindicación, representación colectiva, reunión e demais dereitos laborais previstos no artigo 4, sección II do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores e na Lei de liberdade sindical.

Ningún traballador ou traballadora poderá ser discriminado en razón da súa afiliación sindical.

Todo traballador ou traballadora poderá ser elector e elexible para ter cargos sindicais, sempre que reúna os requisitos establecidos no Estatuto dos traballadores e a L. O. L. S.

Tanto os membros dos comités de empresa coma os delegados sindicais, terán tódalas garantías expresadas na lei.

Artigo 29º.-Dereitos.

1. De acordo co artigo 8 do título IV da L. O. L. S., os traballadores afiliados a un sindicato poderán, no ámbito da empresa ou centro de traballo:

a) Constituír seccións sindicais de conformidade ó establecido nos Estatutos do sindicato.

b) Ter reunións, logo de notificación ó empresario, recadar cotas e distribuír información sindical, todo isto fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal do centro.

c) Recibi-la información que lle remita o seu sindicato.

d) Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que poidan interesar ós afiliados e ós traballadores en xeral, a empresa poñerá á súa disposición un taboleiro de anuncios que deberá situarse no centro de traballo e nun lugar onde se garanta un adecuado acceso a este dos traballadores.

2. Os que teñan cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal nas organizacións máis representativas, terán dereito, segundo o artigo 9 da L. O. L. S., a:

a) Á asistencia e acceso ós centros de traballo para participar en actividades propias do seu sindicato ou do conxunto dos traballadores, logo de comunicación ó empresario, sen interrompe-lo traballo normal.

b) Os representantes sindicais que participen nas negociacións dos convenios colectivos, mantendo as súas vinculacións como traballador ou traballadora en activo nalgunha empresa, terán dereito á con cesión dos permisos retribuídos que sexan precisos para o adecuado exercicio do seu labor negociador, sempre que estea afectado pola negociación.

c) Ó goce dos permisos non retribuídos necesarios para o desenvolvemento das funcións sindicais propias do seu cargo.

d) Á excedencia forzosa, con dereito a reserva do posto de traballo e ó cómputo de antigüidade mentres dure o exercicio do seu cargo representativo, debendo incorporarse ó seu posto de traballo dentro do mes seguinte á data do cesamento.

Artigo 30º.-Acumulación de horas sindicais. Para facilita-la actividade sindical na empresa, provincia, comunidade autónoma, as centrais sindicais con dereito a formar parte da mesa negociadora do convenio, poderán acumula-las horas dos distintos membros dos comités de empresa e, se é o caso, dos delegados de persoal pertencentes as súas organizacións naqueles traballadores e traballadoras, delegados ou membros do comité de empresa que as centrais sindicais designen.

Para facer efectivo o establecido neste artigo, os sindicatos comunicarán á patronal o desexo de acumula-las horas dos seus delegados.

As empresas correspondentes farán efectivos os salarios dos ditos liberados, segundo a lexislación vixente.

Os sindicatos teñen a obriga de comunicarlle ó centro o nome do seu traballador ou traballadora liberado, logo de aceptación deste.

Artigo 31º.-Reunión. Garantirase o dereito a que os traballadores e traballadoras do centro teñen a reunirse no mesmo centro, sempre que non se perturbe o desenvolvemento normal das actividades deste e, en todo caso, de acordo coa lexislación vixente.

As reunións deberán ser comunicadas ó director ou representante da empresa coa antelación debida, con indicación dos asuntos incluídos na orde do día e as persoas non pertencentes ó centro que van asistir á asemblea. Co fin de garantir este dereito ó persoal non docente, os centros poderán regula-lo traballo do día, coa fin de facer posible a asistencia deste persoal ás ditas asembleas. Artigo 32º.-Negociación colectiva. Os traballadores e traballadoras terán dereito a participar na negociación colectiva coa dirección da empresa, directamente ou a través dos seus representantes legais, ben mediante comités de empresa, ben mediante delegados e delegadas de persoal.

Artigo 33º.-Asistencia legal. Nas empresas que non teñan representación legal das persoas traballadoras, por no existi-lo número suficiente para proceder á elección de delegado/a de persoal, a persoa ou persoas traballadoras que precisen asesoría legal ou estean afectadas por calquera conflicto laboral, poderán solicita-la tutela e asistencia da central sindical que consideren oportuno. A central sindical emitirá informe motivado no prazo máximo dunha semana.

Sección décimo primeira Saúde laboral

Artigo 34º.-Adaptación á Lei de prevención. No prazo dun mes desde o asinamento do convenio, as partes comprométense á elección de tódolos delegados e delegadas de prevención en tódolos centros de traballo que puideran corresponder en función do número de persoas traballadoras do cadro de persoal, así como a constitución dos comités de seguridade e saúde naquelas empresas que conten con 50 ou máis persoas traballadoras. Tódalas empresas dotaranse dun servicio de prevención.

Así mesmo, manterase como principio de xestión da seguridade en tódalas empresas a integración da prevención de riscos laborais no conxunto de actividades e sectores, procedendo, en colaboración tanto cos delegados e delegadas de prevención coma cos servicios de prevención, a realiza-la correspondente avaliación de riscos así como a planificación anual das actividades preventivas.

Artigo 35º.-Adaptación do traballo á persoa. As empresas adaptarán o traballo á persoa, en particular no que respecta á concepción e deseño dos postos de traballo, así como na elección e adquisición dos equipos de traballo e na forma de realizalo.

En todo caso, terase en conta a discapacidade física, psíquica e sensorial dos traballadores e traballadoras na avaliación de riscos e, en función destas, adoptaranse as medidas preventivas e de protección necesarias.

Artigo 36º.-Roupa de traballo. A empresa proporcionará, ó inicio da prestación laboral, a tódalas persoas traballadoras cun posto de traballo que así o requira, a roupa de traballo necesaria para desenvolvelo e mailos equipos de protección individual necesarios en función dos riscos propios do posto de traballo, facilitándolle-la información necesaria para o seu correcto emprego e mantemento.

Artigo 37º.-Seguridade e saúde laboral. Os centros, empresas e persoal destas incluídos no ámbito de aplicación deste convenio cumprirán as disposicións sobre seguridade e saúde laboral contidas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e a normativa que a desenvolve. Para isto deberán nomearse os delegados de prevención e os comités de seguridade e saúde nos ámbitos en que a lei establece. Artigo 38º.-Revisión médica. A empresa, centro ou entidade garantiralles ós traballadores e traballadoras a vixilancia periódica dos seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ó traballo que realicen cos protocolos básicos establecidos polas mutuas e aquelas probas específicas que o departamento de Servicio de Prevención e a Comisión Sectorial de Seguridade e Saúde Laboral estableza para cada unha das categorías profesionais.

Esta vixilancia só poderá levarse a cabo cando o traballador ou traballadora preste o seu consentimento.

Artigo 39º.-Cambio de posto de traballo para embarazadas.

A avaliación dos riscos a que se refire o artigo 16 da Lei de prevención de riscos laborais deberá comprende-la determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influír negativamente na saúde das traballadoras ou do feto, en calquera actividade susceptible de presentar un risco específico.

Se os resultados da avaliación revelasen un risco para a seguridade e a saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo ou a lactación das citadas traballadoras, o empresario adoptará as medidas necesarias para evita-la exposición ó dito risco, a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada. As ditas medidas incluirán, cando resulte preciso, a non realización de traballo nocturno ou de traballo a quendas.

Cando a adaptación das condicións ou do tempo de traballo non resultase posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións dun posto de traballo puideran influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto, e así o certifiquen os servicios médicos do INSS ou da mutua, co informe do médico do Servicio Nacional da Saúde que asista facultativamente á traballadora, esta deberá desempeñar un posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado. O empresario deberá determinar, logo de consulta cos representantes dos traballadores, a relación dos postos de traballo exentos de riscos para estes efectos.

No suposto de non ser posible o cambio de posto de traballo dentro da mesma categoría profesional, a empresa asegurará ós beneficios e dereitos económicos ou doutro tipo inherentes ó seu posto anterior e a incorporación ó posto de traballo habitual cando a traballadora se reincorpore.

Artigo 40º.-Plans de autoprotección. Tódolos centros de traballo deben contar cun Plan de emerxencia actualizado que inclúa o Plan de evacuación, de acordo co Real decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo.

O plan de autoprotección inspirarase, á marxe do real decreto sobre sinalización anteriormente citado, tanto na Orde do 13 de novembro de 1984 (BOE do 17 de novembro) sobre exercicios prácticos de evacuación de emerxencia en centros de EXB, bacharelato e FP, como na Lei do 21 de xaneiro de 1985 (BOE do 25 de xaneiro) sobre protección civil. Este plan de emerxencia e evacuación será consultado entre os traballadores e traballadoras, permitindo a súa participación. Así mesmo, e tal como establecen as disposicións legais enumeradas, realizarase anualmente e será revisado e modificado tanto en función da súa eficacia coma cando se cambien ou alteren algún dos lugares ou postos de traballo.

O empresario deberá informar ós traballadores e traballadoras, con carácter previo, a contratación dos servicios de prevención.

Así mesmo, a empresa informará ós representantes dos traballadores e traballadoras e a estes das consecuencias, sobre a saúde que se derivan do traballo realizado mediante a avaliación de riscos e que poidan influír negativamente no desenvolvemento do artigo 26 da Lei de prevención de riscos laborais.

Establécese o prazo de seis meses, a partir da sinatura do convenio, para desenvolve-lo Plan de avaliación de riscos.

Artigo 41º.-Delegados de Prevención. Respecto á designación, nomeamento, funcións e garantías dos delegados de Prevención, haberá que aterse ó previsto na lexislación vixente.

O crédito horario dos delegados de Prevención será o que corresponda como representantes dos traballadores nesta materia específica, de conformidade co previsto no artigo 68 do ET e, ademais, o necesario para o desenvolvemento dos seguintes cometidos:

a) O correspondente ás reunións do comité de seguridade e saúde.

b) O correspondente a reunións convocadas polo empresario en materia de prevención de riscos.

c) O destinado para acompañar ós técnicos nas avaliacións de carácter preventivo.

d) O destinado para acompañar á Inspección de Traballo e Seguridade Social nas visitas ó centro de traballo.

e) O derivado da visita ó centro de traballo para coñece-las circunstancias que deron lugar a un dano na saúde dos traballadores.

f) O destinado á súa formación. Artigo 42º.-Formación en saúde laboral. Dentro dos plans formativos que as empresas, centros ou entidades deben acometer anualmente e de conformidade co artigo 19 da Lei de prevención de riscos laborais impartirase a cada un dos traballadores e traballadoras unha formación teórica e práctica de 15 horas mínimas, que se imputarán con cargo ás 30 horas de formación establecidas no artigo 41º do presente convenio. Esta formación, tal e como establece o artigo 19.2º da Lei de prevención de riscos laborais, deberá impartirse sempre que sexa

posible dentro da xornada de traballo e, no seu defecto, noutras horas pero co desconto naquela do tempo investido nesta.

Artigo 43º.-Acoso sexual e laboral. Defínense como conductas de acoso os comportamentos de carácter ou connotación tanto sexual coma fustigamento e vexación no posto de traballo que poden consistir nunha variedade de comportamentos, coma contactos físicos innecesarios, rozamentos, palmadiñas, observacións suxestivas e desagradables, chistes, comentarios sobre a aparencia, ou aspecto e abusos verbais deliberados, invitacións impúdicas e comprometedoras, uso de pornografía nos lugares de traballo, demandas de favores sexuais, agresións físicas, etc.

Estas actitudes poden darse tanto entre compañeiros (acoso ambiental) sen que medie relación de superioridade xerárquica, coma nos casos en que medie superioridade xerárquica (chantaxe sexual) .

A graduación das faltas derivadas do acoso entre faltas leves, faltas graves ou faltas moi graves farase atendendo ós criterios que establece o presente convenio no capítulo de faltas e sancións, correspondendo á empresa a responsabilidade de impoñelo castigo correspondente cando o acoso se produce entre compañeiros de traballo. Do mesmo modo responsabilizarase de toma-las medidas precisas para que estes feitos non se volvan producir.

De producirse actitudes de acoso por parte do empresario con algún dos traballadores/as, serán os representantes dos traballadores os que comunicarán a falta á autoridade laboral competente.

Sección décimo segunda Política social

Artigo 44º.-Incapacidade temporal. A prestación por incapacidade laboral derivada de enfermidade profesional ou accidente laboral, ocorrido no centro de traballo ou in itinere, complementarase ó cen por cento desde o primeiro día da baixa. Tamén se complementará ata o 100% a enfermidade común durante os períodos de hospitalización ata un máximo de seis meses, para o que o traballador ou traballadora deberá acredita-la dita situación.

Sección décimo terceira Control económico Artigo 45º.-Control de acceso ó emprego.

1. A comisión paritaria realizará funcións de control do acceso ó emprego das persoas con discapacidade, preferentemente as perceptoras de prestación non contributivas ou en situación de exclusión social e/ou de especial dificultade para acada-la súa integración no mercado laboral.

2. A comisión paritaria recibirá información axeitada sobre a evolución xeral das empresas, a situación económica e evolución do emprego, así como das previsións sobre o asinamento de novos contratos.

Ás reunións poderán asistir persoas asesoras alleas ás empresas cando así o soliciten os representantes dos traballadores e traballadoras.

Artigo 46º.-Subrogación empresarial. As empresas e centros que, en virtude de contratación pública ou de calquera tipo de transmisión, substitúan a outras que viñesen prestando servicios de atención e asistencia a persoas con discapacidade, subrogaranse na totalidade de dereitos e obrigas, nos termos previstos no artigo 44 do Estatuto dos traballadores.

Sección décimo cuarta Faltas e sancións

Artigo 47º.-Faltas leves. Serán consideradas faltas leves as seguintes:

a) 3 faltas de puntualidade cometidas durante un período de 30 días.

b) Non notificar nun prazo de 24 horas seguintes á ausencia os motivos que xustificaron a falta ó traballo.

c) O abandono do servicio sen causa xustificada, aínda que sexa por breve tempo, sempre que polos prexuízos que orixine á empresa, ós discapacitados ou ós compañeiros de traballo non deba ser considerada grave ou moi grave.

d) Neglixencia no cumprimento das normas e instruccións recibidas.

Artigo 48º.-Faltas graves. Serán faltas graves:

a) Máis de 3 e menos de 10 faltas de puntualidade cometidas durante un período de 30 días.

b) Faltar inxustificadamente ó traballo máis dun día nun período de 30 días.

c) Falta de atención debida ó traballo encomendado e a desobediencia ás instruccións dos seus superiores en materia de servicio con prexuízo para a empresa ou as persoas con discapacidade.

d) O incumprimento das medidas de seguridade e protección establecidas pola empresa; se este incumprimento implicase risco de accidentes para si ou para os seus compañeiros ou persoas atendidas no centro ou perigo de avarías nas instalacións, poderá ser considerada como falta moi grave.

e) A actuación con persoas con discapacidade que implique falta de respecto e de consideración á dignidade de cada un deles, sempre que non reúna condicións de gravidade que mereza a súa cualificación como moi graves.

f) A reiteración ou reincidencia en falta leve no prazo de 60 días.

Artigo 49º.-Faltas moi graves. Serán faltas moi graves:

a) Máis de 20 faltas de puntualidade cometidas nun ano.

b) A falta inxustificada ó traballo durante 3 días nun período dun mes.

c) A actuación con persoas con discapacidade que implique falta de respecto ou de consideración á dignidade de cada un deles.

d) O incumprimento das medidas de seguridade e protección establecidas pola empresa.

e) A simulación de enfermidade ou accidente.

f) Os malos tratos de palabra ou obra ós xefes e compañeiros.

g) O abandono do traballo ou neglixencia grave cando cause graves prexuízos á empresa ou poida orixina-los ós discapacitados.

h) A fraude, a deslealdade, o abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto, roubo ou complicidade, tanto na empresa como a terceiras persoas, cometido dentro das dependencias da empresa ou durante o servicio.

i) O abuso de autoridade.

j) A reiteración ou reincidencia en faltas graves cometidas durante un trimestre.

Artigo 50º.-Enumeracion das faltas. A enumeración das faltas dos artigos anteriores é enunciativa. Artigo 51º.-Sancións. A empresa ten a facultade de impoñer sancións. Tódalas sancións deberán comunicarse por escrito ó traballador, indicando os feitos, a graduación destas e a sanción adoptada.

As faltas graves o moi graves deberán ser comunicadas para o seu coñecemento ó delegado sindical, se o houbera.

As sancións máximas que poderán impoñe-las empresas, segundo a gravidade e circunstancias das faltas, serán as seguintes:

a) Faltas leves:

-Amoestación verbal. Se foran reiteradas, amoestación por escrito.

b) Faltas graves:

-Amoestación por escrito con coñecemento dos delegados de persoal ou comité de empresa.

-Suspensión de emprego e soldo ata 15 días cando exista reincidencia.

c) Faltas moi graves:

-Amoestación de despedimento.

-Suspensión de emprego e soldo ata 60 días.

-Despedimento.

Artigo 52º.-Prescrición. As infraccións cometidas polos traballadores e traballadoras prescribirán, no caso de faltas leves, ós dez días, as graves ós quince días e as moi graves ós cincuenta días, en ambos casos a partir da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión.

Sección décimo quinta Cláusulas

Artigo 53º.-Cláusula de desvinculación. Cando un centro especial de emprego precise aplica-la cláusula de desvinculación salarial deberá acreditar fidelisimamente descensos, en termos reais, da facturación ou outros elementos que poñan en perigo a viabilidade deste, ou dos resultados negativos dos dous últimos exercicios. Para os efectos de aplicación desta cláusula, as partes acordan someterse ó seguinte procedemento:

A) A dirección da empresa deberá comunicarlle por escrito á representación das persoas traballadoras e ós membros da comisión paritaria do convenio a vontade de acollerse á cláusula de desvinculación.

B) No prazo máximo de 30 días naturais seguintes á comunicación anterior, a dirección da empresa entregaralles ós representantes dos traballadores e traballadoras, así como á comisión paritaria, toda a documentación que acredite a situación de crise, podendo estes solicita-la documentación complementaria que estimen necesaria para coñece-la situación da empresa. A documentación mínima precisa será: unha auditoría dos dous últimos exercicios e un informe do estado da situación fiscal, mercantil e laboral.

C) En vista da documentación achegada, o comité de empresa, no prazo de dez días hábiles seguintes á súa recepción, manifestará a súa conformidade ou desconformidade con el. Deste xeito a comisión paritaria adoptará unha decisión nun prazo non superior a 30 días. O comité poderá solicita-la asistencia sindical da central da súa preferencia, que necesariamente terá que ser asinante do convenio.

Artigo 54º.-Cláusula de sometemento ó AGA. Para a resolución pacífica dos conflictos laborais, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos Colectivos de Traballo (AGA) , asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CC. OO., UXT e CIG, nos propios termos en que se atopan formuladas.

Artigo 55º.-Cláusula de dereitos lingüísticos. Todo traballador ou traballadora ten dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega.

As empresas favorecerán a formación lingüística para mellora-lo servicio ó público nos postos de traballo, de acordo cos seus recursos e necesidades.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores potenciarán o uso da lingua galega nas actividades internas, nas relacións laborais, na formación profesional e nas súas relacións cos consumidores, administracións públicas e entidades privadas radicadas en Galicia, de xeito que se normalice o emprego da lingua galega como un instrumento de comunicación da empresa cos seus interlocutores internos e externos. Farase especial fincapé nas comunicacións cos traballadores e traballadoras e na utilización do galego como lingua da súa publicidade, tendo en conta o sinalado no parágrafo anterior.

Artigo 56º.-Cláusula de non discriminación. As partes asinantes deste convenio obríganse a aplicar dentro do seu ámbito a Directiva 2000/78/CE do Consello, do 27 de novembro de 2000, que ten por obxecto establecer un marco xeral para loitar contra a discriminación por motivos, entre outros, de discapacidade, co fin de que se aplique o principio de igualdade de trato.

Enténdese por principio de igualdade de trato a ausencia de toda discriminación directa ou indirecta baseada en motivos, entre outros, de discapacidade.

Artigo 57º.-Cláusula de recoñecemento do dereito de domiciliación bancaria da nómina.

Cando un traballador ou os seus representantes soliciten á empresa a domiciliación bancaria da nómina a empresa estará obrigada a face-lo de xeito inmediato.

Disposición adicional

En cumprimento do expresado no preámbulo, en relación á incorporación paulatina dos centros especiais de emprego nos convenios sectoriais correspondentes, a comisión paritaria estudiará anualmente a capacidade económica de cada centro especial de emprego para facer efectiva esta incorporación.

Disposición transitoria

O presente convenio, tal como reflicte o artigo 1, desenvolve o X Convenio estatal de centros de asistencia, atención, diagnóstico, rehabilitación e promoción de persoas con discapacidade, debido a que este incorpora no seu ámbito funcional ós centros especiais de emprego. Dado que esta cuestión está sendo causa de controversia e existe a posibilidade de que tal ampliación deámbito por parte do convenio estatal se modifique, en tal caso este convenio tería entidade propia no ámbito de Galicia sen relación ningunha co convenio estatal, e regularía o ámbito funcional que se determina no artigo 2 coas regras de aplicabilidade tanto do presente convenio como dos convenios sectoriais que neste artigo se establecen.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)