Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE ALIMENTACION (32000545011991) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
23/01/2004

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE ALIMENTACION (32000545011991) de Ourense

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Colectivo provincial da alimentacion da Provincia de Ouren se (codigo de convenio 3200545). Revision salarial (Boletín Oficial de Ourense num. 47 de 26/02/2003)

Preambulo

Unha vez vista a acta da comisión pa­ritaria do convenio colectivo provincial da alimentación da Provincia de Ouren­se (código de convenio 3200545), onde se acorda a revisión salarial das táboas do ano 2003 (publicado no BOP n° 150 do 2/7/2002), para o sector do comercio da alimentación, que entrou na Delega­ción Provincial da Consellería de Xusti­za, Interior e Relacións Laborais o día 31 de xaneiro de 2003, subscrito en re­presentación da parte económica e, da parte social, pola mencionada comisión paritaria, o día 23 de xaneiro de 2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Le¡ do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de tra­ballo e demais normas aplicables de de­reito común, esta delegacion provincial

Acorda:

Primeiro

Ordena- la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordena- lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unida­de de Mediación, Arbitraxe e Concilia­ción (UMAC ).

Terceiro

Dispoñe- la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de febreiro de 2003. - 0 delegado provincial. Asdo.: José Lage Lage

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DE COMERCIO DE ALIMENTACIÓN DA PROVINCIA DE OURENSE PARA OS ANOS 2002- 2003

Asistentes

Pola parte empresarial:

- Rafael Souto Outeda.

- Francisco Duarte Vázquez.

- Luis García Cabreros.

Pola parte sindical:

CC.OO: José Gómez Gómez.

UGT: Concepción López Caride.

CIG: Virxiña Cortiñas Bolaño.

FETICO: Luis Cardero.

USO: José Luis Valcárcel Baiget.

En Ourense, sendo as 17:30 horas do día 23 de xaneiro de 2003, reúnense os membros da comisión paritaria do con­venio colectivo do comercio de alimen­tación da provincia de Ourense para os ans 2002 e 2003, co fin de actualiza- los salarios para o segundo ano de vixencia do convenio.

A representante empresarial di que, segundo o establecido no artigo 10 do convenio colectivo, o incremento sala­rial para o 2003 será o IPC+ 1%. Tendo en conta que o IPC ó 31 de decembro foi o 4% o incremento para aplicar é dun 5%.

Tendo esto en conta, chégase ós se­guintes acordos:

1. Modificación do antigo 12 actuali­zando a contía das axudas de custo.

A contía destas será a seguinte:

- Axuda de custo completa: 31,90 euros

- Xantar: 11,96 eurosCea: 7,97 euros

- Almorzo: 2,40 euros

2. Modificación do antigo 20 actuali­zando a gratificación de actividade. Tódolos traballadores percibirán en concepto de gratificación de actividade a cantidade de 40,90 euros mensuais, aplicándose a citada cantidade en 12 mensualidades.

Táboa salarial 2003

Grupo; Categorías; Salario base; Salario anual

LA); Director; 817,86; 12267,90

I.B); Xefe de administración, xefe de vendas, xefe de compras; 766,75; 11.501,25

I.C) ; Supervisor, coordinador xeral, xefe de centro:; 715,60; 10.734

ILA); Xefe de almacén; xefe de super­mercado; xefe de sección; 674,73; 10.120,95

H.B); Analista, responsable de expedi­ción, recepcionista; 665,28; 9.979,20

II.C); Oficial administrativo, progra­mador; 644,05; 9.660,75

III.A); Mecánico, electricista, oficial de la chófer, operador informática, ca­pataz, viaxante; 623,635; 9.354,45

III.B) Dependente, oficial de 2ª cho­fer, auxiliar de caixa repoñedor, auxiliar de caixa dependente, auxiliar de caixa, auxiliar de gravación, auxiliar adminis­trativo, axudante mecánico, axudante electricista, peón de mantemento, mozo especializado: 592,95; 8.894,25

III.C) Telefonista, mozo de reparto, mozo repoñedor; oficial de 3a, axudante, persoal de limpeza: 572,50; 8.587,50

E sen máis puntos que tratar remata a sesión cando son as 18:15 horas no mesmo lugar e data establecido no ini­cio, redactando para o o efecto apresen­te acta, que en proba de conformidade, asinan os presentes por sextuplicado exemplar.